20.7.12

Ribeira: o luns 23 de xullo, na praza de España, portas abertas a un emulador de voo do EVA 10

Ribeira, 20 de xullo de 2012.- Este luns día 23 de xullo a cidade de Santa Uxía vai ser escenario dunha atractiva actividade consistente nunha xornada de portas abertas dun Emulador de Vóo.

Organiza polo Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10) e polo Concello de Ribeira, a actividade estará aberta de 11 a 14 e de 16.30 a 21 horas, na praza de España.

Distintas autoridades tanto da EVA 10 como representantes da Corporación Local- daranse cita no principio do evento ás 11 horas.

Patrulla Águila

O Emulador da Patrulla Águila consiste nun tráiler de 16 metros que leva unha estrutura hidráulica que dota de movementos en dous eixes á cúpula, capaz de levar a 16 persoas á vez, ás cales poderán ver en vídeo imaxes da perspectiva que ten un piloto da Patrulla cando voa en formación cos demais compoñentes da Patrulla Acrobática do Exército do Aire.

O acceso é gratuíto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: envían o documento previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal ás administracións competentes

Noia, 20 de xullo de 2012. Segundo informou hoxe o concelleiro de Urbanismo noiés, Bieito González, "tal como se acordou na xunta da Comisión Municipal de Seguimento celebrada o día 5 do presente mes, na mañá de hoxe remitiuse ás administracións competentes na materia o “Documento previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal”, a fin de que as mesmas emitan os informes preceptivos sobre o asunto en cuestión".

A citada documentación foi remitida á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, ao Organismo Autónomo Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Mobilidade. Tamén se entregou un exemplar na Demarcación de Costas do Estado en Galicia.

En palabras dos autores do documento, "o Plan Xeral debe contribuír a reforzar a estrutura social e económica de Noia en aras de manter a hexemonía no contexto xeográfico da Ría. Para iso o Plan Xeral definirá un modelo territorial capaz de canalizar o desenvolvemento e as inversións en base a un proxecto onde os recursos se utilicen de xeito responsable e respetuoso co ambiente e, o territorio asuma as funcións que lle son propias, segundo aos seus valores a potencialidades".

Reforzamento de turismo, comercio e cultura, entre outras funcións

Así, desde unha perspectiva comarcal, "Noia debe reforzar a súa función residencial, turística, administrativa, comercial, cultural e de servizo, apoiándose nunha estructura territorial lóxica e ben definida. Neste eido as Directrices de Ordenación do Territorio, referíndose ao sistema urbano intermedio, do que Noia forma parte, falan de aumentar o rango urbano de xeito que se incremente a calidade e variedade dos servizos e o atractivo do municipio como espazo de residencia e actividade", sinala o Concello en nota de prensa.

Pouco máis de oito mil vivendas actuais: prevén catro mil máis nos vindeiros 16 anos

O parque de vivendas existente no termo municipal é, na actualidade de 8.012, repartidas do seguinte xeito: no solo urbano consolidado 5.333; nos núcleos rurais históricos 1.738 e nos núcleos rurais comúns 941. En consecuencia estímase que o PXOM permitirá a construcción de 4.021 novas vivendas durante a vixencia do mesmo; vixencia que se prevé de 16 anos susceptible de revisión cando concorran algunhas das seguintes causas:

a)   Necesidade de adaptación a un novo marco legal.

b)   Cambio de circunstancias económicas, de poboación, sociais, que impliquen novas necesidades da comunidade.

c)    Cando a capacidade potencial de vivendas chegue a esgotarse máis dun 80%.

Durante o espazo de tempo comprendido entre os anos 2000 e 2010 construíronse en Noia un total de 832 vivendas de nova planta.

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

Vivendas de nova planta

112

19

112

55

100

190

103

89

31

1

20

Poboación

14.404

14.410

14.391

14.586

14.481

14.637

14.702

14.808

14.875

14.970

14.947

O PXOM estaría listo en 2013

Se as administracións que hoxe reciben a totalidade do documento, emiten os informes no prazo establecido na Lei do Solo (dous meses), o Gobernmo Local estima que se poderá aprobar inicialmente  o PXOM no presente ano, e acto seguido sometelo ao trámite de exposición pública durante dous meses consecutivos (decembro de 2012 e xaneiro de 2013) para que o conxunto da cidadanía poda aportar cantas alegacións considere.

MEM_XUSTIFICATIVA.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: do 27 ao 29 de xullo, Feira Celta

Porto do Son: piden a construcción dunha rotonda no medio de Portosín

85387-pnlc-mellora viaria AC 550 en portosin.pdf Download this file

Media_httpfarm9static_edfbc

Media_httpfarm8static_eagga

Esta valiosa peza da igrexa de San Sadurniño de Goiáns está ata decembro na expo "Gallaecia Petrea" na Cidade da Cultura

Porto do Son, 20 de xullo de 2012. Segundo explicaron onte en roda de prensa no mesmo lugar onde esixen que se faga a rotonda, os socialistas Lage Tuñas e Pastor Rodríguez “o goberno de Feijóo ten paralizado o proxecto de mellora da seguridade viaria en Portosín dende fai máis de tres anos o que supón unha auténtica temeridade polo grave risco existente neste punto negro da rede viaria AC-550”.

Os socialistas piden que se considere prioritaria a mellora da seguridade viaria no tramo da estrada AC-550 ao seu paso polo núcleo de Portosín (Porto do Son), tendo en conta a grave inseguridade actual e que se incluía nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2013 unha partida específica para esta urxente ao carón da igrexa de San Sadurniño de Goiáns.

Lage Tuñas estivo acompañado do portavoz municipal do PSdeG de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez que explicou que “agora o goberno municipal pretende pintar unhas raias na estrada e olvidarse do proxecto de mellora da seguridade viaria”. Xoán Pastor Rodríguez tamén chamou a atención sobre “o silencio de AVS, o grupo independente de Portosín que antes moito reclamaba esta obra e agora volveuse mudo”.

Os socialistas reclamarán no Parlamento a execución dos proxectos de mellora da seguridade viaria que foron paralizados dende o 2009 polo goberno de Núñez Feijóo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.7.12

Boiro: presentan no campamento da Espiñeira a segunda edición de "O galego campa!"

  • É un programa de dinamización lingüística nos campamentos

  • Este é o segundo ano que se realiza e inclúe novo material para o monitorado e o concurso Campacontos de relatos contados e gravados nos seráns. Bases do concurso Campacontos en http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_campa

  • Un milleiro de mozos e mozas participarán este verán nos campamentos xuvenís que a Consellería de Traballo e Benestar organiza na comarca do Barbanza

Boiro, 19 de xullo de 2012.- O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, e mais o director xeral de Xuventude e Voluntariado da consellería de Traballo e Benestar, Ovidio Rodeiro, achegáronse esta mañá ás instalacións do campamento xuvenil Espiñeira de Boiro, para presentar a nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa!

Valentín García mostrou a súa satisfacción pola nova edición deste programa que entronca cos obxectivos do Plan xeral de normalización da lingua galega para o sector da mocidade, ao fomentar a creatividade e os espazos de ocio en galego para os rapaces e rapazas e, así, favorecer o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia.

No campamento de Boiro están a participar un cento de nenos e nenas de entre 10 e 12 anos que, segundo explicou Rodeiro, están a desenvolver actividades temáticas sobre o teatro e a expresividade.

O galego campa!
O galego campa! é un programa de dinamización lingüística dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 17 anos, nomeadamente aos que participan nos campamentos de verán da Xunta de Galicia. Na súa primeira edición, dotou a monitorado de fichas con actividades para introducir a lingua galega nestes contextos lúdicos e mais do disco asociado a elas Desaparafusador de gominola.

Nesta segunda edición, ademais de novas fichas de traballo centradas nas actividades deportivas, O galego campa! inclúe formación para os monitores e monitoras e mais o concurso Campacontos de relatos para contar nos seráns dos campamentos. dirixido a monitorado e rapaces participantes nos campamentos de verán da Xunta de Galicia.

Concurso Campacontos
A novidade deste ano é o concurso Campacontos de relatos para contar nos seráns dos campamentos dirixido a monitorado e rapaces participantes nos campamentos de verán da Xunta de Galicia. Estes relatos terán que ser gravados e enviados por correo electrónico para poderen ser valorados polo xurado. Deste xeito, combínase o uso da lingua galega oral coa creatividade en galego e coas tecnoloxías da información e da comunicación. Os materiais desta nova edición de O galego campa! e as bases do concurso Campacontos poden atoparse en http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_campa.>

A lingua campa no programa Acción de Verán 2012
O galego campa! chega a máis de 4.700 rapaces e rapazas de entre 9 a 17 anos participantes nos 54 campamentos de verán que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar no marco do programa Acción de Verán 2012. Ditas actividades lévanse a cabo en diferentes localidades galegas: Bergondo, Melide, Porto do Son e Boiro na Coruña; Viveiro, Portomarín, Ribadeo e Palas de Rei en Lugo; Entrimo en Ourense e Bueu, Forcarei e Vilanova de Arousa en Pontevedra.

Campamentos no Barbanza
Tras a visita a Boiro, o responsable de Xuventude tamén se desprazou ata o campamento xuvenil de Porto do Son. Rodeiro sinalou que máis dun milleiro de mozos e mozas entre 10 e 17 anos participarán este verán nos campamentos que se están a organizar na comarca do Barbanza.

Explicou que no de Porto do Son están a tomar parte un cento de mozos e mozas de entre 13 e 15 anos na actividade Natureza xunto ao mar, cun programa baseado nos deportes náuticos. En total, ao longo deste verán pasarán polo campamento de Virxe de Loreto, en Porto do Son, 570 mozos e polo de Espiñeira, en Boiro, outros 400.

Campamento_boiro

A Pobra: o Psoe pregunta ao goberno do PP en que leas xurídicas está metido

Tamén presentaron unha moción para rexeitar os recortes do goberno central e do goberno de Núñez Feijóo, ambos do PP

Moción Recortes 13 de Xullo 12..docx Download this file

Pregunta información sentencias.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: 61escolares visitaron hoxe os muíños do río Amendo

  •  Dentro dunha xornada de sensibilización sobre o coidado do patrimonio ambiental deste municipio
  • Tamén se achegaron ao parque natural

Ribeira.- 19 de xullo de 2012.- No día de hoxe un total de 61 nenos e nenas de Ribeira está a participar nunha excursión que inclúe a visita a lugares tan atractivos e importantes ambientalmente como os muíños do río Amendo en Carreira, o Parque Natural e o Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA) que se sitúa nesta área protexida, na zona próxima ao areal do Vilar.

Esta denominada “Ruta dos muíños” forma parte do primeiro itinerario da VIII Xornada de Sensibilización á Poboación Infantil ‘Arte, Paisaxe e Etnografía’. Os pequenos de entre 5 e 13 anos aprenderon alí a facer pan de millo e tiveron a oportunidade de ver un muíño en funcionamento, comprendendo deste modo o proceso de elaboración da fariña. Ademais, realizaron diferentes actividades deportivas e participaron en moitos xogos que se están a prolongar nestes momentos nas inmediacións do CIELGA.

O obxectivo da iniciativa foi potenciar o coñecemento do patrimonio cultural e histórico de Ribeira, así como os elementos paisaxísticos propios da zona, fomentando o seu coidado e respecto.

Entre os 61 rapaces asistentes figuran alumnos do “Camp of cultural summer” e do “Xoga con Nós”, ademais doutros nenos que a título individual quixeron sumarse á iniciativa organizada pola Concellería de Cultura de Ribeira e que forma parte da súa programación do Verán Cultural.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: os nacionalistas presentan unha moción de apoio ao ensino público local

mocion apoio ensino publicoDODRO.pdf Download this file

Dodro, 19 de xullo de 2012. As/os concelleira/os que representan ao Colectivo Nacionalista por Dodro, preocupados polos recortes no ensino público e sobre todo como este afectan a un concello rural como é o de Dodro, presentaron unha moción no pleno ordinario do mes de xullo que se debatirá mañá para buscar o apoio de toda a corporación.

"Consideramos que este é un tema de interese para a totalidade da poboación do noso concello, e tendo en conta que o noso colexio
ten grandes logros que atribuirse merece o apoio sen fendas de
toda a corporación. Exemplos destes logros excepcionais son:
- as promocións que pasaron polo noso cole teñen unha número de
diplomaturas e licenciaturas superior á media
- a mesma gañadora do último premio Xerais de literatura (María Lourenzo) formouse aquí,
- saíron dous grupos musicais xestados e formados tamén no
propio cole ( ademais doutros solistas),
- elaboraran produtos audiovisuais merecedores de premios,
últimamente o corto "Goteira pública"

Por estes e por outros moitos motivos consideramos que temos
un cole de primeira e que merece todo o apoio, e o concello pode
contribuir a facer públicos os seus méritos, así como defendelo
ante calquera outra administración da posiblidade de recortar os
seus recursos e servizos. Isto é básico para a igualdade de
oportunidades de nenas e nenos que se crían no rural, para a súa
formación e para a nosa autoestima como pobo", explican.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a conselleira de Mar estivo clausurando o curso sobre cultura marítima

Ribeira.- 19 de xullo de 2012.- Tras catro días de aprendizaxe, no día de hoxe rematou en Ribeira o Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela sobre Educación e Cultura Marítima en Galicia, iniciativa académica que contou co patrocinio do Concello de Ribeira e da Deputación Provincial de A Coruña e en cuxo acto de clausura participaron a conselleira do Medio Rural e do Mar da Xunta, Rosa Quintana Carballo; o alcalde e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas; o director do curso, o catedrático Miguel Ángel Santos Rego;e o presidente da Comisión de Pesca do Senado, José Luis Torres Colomer.

Ruiz Rivas agradeceu aos alumnos, profesores e relatores participantes que fixesen posible este curso -celebrado no Centro de Interpretación do Parque de San Roque- e salientou ao respecto do contido do mesmo que “ser dun lugar de mar como é o caso de Riveira marca incluso o propio carácter das persoas”.

Pola súa parte, Miguel Ángel Santos Rego agradeceu tanto o apoio do Concello para que puidese ter lugar esta iniciativa como a participación dos asistentes e intervintes, e explicou a súa conexión particular con Riveira, terra na que el estudou e considerou idónea para o desenvolvemento do mesmo.

Por último, Rosa Quintana aludiu a que Galicia non podería ser entendida sen o seu mar e explicitou o compromiso mantido dende a Xunta de Galicia en temas como a formación en todas as áreas que teñen que ver co medio mariño, como se constata cos centros de formación náutico-pesqueira existentes en lugares como Riveira, Ferrol, Vigo ou Marín, ou unha escola de formación acuícola que é a única homologada en España.

“Dende os nosos centros de formación tentamos non só transmitir os coñecementos necesarios para acometer o traballo diario e a seguridade, senón tamén a necesidade de preservar os valores da nosa cultura e a nosa tradición”, manifestou a conselleira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical