27.12.12

Ribeira: "SuperHumanos" preséntase este venres 28

Ribeira, 27 de decembro de 2012. Pacho Ayaso, coautor xunto con Jorge Vázquez do libro "SuperHumanos", estará na presentación desta obra en Ribeira mañá, venres 28 de decembro, ás 19 horas no anexo á Biblioteca Municipal de Ribeira.
Para máis información poden consultar a web e o facebook do libro:
http://superhumanos.es/
https://www.facebook.com/SomosSuperHumanos




 

Invitacin_superhumanos_riveira

FichaSuperHumanos.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: O Apalpador vén a cidade da man de Altofalante


Ribeira, 27 de decembro de 2012. A asociación cultural Altofalante vai traer o Apalpador a Ribeira para presentárllelo aos nenos e á cidadanía en xeral. A súa comitiva, que sairá ás 17.30 da Praza do Concello e percorrerá as rúas da cidade, vai estar formada por un Apalpador que repartirá doces, uns acompañantes que entregarán folletos explicativos sobre a figura, e un grupo de músicos que lle darán alegría ao asunto. 


Esta actividade encádrase dentro dun movemento de actuación máis amplo, que por numerosos concellos de Galiza, mediante o traballo de asociacións, colexios e concellos, busca recuperar o papel do mítico personaxe no Nadal galego. A tradición do Apalpador (ou Pandingueiro) mantense viva nas comarcas do leste de Lugo e Ourense (como se ve no documentario realizado pola Gentalha do Pichel: “e há de vir o Apalpador”, que se pode ollar en youtube). Consiste nun xigante carboeiro que baixaba das montañas ás casas o 24 ou o 31 de decembro a apalpárllela barriguiña aos meniños, para ver se estaban ben alimentados, e desexarlles que tivesen fartura o resto do ano. Ademais, deixáballes regaliños e castañas (os doces daqueles tempos).


O Apalpador é a versión galega dunha tradición común na vertente atlántica europea, que se manifesta con diversos nomes segundo o lugar, como é o caso do Olentzero vasco. "Desde Altofalante cremos que é enriquecedor recuperar esta figura propia e relacionada co medio natural e co noso entorno, para que se abra sitio nun espazo até o de agora monopolizado por figuras fóraneas vinculadas ao consumismo e á propaganda comercial, como Papá Noel, ou de carácter estritamente relixioso coma os Reis Magos. O Apalpador, encargado de atender só os nenos galegos, seguro que ten máis tempo para escoller bos presentes que saiban ilusionar os nosos cativos", argumenta Carlos Lixó, recén escollido presidente de Altofalante.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: outra polémica comida de Nadal

  • Ante as críticas da voceira socialista, o alcalde asegura que a comida págaa enteira o restaurante Chicolino de Boiro, concesionario por 20 anos do restaurante que está enriba do mercado municipal
  • Na comida, en teoría para traballadores do Concello, hai moita xente á que nunca se viu traballar nel, ademais de integrantes da prensa local

Foto_cea_pobra
Captura de pantalla do Facebook de OQPDAD

A Pobra do Caramiñal, 27 de decembro de 2012. Por se non abondase coas polémicas das comidas da terceira idade, que ano tras ano se producen por seren consideradas un despilfarro só entendible como busca de votos no caladeiro deste segmento de poboación, desta volta o Concello da Pobra voltouna a armar coa de Nadal.

O pasado xoves, 20 de decembro, celebrouse unha comida de Nadal no restaurante Chicolino de Boiro. A ela asistiron, segundo conta o dixital pobrense "O que pasa día a día", máis dun cento de traballadores do Concello da Pobra do Caramiñal "que desfrutaron de boa compaña ata ben entrada a tarde". Ata aí, todo "normal", dentro do que cabe, pois non parece moi lóxico que unha comida dos traballadores dun concello se faga no municipio veciño, deixando o beneficio económico fóra. Mais a lebre non saltou pola noticia do dixital pobrense, que é o que aporta as fotos na rede, senón pola reacción do alcalde da Pobra, o conservador Isaac Maceiras, ás críticas no Facebook da portavoz socialista, María Teresa García Guillán. Tanto lle molestaron que respostou por dúas vías: o seu blog da alcaldía e a web do PP da Pobra, ademais de rebotalo no seu facebook persoal que intitula "A Pobra Caramiñal" e no que sae a súa foto como se a súa faciana representara a todo o municipio.

Na réplica do alcalde chama a atención a explicación sobre esa estrana cláusula nun prego de condicións dunha concesión pública:

"Para quen non o saiba, cousa que ela se está informada, os traballadores e traballadoras da Pobra, así coma o Goberno Municipal, todos os anos celebran un xantar de Nadal pagado integramente pola empresa Chicolino.

E moitos, preguntaranse, e por qué a empresa Chicolino lle paga unha comida. Pois o motivo é ben sinxelo. Cando esta empresa concursou para a concesión do Restaurante do Mercado Municipal, dentro do seu prego de condicións, ofrecía unha comida de Nadal para todos/as os/as traballadores/as do Concello da Pobra do Caramiñal.

Polo que todos os anos cando todas as empresas celebran o Nadal cos seus empregados, no Concello tamén o celebramos todos xuntos, sen que isto supoña gasto algún para as arcas municipais, senón o de celebrar un día de ledicia todos os/as compañeiros/as xuntos".

Isto en si mesmo é un escándalo: hai unha cláusula nesa concesión -sería ben que o alcalde a amosase, inda que é ben complicado para a oposición pedir papeis nese concello- para darlle unha comida de gañote aos traballadores do Concello (incluídos políticos) a costa dos cartos de todos (a concesión é pública, é unha cesión dunha instalación do Concello, na praza de abastos, para poñer un restaurante). E inda se permite na web do PP darlle leccións á oposición por denuncialo:

"Polo que sí señora Teresa os traballadores e traballadoras municipais, xunto cos representantes dos grupos políticos do BNG e do PP, celebran todos xuntos unha comida de Nadal, á que vostede non asiste, porque non quere ou porque igual non ten con quen compartila, xa que o seu lema é enfrontarse a todos e todas as veciñas e veciños deste Concello e non compartir momentos de ledicia con eles.

De todas formas e seguindo como noso lema de concordia e confraternidade desexámoslle que o vindeiro ano entre no seu corazón con máis solidariedade, con máis concordia e con menos enfrontamentos.

Felices Festas!!"

En Certo preguntámonos:

  1. Será legal, pero é lexítimo que se empregue unha concesión municipal para beneficiar só aos traballadores do Concello e prensa afín?
  2. Onde está a ética de empregar os cartos de todos, nestes tempos "difíciles para todos" como o mesmo Concello da Pobra se encarga de lembrarnos na súa postal de Nadal, en pagarlle unha comida nun restaurante de Boiro a máis de cen persoas?
  3. A terraza de Chicolino comezou a funcionar en 2006: como tardamos tanto en enterarnos, ou tardou tanto en aclarar Isaac Maceiras, que esta comida de Nadal -só para traballadores do Concello- era pagada por esta empresa de Boiro?

Unha concesión moi "mimada"

Media_httpfarm5static_cqmff

O restaurante "A Terraza de Chicolino" está nunha situación privilexiada na Pobra, enriba do mercado municipal e fronte á praia e o porto. Nalgunha web sobre turismo e gastronomía chegan a calificar as súas vistas como "as mellores de Barbanza". A concesión foi aprobada en maio de 2005 e a empresa Chicolino acordou investir 250.000 euros e contratar a 14 persoas. O restaurante ten zona de comedor de 233 metros cadrados e unha terraza de 91. Ao seu interior pode accederse dende a praza de abastos, pero tamén hai entrada independente, de xeito que o horario do establecemento hostaleiro non estea marcado polo do mercado. Comezou a funcionar a mediados de 2006.

Neste mercado municipal da Pobra, que está noviño, anda cada pouco a meter cartos a Deputación e a facer campañas para promocionalo, do cal, evidentemente, benefíciase o restaurante (cos cartos de todos tamén).

Concesión que reporta 8.000 euros ao ano

Segundo consta nos orzamentos 2012 e 2011, ao municipio da Pobra repórtalle en ingresos por cafetería do mercado municipal de 8.000 euros/ano. Algo ben barato se temos en conta a superficie da que dispón, o lugar privilexiado no que está e as continuas melloras que pagamos todos cos cartos da Deputación.


E quen é Chicolino? A empresa máis coñecida da zona polo seu negocio de vodas e comunións en Exipto (Abanqueiro, Boiro). E que tamén ten dende este mesmo ano uha empresa "auxiliar" que se chama Happy Park e fai parques infantís, pistas de pádel e instalacións de ocio semellantes. A data de constitución da empresa foi o doce de abril deste ano 2012 e, vese que naceu con boa "estrela" pois este mesmo verán poñía en Boiro (concello gobernado tamén polo PP con maioría absoluta como A Pobra) un dos seus parques, que custou máis de 60.000 euros.

Media_httpfarm9static_ndrej

 

Como se observa, parte deste parque foi pagado pola Deputación con cargo ao plan PAC -2 (PLAN ANTICRISE), inda que non está claro se a crise é de Happy Park ou do Concello de Boiro, o máis endebedado da zona logo da obra faraónica do Concello, que foi derrubado e feito de nova planta polo ex alcalde Jesús Alonso, conserveiro conservador dono de Jealsa-Rianxeira e antigo empregador do actual alcalde, Juan José Dieste.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.12.12

Ribeira: arranxarán a rúa Pedra da Aiga en Palmeira

A obra foi adxudicada por un importe de 44.740 euros

 

O CONCELLO DE RIVEIRA RENOVARÁ OS SERVIZOS DA RÚA PEDRA DA AIGA, EN PALMEIRA

 

A NOVA REDE DE DRENAXE IMPEDIRÁ QUE EN ÉPOCAS DE CHUVIA SE ACUMULE AUGA NAS FINCAS COLINDANTES

 

Ribeira, 26 de decembro de 2012.- O Concello vén de adxudicar unha actuación en virtude da cal se verán renovados os servizos da rúa Pedra da Aiga, na parroquia de Palmeira. O importe da obra ascende a 44.740,88 euros e a empresa Construcciones Pazo de Axeitos, S.L., será a encargada de executala.

Actualmente, a rúa Pedra da Aiga non dispón de rede de drenaxe de augas pluviais, razón pola cal en épocas de chuvia é frecuente que se produzan problemas de acumulación en leiras colindantes. O pavimento actual é de formigón. 

O proxecto elaborado ao efecto polos técnicos municipais prevé a construción dunha rede para drenaxe de pluviais, ademais da renovación dos servizos de auga potable e saneamento. Unha vez rematadas estas accións, a rúa será pavimentada con adoquín prefabricado de formigón.

Así, será colocada unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro para o abastecemento de auga potable e outra de PVC corrugado de 315 milímetros para pluviais. En canto a saneamento, instalarase unha tubaxe de PVC liso de 315 milímetros.

Pavimentación

Para a pavimentación combinarase adoquín de formigón gris con outro de cor vermella, ambos con dimensións de 20x10x8 centímetros.

A rúa contará coa pendente lonxitudinal e transversal suficiente para que a auga superficial sexa conducida ata as arquetas sumidoiro proxectadas. Na liña de pluviais disporanse arquetas cada 20 ou 25 metros.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os torneos de Unicef e Residencial Mirador de Padín dan remate ao 2012 na Fieiteiradeportivo

 

Media_httpfarm9static_duuxd

 

Ribeira, 26 de decembro de 2012.- Proseguindo co calendario de competicións para estas datas de Nadal, mañá e pasado mañá terá lugar no polideportivo de A Fieiteira, en horario de tarde, o Trofeo Unicef de Fútbol Sala: un campionato no que terán cabida un total de catro categorías -prebenxamín, benxamín, alevín e infantil-.

 

Este é o cadro de emparellamentos:

 

XOVES 27 DECEMBRO

 

1º PARTIDO CATEGORIA ALEVÍN

15.00

XUÑO

X AGUIÑO A

 

1º PARTIDO CATEGORIA BENXAMIN

15.35

G1) X AGUIÑO A

G1) ATL RIVEIRA B

16.10

G2) ATL RIVEIRA A

G2) X AGUIÑO B

 

1º PARTIDO CATEGORIA  PREBENXAMÍN

16.55

XUÑO 

ATL RIVEIRA B

 

CATEGORIA INFANTIL

17.30

G1) O CASTRO

G1) X AGUIÑO B

18.05

G2) ATL RIVEIRA B

G2) X AGUIÑO A

 

2º PARTIDO CATEGORIA ALEVÍN

18.40

PERDEDOR 1

X AGUIÑO B

 

SEGUNDO PARTIDO CATEGORIA BENXAMIN

19.15

G1) PERDEDOR

G1) XUÑO 

19.50

G2) ATL RIVEIRA A

G2) X AGUIÑO B

 

SEGUNDO PARTIDO CATEGORIA INFANTIL

20.25

G1) PERDEDOR

G1) ATL RIVEIRA A

21.00

G2)  PERDEDOR

G2) DESCANSA CF

 

VENRES 28 DECEMBRO

 

CATEGORIA INFANTIL

15:00

G1) GAÑADOR

G1) ATL RIVEIRA A

15:35

G2)  GAÑADOR

G2) DESCANSA CF

 

SEGUNDO PARTIDO CATEGORIA PREBENXAMÍN

16.10

PERDEDOR 1

ATL RIVEIRA A

 

3º PARTIDO BENXAMIN

16.55

G1) GAÑADOR

G1) XUÑO

 

 

FINAIS

ALEVÍN

17.30

GAÑADOR 1

X AGUIÑO B

INFANTIL

18.05

1º CLASIFICADO G1

1º CLASIFICADO G2

PITUFOS

18.40

ATL RIVEIRA

SALVORA

BENXAMIN

19.15

1º CLASIFICADO G1

1º CLASIFICADO G2

PREBENXAMINS

19.50

GAÑADOR 1

ATL RIVEIRA A

 

PREBENXAMINS:XUÑO, ATL RIVEIRA A, ATL RIVEIRA B

BENXAMINS: G1) XUÑO, ATL RIVEIRA B, X AGUIÑO A            G2) ATL RIVEIRA A, X AGUIÑO B

ALEVINS: XUÑO, X AGUIÑO A, X AGUIÑO B

INFANTIS: G1) O CASTRO, X AGUIÑO B E ATL RIVEIRA A;    G2) ATL RIVEIRA B, X AGUIÑO A, X DESCANSA CF

TROFEO MIRADOR DE PADÍN

Ademais, esta fin de semana terá lugar no campo de céspede artificial de A Fieiteira un acontecemento deportivo enmarcado no programa de eventos organizados pola Concellería de Deportes para este Nadal. Trátase do Primeiro Trofeo Residencial Mirador de Padín de Fútbol: cita dirixida ás categorías cadete e xuvenil.

Na categoría cadete mediranse un total de sete equipos: Crocha Balompié C. F., Xuventú Aguiño, Atlético Oleiros, Carreira C.F., Sálvora C.F. e Atlético Riveira.

En canto á categoría xuvenil, participarán: Crocha Balompié C. F., Carreira C.F., Atlético Riveira, Xuventú  Aguiño “A” e Xuventú Aguiño “B”.

 

O cadro de emparellamentos e horarios é o seguinte:

     
 

SABADO 29 DECEMBRO

 

Horario

 

Categoría

09.30

GRUPO 1:  CROCHA BALOMPIE C.F.- SD XUVENTU AGUIÑO

CADETE

10.15

GRUPO 2:  ATL OLEIROS – CARREIRA C.F.

CADETE

11.00

GRUPO 1:  Perdedor – SALVORA C.F.

CADETE

11.45

GRUPO 2:  Perdedor – ATL RIVEIRA

CADETE

12.30

GRUPO 1:  Gañador – SALVORA C.F.

CADETE

13.15

GRUPO 2:  Gañador –ATL RIVEIRA

CADETE

     

16.00

GRUPO 1:  CROCHA BALOMPIE C.F. - CARREIRA C.F.

XUVENIL

16.45               

GRUPO 2:  ATL RIVEIRA-S.D. X AGUIÑO “B”

XUVENIL

17,30

GRUPO 1:  Perdedor – X. AGUIÑO “A”

XUVENIL

18.15

GRUPO 2:  Perdedor – ATL. OLEIROS

XUVENIL

19.00

GRUPO 1:  Gañador – X. AGUIÑO “A”

XUVENIL

19.45

GRUPO 2:  Gañador –ATL. OLEIROS

XUVENIL

 

DOMINGO 30 DECEMBRO

 

10.30

FINAL

CADETE

11.45

FINAL

XUVENIL

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: propostas culturais para a última semana deste ano 2012

O xoves, 27 de decembro,  proxección de O Apóstolo na Casa da Cultura ás 21:00h


O venres 28, ás 20:00h na Casa da Cultura, teatro para familias e infancia

 

O venres, 28 de decembro, concerto de Skarallaos no Curral de Marqués(Taragoña) ás 23:45h

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Flor de Toxo organiza viaxe á neve en febreiro de 2013

  • A preinscrición remata o 1 de xaneiro e custa 40 euros. O resto págase na última semana de xaneiro
Media_httpfarm6static_xavgr


Ribeira, 26 de decembro de 2012. A Asociación xuvenil e cultural Flor de Toxo organiza un viaxe á neve (Estación de San Isidro- León) na primeira fin de semana de febreiro.

INCLÚE:

-Autobús

-Albergue (noite do sábado ao domingo, con cea e almorzo)

-Aluguer de equipo de esquí ou snowboard *as persoas que dispoñan de equipo propio teñen un desconto de 16€

-Forfait.

Sería a saída de Ribeira o venres 1 de febreiro sobre as 23:30 e o regreso domingo 3 DE FEBREIRO sobre as 21:00 hrs. Á volta o bus fará parada en Santiago de Compostela (na zona de San Lázaro) para os que queiran quedar e tamén se parará tanto na ida coma na volta na Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo se é preciso.

A preinscrición será ata o día 1 de xaneiro e pagando un sinal de 40€. O resto pagarase na semana anterior á viaxe. As persoas preinscritas que finalmente non acudan á viaxe non teñen dereito á devolución, pois eses cartos son para pagar bus e albergue e non devolven os cartos.

Máis info: asociacionflordetoxo@gmail

.com e telf. 669 999 302


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este venres, 28 de decembro, concentración de "Stop Desafiuzamentos" na praza do Concello


     
Ribeira, 26 de decembro de 2012. O vindeiro día 28, venres, terán lugar en moitas vilas e bisbarras galegas unha serie de concentracións, convocadas polas diferentes Plataformas de "Stop Desafiuzamentos" de Galicia. No Barbanza, será en Ribeira. A concentración comezará ás 20:00 horas, na Praza do Concello, co obxeto de lembrar que dende o 2.007 se produciron máis de 400.000 execucións hipotecarias, coa evidente inxustiza social, unha vez que as familias desafiuzadas non son culpables, senón víctimas dun sistema financeiro atroz que prima o capital por riba dos dereitos individuais e colectivos de todos nós. 
 
Dende as diferenes Plataformas "Stop Desafiuzamentos" de Galicia ESIXEN, entre outras cousas:
 
    - Responsabilidades políticas e penais no conxunto da banca estatal.
    - Paralización de todos os procesos de desafiuzamento.
    - Dación en pago con efecto retroactivo.
    - Parqué de alugueiro social das vivendas incautadas pola banca. 
 
"Facemos un chamamento a toda a cidadanía para participar na concentración na Praza do Concello de Ribeira e agradecemos a colaboración da central sindicial da C.I.G, que son os responsables de facer todo o labor de información, publicidade e organización en xeral das diferentes concentracións, en toda Galicia", sinalan dende a plataforma "Stop Desafiuzamentos" da Barbanza.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o domingo 30 de decembro, Festival de Nadal da Escola de Música

  • Na casa da cultura de Portobravo ás 18:00 horas


Lousame, 26 de decembro de 2012. O vindeiro domingo, día 30 de decembro, ás 6 da tarde na Casa da Cultura de Portobravo terá lugar o festival de Nadal da Escola de Música de Lousame. Intervirán a maioría dos alumnos da escola de música en diversas formacións instrumentais así como en actuacións solistas. O evento pecharase coa actuación da Banda infantil e xuvenil da Escola de Música de Lousame xunto cun coro formado polos nenos da materia de Música e movemento, que interpretarán conxuntamente varias panxoliñas. 



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.12.12

Dodro: este luns 24, xornada benéfica con obradoiros para nen@s de 10 a 14 horas

Xornada benefica2012.pdf Download this file


Dodro, 23 de decembro de 2012. A Concellería de Deportes do Concello de Dodro organiza mañá, luns día 24 de decembro, unha Xornada benéfica con obradoiros para nen@s en horario de 10 a 14 horas.

Durante a xornada realizarase unha recollida de alimentos non perecedeiros que posteriormente serán coordinados e distribuidos pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

A xornada será no pavillón polideportivo municial e os nenos/as poderán divertirse con hinchables, talleres, música, animación infantil... 

Para máis información as persoas interesadas poden acudir ao departamento de Deportes do concello ou chamando ao 981 802 532.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical