20.6.12
Cultura: o ribeirense Quico Cadaval, director escénico do musical "Galicia Caníbal"
A xira iníciase o 12 de xullo en Vigo
Filmanova Invest e Estrella Galicia presentan este espectáculo, que traslada ao xénero musical a movida galega dos anos oitenta cos éxitos de Siniestro Total, Os Resentidos, Golpes Bajos e Aerolíneas Federales, entre outros
Trala estrea en Vigo, poderá verse en Santiago, Vilagarcía e na Coruña antes de viaxar a Madrid, onde permanecerá dous meses en carteleira
Ribeira, 20 de xuño de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con Filmanova Invest e Estrella Galicia na produción do espectáculo Galicia Caníbal. O musical, que traslada a este xénero escénico a movida galega dos anos oitenta a través dos éxitos de grupos como Siniestro Total, Os Resentidos, Golpes Bajos ou Aerolíneas Federales, entre outros, é idea orixinal de Antón Reixa, plasmada nun texto escrito por Fran Peleteiro e Antela Cid e dirixida polo ribeirense Quico Cadaval na escea e Pablo Novoa no eido musical.
A montaxe está a desenvolver os seus últimos ensaios cara a estrea o vindeiro 12 de xullo no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, onde permanecerá ata o día 15. Será o inicio dunha xira galega de verán que se desenvolverá por Santiago de Compostela (do 18 ao 21 de xullo), Vilagarcía de Arousa (do 2 ao 5 de agosto) e A Coruña (do 9 ao 12 de agosto) antes de poñer rumbo cara a Madrid para unha estadía de dous meses. A venda anticipada de entradas para as funcións neste catro primeiros destinos galegos está dispoñible a través do teléfono 902 504 500 ou das páxinas webs www.servinova.es e www.obrasocialncg.com.
A contribución da Consellería de Cultura e Educación a este proxecto materializase a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) que, como explicou hoxe o seu director, Juan Carlos F. Fasero, presta un “importante apoio” á produción articulado mediante un novo xeito de colaboración coas empresas privadas. Na presentación do musical, Fasero subliñou que se trata dun procedemento testado xa con outras compañías e outros proxectos escénicos, aberto a todas as empresas galegas, e que consiste en involucrar directamente os medios técnicos e humanos da institución como complemento en calquera plano de produción e mesmo de financiamento.
Recursos públicos
Para o director da Agadic, que se referiu ao proxecto como unha “homenaxe merecida á música galega dos 80”, esta é unha fórmula con moitas posibilidades de futuro, a través da que se alcanza ademais o dobre obxectivo de optimización de medios da administración e a súa posta a disposición para unha significativa minoración de custos en calquera proposta externa. Neste sentido, destacou que a Axencia conta cun “importante conxunto de recursos, tanto en infraestruturas como en capital humano, destinado á actividade das súas unidades de produción (Centro Dramático Galego e Centro Coreográfico Galego), pero susceptible, precisamente pola súa calidade, profesionalidade e especificidade, de ser posto ao servizo das propostas de iniciativa privada, na medida en que as necesarias compatibilidades o permitan”. No caso de Galicia Caníbal. O musical, a Agadic colaborou directamente con Filmanova na cesión de distintos espazos para a celebración de ensaios e audicións, así como na prestación de sistemas de iluminación e son, materiais escenográficos e atrezzo, entre outros.
Juan Carlos F. Fasero fixo estas declaracións no transcurso da presentación deste espectáculo aos medios de comunicación na que participaron, así mesmo, o produtor Antón Reixa, de Filmanova; Pepe Cabanas, de Estrella Galicia; o director Quico Cadaval e os integrantes do elenco.
Comedia interxeracional
Galicia Caníbal. O musical é unha produción de gran formato, na que os 10 integrantes do elenco (Ana San Martín, Sergio Zearreta, Víctor Mosqueira, María Costas, Teté Delgado, Juanillo Esteban, Rosalía Castro, Iolanda Muíños, José Carlos Illanes e Iván Marcos) actúan, cantan e bailan en oito decorados diferentes durante as máis de dúas horas que dura o espectáculo.
En ton de comedia de enredo, o musical preséntanos 10 personaxes pertencentes a tres xeracións diferentes a través dos que se conta a historia de Ana, unha adolescente que –cos seus país e o seu irmán– vive un momento de crise persoal. A partir dun acontecemento extraordinario, a rapaza descubre a música dos oitenta e, con ela, a súa salvación e a da súa familia.
Xunto con eles, o público percorrerá unha época mítica que catapultou a toda unha xeración de músicos galegos a través de hits como Bailaré sobre tu tumba de Siniestro Total; Sitio distinto, Sector naval e Galicia Caníbal dos Resentidos, Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los maniquíes de Golpes Bajos, ou No me beses en los labios e Soy una punk de Aerolíneas Federales, entre moitos outros.
De volta a Galicia a partir de novembro, Galicia Caníbal. O musical ten previsto visitar tamén Monforte, Pontevedra e Ourense, para viaxar despois a outras cidades como Barcelona, Zaragoza, Bilbao e Santander.Tiene narices las declaraciones de Zapatero lavozdegalicia.es/noticia/politi…
— Juan Carlos Fasero (@JCFasero) June 16, 2012
E para que non se diga que a tribo non bailou... para mostra, un botón: tacón tacón tacón, punta, tacón! vimeo.com/44094717
— Os Resentidos (@os_resentidos) June 15, 2012
Interesantísima xornada celebrada en Vila Nova de Cerveira sobre industrias culturais e creativas. Esta claro que imos polo bo camiño
— Juan Carlos Fasero (@JCFasero) June 15, 2012
@marianorajoy Mas claro no ha podido ser. Ahora el que quiera entender que entienda, y el que no... Esto solo se arregla trabajando
— Juan Carlos Fasero (@JCFasero) June 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: veciño reclama control de vertedoiros incontrolados e limpeza na urbanización "Mirador de Padín"
Ribeira, 20 de xuño de 2012. Un veciño desta cidade enviou dous escritos ao Concello nos que reclama maior control sobre vertedoiros incontrolados no municipio e limpeza na urbanización "Mirador de Padín". Segundo os escritos, este veciño considera que "la falta de civismo y educación medioambiental de muchísimos vecinos quedan puesto de manifiesto en la proliferación de cantidad de vertederos incontrolados que hay en diferentes lugares del municipio. Por eso sería necesario editar un bando o realizar campañas de sensibilización para que las personas sean conscientes de que el medio ambiente es un patrimonio de todos y que miren más allá de sus propiedades privadas y respeten el bien común.
Los vertederos incontrolados son numerosos y sería conveniente ponerles coto y desde las brigadas municipales, o la empresa de limpieza viaria, se deberían recoger escombros en la carretera que va desde la zona del monumento hacia A Garita o el cementerio de Castiñeiras, también en la zona del monte de la ciudá hay varios, en la zona de Couso en Aguiño, en O Vilar de Carreira, etc. ."
No que atinxe á urbanización "Mirador de Padín", o mesmo veciño denuncia que dende a estrada xeral da avenida de Ferrol ata a mesma urbanización, non hai beirarrúa para os peóns, co risco que isto supón para os viandantes.
"Por otro lado se carece de limpieza pública del lugar, por la evidente suciedad. Asimismo los tres contenedores de recogida de basura pública se encuentran situados en la plaza de aparcamiento reservada para minusválidos. Lo más sorprendente de todo es que estas anomalías se producen en una urbanización donde se encuentra, hace ya varios meses, el departamento municipal de los servicios sociales así como el centro de información a la mujer, sin olvidarnos de los pisos tutelados de varias entidades sociales, como Amicos y Ámbar. Por eso que se deberían corregir estas situaciones, las cuales no suponen demasiada inversión: solo es cuestión de voluntad política", remata neste segundo escrito de queixa cívica.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: os artistas Ayaso e Costa colgan "EntreDous II" no auditorio este mes
O acto terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Municipal e contará coa participación do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura Elvira Pisos e, por suposto, os dous protagonistas da mostra. De acceso libre e gratuíto.
Charla de Renacer
Outra das novidades do día é a charla sobre a Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas en Menores de Idade que ofrece a Asociación Antidroga Renacer ás 19 horas na Aula Multimedia.
Nesta actividade intervirán entre outros Jorge Suances, subdirector do Programa de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade da Xunta; María González, presidenta de Renacer.
A charla, de acceso libre, está dirixida a todos os sectores sociais, empresariais, educativos e familiar.
Concertos no Conservatorio e no Brétema
Doutra parte, no Conservatorio de Música terá lugar un novo concerto, esta vez a cargo de alumnos de grao profesional. Promove a Concellería de Educación que dirixe Mª Carmen Vizcaya.
Por último,o bar Brétema acolle outra nova actuación no marco do seu ciclo de concertos acústicos “Sons na Brétema”. Actuará Basstar2. A partir das 23 horas. Organiza a Asociación na Brétema.
Foto: conferencia titulada “Historias do Cine: Regreso ó presente” que –dentro do Xuño da Cultura e as Artes- ofreceu onte a última hora do serán na Aula Multimedia o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto. Entre os asistentes estaban os alcaldes de Boiro e Ribeira, Juan José Dieste e Manuel Ruiz.
Xoves 21 de xuño: charla sobre Lei prevención de alcohol entre menores
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: preto de 200 escolares informáronse sobre o problema do pobo saharaui no auditorio
Riveira, 20 de xuño de 2012.- Un total de 180 rapaces de ESO dos colexios Bayón e Galaxia asistiron esta mañá no Auditorio Municipal á actividade “Sáhara, un pobo esquecido?”: unha acción promovida pola Concellería de Novas Tecnoloxías (que dirixe Emilio Pérez Outeiral), coa colaboración da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e persoal sanitario do Hospital da Barbanza, que está incluída na programación do Xuño da Cultura e as Artes.
Ao longo dunha hora, os alumnos e alumnas puideron asistir en primeira lugar á proxección dun vídeo elaborado para a ocasión sobre o pobo do Sáhara.
A continuación, escoitaron as explicacións ofrecidas por Ramón Martínez Becerra -informático municipal- sobre as condicións de vida e os costumes da sociedade saharaui e, por Celia Pillado, que relatou a súa experiencia como representante dunha familia acolledora pertencente ao programa Vacacións en Paz.
A actividade rematou cunha quenda de preguntas dos rapaces.
Ribeira: Amicos Emprego formou a 37 persoas, das que se inseriron laboralmente 12 post.ly/7sVZV Sanidade: O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra a privatización da saúde post.ly/7sVBo Lo que los medios llaman "mercados" son especuladores financieros expoliando países con la complacencia de gobiernos sumisos. #SoberaníaYA Nas orlas de políticas escriben Riveira con V. @Borja_op33 pode estar orgulloso xD Festival PsicoTroita en Sigueiro o 22 e 23 de xuño. Actúan os @terbutalina entre outros! Festa rachada! Toda a info en psicotroita.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: Amicos Emprego formou a 37 persoas, das que se inseriron laboralmente 12
- Esta mañá tivo lugar o acto de presentación do proxecto e resultados do mesmo
- Toda a información no dossier adxunto
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia e Muros: o Psoe pide que non se eliminen as oficinas liquidadoras tributarias
- Aluden ao seu carácter de "servizo de proximidade para toda a comarca". Doutro xeito habería que ir a Santiago ou á Coruña
- Lage Tuñas pide ao goberno "transparencia e que explique a Xunta o que ten pensado facer" e cre que o PP "está centralizando tódolos servizos nas cidades, deixando ás cabeceiras de comarca mermadas en servizos, o que na práctica supón máis gastos para os cidadáns e máis incomodidades”.
- "O goberno de Feijóo deberá explicar que vantaxes para os cidadáns terá a merma dos servizos que están prestando as Oficinas Liquidadoras de Noia e Muros para os veciños do conxunto da comarca”, asegurou o deputado socialista.
- “A creación da Axencia Tributaria Galega tal como está concebida será un engaño xa que na práctica só se lle cambia o nome á Dirección Xeral de Tributos da Xunta polo de Axencia Tributaria. Na práctica non hai unha integración entre Xunta e Estado para consorciarse nunha única estructura tributaria ”.
Sanidade: O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra a privatización da saúde post.ly/7sVBo
— Certo (@Certo) June 20, 2012
No Estatuto pon algo de que as empresas estadounidenses vos teñen que falar en galego? A ver se llo pedides ás de Sabón, pedichones.
— ascárida (@ascarida) June 20, 2012
Noia: este venres 22, acto público do Bng sobre as "participacións preferentes" post.ly/7sTYY
— Certo (@Certo) June 20, 2012
Muros: os nacionalistas non adscritos pídenlle á alcaldesa socialista que goberne e deixe de botar culpas post.ly/7sUhB
— Certo (@Certo) June 20, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Sanidade: O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra a privatización da saúde
- A Plataforma pola Sanidade Pública tilda de "antidemocrático e autoritario" ao Partido Popular e augura serias consecuencias electorais por estes feitos
Imaxe dunha das mobilizacións no Barbanza
Barbanza-Noia, 20 de xuño de 2012. O Grupo Popular do Parlamento de Galicia utilizou a súa maioría absoluta para vetar o debate no Parlamento de Galicia da Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública contra a privatización dos centros sanitarios e a favor da xestión pública dos mesmos e da potenciación da Atención Primaria (en situación de precariedade incompatible co funcionamento racional e eficiente do sistema sanitario).
A Iniciativa Lexislativa Popular reuniu todos os requisitos legais esixidos polo Parlamento e a Comisión Electoral para a súa presentación e trámite e reuniu máis de 45 firmas perfectamente acreditadas en apoio da mesma.
Segundo a Plataforma pola Sanidade Pública, esta decisión mostra:
- O talante antidemocrático e autoritario do Partido Popular, que se atreve a bloquear un mecanismo de participación social recoñecido e regulado pola Constitución Española e polo ordenamento xurídico galego.
- O temor a que a cidadanía coñeza o proceso de privatización e deterioro da sanidade pública galega perpetrado polo Goberno da Xunta de Galicia polas serias consecuencias electorais que pode ter para o PP.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esixe ao Grupo Popular que acepte o debate democrático da Iniciativa no Parlamento e retire o veto á tramitación da mesma. Doutro xeito, Plataforma convocará á cidadanía galega a amosar a súa repulsa a un comportamento tan prepotente e antidemocrático.
"É perigoso para a convivencia desprezar a vontade e o esforzo de miles de galegos que exerceron o seu dereito democrático a expresarse e a presentar as súas propostas ao Parlamento da súa Comunidade Autónoma para o seu debate e posible aprobació", rematan os da Plataforma pola Sanidade.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Muros: os nacionalistas non adscritos pídenlle á alcaldesa socialista que goberne e deixe de botar culpas
Muros, 20 de xuño de 2012. Ante as declaracións da alcaldesa de Muros nas que dicía amosarse sorprendida polas propostas e preguntas dos concelleiros nacionalistas, estes sinalan que "non está sorprendida senón incómoda, pois non está facendo as cousas ben e quedou en evidencia no último pleno".
Segundo explican en nota de prensa os concelleiros nacionalistas non adscritos, "nese último pleno muradán celebrado o xoves pasado, os concelleiros nacionalistas presentamos unha moción para que se poida utilizar de maneira temporal e extraordinaria a zona portuaria que na actualidade se atopa pechada por mor das obras do porto deportivo como zona de aparcamento durante os días de festa que se aveciñan na vila muradá. É o colmo que o equipo de goberno non faga nada para poder aproveitar ese espacio os días de máxima necesidade de aparcamento e aínda lles pareza mal que nós o propoñamos".
"É Portos quen decide o modelo de xestión desta zona de aparcamento por ser competencia súa, os nacionalistas muradáns preocupámonos por este asunto dende sempre, como o demostra a resposta escrita que obtivemos con data 30 de maio de 2007 da daquela Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que dicía literalmente “ os portos non teñen como finalidade a de constituír unha bolsa de aparcamentos públicos gratuítos para todas aquelas persoas que non teñan vinculación coa propia actividade portuaria, ...”, resposta que deixaba clara a intención de Portos xa naquel momento no que, por certo, Caridad González era alcaldesa de Muros", argumentan.
"Non deixa de ser cando menos curioso que a alcaldesa nos acuse de non ter feito nada para que esta zona de aparcamento fora pública cando, como ben se pode comprobar en diversos recortes de prensa de datas 15 de xuño de 2006 e 2 de maio de 2007, ela aplaudía a construción dun aparcamento soterrado na dársena de Muros deixando a superficie como zona verde, de xeito que as prazas de aparcamento de superficie na actualidade gratuitas pasaban a ser soterradas e de pago. Caridad González non foi capaz de conseguir nin Porto deportivo nin aparcamentos nin públicos nin privados nos tres anos que estivo de alcaldesa entre o 2004 e o 2007, e agora leva un ano de alcaldesa neste novo mandato e non é capaz de conseguir que se poña en marcha o Porto deportivo que atopou practicamente rematado. Señora alcaldesa, deixe de botarlle a culpa de todo ao anterior equipo de goberno municipal e goberne", rematan.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: este venres 22, acto público do Bng sobre as "participacións preferentes"
Noia, 20 de xuño de 2012. Este venres día 22 de xuño, a partir das 20:30 horas, o BNG vai a realizar un acto público explicativo sobre a cuestión das “participacións preferentes”. O acto realizarase no Edificio Administrativo do Espirito Santo, será presentado por Ánxela Franco e nel intervirá o deputado no Parlamento Galego, Henrique Vieitez.
Segundo explican os organizadores, as denominadas “participacións preferentes” son un producto de investimento financieiro moi complexo e con risco elevado. Trátase de valores que non garanten liquidez inmediata e para os que non existe respaldo sobre o capital investido, onde o consumidor pode sofrer perdas.
Agora sábese que a colocación masiva deste producto financieiro tivo como obxetivo a miles de clientes particulares, non familiarizados cos investimentos financieiros, que non eran informados debidamente das características destes productos nin tampouco dos seus riscos, e en especial da escasa ou nula liquidez, así como da perpetuidade do mesmos.
A pesar de que a Comisión do Mercado de Valores xa advirtira no ano 2009, que se trataba dun producto financieiro non idóneo para a súa colocación no tramo comerciante polo miudo entre os pequenos e medianos aforradores, máis acostumados a rentabilizar os seus aforros coa contratación de depósitos bancarios ou investimentos simples a determinado prazo fixo, as entidades financieras, nomeadamente as Caixas de Aforro, seguiron coa súa campaña de captación de fondos ate meter nela a miles de galegos e galegas.
"O BNG está a desenvolver, nos últimos meses, unha intensa campaña, tanto informativa como de presentación de iniciativas nos distintos niveis institucionais (Cortes Xerais, Parlamento Galego, Deputacións e Concellos), a fin de que tanto a Xunta de Galiza como o Goberno do Estado adopten medidas efectivas de protección dos clientes que investiron os seus aforros nesos instrumentos financieiros, co obxetivo de que os podan recuperar no prazo de tempo máis breve posíbel. A maiores estamos a instar á Xunta de Galiza para que exerza as potestades que ostenta sobre Novagalicia Banco para que os miles de compradores das “participacións preferentes” das extintas Caixas de Aforro, podan recuperar de xeito inmediato o investimento realizado", rematan dende o Bng noiés.
Tamén, en Noia:
- Cultura: programa do Xuño Musical
- Andainas: a seguinte, por San Lois, o 23 de xuño
- III Trofeo de Atletismo: este sábado 23 de xuño. Inscricións ata 21 de xuño
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
