http://fotoasunada.blogspot.com.es
Pode que tamén lle interese:
Porto do Son: teatro e pintura en novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
http://fotoasunada.blogspot.com.es
Pode que tamén lle interese:
Porto do Son: teatro e pintura en novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Tanto Dodro como Rois e Padrón están gobernados polo Partido Popular. Fotos da Xunta realizadas por Conchi Paz
Dodro, 11 de novembro de 2012.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinarono pasado venres 9 un convenio de cooperación cos concellos de Dodro, Rois e Padrón para o desenvolvemento dun proxecto piloto de funcionamento dos grupos locais de atención ás emerxencias e ao medio ambiente.
Unha fusión que non o é tanto
Mediante o convenio, establécese un grupo estable de emerxencias e medio ambiente que atenderá aos tres concellos, "sen menoscabo da atención noutros ámbito territoriais en situacións de risco, emerxencias, catástrofe ou protección do medio ambiente", explica a Xunta en nota de prensa. Na sinatura do convenio estiveron os alcaldes de Padrón, Rois e Dodro, Antonio Fernández, Ramón Tojo e Valentín Alfonsín, respectivamente, todos eles do Partido Popular, así como o conselleiro de Presidencia e o presidente da Deputación, Diego Calvo, quen está detrás destes movementos cara a fusión branda de concellos, xa que non consigue ningunha fusión real, tralos escasos resultados e a contestación á unión de Oza dos Ríos e Cesuras.
Outra experiencia en fusións negadas cando saltaron á palestra -e sacouna este xornal precisamente- é a de Noia e Lousame. Xa estaba falado todo a tres bandas entre os alcaldes dos dous municipios e o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e, en canto saíu á luz, o ex alcalde de Lousame e hoxe deputado no Parlamento, Santiago Freire, negou a maior aos seus veciños, nunha clara hipocrisía e recollida de velas. Os veciños botábanse a el no Facebook do Concello e preferiu mentir antes que dar a cara, aproveitando ademais que ían convocar eleccións e todo quedaría no aire ao irse da alcaldía. En Noia goberna un tripartito e en Lousame segue o PP, que imaxinaba unha fuxida de votantes da gaivota en canto se deixara absorber polo concello máis rico e con maior poboación.
Padrón sería o concello de cabeza
A xestión, coordinación, dirección, organización e funcionamento do servizo será realizado polo concello de Padrón, que, entre outras funcións, será o encargado de coordinar os grupos, seleccionar ao persoal e da instalación, reparación e mantemento de infraestruturas. Durante estes labores de coordinación o concello de Padrón estará baixo as instrucións e supervisión da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. Se a fusión fose real, serían Dodro e Rois, ao ser máis pequenos, os concellos absorbidos por Padrón.
Entre outras actividades, o grupo de emerxencias e medio ambiente encargarase de intervir en incendios forestais e urbanos; manter en condicións óptimas a rede de estradas de titularidade autonómica; intervir en situacións derivadas de riscos naturais ou inducidos polo home; así como de colaborar coas autoridades competentes en aglomeracións de persoas e nos distintos plans de emerxencias e protección civil, tanto municipais como autonómicos.
O convenio de hoxe sigue as directrices do protocolo asinado o pasado 20 de xuño entre o Goberno galego e as Deputacións para unha mellor cooperación territorial, e no que se estableceron os acordos básicos para fortalecer a xestión, reducir as duplicidades e optimizar a prestación de servizos públicos, coma é o caso deste convenio que maximiza as cooperación entre os tres concellos e a Deputación de A Coruña.
Dodro: o Psoe resposta ao goberno do PP con outro deses famosos "e ti máis aínda" ao que nos teñen acostumados xa. psoedodro.blogspot.com/2012/11/respos…
Antes, en Dodro:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 9 de novembro de 2012. A Asociación socio-educativa IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira), responsable do Servizo de Mediación Educativa de Ribeira, celebrará o vindeiro luns 12 de novembro, ás 19:00 horas, na Sala Multimedia de Ribeira (Paseo do Malecón nº 22), a conferencia “Como ser unha Escola Asociada Unesco” a cargo de Dª Luísa Márquez Rodríguez, coordinadora autonómica e membro da unidade de coordinación estatal da Rede PEA-UNESCO.
O IMER é unha asociación integrada por profesorado mediador que recentemente fundou esta entidade para, entre outros obxectivos, divulgar a cultura da convivencia e da Paz. Con esta fin, o IMER ten previsto celebrar nos próximos meses varios actos abertos ao público co obxectivo de difundir diversas actividades pedagóxicas novidosas que potencien a cultura da paz e das boas prácticas educativas.Con este primeiro acto "pretendemos dar a coñecer e potenciar na nosa bisbarra as denominadas Escolas Asociadas UNESCO. Creada en 1953, a rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO -denominadas comunmente Escolas UNESCO- é unha organización mundial constituída por máis de 9.000 institucións educativas espalladas por 180 países. As entidades que as integran, dende centros de ensino infantil e primaria ata secundaria e formación profesional, traballan en pro da cooperación e comprensión internacional, a paz, os dereitos humanos, o diálogo intercultural e o desenvolvemento sostible, así como a posta en práctica da educación de calidade. A Xunta Directiva do IMER teñen o pracer de invitar a todos os docentes, equipos directivos, ANPAS e toda persoa interesada a asistir a este acto", explican os organizadores en nota de prensa.Turismo e lingua: Arousa Norte segue a apostar polo castelán e o spanglish para as súas accións divulgativas. arousa-norte.es/blog-arousanor…
— Certo (@Certo) November 8, 2012
@carloscallon agasalla ao ministro do Interior "Amigos e sodomitas" tras declaracións sobre matrimonio homosexual post.ly/9kPVb
— Certo (@Certo) November 9, 2012
Educación: xa comezan as nenas de once anos a atopar culpables da crise. sindinero.org/blog/archives/… Wert ten que parar isto inmediatamente! :P
— Certo (@Certo) November 8, 2012
Ribeira: o Psoe -comentario- ve un pelotazo de NGB que o Concello merque local de 40 anos por 430.000€ como biblioteca post.ly/9k0UX

Dodro, 8 de novembro de 2012. O goberno do Concello de Dodro comunica que lle foron concedidas dúas subvencións por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 120.647 euros. Estas subvencións permitirán acometer dúas obras no Concello de Dodro que suman un total de 164.000 euros. A primeira delas é a pavimentación en pedra da praza pública da Casa da Cultura, cuxo importe total ascende á cantidade de 43.801 euros, e que permitirá unha mellora significativa do entorno.
A segunda das obras e de máis importe corresponde á mellora da escola infantil de Dodro. Dende os últimos anos vense reclamando por parte dos pais e profesionais unha reforma que permita un mellor uso das instalacións, algunhas das cales están inutilizadas polo seu estado. O actual goberno do Concello asumeu dende o primeiro momento esta reforma como unha prioridade, facendo as xestións oportunas que permitiran acometer a obra necesaria. E así, menos dun ano e medio máis tarde, conseguiuse a financiación necesaria para acometer a obra. O importe total ascende a 121.000 euros, e suporá unha mellora significativa das instalacións.
O Concello de Dodro terá que desembolsar 44.000 euros para poder facer esas obras "o cal non resultará nada fácil, pero confiamos en poder obter os recursos necesarios e seguir mellorando os servizos e instalacións públicas, e non perder esta oportunidade para o noso Concello", sinalou a tenente de alcalde, Marisol Boga.
Ademais, acaba de rematarse o asfaltado de varios camiños, unha obra que supuxo unha inversión de 38.000 euros, e que se consideraba moi necesario dado que nos últimos anos as estradas do Concello apenas tiveron mantemento, o cal supuxo un grave deterioro do firme.
Pode que tamén lle interese:
Prioridades da Deputación de @diegocalvo2012: 50.000 euros para pistas de pádel. É o que fai falta para o rural! dicoruna.es/dicoruna-notic…
— Certo (@Certo) November 7, 2012
modo @certoenfurecido COMO SIGAN A SUBVENCIONAR PISTAS DE PÁDEL NO RURAL HABERÁ QUE TROCAR OS CURSOS DE PODAR AS VIÑAS POR EMPUÑAR A RAQUETA
— Certo (@Certo) November 7, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Pago en tres prazos anuais
A compravenda foi formalizada por 430.000 euros, dos cales 20.000 se fixeron efectivos esta mesma mañá. Haberá dúas novas entregas, de 205.000 euros cada unha, nos anos 2013 e 2014.
Presentación do libro sobre AyasoRibeira: este sábado, 10 de novembro, presentan "Veroto el romano. El nacimiento de Galicia" post.ly/9jzo5
— Certo (@Certo) November 8, 2012
Sanidade: un documental para reflexionar sobre a importancia de ter bos médicos e boa atención seisminutos.com/#!home/mainPage vía IES Leliadoura
— Certo (@Certo) November 8, 2012
Colaboración: Manuel Venator fala sobre o caso Madrid Arena e pon o dedo na ferida da cobiza dalgún, que non se dá cheo certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) November 8, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
ESTE VENRES 9 NOV, ÁS 21:30 H, AUDITORIO DE RIVEIRA:MOSTRA DE TEATRO CON "O FÚTBOL É ASÍ".ENTRADA É DE BALDE!RISA FIXA! twitter.com/enterateriveir…
— enterateriveira (@enterateriveira) November 6, 2012
Ribeira, 8 de novembro de 2012.- Teófilo Comunicación presentará o vindeiro sábado día 10 nun acto público que terá lugar no Auditorio Municipal, a publicación “Veroto el romano. El nacimiento de Galicia”, un novo libro escrito polo autor ribeirense José Vicente Domínguez, que xa se atopa á venda nas librarías de toda Galicia.
A obra, escrita en castelán e que resposta ao estilo de novela histórica, ten como escenarios os montes e vales da península do Barbanza -reduto do noroeste afastado do dominio de Roma- e amosa a dignidade e coraxe coas que os poboadores castrexos aceptaron sen dobregarse a Pax romana acadada polo emperador Augusto. A través das novas e das opinións dos autores clásicos, o autor desta interesante narración relata ao longo de duascentas páxinas, episodios, lendas, e costumes que desde antigo fundamentaron o feito diferencial galaico.
Quen é José Vicente Domínguez?
O autor do libro é o ribeirense, nado en Palmeira, José Vicente Domínguez. Foi capitán da marina mercante e de pesca, ocupou cargos directivos na administración autonómica, e foi un activo empresario en diferentes áreas -construción naval, turismo e acuicultura-; tamén e durante cinco anos adicouse á política asumindo distintas responsabilidades no seo da formación socialista riberense.
Este é o sétimo título da súa dilatada obra, na que vén demostrando o seu profundo amor a Galicia, e que vai desde o ensaio á novela, pasando polo relato, con títulos como “La Raíña”, “Allá está Pancho”, “Así éramos en Benencia”, ou “Con el sol en la popa” e “O anxelote e outros relatos”.
Colaboración: Manuel Venator fala sobre o caso Madrid Arena e pon o dedo na ferida da cobiza dalgún, que non se dá cheo certo.es/index.php?page… modo @certoenfurecido COMO SIGAN A SUBVENCIONAR PISTAS DE PÁDEL NO RURAL HABERÁ QUE TROCAR OS CURSOS DE PODAR AS VIÑAS POR EMPUÑAR A RAQUETA
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
[[posterous-content:pid___0]]Noia, 8 de novembro de 2012. Segundo informa o concelleiro de Cultura noiés, Javier Rodríguez, "este ano a Concellería de Cultura apoia máis que nunca á organización da Semana Musical, organizada dende fai 36 anos pola Coral Polifónica de Noia, e faino cunha programación na que destaca a alta calidade e sobre todo unha gran participación de artistas noieses, que farán desta unha edición especial".
Programación da XXXVI Semana Musical de Noia
Día 20 - Conservatorio Municipal de NoiaNoia: máis de 300 curtas de todo o mundo recollidas para a XIII Mostra de Curtas "Vila de Noia". post.ly/9IBQ9 O prazo pecha o 9N Noia: este venres 9 inaugúrase a mostra dos arquivos fotográficos do Esteirán na casa da cultura post.ly/9jB8g Ata o 5 de decembro Colaboración: Manuel Venator fala sobre o caso Madrid Arena e pon o dedo na ferida da cobiza dalgún, que non se dá cheo certo.es/index.php?page… Noia: Once upon a time ... in Europe (proxecto Grundtvig): wp.me/p2OjTZ-12 vía @iessanalberto
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Antes, en Certo:
Urbanismo: é un pelotazo para NovaGaliciaBanco a venta da biblioteca municipal?
Ribeira, 7 de novembro de 2012.- Está previsto que no día de mañá se formalice a adquisición por parte do Concello do local anexo á Biblioteca Municipal de Ribeira.
A tal efecto, o alcalde Manuel Ruiz Rivas visitará ás 12.30 horas estas instalacións, na rúa Manuel Lustres Rivas número 20, de case 1.000 metros cadrados de superficie, e explicará aos medios informativos cales son os plans que o Executivo ten reservado para este novo espazo municipal.Poxas das empresas que concorreron á licitación das pistas rurais de A Tasca e FriónsEn sesión de hoxe tivo lugar no Consistorio a apertura dos sobres B do proxecto de dinamización e de inclusión social a través do deporte en pistas rurais, o que implica a construción no municipio de dúas novas pistas polideportivas de 40x20 metros, situadas en A Tasca (Aguiño) e Frións (Carreira). Cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), esta actuación ten un prezo de licitación de 116.795,07 euros, IVE incluído.Unha vez abertos os citados sobres B, as ofertas económicas presentadas resultaron ser: Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.: 96.195 €Tapiado de baixo comercial por salubridade
Por outra banda, o Concello tamén informou hoxe de que, vistos os preceptivos informes e por motivos de saubridade pública, dende a Concellería de Sanidade se adoptou a decisión de tapiar a parte da cristaleira do baixo comercial de Miguel Rodríguez Bautista, esquina Mariño de Rivera, que aparecera descuberta hai uns días. A tal efecto, operarios municipais realizaron esta mesma mañá os labores oportunos. Esta medida ten lugar con independencia de que segue o seu curso o expediente administrativo aberto polo Concello.
ESTE VENRES 9 NOV, ÁS 21:30 H, AUDITORIO DE RIVEIRA:MOSTRA DE TEATRO CON "O FÚTBOL É ASÍ".ENTRADA É DE BALDE!RISA FIXA! twitter.com/enterateriveir…
— enterateriveira (@enterateriveira) November 6, 2012
Ribeira: Quico Cadaval liándoa cunha mosca. A famosa mosca da tele! marcus.es/2012/11/a-verd… vía @marcus
— Certo (@Certo) November 7, 2012
Ribeira: 60 persoas participarán este venres 9 no seminario de motivación emprendedora no conservatorio post.ly/9aAQf Inda hai prazas
— Certo (@Certo) November 7, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia