13.6.12

A Pobra: o Psoe pregunta que se fixo coa chatarra da escavadora e a máquina limpapraias

Pregunta pleno escavadora.docx Download this file

Media_httpfarm3static_vehln

Segundo o grupo socialista, se a escavadora de cadeas e a máquina limpapraias foron retiradas por rematarse a súa vida útil, nalgún lado tiveron que desguazarse e venderse como chatarra. Por esta operación poderían percibirse máis de 4.000 euros, o 40% do importe que vale o leasing dos novos aparellos para as mesmas funcións. Nos orzamentos do Concello non aparecen por ningures

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: "O ratiño presumido", este sábado 16, teatro para rapaces

Cartaz_trinke_trinke_web


Rianxo, 13 de xuño de 2012. A proposta cultural que terá lugar esta semana organizada pola Biblioteca Pública Municipal Castelao dentro do programa de Animación á Lectura que se desenvolve ao longo de todo o ano é a seguinte:

  • TEATRO PARA NENOS/AS: O ratiño presumido a cargo da Compañía Trinke-Trinke
  • DÍA: sábado 16 de xuño
  • HORA: 12.00 h
  • LUGAR: Biblioteca Pública Municipal Castelao
Na obra faise unha version propia do conto popular, dramatizado coa colaboración do público. Os conductores das actividades para nenos e nenas de 3 a 8 anos son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Grupo Salvaje", libro madridista de Manuel Jabois, preséntase o venres 29 de xuño

  • No Local Social da Peña Madridista Amancio de Ribeira (Rúa Mendiño, 8 - Local 2)
  • O vindeiro venres 29 de xuño de 2012 ás 22 horas
  • Ao remate serviráse un pequeño ágape e o autor asinará exemplares
  • Organizan a A.C. Peña Madridista Amancio e o Ateneo Valle Inclán.
  • Falarán: José Manuel Pérez Sampedro, Presidente da Peña Amancio; Antonio Lijó, Secretario do Ateneo Valle Inclán e Manuel Jabois, autor.








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: "Apocalipse outra vez", por Javier Ferreirós

A verdade é que me soaba vagamente: fai uns anos alguén reproducira os instrumentos que portan os vintecatro Anciáns do Apocalipse do Pórtico da Gloria e se gravara un disco e se deran concertos con eles. Maxia e alquimia, a pedra volvía á vida.

O pasado sábado día 2 de xuño tiven oportunidade de comprobalo.  No marco do Euro- Vía Festival o grupo Martín Códax deu un concerto con eses instrumentos e co repertorio adecuado a eles: cantigas de amigo do propio Códax, tres das Cantigas de Santa María e dúas pezas do Códice Calixtino. O lugar, o Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia.

Media_httpfarm6static_uzjde

Codex Calixtinus

Previamente Carlos Villanueva, catedrático de música, deu unha breve charla introdutoria sobre o chamado Proxecto de Construción dos Instrumentos do Pórtico da Gloria (1990-1994), que culminou coa  presentación en concerto das 19 pezas reconstruídas por artesáns de toda Europa e a gravación do disco Os Sons do Pórtico da Gloria. Ó propio Villanueva codirixiu naqueles anos o proxecto e participou nel como músico. Tal como contou, fai vinte anos, con eses instrumentos só entón devoltos ó mundo dos vivos, o manexo dos mesmos non podía ser aínda moi hábil por parte dos músicos, músicos que aprenderan unha arte que xa perdera a memoria do organistrum e do laúde medieval, daqueles pandeiros, frautas e fídulas, semellantes ós seus descendentes pero con sons pequenos, estraños e primitivos.

Este festival, tal como figura no panfleto que nos entregaron, “é posible grazas ao patrocinio de Dr. h. c. Hans Urrigshardt” . Antes da charla de Villanueva, un alemán presentou o festival no marco deste primeiro evento nun castelán aceptable. Cando xa comezara a conferencia, esta viuse brevemente interrompida por un grupo de alemáns de mediana idade que chegaban tarde. Nos asentos de autoridades predispostos para eles xa se sentaba o representante vaticano, o cardeal Ravasi.

Os estudantes da Facultade organizaran ese fin de semana un peche en protesta polos recortes en educación por parte do goberno.

Media_httpligaestudan_vfdjk

Peche en Historia. Imaxe da Liga Estudantil Galega

Eu estudei Historia nesa mesma Facultade; pero, se mal non lembro, nunca entrara ata este sábado no Paraninfo. Pois ben, alí estaba eu, por vez primeira baixo aquel teito decorado con anxos, a presenciar unha Imaxe do Mundo de hoxe: os alemáns, semellantes en número e aparencia ós Anciáns do Apocalipse, poñen os cartos e chegan tarde, os instrumentos da fin do mundo (xeográfica e cronolóxica) tocan pezas dun valioso códice roubado perante un cardeal romano, e os mozos resisten pasivamente alí fóra da sala. Salvo tres deses mozos, que asistiron ó concerto, e que estiveron falando polo baixo do principio á fin do mesmo. Tal vez falaban de como salvar a cultura das gadoupas da cobiza materialista sen facer moito caso daquela música que volvera dende unha idade moi afastada na que, como en todas as épocas, crían que a fin dos tempos estaba próxima. Ó rematar a carreira, cando sintan o peso da Historia nos seus ombros, algúns dos rapaces que protestaron  quedándose na Facultade serán banqueiros. Pero sempre ha de quedar polo menos un xusto cando veñan os vintecatro Anciáns, e o xusto tal vez baile ó fermoso son das súas fídulas, pandeiros e laúdes, sen saber que música é esa, e sen que lle importe.

Javier Ferreirós é músico e historiador

Media_httpfarm5static_srjfi

Toda a serie "Música por dentro" en Certo, aquí

Ligazóns relacionadas con este festival e grupo:
http://www.martincodax.org/
http://www.euro-via-festival.org/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.6.12

Roteiro: "Entre o mar e a terra", do Faiado 2, percorre Palmeira este sábado 16

Boiro_vi_roteiro

  • O VI Roteiro “Entre o mar e a terra” que organiza a asociación boirense "O Faiado 2" está adicado a Palmeira e o seu patrimonio.
  • Será o 16 de xuño as 17:00 h e sae do Mirador do Castelo (porto de Palmeira).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o I Ciclo de Retranca da Ría comeza o venres 22 de xuño con Evaristo Calvo

Cartel

Ribeira, 12 de xuño de 2012. A Asociación Xuvenil e Cultural Flor de Toxo organiza o I CICLO DE RETRANCA DA RÍA, que pretenden se convirta "nunha actividade anual na que os maiores representantes do humor, do conto e da retranca se acheguen ata a nosa comarca".

O venres 22 xuño comeza coa actuación do famoso actor Evaristo Calvo, que chegará cun monólogo titulado " O turista Madrileño", ás 22:30 no Bar Brétema (Ribeira). Entradas á venda dende o día 14 de xuño no bar Brétema, tamén se poden adquirir o día da actuación, pero tede coidado que HAI AFORO LIMITADO. Prezo da entrada: 4 euros. Socios gratis.


Nos meses de setembro e outubro o ciclo contará coas actuacións de Quico Cadaval, Carlos Blanco e algún monologuista máis por concretar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: este domingo 17 de xuño, "O señor das dunas", na casa da cultura

Senor_das_dunas1


Muros, 12 de xuño de 2012. Este vindeiro domingo, 17 de xuño, ás 20:00 horas pasará  polo auditorio da Casa da Cultura de Muros a obra multidisciplinar O Señor das Dunas, espectáculo dirixido ao público familiar.

É unha obra, metade contacontos, metade acción artística, desenvolvida polo actor Mani Braga, no papel do señor das dunas, e polo ilustrador con area Dani Boullosa, quen representa o seu discípulo, baixo a dirección artística de David Hernández. É unha actividade que transmite historias tradicionais galegas cuxas personaxes van cobrando vida a través da ilustración na area, apoiados en todo momento pola música e polos efectos de son.

Ao rematar, todos os asistentes recibirán como agasallo un libro que recolle os contos tradicionais galegos que se narran no espectáculo, ilustrados con area.

Sinopse:

Un vello bibliotecario hai tempo naufragou diante da costa de Corrubedo, onde quedou a vivir entre as súas dunas. Durante anos, os veciños da vila achegáronse canda el escoitar as historias que lera en tantos libros durante os longos anos de bibliotecario. Agora, xa maior, ten que ser o seu discípulo quen, usando area da praia, as ilustre mentres el as conta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: o Psoe pide medidas contundentes contra as trampas ilegais para lobos nesta bisbarra

  • O goberno galego respondeu ás preguntas do deputado socialista José Manuel Lage sobre a aparición de trampas ilegais na Serra do Barbanza
  • O socialista alerta de posibles delitos ambientais e considera necesario impedir este tipo de prácticas, que prexudican ao lobo e a toda a fauna sen distincións

Media_httpblogueirosa_bhtzo

Foto de Axena, asociación que denuncia estas prácticas e que xa vai polo capítulo XXII na súa serie sobre este problema no Barbanza: http://blogueiros.axena.org

Barbanza, 12 de xuño de 2012. O deputado do PSdeG Lage Tuñas levou o asunto ao parlamento presentando varias preguntas e interpelacións ao goberno galego para “que explique que medidas teñen adoptado, xa que estamos diante de accións que se estenden polo conxunto da Serra do Barbanza e as prácticas ilegais deben ser combatidas, e os infractores perseguidos”.

O parlamentario socialista afirma que “o goberno galego debe apoiar aos gandeiros do barbanza que fai un ano denunciaron a perda de 200 cabezas de gando sen que a Xunta tivese unha áxil resposta diante das protestas polas importantes pérdidas deste sector. Hai que facer compatible o apoio aos gandeiros e a protección da especie autóctona do lobo ibérico, un reto a facer compatible con concertación, acordos e legalidade e perseguindo a aqueles que se adican a colocar trampas ilegais de carácter mortal para a fauna da serra barbanzana.”

“Terá a Xunta de Galicia que tomar medidas inmediatas para poñer fin tamén a este tipo de prácticas alleas aos conductos oficiais e aos acordos alcanzados entre os diferentes colectivos como cazadores, gandeiros e comuneiros”, remata José Manuel Lage.





81341-POC Aparición de trampas ilegais na serra do Barbanza.pdf Download this file

81342-PRE Aparición de trampas ilegais na serra do Barbanza.pdf Download this file

Lobos-Resposta da Xunta a pregunta Lage Tuñas sobre trampas ilegais no Barbanza-xuño 2012.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o Psoe denuncia que hai locais de hostalería que non poden liquidar taxas porque o Concello retrasouse na inspección

AXGL 25.05.12.doc Download this file


Boiro, 12 de xuño de 2012. Segundo explican en nota de prensa os socialistas de Boiro, na Xunta de Goberno de data 25 de maio (que se adxunta completa nesta información) déronse unhas liquidacións á hostaleria por máis de 20.000 euros por ocupación de espazo público. "Os Socialistas estamos completamente dacordo en que tódolos cidadáns deben cumprir cas súas obrigas tributarias, do contrario, sería competencia desleal con aqueles que si cumpren puntualmente cos pagos; non obstante, neste caso existeu deixadez por parte do Goberno do Partido Popular por non ter feito unha inspección ata case que un ano despois da última feita, e coa que está caendo, hai locales afectados que nos comunicaron non poder facer fronte a cuantías nalgúns casos de máis de 3000 euros", explican.

Revisar á baixa ante o baixo consumo e as diferentes zonas

O Psoe de Boiro considera tamen que "en momentos de tan baixo consumo deberíase revisar á baixa a ocupación dos espazos públicos e, ao mesmo tempo, poñer as taxas de ocupación segundo as diferentes zonas do casco urbano: non é o mesmo na rúa peonil que a zona de Cimadevila no núcleo de Boiro".
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Neira Vilas compartiu na cidade un anaco das súas prodixiosas historias

Ribeira, 12 de xuño de 2012.- Centos de escolares de Ribeira volcáronse no día de hoxe coa dobre actividade celebrada no municipio en torno á figura do escritor Xosé Neira Vilas e da súa novela máis emblemática: “Memorias dun neno labrego”.

Así, ás 11 da mañá, e no marco da programación do Xuño da Cultura e as Artes promovida polo Concello, tivo lugar na planta alta do Auditorio a inauguración da exposición “Querido Balbino. 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego”, con presenza do propio autor, nacido en Vila de Cruces no ano 1928; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e do alcalde Manuel Ruiz. Ao acto –no que estaban tamén as concelleiras de Educación e de Cultura, Mª Carmen Vizcaya e Elvira Pisos- acudiron medio cento de nenos do Colexio Bayón e profesores de diferentes centros educativos, que non se quixeron perder o acontecemento.

Durante a súa intervención, o alcalde quixo salientar ante os asistentes a importancia que ten dentro da historia da literatura galega a obra de Neira Vilas e moi especialmente o libro protagonizado polo neno Balbino, ao que chegou a cualificar como “o noso Quijote. Ademais, o rexedor municipal animou aos rapaces congregados no Auditorio a que aproveitasen esta experiencia para coñecer e “intentar emular a persoas que, como Don José Neira Vilas, fan a Galicia grande”.

Valentín García tamén quixo reflectir a transcendencia do libro obxecto da exposición, ao que cualificou de bestseller galego (“algúns lle chaman os Harry Potter galego”, dixo) e do que se levan vendidos xa máis de 600.000 exemplares.

Pola súa parte, o autor e gran protagonista do acto manifestou a especial ilusión que lle fai que unha persoa da Galicia interior coma el teña a oportunidade de estar nun pobo con mar con esta exposición. O escritor explicou as circunstancias da creación do seu libro nunha cafetería de Bos Aires, o interese que espertou en persoeiros da cultura galega como Rafael Dieste, Luis Seoane ou Isaac Díaz Pardo, a súa publicación na editorial deste último e como, co paso dos anos, foi adquirindo unha sona crecente ata ser traducido a moi diferentes idiomas, como o italiano, o portugués, o francés, o alemán ou o chinés. Ao remate da quenda de intervencións, Xosé Neira Vilas asinou un bo número de exemplares a todos aqueles que así o quixeron. Moitas das obras asinadas procedían das diferentes bibliotecas escolares que hai nos centros do municipio.

Exposición

A mostra do Auditorio articúlase en torno a dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dunha banda, preséntase a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos transcendentes da súa biografía: exilio en Arxentina e Cuba, amizade con outros exiliados ou o casamento con Anisia Miranda. Doutra banda, amósanse documentos e material referidos á traxectoria seguida polo propio libro e o seu protagonista. Neste sentido, a exposición lembra as edicións, adaptacións teatrais e audiovisuais inspiradas en Memorias dun neno labrego e conta cun espazo onde se proxecta un documental sobre Balbino.

Querido Balbino presenta tamén 15 obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no protagonista de Memorias dun neno labrego. Entre os autores que colaboran nesta iniciativa son: Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Esperanza Lema, Federico Fernández, Xoán Domato, Antón Pulido, Herminda Salgueiro, Siro López e Xaquín Marín.

Encontro en Frións

Ao rematar este primeiro acto, tivo lugar unha segunda actividade no CEIP de Frions: “Encontros con Neira Vilas”. Alí foi recibido o escritor de Vila de Cruces para disertar e conversar cos numerosos rapaces e profesores asistentes que –procedentes da escola citada e dos colexios de Carreira e Aguiño- encheron por completo o salón de actos do recinto escolar.



Neira Vilas.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical