28.8.12

Cultura: o dodrense Anxo Angueira, entre os escritores que participan na homenaxe a Bernardino Graña este sábado na Coruña

Bernardino_graa

  • Estará na actividade "Pasar a marola", dando unha volta polo mar da Coruña e na gran xuntanza final de intelectuais galegos na Universidade da Coruña
  • A homenaxe leva por título "Medre o mar!"

Angueira, á dereita, nun bolo literario

Dodro, 28 de agosto de 2012. Medre o mar! é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega.


O programa (que pode ser descargado aquí: Medre o mar!) está composto polas seguintes actividades:

MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
- 11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta (toda a mañán), sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Tino Poza,  Nolo Suárez e Begoña Tojo.
- 12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
- 12:45 h. Outras voces, recital e música. Con Denis Graña Fernández, Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Henrique Rabuñal, Dores Tembrás e Ramiro Torres.

PASAR A MAROLA. Na Dársena.
- 16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h.
- 18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.

MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
- 18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez,Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, autor que nos pasou esta información.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a nova aula multimedia xa está rematada

  • Agardan comezar xa en setembro cos cursos. Hai doce ordenadores e é unha sala ampla, con máis de 200 metros cadrados

Ribeira, 28 de agosto de 2012.- As obras de acondicionamento do soto da gardaría municipal co fin de instalar a nova aula multimedia de Ribeira xa remataron. 

 

A aula conta con once ordenadores para o alumnado, un para o profesor e unha impresora de uso común. Todos os computadores son de última xeración e están equipados con webcam e sistema de son. Ademais, para poder realizar correctamente o labor docente instalouse unha pantalla e un proxector multimedia.

 

O obxectivo da nova aula é a alfabetización dixital a través de cursos de informática destinados a todos os veciños de Ribeira. Espérase que se podan comezar a impartir as clases no mes de setembro.

 

O local

O local conta con 267 metros cadrados de superficie e está dividido en entrada, distribuidor, aula multimedia, arquivo e telecomunicacións, despacho, almacén, corredor, sala de caldeira e de limpeza e dous aseos. 





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: continúan co programa "Envellecer ben" en setembro, con obradoiros de memoria e ximnasia

  • Haberá ximnasia para maiores e novo obradoiro de memoria, desta volta no centro social de Obre

Igrexa de Santa Mariña de Obre

Noia, 28 de agosto de 2012. No próximo mes de setembro darán comezo as actividades de Ximnasia para Maiores e un novo obradoiro de Memoria que terá lugar no Centro Social do Obre coa colaboración da Asemblea de Cruz Vermella de Noia.

As actividades, enmarcadas dentro do programa de Envellecemento Activo, están organizadas pola Concellaría de Servizos Sociais en colaboración coa Asemblea de Cruz Vermella de Noia e financiadas pola Deputación Provincial de A Coruña, e xorden como resposta á preocupación pola saúde das persoas maiores deste Concello.

Memoria: comeza nunha data memorable, 11S

O Obradoiro de Memoria terá lugar no Centro Social do Obre comezará o próximo día 11 de setembro ata o 11 de outubro e ten como principal finalidade a prevención do deterioro cognitivo que pode xurdir asociado á idade, e por outro lado a mellora da calidade de vida. Dito obradoiro será desenvolvido pola Asamblea Comarcal da Cruz Vermella de Noia e está dirixido a persoas con máis de 65 anos empadroados no Concello de Noia.

Ximnasia: dende o 17 de setembro ata febreiro de 2013

Ademáis, o programa municipal inclúe actividades de Ximnasia de Mantemento para maiores, que darán comezo o 17 de setembro e terán lugar ata o mes de febreiro de 2013, e serán levadas a cabo pola Cruz Vermella de Noia, polo que se pretende procurar a mellora das persoas maiores en todos os aspectos, físicos e mentais.

Para máis información e para inscribirse nas distintas actividades, deberase chamar ó teléfono do concello (981842100), ou achegarse ó Edificio do Concello (2ª planta-Servizos Sociais).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: "Stop Desahucios" estivo recollendo sinaturas en Ribeira

Ribeira, 28 de agosto de 2012. A plataforma "Stop Desahucios" de Barbanza segue coa súa loita para que as familias menos favorecidas queden sen vivenda e hoxe, martes, dende as 10:30 horas, tivo a varios membros recollendo sinaturas nos arredores da praza de abastos de Ribeira. A intención é presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular para que se aprobe por lei que a dación en pago baste para saldar a débeda dos hipotecados que non poden facer fronte á súa hipoteca e que, enriba de quedar sen casa, non queden empufados. Tamén intentan negociar coas entidades bancarias, ás que sen escrúpulos axuda o goberno actual e xa o anterior con rescates e subvencións, para que suavicen as condicións das familias que non poidan afrontar as débedas ao quedar algún integrante no paro. 

Antes, en Certo:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: prorrogan ata o 27 de setembro a mostra de fotos de alta perruquería no centro social de Cabo de Cruz

Boiro_pelu

Boiro, 28 de agosto de 2012. Neste mes de agosto, na sala do Centro Social de Boiro, púidose visitar a exposición fotográfica de alta perruquería de Amparo Fernández. Debido á excepcional acollida de público, en xeral, e a petición dos veciños e usuarios do Centro Social de Cabo de Cruz, en particular,  de que se ampliase o prazo da exposición, o departamento de Cultura decidiu trasladar a mencionada exposición ao Centro Social de Cabo de Cruz onde poderá visitarse do 1 ao 27 de setembro.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a quinta viaxe cultural para maiores foi á Costa da Morte

Costa_da_morte

  •  Foron trinta persoas
  • A vindeira será o 21 de setembro, un venres
Media_httpfarm3static_afkcj

Castelo de Vimianzo

 

Ribeira, 28 de agosto de 2012.- Un total de 30 persoas maiores de 55 anos e veciños de Ribeira participaron esta fin de semana nunha viaxe cultural á Costa da Morte. A iniciativa enmárcase dentro do programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores e foi organizada polo Concello a través do Departamento de Servizos Sociais.

 

A viaxe consistiu na visita das principais poboacións que conforman a Costa da Morte: Muros, Ézaro, Corcubión, Finisterre, Cee, Camariñas e Vimianzo.


Mirador do Ézaro

 

O autobús saíu ás 8 horas de Ribeira e regresou ás 22 horas. Ao mediodía os excursionistas achegáronse ata Cee para facer unha parada e comer empanada caseira e unha grellada de pescado.

 

A pesar de que o mal tempo lles acompañou ao longo da mañá, os participantes aseguraron que a viaxe foi moi bonita.

 

Próxima excursión: Portugal


Monumento ao touro de lidia en Ponte da Lima

A próxima excursión está prevista para o 21 de setembro. Recorrerase o norte de Portugal e visitarase as localidades de Vila Nova de Cerveira, Caminha, Viana do Castelo, Santa Lucía e Ponte da Lima.

 

Ata o momento, realizáronse viaxes dentro do programa a Ferrol, Illa de Sálvora, Cambados e a Ría de Arousa. 





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.8.12

Rianxo: o martes 4 de setembro haberá un acto informativo sobre os recortes sanitarios

A Pobra do Caramiñal: o Psoe denuncia o mal estado das praias en plena tempada turística

Moción limpeza praias 2012.docx Download this file

A Pobra do Caramiñal, 27 de agosto de 2012. " Ante a desidia e a incompetencia do equipo de goberno da Pobra do Caramiñal tiven que presentar como moción para o vindeiro pleno a solicitude de limpeza dos areais do municipio", sinala hoxe a portavoz socialista pobrense, Teresa García. Na moción adxunta sinálase, con fotos tamén, o estado destes areais a finais de agosto, cando aínda non rematou a tempada turística.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Solidaridade: doan ao neno Pablo González Castelao, con distrofia muscular, un ordenador portátil

25_08_2012_foto_noticia_padron

  • É un pequeno xesto, xa que a campaña "Hoy por Pablo, mañana por ti", busca acadar os cartos necesarios para unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e un baño adaptado

Padrón, 27 de agosto de 2012. O portal das empresas da Comarca do Sar e concellos de arredor, PadronVirtual.com doou a semana pasada de agosto un ordenador portátil de última xeración a Pablo González Castelao, un rapaz de 10 anos que padece distrofia muscular de tipo Duchenne, unha doenza dexenerativa sen cura ata o momento e con mal pronóstico, xa que non pode camiñar e, ao tomar corticoides váiselle provocando osteoporose, ademais comeza a perder mobilidade nas extremidades e a estes problemas uniranse nun futuro trastornos respiratorios.

Segundo explican os doadores, "uno de los sueños de Pablo era el poder tener un ordenador, sueño que se ha visto cumplido el pasado viernes cuando Sindo González, en representación de todas las empresas que forman parte del portal web www.padronvirtual.com hizo la entrega a Pablo de un ordenador portátil de última generación con el cual Pablo podrá pasar sus días más entretenido y adentrarse en el mundo de las nuevas tecnologías".

CAMPAÑA "HOY POR PABLO, MAÑANA POR TÍ"

Para mellorar a calidade de vida de Pablo e seus pais, iniciouse a primeiros de agosto a campaña solidaria "Hoy por Pablo, mañana por ti", creada pola asociación formada por Isabel Oliveira, Araceli Miguéns, Emma Méndez e María Castelao. O obxectivo da campaña pasa por acadar 30.000 euros para unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e tamén un baño adaptado. Pablo ten, ademais, páxina en Facebook (http://es-es.facebook.com/pablo.gonzalezcastelao.3), e un número de conta no Banco Pastor para que os interesados poidan realizar as súas achegas: 0072 0108 02 0000107440. As organizadoras desta campaña programan diversas actividades para setembro e confían en que antes de que acabe o ano se poida acadar o obxectivo, para que este neno e seus pais teñan realmente "un bo Nadal".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: segunda edición dos talleres de escolaridade, de outubro a xuño

Dodro, 27 de agosto de 2012. Dentro do Programa de conciliación familiar do goberno municipal, o Concello de Dodro organiza por segundo ano consecutivo  e logo de ver os "resultados satisfactorios" destes talleres durante o curso pasado, os TALLERES DE ESCOLARIDADE para o curso 2012/2013.

 

Os talleres constan de clases de apoio e reforzo escolar, métodos de estudo e actividades recreativas, de tal modo que os nenos/as contarán con axuda para realizar as tarefas da escola, aprenderán métodos de estudo e terán diversas actividades recreativas e de ocio así como distintos talleres ao longo do curso.

Están dirixidos a nenos/as entre 6 e 12 anos e serán totalmente gratuítos para que a situación económica das familias non sexa impedimento e calquera poda optar a esta actividade por igual.

O equipo de goberno con este tipo de actividades intenta apoiar a educación nos nenos/as do concello e facilitarlles o estudo e o acceso gratuíto a clases de reforzo, xa que eles son o futuro do concello.

Os talleres serán de 16h a 19h de luns a venres de outubro a xuño. As inscricións deben realizarse no rexistro do Concello do 3 ao 12 de setembro.

Para máis información deben dirixirse ao departamento de servizos sociais do concello ou na Casa da Cultura. Están subvencionados pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Concello.


Mediación xuvenil: o 13 de setembro

 

Por outra banda, a OMIX de Dodro dependente da Concellería de Xuventude e Familia  xunto coa Dirección xeral de xuventude e voluntariado da Xunta de Galicia, organizan o obradoiro “Mediación xuvenil para a participación” dirixido aos mozos/as do concello de 14 a 35 anos, animadores xuvenís, asociacións, etc.

Será o 13 de setembro ás 19h nas aulas da Paxareira e as inscricións poden realizarse ata o venres 7 de setembro na Omix de Dodro.

 

Curso de restauración: do 18S ao 13N


A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro organiza un Curso de Restauración e Pintura Decorativa aberto a toda a poboación interesada e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello.

Será do 18 de setembro ao 13 de novembro no local de usos múltiples de Servizos Sociais de Dodro de 18h a 20h e totalmente gratuíto. O prazo de inscrición é do 3 ao 12 de setembro e deben realizarse no departamento de servizos sociais.

CARTEL TALLERES ESCOLARIDADE2012-2013.pdf Download this file

Cartel obradoiro Mediacion Xuvenil.pdf Download this file

CARTEL RESTAURACIÓN E PINTURA DECORATIVA.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical