6.11.12

Cultura: o técnico de Drogodependencias de Noia-Muros presenta un libro coeditado con Manuel Isorna

  • Este venres 9 de novembro, no Concello de Catoira

Noia, 6 de novembro de 2012. O técnico de Prevención de Drogodependencias de Noia-Muros, David Saavedra Pino, presenta este venres en Catoira o libro titulado "Prevención de drogodependencias y otras conductas adictivas", que escribiu e coordinou xunto con Manuel Isorna, profesor da Facultade de Educación de Vigo.

O libro, editado por Pirámide, pódese mercar por internet no seguinte enderezo: http://www.edicionespiramide.es/libro.php?id=3237349

Invitacion_Presentación_del_Libro_PREVENCION.pdf Download this file

Información tomada da páxina web da editorial Pirámide:

Saavedra Pino, David

Saavedra Pino, David

David Saavedra Pino es diplomado en trabajo social por la Universidad de Santiago de Compostela y especialista universitario en Riesgos Psicosociales en Jóvenes y Adolescentes por la Universidad Pablo Olavide de Sevilla y la Fundación de Ayuda contra la Drogadicción. Actualmente desarrolla su labor profesional como técni­co de prevención de drogodependencias en las Comarcas de Noia-Muros. Anteriormente trabajó como educador de me­nores tutelados por la Xunta de Galicia, educador de me­nores inmigrantes no acompañados y como trabajador social en un CAMF. Asimismo, colabora como docente en diversos cursos y desarrolla ponencias y conferencias en jor­nadas y congresos. Es coordinador del grupo de trabajo del área de prevención para la elaboración del Plan Gallego de Conductas Adictivas 2011-2016, Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) con la colaboración de GMV (2010), y ha elaborado el estudio Actitudes y percepciones hacia el consumo de drogas en la población escolar de 14 a 17 años de Noia-Muros (2004). Es el fundador y administrador del blog sobre prevención de drogodependencias:http://prevenciondrogodependencias.blogspot.com/

Isorna, Manuel

Isorna, Manuel

Manuel Isorna Folgar es doctor en Psicología y máster en Drogodependencias por la Universidad de Santiago de Compostela. En la actualidad ejerce como profesor asociado en la Facultad de Educación de la Universidad de Vigo y como coordinador del programa de prevención de las drogodependencias de los ayuntamientos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rois y Valga; este trabajo ha sido reconocido a nivel nacional en el año 2011 con el tercer premio de la Federación Española de Municipios y Provincias y el primer premio de la fundación CREFAT (Cruz Roja) en el ámbito educativo en 2012. Toda una vida profesional y personal ligada a la prevención de las drogodependencias y al deporte le han llevado a realizar diversas investigaciones en estos ámbitos y diversas publicaciones de reconocido prestigio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Empresas: Arousa Norte promove o emprendemento co exemplo de dez novos empresarios

  • O prazo de participación está aberto ata o 19 de novembro 
  • Só para emprendedores que abriran o seu negocio entre 2009-2012 que sexan de Ribeira, Rianxo, A Pobra ou Boiro
  • As ideas de negocio de dez novos emprendedores dos municipios de Arousa Norte serán explicadas a través dun vídeo que se emitirá en páxinas web, medios de comunicación e redes sociais

Media_httpfarm5static_yfcpn

Arousa Norte está constituída polos catro concellos de Barbanza

Barbanza, 6 de novembro de 2012.- "Emprender en tempos de crise é posible e isto é algo constatable no exemplo dado por moitos emprendedores da zona que, grazas á súa tenacidade, esforzo persoal e seguridade nun mesmo, foron quen nos últimos tempos de plasmar as súas ideas e desenvolver novos negocios con grandes doses de creatividade e innovación", din dende a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.

Neste contexto, o proxecto “Novos emprendedores de Arousa Norte” nace para facer promoción do fenómeno do emprendemento e a creación de empresas entre a sociedade, a través da divulgación dunha selección de novas experiencias empresariais que están a ser desenvolvidas nesta bisbarra de Barbanza, alcumada turisticamente Arousa Norte.

O proxecto materializarase na creación dun vídeo no que se entrevistará a dez emprendedores que explicarán a súa idea de negocio, ademais de exhibirse as instalacións dos seus locais comerciais e algúns dos produtos ou servizos que ofrezan. Deste xeito, reflectirase como unha idea se converte nunha idea de negocio, explicando os pasos que tiveron que seguir para facela efectiva: a busca de recursos, a elección de servizos, a fixación de prezos, etc...

Son destinatarios deste proxecto aqueles homes e mulleres que creasen a súa empresa dende o ano 2009 en diante e teñan o seu domicilio social en A Pobra, Boiro, Rianxo ou Ribeira.

Bases de participación

As bases de participación serán publicadas no blog de emprego http://arousanortemprego.wordpress.com e, de xeito simultáneo, lanzarase unha campaña de difusión e captación de participantes. Os interesados terán ata o día 19 de novembro para anotarse na iniciativa.

2012.09.14_BASES_SELECION_EMPRENDEDORES.pdf Download this file

Logo de recibir todas as instancias de participación, procederase á selección dos empresarios en base aos criterios de selección definidos nas bases. Quedarán en lista de reserva os participantes posteriores ao décimo posto.

A mancomunidade encargarase de dar publicidade a este vídeo en redes sociais como facebook ou youtube, no blog de emprego da propia mancomunidade, en webs de promoción do emprendemento e nos medios de comunicación.

Máis de cen mil visitas ao blog de emprego de Arousa Norte

Co inicio da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local na Mancomunidade Arousa Norte decidiuse como primeiro proxecto a difusión de información e asesoramento relevante a demandantes de emprego, empresarios e emprendedores.

Así o 8 de marzo de 2011 nace http://arousanortemprego.wordpress.com/ como plataforma virtual de recursos para a prospección de emprego. Xa pasaron das cen mil visitas, cunha media de 400-500 diarias que se vai incrementando.

A información que nel se recolle é a seguinte:

        Publicación diaria de un resume de ofertas de emprego

É o apartado máis seguido polo usuarios do blog de emprego e cada vez máis demandando. Realízase un resume das ofertas de traballo que se atopan en diferentes portais web de emprego, sinalando o posto, a empresa, o lugar de traballo e a data de publicación. Ó insertar o enlace dese portal no nome da oferta ós usuarios resúltalle máis fácil a súa inscrición, á par de que se colabora na súa busca activa de emprego.

        Asesoramento online na busca activa de emprego

Observando que a maior parte dos usuarios desta axencia se comunican a través do blog de emprego e das súas redes sociais. Veuse a posibilidade de asesoralos virtualmente a través de artigos sobre como realizar entrevistas de traballo, as tarefas a realizar na busca de traballo entre outras moitas.

        Difusión e resume diario de diferentes subvencións

O apartado de subvencións vai dirixido a emprendedores, empresarios, desempregados, asociacións e outros colectivos. Publícase diariamente as subvencións que van saíndo para cada colectivo e resúmese as principais características.

        Publicación da formación existente na comarca e arredores

Este apartado é o segundo máis visto polos usuarios, de aí a importancia da súa actualización. Recóllese información de formación de diferentes institucións e publicase semanalmente.

        Publicación de bolsas de formación prelaboral

Saíron varias convocatorias de bolsas que ofrecían formación e experiencia profesional en entidades públicas de forma remunerada. A maior parte delas van dirixidas a titulados universitarios.

        Difusión de concursos

Entre a variedade de concursos publicados, descatan os de empredemento; por exemplo o concurso que a finais de setembro lanzou Benetton: o desempregado do ano. Pon en valor que cada desempregado ten un oficio e anímaos a crear o seu proxecto de empresa cunha dotación económica.

        Elaboración de informe estatístico do desemprego e da ocupación

Trimestralmente realízanse informes do paro e da ocupación ( segundo sectores, grupos de idade, sexo, concellos...) e publícanse informes sociolaborais de outras entidades.

        Formación online sobre mellora empresarial

Analizando algunhas empresas e servizos da comarca, detectouse cal era o fallo que se repetía en moitas delas e que prexudicaba a continuación do seu negocio. Necesitaban formación en marketing empresarial pero moitas delas non o solicitaban por descoñecemento ou por falta de tempo. De aí que mellor idea que ofrecer dita información ou formación en forma de artigos a través do blog de emprego.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a piscina reabrirá en decembro se a rescata o Concello

  • É "previsible" que haxa que rescatar a concesión e o Concello mesmo tilda de "ridículos" os argumentos e alegacións dados dende a empresa que a leva ata agora, con informes técnicos "chapuceiros"

Media_httpfarm5static_paicn

Noia, 6 de novembro de 2012. Segundo informa hoxe o Concello de Noia en nota de prensa, "ante o previsible incumprimento da orde dada á concesionaria da piscina para que arranxe as intalacións e abra antes do 16 de novembro, o Concello está traballando na adopción de medidas administrativas para garantir a reapertura en condicións da instalación municipal a primeiros de decembro".

Calcando a situación de Boiro, que o Concello noiés non vai permitir

Polo visto, dende o Concello están a estudar varias opcións para garantir a continuidade do servizo, e inclúen "previsiblemente" a resolución do contrato. Segundo fontes municipais, "os argumentos e alegacións dados desde a concesionaria son ridículos, presentando informes técnicos chapuceiros. E están seguindo un procedemento calcado ao que pasou coa piscina de Boiro, coa diferencia que o Concello de Noia non vai permitir a interrupción do servizo".

Medidas contundentes

Para o equipo de goberno tripartito noiés, "a prioridade é a continuidade do servizo en condicións, polo que unha vez rematado o prazo han se tomar medidas contundentes contra as infraccións cometidas pola concesionaria, especialmente polo incumprimento da orde de arranxar e reabrir en quince días. Unha vez se acabe o prazo concedido á empresa para solucionar as deficiencias sen que o fagan, o Concello comunicará aos usuarios e aos traballadores as medidas adoptadas. Asemade, desde o Concello de Noia estanse analizando os danos e prexuízos causados para iniciar as oportunas reclamacións á empresa: que non pensen que poden prexudicar á nosa vila, aos traballadores, e aos usuarios e saír indemnes".

Media_httpfarm5static_dpifq

Noia: os arquivos fotográficos do Esteirán, do 9 de novembro ao 5 de decembro na casa da cultura

  • Actividade do "Outono fotográfico" que recolle un periodo de fotos da bisbarra feitas entre 1966 e 1977
  • Pódese ver na casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos", grazas ás curadoras María Esteirán e Sabela López Pato, dende o venres 9 de novembro (inauguración ás 20:30) ata o mércores 5 de decembro

    Media_httpfarm3static_fexts

    Esteiro, de onde era Esteirán, arredor de 1925. Foto de Ruth Matilda Anderson

Noia, 6 de novembro de 2012María Esteirán, filla de José Esteirán (José Piñeiro Priegue, 1930-2002), recolle nesta mostra unha pequena escolma do traballo realizado polo fotógrafo entre 1966 e 1977. Trátase dunha primeira cata no arquivo do fotógrafo, que abrangue máis de catro décadas. A selección oscila entre o retrato individual e a ocupación do espazo público: rondallas, eventos deportivos, etc., pero tamén amosa a actividade marítima e pesqueira nos portos e a exhibición do poder.

No marco do “Outono fotográfico” e grazas á financiación do Concello de Noia e ás aportacións individuais de máis de trintas persoas -entre veciños de Noia, compañeiros de profesión de Xosé Esteirán, xente da cultura e amigos-, sae á luz un fotógrafo de oficio, autodidacta, que, como a maioría dos fotógrafos locais da época, empregaba os recursos que tiña á man, pero que destaca pola atención e o esmerado coidado nos retratos de grupo, así como pola súa capacidade para mirar “entre-portas”, para explorar os bordos do que acontece diante da cámara, que abre o obxectivo, durante a visita dunha dignidade eclesiástica a unha escola, e documenta o aspecto xeral dunha aula a comezos dos setenta, ou que nos deixa imaxes do que ocorre na cociña durante a celebración dun banquete de voda. A súa é unha perspectiva xenerosa co mundo e coa xente.

Está previsto que trala mostra en Noia a exposición itinere a Celanova, onde se poderá ver na Casa do Poetas.

Quen era o Esteirán?

Xosé Piñeiro Priegue, Pepe Esteirán, naceu en Esteiro en 1930. Tras o servizo militar, á idade de 26 anos, asume as rendas do negocio familiar e trasládase a Noia, vila na que seu pai, Maximino, xa se establecera como fotógrafo na década dos corenta. O periplo familiar coa fotografía comezara anos antes, nas feiras, onde Maximino acudía como tratante de gando e aproveitaba as transaccións para realizar retratos e complementar así os seus ingresos.

En 1956, ano no que Esteirán se instala en Noia, a difusión da fotografía de carné permite a expansión do negocio, que agora abarca retratos de estudio, vodas, bautizos e todo tipo de eventos. Durante anos percorreu en moto a comarca coa súa cámara, chegando a ser un personaxe moi querido. Dende os noventa colaborou como reporteiro gráfico en El Correo Gallego, actividade que seguiu realizando ata outubro de 2002, ano do seu pasamento -do que se cumpre este ano o décimo aniversario-.

A conservación do seu arquivo debémoslla a Pilar Pérez Santos, con quen casou en 1969 e que durante anos se ocupou da administración do negocio. Hoxe as súas fotografías saen á luz grazas ao traballo da súa filla, a tamén fotógrafa María Esteirán.

Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.11.12

Baloncesto: Panadería La Espiga Santa Baia de Boiro 57 contra CB Noia 55

Crónica de Denis Pombar, entrenador del Santa Baia

"Emocionante partido el disputado este fin de semana en Boiro entre el Panadería La Espiga Santa Baia y el C.B Noia correspondiente a la tercera jornada, que acabó con la primera victoria del equipo local por un ajustado 57-55.

En los primeros minutos los boirenses empezaron muy enchufados el partido atacando de forma fluida la defensa zonal planteada por el Noia y castigándolos continuamente con repetidos contra ataques, colocándose rápidamente con un 10-0. Después de estos primeros instantes los visitantes solicitaron un tiempo muerto y cambiaron de defensa para tratar de engancharse al partido, pero los locales mantuvieron el tipo en todo momento y sólo fallos puntuales y la concesión de tiros libres permitió que la diferencia al descanso no fuera mayor.

La segunda parte siguió por los mismos derroteros, manteniendo los locales una diferencia de entre seis y diez puntos, pero sin ser capaces de mantener el acierto suficiente en el último cuarto para romper el partido. De esta forma el partido se decidió en los últimos minutos, en los que el Panadería La Espiga fue mejor y con varios tiros libres y una última buena defensa consiguieron lograr la primera victoria de la temporada en un partido en el que tuvieron la importante baja de Marcos Agra.

La próxima semana el Panadería La Espiga Santa Baia se desplaza a Santiago de Compostela para enfrentarse al Fontiñas, con el objetivo de continuar con la mejoría respecto a las últimas jornadas y volver con una nueva victoria.

Los anotadores por parte del Panadería La Espiga fueron: Resua (13), Ramallo (-), Nodar (9), Sanchez (4), Rodriguez (13), Barral (3), Martis (13), Guijarro (-), Sobrido (1), Fernandez (1), Somoza (-).

Ribeira: o sábado 24 de novembro, cea benéfica a prol de "Renacer"

Renacer_cea
https://twitter.com/El_Diagonal/status/265469015474962432

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: dende o venres 9 de novembro, "Olladas" no centro social de Cabo de Cruz

  • Trátase dunha exposición de fotos antigas comparadas coas de hoxe
  • Promove o colectivo fotográfico "Olláparo"

Cartel_olladas_9_11_12
https://twitter.com/Certo/status/265526586860777472

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: micoloxía, magosto, pintura e teatro en novembro

  • O sábado 10, xornada micolóxica
  • O sábado 17, Baobab Teatro presenta "Babs" (público infantil)
  • O domingo 18, magosto popular
  • Ata o martes 13, exposición de pintura de Eduardo Ponte

[[posterous-content:pid___1]]http://farm3.staticflickr.com/2755/4295676936_eb8d3ea04d.jpg
Jesús Parada Miniño impartirá a charla micolóxica e fará de guía "refungueiro"[[posterous-content:pid___2]]Eduardo Ponte expón óleos ata o martes 13

[[posterous-content:pid___0]]

[[posterous-content:pid___3]]https://twitter.com/Certo/status/265459792359858176

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical