31.10.12

Cultura: o ribeirense Quico Cadaval dirixe e actúa en "Románticos", a nova obra de teatro de Mofa e Befa

  • Estréase hoxe en Santiago, no Teatro Principal

Media_httpstaticdomes_kkkyx

Románticos! de Mofa & Befa
- ¡¡¡Grande Estrea!!! - Santiago de Compostela - Teatro Principal - 21 horas - Entradas á venda só na billeteira do teatro

Ribeira, 31 de outubro de 2012. Segundo informa hoxe a web do Consello da Cultura Galega, Mofa e Befa estrean novo espectáculo teatral, titulado "Románticos". De novo colabora, dirixindo e actuando, o dramaturgo ribeirense Quico Cadaval.

Texto íntegro da nova en http://www.culturagalega.org

"De Lord Byron a Edgar Allan Poe pasando por Julio Iglesias ou Sergio Dalma. Produción Teatrais Excéntricas méteos a todos no mesmo saco para revisar o espírito romántico. De feito, Románticos é o título do novo espectáculo que hoxe estrean no Teatro Principal (21:00 horas)de Santiago e onde estarán ata o domingo. Evaristo Calvo, Vitor Mosqueira, Quico Cadaval e Piti Sanz póñense ás ordes de Xan Cejudo para desmontar os mitos contemporáneos.

A idea deulla Vitor Carou, director xerente do Auditorio, cando hai un ano, ao rematar un concerto de música lle propuxo informalmente a Quico Cadaval facer algo relacionado con aquelo que acababan de escoitar. A idea madurou e foi o propio Carou quen lle abriu as portas do Teatro Principal, espazo pertencente ao concello, para exhibir esta proposta que se sitúa na aliña dos espectáculos de Mofa e Befa. “Hai en Románticos un pouco de ópera, de música popular, de música de todos os tempos” explicou Evaristo Calvo no marco da rolda de presentación do espectáculo. “Hai un pouco de intertextual, porque sacamos de moitas partes, e de multidisciplinar, de teatro de música, pero cun obxectivo claro que é entender”, puntualiza Calvo.

Desta volta está o equipo completo con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, o músico Piti Sanz e Quico Cadaval, actor e director nesta montaxe que “visita os grandes temas do romanticismo” e nos que, segundo nota de prensa, se poderá “completar a loita do monstro de Frankenstein contra o sinistro Julio Iglesias, comparando as cicatrices operatorias. As Asombrosas revelacións do psicanalista arxentino de Rosalía de Castro ou ao conde Drácula cantando o afamado bolero pasarán máis de mil anos”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.10.12

Ribeira: Ámbar celebra o Samaín este mércores 31 en Frións con gastronomía e cinema de terror

Media_httpfarm5static_tecbr

Ribeira, 30 de outubro de 2012. Mañá, mércores 31 de outubro, os usuarios do Centro Ocupacional e Centro de Día da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional asistirán no Centro de Recursos en Frións a distintas actividades para celebrar o Samaín.

A partir das 12 da mañá realizaranse no centro distintos obradoiros como son: elaboración de menús terroríficos, decoración de cabazas e xogos temáticos.

Xa pola tarde, realizarase unha sesión de cine de terror.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: dende o 19 de novembro, seráns de traballos artesanais e labores con fíos

CARTEL OBRADOIRO LABORES.pdf Download this file

Dodro, 30 de outubro de 2012. A Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo de Dodro abre o prazo de inscrición para "Seráns de Traballos Artesanais e Labores con Fíos".

As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura do 31 de outubro ao 12 de novembro.

O inicio será o 19 de novembro e realizaránse todos os luns en horario de 19:15h a 21:15h. O prezo é de 6€ ao mes.

Antes, en Certo:






 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este venres 2, teatro de Cunqueiro, e o sábado 3, concerto da banda de Arteixo

Rianxo, 30 de outubro de 2012. As propostas culturais que terán lugar na ponte dos Santos na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo son as seguintes:

Media_httpujimdocomww_jyegj

Imaxe de "Menciñeiros". Web de Volta e Dalle en http://www.voltaedalle.com

  • TEATRO: "MENCIÑEIROS" A CARGO DE VOLTA E DALLE TEATRO
    • DÍA: venres 2 de novembro
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

Baseada en "Escola de menciñeiros", do autor mindoniense Álvaro Cunqueiro, esta nova peza de Volta e Dálle ofrécenos unha aproximación dramática a este mundo cun dobre obxectivo: preservar e dar coñecer a cultura e os saberes do curandeiros e divulgar a obra deste autor.

As entradas (máximo 2 por persoa)  poden retirarse unha hora antes do comezo da función.

 

  • CONCERTO: BANDA DE MÚSICA DE ARTEIXO
    • DÍA: sábado 3 de novembro
    • HORA: 20.30 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

O Concerto da Banda de Música de Arteixo está organizado pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello de Rianxo.

Tamén, no auditorio rianxeiro:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: obras para poñer as beirarrúas do consistorio e nova grada do campo da Fieiteira

Ribeira, 30 de outubro de 2012.- Tres semanas despois de que se iniciase a obra de adecuación do entorno do edificio do Consistorio de Ribeira, xa empezan a ser visibles algunhas das melloras incluídas no proxecto, principalmente as novas beirarrúas máis anchas que, co fin de facer máis cómodo e seguro o tránsito de peóns, vanse estender pola zona obxecto da actuación.

Esta obra, que está sendo acometida por Construcciones Mirón y Gutiérrez S.L., permitirá ademais a instalación de elementos decorativos como xardineiras de madeira.

Lembra o Concello que a devandita ampliación, que ten un orzamento de 48.186,81 euros, afectará  tanto á rúa que descorre pola parte traseira do Consistorio (en ambas marxes) como aos dous laterais: o que está orientado cara á antiga oficina de Caixa Galicia e o de entrada e saída de Protección Civil.

Ademais, eliminaranse todas as prazas reservadas de aparcamento existentes na zona, que estaban destinadas a membros da Corporación, policía e persoal municipal; e colocaranse bolardos para evitar que os vehículos invadan as beirarrúas. Na parte traseira deixarase un carril central, xa visible, para a circulación de vehículos.

Grada no campo de céspede artificial 

Media_httpfarm3static_fbyse

Había moitas queixas sobre o estado do campo da Fieiteira

Mañá, mércores día 31, a partir das 9 horas, darán comezo os traballos de montaxe da grada prevista no campo de herba artificial do complexo polideportivo da Fieiteira. Esta instalación, desenvolvida a instancias da Concellería de Deportes que dirixe Juan Luis Martínez Queiruga, era unha das principais demandas dos usuarios e clubs do recinto deportivo, xa que ata o de agora unicamente existía no campo de herba unha cuberta contra a chuvia.

Agora, esta grada permitirá sentar a uns 200 espectadores, ao tempo que se manterá a cuberta citada. Se o tempo o permite, os labores de montaxe quedarán concluídos mañá.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Natureza: a Sociedade Galega de Historia Natural alerta de tres novas especies invasoras

  • Denuncia o desleixo da Xunta de Galicia neste asunto

Media_httpwwwsghnorgs_byuse

Urocerus albicornis

Barbanza, 30 de outubro de 2012. Segundo denuncia hoxe no seu web a Sociedade Galega de Historia Natural, "a ONU, a través do informe da Secretaría do Convenio sobre a Diversidade Biolócica, Perspectiva Mundial sobre la Diversidad Biológica 3 (Montreal, 2010), considera que unha das cinco presións que afectan directamente á perda de biodiversidade son as especies invasoras. Segundo o estudo desenvolvido por DAISIE, en Europa rexistráronse 11.595 especies foráneas, das que máis de 1.000 están presentes en España. A consecuencia máis inmediata é a recollida no citado informe da ONU, así como en múltiples publicacións:

    Perda de biodiversidade e simplificación das cadeas tróficas, competencia por recursos de hábitat e tróficos, danos á saúde humana (Informe da Unión Europea do 2008 Comunicación da Comisión ó Consello, ó Parlamento Europeo, ó Comité Económico e Social Europeo é o Comité das Rexións).
    Perdas económicas. Na Unión Europea, os gastos anuais asociados ó control das especies invasoras e ó dano que ocasionan ascenden actualmente a 12.000 millóns de euros (In UE. 2010. Especies exóticas invasoras).

    Nos últimos dez anos, a situación das Especies Invasoras en Galicia, tanto a nivel de especies animais coma vexetais agravouse radicalmente, moi en especial no referente a especies vexetais, tales como Cortaderia selloana, expansión de Acacia spp., irregularización das prantacións de Eucalyptus spp., etc., aínda que as animais non son menores e de consecuencias tamén graves, tanto para a saúde coma para a economía: nemátodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus), chinche do piñeiro (Leptoglossus occidentalis), avispón (Vespa velutina) e un longo etcétera.

SGHN coincide co sinalado en diversos estudos sobre o carácter prioritario da prevención, ó ser unha das vías máis económicas e efectivas. A vixiancia e rápida detección son fundamentais para reducir o problema. Igualmente a sensibilización cidadá, formación para axentes da administración, educadores ambientais, etc, son imprescindibles para informar dos impactos que producen as especies invasoras. A parte de investigación é un pilar inexcusable para optimizar os recursos e determinar os mellores enfoques posibles a este problema.

Tres novas especies que ameazan o medio ambiente galego


Nesta situación, nos últimos meses apareceron tres novas especies en Galicia (unha aínda non detectada pero presumiblemente presente):

    Vespa velutina, sobre a que a SGHN alertou á Xunta de Galicia en febreiro sobre un previsible paso a Galicia (o cal confirmouse estes días, a pesares das medidas levadas a cabo). Esta avespa xa fora detectada en 2004 en Francia e procede de Indochina.
    Urocerus albicornis, detectada no verán por un equipo de entomólogos da SGHN que alertou do perigo potencial á Xunta de Galicia, da cal aínda non se recibiu resposta. No País Vasco hai cinco anos que a coñecen. Métese no medio da cortiza de coníferas e axuda a pudrilas.

Media_httpuploadwikim_bveyh

Avispiña do castiñeiro, na Wikipedia


    Dryocosmus kuriphilus. Tamén coñecida como avespa do castiñeiro. A Xunta de Galicia abriu estes días unha campaña de información sobre a posible presencia doutro invasor que ataca ós castiñeiros, rebaixando a súa produción e en caso extremos matando á árbore.

Por todo isto, SGHN vén de solicitar á Consellería de Medio Ambiente que resposte aos escritos de SGHN alertando da presencia de Urocerus albicornis e do posible paso de Vespa velutina aportando información das medidas adoptadas pola Consellería para o seu control e/ou erradicación".

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.10.12

Rianxo: a escritora Helena Villar Janeiro expón "Ollos de auga" no auditorio

Cartel_expo_helena_pequeno_web

  • Ata o 10 de novembro, nove fotos sobre tea
Rianxo, 29 de outubro de 2012. A poeta Helena Villar Janeiro amosa unha nova faceta da súa fértil actividade creadora a través da imaxe e dunha persoal e fascinante proposta estética. A auga como tránsito da mirada, que descobre espazos ocultos, desapercibidos e cotiáns. Micro-exposición de nove fotografías sobre tea aberta ao público no Auditorio de Rianxo do 26 de outubro ao 10 de novembro.

Blog de Helena Villar: http://tirardofio.wordpress.com/

Tamén se pode visitar a exposición de pintura Alén da Paisaxe. Pinturas da terra de Deli Sánchez.

Relacionada:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Psoe denuncia a presenza dunha traballadora "pantasma"

  • Sinala que non se ten información dela nin do seu contrato de traballo
Media_httpfarm9static_hwjff

Dodro, 29 de outubro de 2012. O PSdeG-PSOE de Dodro presentou unha pregunta para o vindeiro pleno ordinario que se celebrará no mes de novembro. Nesa cuestión quere denunciar a presenza no Concello dunha “traballadora” da que os grupos políticos da oposición non teñen información e da que cren que carece de contrato de traballo, xa que, para ese posto, non houbo convocatoria pública nin se levou a Pleno Municipal ningunha nova contratación.

O grupo municipal socialista de Dodro critica esta actuación do goberno do alcalde Valentín Alfonsín, "posto que  foi  el o encargado de despedir a dúas administrativas do concello de Dodro  no seu Plan de Axuste Económico do concello xustificando que se podía prescindir do seu posto de traballo e que non era necesaria tanta xente".

Dende a Agrupación Municipal Socialista asegúrase que "non era que sobrara  xente, senón que estaba facendo sitio para determinada xente". E manteñen que "non é a primeira vez que o goberno do Sr. Alfonsín actúa deste xeito, xa que, ó pouco de despedir ás dúas traballadoras antes citadas, procedeu á contratación dunha persoa de confianza que supoñía un coste para o concello de máis de 40.000 euros anuais. Asimesmo, recentemente, contratou a unha arquitecta municipal, nun proceso que el mesmo calificou en Resolución da Alcaldía como “acordado e sen publicidade” e que supón para o Concello de Dodro un coste de máis de 1.500€/mes traballando tres días á semana".


Os socialistas dodrenses denuncian que "unha vez máis, o alcalde volta contratar a dedo a unha persoa da súa confianza, pasando por alto a convocatoria pública do posto e da contratación da citada persoa".

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: así foi a andaina polo Monte Facho e a Costa da Vela

Ribeira, 29 de outubro de 2012. Onte, domingo 28 de outubro tivo lugar a Andaina pola Costa da Vela que Arousa - Natureza e Ocio, tiña organizada para ese día a partires das 8.30 h. da mañá na que saíu o autobús cos 50 participantes inscritos dende a estación de Ribeira.

Trala chegada ao lugar de Hío, ao pé do famoso cruceiro no que os sendeiristas se fixeron a foto de grupo, enfiaron os camiños e sendas milenarias (parte do roteiro discorrería por unha antiga calzada romana) cara ó Monte Facho para visitar as escavacións do castro de Beróbriga, e disfrutar das vistas da Costa da Vela e das Illas Cíes.

Logo dunha parada para coñecer mellor o castro dirixíronse rumbo á aldea de Donón, continuando polos sendeiros que serpean polos cantís da Costa da Vela e que rematan no Cabo das Tres Puntas: Cabo Home, Punta Robaleira, e Punta Subrido; cada un deles cresteado por un faro. Logo de pasar polos dous primeiros e para chegar ó terceiro, beirouse a praia de Melide disfrutando dos camiños dun fermoso piñeiral.

O regreso ata a aldea de Donón fíxose a bo ritmo, xa que esperaba o autobús para achegar ós excursionistas ata Cangas donde puideron disfrutar da gastronomía e do paseo portuario (fundamentalmente) da capital do Morrazo.

Ás 19 horas "estábamos todos de regreso na estación de autobuses de Ribeira, esgotados e satisfeitos por compartir unha viaxe e unha actividade de ocio saludable e cultural", segundo relatan os participantes.

Máis información sobre vindeiras actividades en www.arousa.com

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: a banda de Lousame actúa o domingo 4 de novembro en homenaxe a Añón e Manuel Blanco Dosil

Media_httpfarm9static_kiuse

Outes estase volcando este ano na celebración do bicentenario de Añón

Outes, 29 de outubro de 2012. Continúa co plan de preparación para o Certame Galego de Bandas de Música a Banda Municipal de Música de Lousame. O vindeiro domingo, 4 de novembro, dará un concerto na Casa da Cultura da Serra de Outes ás 7 da tarde.

O concerto servirá para recoñecer a figura de Manuel Blanco Dosil, director da Banda de Outes e compositor da obra libre coa que a Banda de Lousame participará no Certame Galego. A obra que se estrenará neste concerto leva por título “Escenas do Atlántico” e está adicada á costa galega e a tódolos que perderon a vida nela. O ano pasado a Banda de Lousame xa concursou cunha obra de Manuel Blanco titulada “O demo de Carboeiro” e acadou con ela un gran éxito xa que levou o premio á mellor interpretación dunha obra galega.

No concerto deste domingo tamén se fará unha homenaxe á  figura de Francisco Añón no ano do bicentenario do seu nacemento. Do poeta outense interpretaranse dúas pezas “A Galicia” e “A enfermedá d’Añón” con música de Prudencio Romo e que foran popularizadas polo grupo “Los Tamara”. Na versión para banda a Banda de Lousame acompañarase da Coral Polifónica de Noia e as voces solistas de José Manuel Barreiro Pérez “Secho” e Fernando Docampo. Con estas pezas a Banda de Lousame quere sumarse ó recoñecemento da obra de Añón nun ano que foi moi intenso no Concello de Outes en actos culturais.

A Banda de Lousame espera repetir ou mellorar o resultado do ano pasado onde ademáis do anterior premio acadaron o segundo premio na sección terceira. A participación da Banda de Lousame será o venres 16 de novembro ás 8 da tarde no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical