19.7.12

Noia: o sábado, 21 de xullo, inauguración da mostra de pinturas de Manuel Romero

Pintura_manuel_romero
Sin título. 1997. Colección NovaCaixaGalicia

Noia, 19 de xullo de 2012. Segundo informa hoxe o Concello, o vindeiro sábado, 21 de xullo, ás 13 horas, na Casa da Cultura, terá lugar a inauguración da exposición PINTURAS DE MANUEL ROMERO. O pintor noiés afincado en Cambre e que pasou moitos anos en Londres estará na inauguración.

Pequena referencia

Manuel Romero (Noia, 22 de novembro de 1943) ten un amplo currículum de estudios co que se avala a obra deste artista personal, difícilmente referenciable, inclusive nos seus formatos, con frecuencia circulares.

Fixo cursos de deseño en Wimbledon e licenciouse, con matrícula de honra, na Facultade de Belas Artes da Universidade británica de Kingston, en 1987. Deste centro sería profesor e coordinador de estudos nas universidades europeas ata 1996. Comenzou a expoñer na Casa de España, en Londres, en 1983, e tamén o fixo reiteradamente nesta cidade e noutras de Inglaterra, Estados Unidos, París e Xapón, e en varias de Galicia e doutras rexións de España. En exposicións colectivas figurou a súa obra en Inglaterra numerosas veces. Recibiu premios en Estados Unidos, Inglaterra e España, concedido éste polo Ministerio de Asuntos Exteriores. Recentemente acadou o primeiro no certame Nelson Zúmel, de Lugo (1998). A súa pintura é do xénero abstracto e tamén se adica de xeito importante á escultura.

O mesmo día, pola mañá:


Sábado 21 de xullo: andaina por Lousame

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: ata este domingo 22, "Mergúllate no Océano", divulgación marina na praza do Concello

  •  Na inauguración estiveron o reitor da Universidade de Vigo xunto co alcalde ribeirense
  • A acción de divulgación científica do medio mariño componse de oito obradoiros
Ribeira.- 19 de xullo de 2012.- O alcalde, Manuel Ruíz, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia, inauguraron hoxe, na praza do concello, o recinto divulgativo “Mergúllate no Océano”.

 

A exposición estará en Santa Uxía ata o día 22. Durante estes tres días os participantes poderán realizar coas súas propias mans sinxelos experimentos e descubrir cómo funcionan os océanos. O alcalde do Concello salientou a idoneidade da iniciativa para que pequenos e maiores poidan achegarse a moitas das cuestións que ocorren no océano, como comprender as correntes ou saber a ónde se derivan as olas dun tsunami”.

 

Esta proposta divulgativa, dirixida a todas as idades, trata, segundo Salustiano Mato, de destacar a importancia que para o progreso da humanidade ten o feito de coñecer e conservar os océanos. A iniciativa está promovida polo Campus de Excelencia Internacional - Campus do Mar unha institución que “xunta a case 4.000 científicos e que se está convertendo na maior agrupación europea en torno á ciencia e tecnoloxía mariña”.

 

Mergúllate no Océano concíbese como un recinto expositivo duns douscentos metros cadrados de extensión no que, a través de oito obradoiros,  descubriremos por exemplo de onde procede o peixe que comemos habitualmente, cómo funcionan as correntes mariñas ou a importancia que teñen as dunas. Os monitores, expertos en divulgación, buscan en cada unha das actividades, implicar ao público asistente e espertar a súa curiosidade plantexándolles pequenos retos para que, como fan día a día os investigadores, podan chegar a descubrir o funcionamento do mar e dos seres que o habitan.

 

Aqueles que queiran participar nesta experiencia recibirán á entrada un pasaporte que deberán ir selando en cada un dos obradoiros a medida que van completando as diferentes actividades propostas, que abranguen ámbitos tan variados como a Ecoloxía, a Bioloxía, a Oceanografía ou as tecnoloxías aplicadas ao medio mariño. Unha vez acaden todos os selos serán xa uns auténticos científicos mariños e poderán cambiar o seu pasaporte por un pequeno agasallo á saída.

 

Documentais

Un dos momentos estelares de “Mergúllate no Océano” terá lugar o día 20 de xullo ás 22.30 horas, tamén diante do Concello, coa proxección ao aire libre das películas documentais  “Islas Atlánticas de Galicia” de RTVE e “O Mar das Cíes”, de José Irisarri, que nos permitirá mergullarnos a través dunha pantalla de cinema na costa de Galicia, e coñecer unha das máis ricas biodiversidades de todas as augas do planeta dun xeito nunca visto para nós.

 

Ribeira confórmase como a terceira parada desta acción que está a percorrer diferentes vilas galegas e portuguesas durante todo o verán e que forma parte do programa de divulgación científica do Campus do Mar, un proxecto promovido polas tres universidades de Galicia, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto Español de Oceanografía e no que participan 23 universidades, centros e plataformas tecnolóxicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal con intereses na docencia e investigación mariña.






 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado, 21 de xullo, andaina por Lousame

Ribeira: Sarasquete amosará unha estatua de Valle Inclán o domingo 29 de xullo no Ateneo durante unha charla

18.7.12

Noia: o balance da Feira Medieval deste ano supuxo un aforro para o Concello con respecto a outras ocasións



Estas son as portas novas que se estrearon este ano na Feira Medieval

Noia, 18 de xullo de 2012. A Feira Medieval de Noia, que se celebrou desta volta entre o 13 e o 15 de xullo pasados, supuxo, a xuízo da concelleira de Turismo noiesa, Mónica González Eiras, "un éxito de afluencia de xente e ventas, pero ademais un aforro económico para o Concello moi considerable". Segundo explicou, o ano pasado non houbo ningún ingreso -levaba todo unha empresa externa- e o Concello aportou 43.281 euros para a súa realización, namentres que este ano gastáronse 58.567 euros pero obtivéronse 37.894 cobrándolle aos dos postos que se quixeron instalar. Isto supón un saldo deudor de menos de vinte mil euros, menos da metade do que se gastou en 2011. Ademais, a concelleira de Turismo de Noia resaltou que dos 58.567 euros de gasto hai 8.500 investidos en teas e portas que se empregarán en vindeiras feiras.


Estímase que pasaron pola feira medieval deste ano unhas 50.000 persoas

Mónica González sinalou que "simplemente con xestión municipal estes case 25000 euros aforrados son dos noieses e non os leva unha empresa externa, que dende logo consideramos que o puido facer ben outros anos, pero mellor ca nós non, xa que isto é o que o pobo nos está a dicir estes días coas súas felicitacións e suxerencias para vindeiros anos".

A concelleira de turismo aproveitou a ocasión para facer unha listaxe de agradecementos, entre os que non faltou o pobo de Noia, tanto asociacións como particulares, pola súa colaboración; ao autor do cartel, Carlos Fontano; a Quico, o artista das novas portas; ao operativo de Protección Civil; a patrulla de Obras; equipo de Xardíns; equipo de mantemento eléctrico, equipo de augas, asociación de comerciantes Noia Histórica, conservatorio municipal e de xeito especial a Silvia Calo, ADL da concellería de Turismo, Ricardo Outeiral, xefe de Obras; Marisa Lorenzo, concelleira de Obras; Marisol Villar, concelleira de Medio Ambiente e Javier Rodríguez, concelleiro de Cultura por "estar dende o luns día 9 ao luns 16 de xullo, ao 200% ao meu carón, pois isto non o pode levar a cabo só unha persoa, pero entre todos aseguramos o éxito".

Pode que tamén lle interese:


Festexos: imaxes da Feira Medieval deste ano


Ciclo "Rúas Vivas": circo, cine, humor e música no verán



San Bartolomeu 2012: o 24 de agosto, Son de Seu, de balde


San Bartolomeu 2012: o 26 de agosto, Cantajuego

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Kiko Veneno actúa polo San Bartolomeu o sábado 25 de agosto

Marquesina_kiko

Entrada de balde, na Alameda noiesa

Antes anunciamos:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mobilizacións: horario de buses deste xoves 19 para ir manifestarse en Santiago contra as tesouradas de Mariano Rajoy

CARTAZ.pdf Download this file


Barbanza, 18 de xullo de 2012. Informa CIG As Rías de que este xoves 19 de xullo (mañá) haberá unha manifestación unitaria en Santiago con saída na Alameda ás 20:00 e contra os recortes do goberno do PP de Mariano Rajoy. Convocan os tres sindicatos maioritarios en Galicia: CIG, CC.OO. e UXT.

Horario de buses (postos por CIG e CC.OO):

Ribeira: 18:30 na estación
A Pobra: 18:40 na estación
Boiro: 18:50 fronte ao Concello
Ponte Beluso: 19:00 Bar do Demo
Rianxo: 19:10 rotonda de Té

 

"REBELÉMONOS CONTRA O SAQUEO

NON AOS RECORTES DO PP !!", sinalan os organizadores.


 

 

 

 

 

 

        

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado, 21 de xullo, Festival de Bandas "Concello de Boiro", coa de Caldas, Padrón e a anfitriona


Boiro, 18 de xullo de 2012. Este sábado 21 de xullo, en Boiro, terá lugar o VII Festival de Bandas do Concello de Boiro na Praza do Centro Social ás 8.00 da tarde.

Este ano contará coas seguintes agrupacións:

  • Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
  • Banda de Música de Padrón
  • Banda Municipal de Música de Boiro

Como novidade nesta edición, as tres bandas tocarán xuntas, formando unha gran orquestra duns 150 compoñentes aproximadamente.

Outras actividades culturais en Boiro estes días:

Mércores 18 de xullo ás 22.15 h na Praza de Galicia
Noite de cine “Las crónicas de Narnia”: la travesía del viajero del alba (tódolos públicos, aventuras, fantasía , familiar.)

Xoves 19 de xullo ás 12.00 h Casa de Cultura Ramón Martínez López
Os magníficos “historias por contar” (destinado a público infantil e familiar)
Un espectáculo de animación á lectura dun xeito distinto, a partir de sinxelos xogos de maxia , o clown, a participación do público e a marabillosa tradición narativa galega.


Sábado 21 de xullo ás 12.00 h rúa peonil
Nono . Show de rúa . Público infantil e familiar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: arranxarán e urbanizarán o camiño entre Outeiro e Carreiriña en cuestión dun par de meses

  • Supón un investimento de preto de cen mil euros nesta zona de Carreira
  • Vanse instalar pluviais, pavimentalo e iluminalo

Ribeira.- 18 de xullo de 2012.- O Concello vén de aprobar a adxudicación dunha obra valorada en preto de 100.000 euros co obxectivo de instalar unha nova rede de pluviais, ademais de actuacións de iluminación e pavimentación, no camiño que une os lugares de Outeiro e Carreiriña, situados na parroquia de Carreira. A empresa Nemesio Ordóñez, S.A., resultou a adxudicataria da acción por un importe de 95.299 euros. O prazo de execución é de dous meses.

 

Actualmente, a zona presenta un estado deficiente, ao atoparse cuberta de vexetación e anegada, xa que non dispón de recollida de augas superficiais. Ademais, tampouco conta cun firme apropiado para o tránsito de vehículos e peóns.

 

Así e logo, o proxecto redacto polos técnicos do Concello inclúen en primeiro lugar a roza e limpeza da vía, retirando toda a vexetación existente da superficie e demolendo unha pequena soleira, feita de formigón, que se encontra á entrada dunha das fincas lindantes.

 

Pluviais

A seguir, vaise realizar a instalación duns canais para o drenaxe de augas pluviais e a construción de sumidoiros. Así, disporase un colector de PVC corrugado de 500 milímetros de diámetro polo centro do vial e instalaranse arquetas sumidoiro no centro da rúa cada 25 metros. Nos lugares onde o camiño se cruce con outras rúas disporanse pozos de rexistro, ao igual que nos cambios de alineación, cunha separación nunca superior a 35-40 metros.

 

En terceiro lugar, instalaranse puntos de luz de 6 metros de altura con brazo de 1,50 metros de lonxitude e luminaria de 150 watios. E por último, respecto á pavimentación, estenderase unha capa de formigón de 20 centímetros de espesor sobre unha base de zahorra artificial.

 

A actuación está adscrita ao Plan de Obras e Servizos (POS complementario 2011) da Deputación Provincial.

Relacionada:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este domingo, 22 de xullo, ruta de senderismo polos montes de Couso

Cartel_sendeirismo_por_couso_2

Ribeira, 18 de xullo de 2012. Este vindeiro domingo, día 22 de xullo, organiza a Asociación de Veciños de Carreira unha ruta de sendeirismo polos montes do Couso. Terá un percorrido de doce quilómetros, a ritmo paseniño e cunha duración aproximada de catro horas. Sáese da capela da Guía ás dez da mañá. 

Pode que tamén lle interese:






Turismo: Barbanza, Noia e Muros, ninguneados pola Xunta no ránking

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical