5.7.12

Ribeira: este sábado, 7 de xullo, roteiro cultural pola cidade da man do Bng

  • Participa o candidato á Xunta, Francisco Jorquera

Ribeira_bng7

Ribeira, 5 de xullo de 2012. Con motivo da chegada do día da Patria galega, o 25 de xullo, o BNG de Ribeira quere facer un roteiro cultural e reivindicativo. Terá lugar este sábado 7 de xullo ás 18:00 na rúa Alexandre Bóveda e rematará no museo municipal “Casa Dona Adela”. O acto consistirá en pequenas lembranzas do pasado nas rúas de Alexandre Bóveda e Lustres Rivas onde veremos como o pensamento de ámbolos dous segue vixente hoxe en día. Finalmente para pechar este acto contaremos con Francisco Jorquera, candidato á Xunta de Galiza e portavoz no Congreso dos Deputados.

Tamén, en Ribeira:

Galiza Nova en Ribeira: este venres 6, charla e tuppersex cunha política e unha psicóloga


Dorna: este sábado 7, derradeira asemblea de peñas. Un último impulso!


Palmeira: van arranxar a rúa Caticovas

 
Venres 6 de xullo: conferencia "A inutilidade do sufrimento"

Música: Jabon Blue presenta este venres 6 en Ribeira o seu novo disco

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: están a arranxar a rúa Caticovas en Palmeira

  •  O Concello meterá auga, saneamento e pluviais nun prazo de dous meses e cun orzamento de 80.000 euros

 

Ribeira, 5 de xullo de 2012.- O Concello informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida á mellora e instalación de servizos na rúa Caticovas, na parroquia de Palmeira. A empresa SYR-AMG, S.L, será a que se encargue de executar a obra, por un importe de 79.259,23 euros.

 

Actualmente, o camiño obxecto da actuación rexistra unha traza moi irregular, con pavimento de formigón nun tramo e de terra natural noutro. Ademais, a rede de pluviais é inexistente (as augas de chuvia descorren pola superficie) e a zona adoece tamén da falla dun tramo de colectores de fecais que conecte o alcantarillado do lugar próximo da Bouciña coa rede xeral.

 

O obxectivo fundamental que se persegue con esta nova actuación é a de renovar os servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, utilizando para isto materiais de emprego actual para este tipo de instalacións: tubaxes de PVC  para fecais e pluviais (en ambos tipos cunhas dimensións de 315 milímetros) e tubaxes de polietileno de auga densidade para auga potable.

 

Pavimentación

Ademais, unha vez realizada a demolición dos pavimentos existentes, rematarase o camiño cun pavimento de mestura bituminosa en quente, proporcionando un acabado acorde co entorno no que se desenvolven os traballos.  O período de execución das obras é de dous meses.  A obra está adscrita ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: abre o prazo para inscribirse na Escola de Música

Noia: cartel e programación da XV Feira Medieval, do venres 13 ao domingo 15 de xullo

Ribeira: convocada a decorasión de fanequeiras para a Festa da Dorna, con máis sorpresas

  • O xurado comeza a visita polas estrafalarias casetas o 20 de xullo

As Parrochas Papudas en acción o ano pasado na súa fanequeira


Ribeira, 5 de xullo de 2012. Muxo Beti e Ratos da Illa, peñas organizadoras da “Decorasión de Fanequeiras”, informan que, a partires desta fin de semana, as peñas interesadas en participar na decorasión de fanqueiras xa poden inscribirse en Pepe´s  ou no Bar Capri.

 
Muxo Beti e Ratos da Illa animan a todas as peñas a participar nesta edición da “Decorasión de Fanequeiras” que, ao igual que en edicións anteriores, trae novas sorpresas para as peñas participantes.
 
Nos últimos anos a “Decorasión de Fanequeiras” foi protagonista en varios programas e medios de comunicación ( Bricomanía, TVG, etc.) e repartiu divertidos premios entre as peñas vencedoras. Para esta edición, as peñas organizadoras están a preparar novas sorpresas das que se dará conta nos próximos días.
 
Asimismo, infórmase de que o xurado encargado de visitar as fanequeiras comezará o seu percorrido polas mesmas o venres 20 de xullo ás 17.00h.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.7.12

Rianxo: este sábado, 7 de xullo, concerto Fin de Curso da Escola de Música

Festivais_fin_de_curso_2012


Rianxo, 4 de xullo de 2012. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao Festival Fin de Curso desta institución.
  • FESTIVAL FIN DE CURSO
  • DÍA: sábado 7 de xullo
  • HORA: 21h00
  • LUGAR: Campo de Arriba (en caso de choiva será no Auditorio de Rianxo)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: inaugurada a praza da Treixadura

A Pobra do Caramiñal, 4 de xullo de 2012. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda visitou hoxe o concello de A Pobra, onde acompañado do seu alcalde, Isaac Maceiras, e do director xeral de Administración Local da Xunta, Norberto Uzal, inauguraron a Praza da Treixadura. A reordenación e urbanización desta praza consistiu en mellorar a súa calidade estética e funcional, dotándoa dun parque infantil con diversos xogos e pavimento de caucho, adecuando unha zona pavimentada con lousa de granito e mellorando o alumeado público da praza e da súa proxección sobre as beirarrúas de acceso.

Antes, en Certo:









Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: comezou o curso sobre a depresión, co director da UIMP en Galicia, o político Xosé Luis Barreiro Rivas na inauguración

 

 


 

Ribeira, 4 de xullo de 2012.- O Auditorio Municipal acubillou esta mañá a inauguración dun curso da Universidad Internacional Menéndez Palayo, que leva por título ““La Depresión: qué es y cómo tratarla”, organizado pola citada institución académica co patrocinio da Deputación Provincial de A Coruña e a colaboración do Concello.

 

Para dar inicio a esta acción formativa personáronse na instalación cultural o alcalde e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas; o director da UIMP en Galicia, o político e profesor Xosé Luis Barreiro Rivas; e o director do curso, o ribeirense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Conductual e profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Granada.

 

O programa do curso abrangue un intenso programa que se prolongará ata o venres ás 18.30 horas co acto de clausura.

 

Este mesmo venres, a prestixiosa psicóloga María Jesús Álava Reyes impartirá de balde unha conferencia aberta a toda a cidadanía da comarca baixo o título de “A inutilidade de sufrimento”: mesma denominación que a do seu libro máis coñecido, con máis de 250.000 exemplares vendidos.


Onte, en Certo:

Venres 6 de xullo: conferencia "A inutilidade do sufrimento"

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Taekwondo: Ribeira aloxa 200 deportistas de 20 países no seu campamento "Soño olímpico"

  • Participan varios loitadores clasificados para os inminentes Xogos Olímpicos de Londres

 


Ribeira, 4 de xullo de 2012.- A falla dun mes para a inauguración dos Xogos de Londres, Ribeira converterase a partir do próximo luns no epicentro mundial do deporte do taekwondo a través da celebración do IV Campionato de Verán Internacional Soño Olímpico: unha iniciativa organizada polo Club Natural Sport coa colaboración do Concello, a Federación Galega de Taewondo e a Deputación Provincial, ademais de empresas privadas.

 

Uns 200 rapaces de 20 países nacidos entre 1994 e 2002 tomarán parte nesta acción, que ao longo de sete días (do 9 ao 15 de xullo) lles permitirá interactuar con combatentes e adestradores do máis alto nivel, algúns dos cales participarán na cita londinense. Entre as nacionalidades representadas figuran Italia, Suíza, Colombia, República Dominicana, México, Chile, Ecuador, Luxemburgo, Bélxica, Portugal, Marrocos, Papúa Nova Guinea, Holanda e Arxentina.

 

Para presentar esta acción compareceron hoxe no Consistorio o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez; o presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo; Suvi Mikkonen, deportista finlandesa clasificada para Londres; e Jesús Ramal, adestrador da Selección Olímpica de Finlandia; ademais de tres deportistas que están axudando a preparar a Suri Mikkonen a súa participación olímpica: as suizas Nina Kläy (subcampiona de Europa absoluta) e Manuela Bezzola (campioa da Universiada e olímpica en Beijing) e a española Yaiza Soiza (campiona nacional).

 

O concelleiro de Deportes salientou o feito de que nunca antes en Ribeira albergaran tal cantidade de deportistas olímpicos: especialistas que perfilan a súa preparación cara os Xogos de Londres como a referida Suri Mikkonen, Gabriel Mercedes (República Dominicana, prata en Beijing), Theresa Tona (Papúa Nova Guineaa), Isaam Chernoubi, Sanaa Atrabrour ou Wian Dislam (estes tres, de Marrocos) ademais do brasileiro Diego Silva, quen requiriu os servizos como spárring dun dos máis laureados combatentes de Galicia e membro do Natural Sport, Raúl Bouzas.

 

O edil e tenente de alcalde ribeirense recordou tamén a vertente solidaria do campamento, que propiciou que nove deportistas de distintas procedencias puidesen ser becados ao cento por centro na súa estancia no campamento solidario.

 

Impacto económico

Por último, Juan Luis Martínez cifrou entre 60.000 e 80.000 euros a repercusión económica positiva que vai supor a celebración do campamento Soño Olímpico para o tecido empresarial do municipio de Ribeira.

 
O presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo, manifestou que o campamento de verán, que está totalmente autofinanciado, vaise dividir en dous grupos en función das idades: de iniciación, para os nacidos entre 2002 e 1998; e de perfeccionamento, para os que o fixeron entre 1994 e 1997.

 

Pola súa parte, tanto Jesús Ramal como Suri Mikkonen amosaron a súa compracencia de poder participar no campamento e subliñaron o gran nivel dos adestradores e deportistas que se van concentrar. A combatente finlandesa tamén salientou as semellanzas de clima existentes entre Galicia e Londres, o que lle axudará a afinar na súa preparación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: The Lácazans gaña o I Certame "Curota Sound" para grupos de Barbanza

  • A final do certame organizado pola Asociación Cultural Borobó foi onte e puxo o colofón a tres meses de competición entre dezaséis bandas do Barbanza
  • 500 euros en material musical para os gañadores

Boiro, 4 de xullo de 2012. The Lázakans foi a banda que se alzou co premio gañador no certame Curota Sound que se celebrou na noite deste martes pasado na discoteca Tonos de Boiro e que se incluía dentro da programación das Festas do Verán.


Máis de trescentas persoas acudiron á esperada final do concurso que contaba con Agoraphobia, Belfastt, The Siberets e The Lákazans como os catro últimos clasificados. Os grupos noveis do Barbanza demostraron, unha vez máis, a gran cantidade de seguidores cos que contan. O segundo premio foi a mans da banda de Ribeira Belfastt; o terceiro premio para ás boirenses Agoraphobia; e o cuarto foi a parar a The Siberets.


En total repartíronse 1.100 euros en premios a través da entrega de cheques para gastar en material musical: 500 euros para a banda gañadora, 300 euros para o segundo clasificado, 200 euros para o terceiro e 100 para o cuarto clasificado do certame. O método de votación na final estableceuse a través dun total de sete votos, seis correspondentes aos membros do xurado e un séptimo que outorgaba o público asistente. O xurado estivo formado por Fran Velo, compoñente dos Heredeiros da Crus; Sonia Lebedynski, cantante de Fía na Roca; Juan Ciego, compoñente de The Covers e profesor de música; un representante da Escola de Música de Boiro; Nolo Romero, Concelleiro de Xuventude e Festexos e representante institucional do Concello de Boiro; e Alberto García, técnico de cultura do Concello.

Jorge Campaña, presidente da Asociación Cultural Borobó, agradeceu a colaboración de tódalas empresas que fixeron posible que este certame tivera un premio cunha cuantía económica, así como a propia participación dos grupos e a asistencia de todo o público durante estes meses. Asemade, Campaña quixo incidir en que “estamos vendo como o obxetivo deste certame, a promoción de grupos do Barbanza, se está cumprindo, pois as bandas concursantes están conseguindo bolos en diversos locais de concellos da comarca".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical