7.1.13

Cultura: o outense Ramón Blanco cruza ata Vilagarcía coa rianxeira Esther Carrodeguas para presentar "Emily on the road"

  • Será este xoves 10 de xaneiro na Escola Oficial de Idiomas, ás 18:30

Media_httpfarm9static_bghxy

Esther F. Carrodeguas con Ramón Blanco nun recital poético en Ribeira (Slam Arousa)

Outes, 7 de xaneiro de 2013. Manolo do Río, Esther F. Carrodeguas e mais Pablo Sax acompañarán a Ramón Blanco no recital co que se presentará en Vilagarcía de Arousa o seu libro Emily on the road. Será no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas, o vindeiro xoves 10 de xaneiro, ás 18:30 horas. Dentro da serie de presentacións que a editora Acha Escrava está a levar a cabo en diversas vilas e cidades galegas, súmase nesta ocasión a actriz e escritora rianxeira Esther F. Carrodeguas, quen fará un recital a dúas voces con Ramón Blanco. O saxofonista Pablo Sax poñerá o acompañamento musical. 

Entrevistas a Ramón Blanco:

Sobre Emily on the road:

Todo sobre a Xira Emily on the road en:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Stop Desahucios" aliviará este mércores, 9 de xaneiro, a nula educación financieira que recibimos os cidadáns

Media_httpfarm7static_ghpnn

A maioría dos cidadáns españois non sabemos xestionar os cartos

Ribeira, 7 de xaneiro de 2013. Hai nada menos que cinco anos (finais de 2007) entrevistamos en Certo a Aitor Zárate, un ex xogador de baloncesto vasco que agora escribe bestsellers de autoaxuda financieira e dá cursos sobre inversións en bolsa. Lembrámoslles estas dúas preguntas, reproducidas integramente:

".- Hablas continuamente de la "nula educación financiera" que tenemos los españoles. ¿Le ves remedio cercano?

Claro que sí y en esas estamos. No es difícil: hay que olvidar esquemas y planteamientos que nos han metido en la cabeza y que son absolutamente erróneos.

.- No aconsejas invertir en "ladrillo": explícaselo a nuestros lectores brevemente.

Lo que digo es que es una inversión más y que antes de entrar en una inversión de tanta cuantía, con tanto endeudamiento, gravada de lejos con los mayores impuestos del país, con tan POCA rentabilidad potencial...hay que hacer unos cálculos. En España nos lanzamos a comprar ladrillos sin preguntarnos nada: mi vecino se tira por la ventana, pues yo también".

Pois para poñer un pouco de remedio a esta situación, que se comprobou ao longo destes anos, a da ignorancia total en asuntos económicos dos españois -unha eiva que está lonxe de solucionarse, pois co novo ministro Wert inda imos máis para atrás en educación-, a plataforma "Stop Desahucios" de Barbanza organiza, este mércores, día 9 de xaneiro, unha charla. Será o seu voceiro, José Manuel Pena, quen instrúa aos alumnos do ciclo de Administrativo do instituto Leliadoura de Frións sobre termos que agora vemos moito nos medios de comunicación: execucións hipotecarias, desafiuzamentos, aluguer social, dación en pago, novación de hipotecas, banco malo, condonación de intereses ou moratoria. Mellor aprendelo agora, na escola, que ter que aprendelo en carnes como tantos estafados polas preferentes ou tantos desafiuzados polos bancos como está a haber neste país.

Defensor del Pueblo: medidas insuficientes


Por outra banda, a Plataforma "Stop Desahucios" do Barbanza recibiu resposta do Defensor del Pueblo en relación a un escrito no que se lle instaba ao coñecemento sobre as recomendacións que propón esa institución sobre a proposta de reforma da Lei de Enxuízamento Civil, contemplada na Iniciativa Lexislativa Popular que se presentará este vindeiro día 25 de xaneiro, no Congreso dos Deputados, con máis dun millón de sinaturas.
 
O Defensor del Pueblo recoñece que "las medidas adoptadas hasta ahora son insuficientes, por tanto recientemente, hemos vuelto a formular entre otras las siguientes Recomendaciones, a las autoridades competentes: 
 
 PRIMERA.- Las circunstancioaas económicas han llevado a personas que han actuado de buena fe a convertirse en deudores sin  capacidad económica. Es conveniente elaborar un conceto jurídico del deudor de buena fe. 
 
  SEGUNDA.-  Abordar la modificaciónm del artículo 1.911 del Código Civil a fin de matizar al responsabilidad patrimonial universal de las personas físicas mediante un sistema respetuoso con los principios constitucionales y acorde con el concepto de decidir de buena fe.
 
 TERCERA.- Regular el procedimiento de insolvencia personal, de seguimiento obligatorio para los acreedores, que establezca plazos y prórrogas de pago, quitas y esperas, y permita continuar en el uso de la vivienda o el local de negocios que constituye la actividad principal con una renta social.
 
  CUARTA.- Insistir en la ampliación de las situaciones en que se extingue la deuda hipotecaria mediante la dación en pago del bien hipotecario, según la propuesta realizada por esta Institución en el estudio sobre "Crisis económica, deudores hipotecarios: actuaciones y propuestas del Defensor del Pueblo".
 
 QUINTA.- Reformar el artículo 693.3 de la Ley de Enjuiciamiento Civil ampliando la posibilidad de rehabilitar los préstamos también para los locales de negocio donde se jerce la actividad económica o profesional que constituye la forma de vida del sujeto y, evitando el abuso del derecho, sin el límite temporal de cinco años.- 
 
 SEXTA.- Tasar de forma independiente y justa los inmuebles en la constitución de las hipotecas y elevar el valor del inmueble para la adjudicación en subasta al acreedor y aumentar el mínimo de la mejor postura. 
 
 SÉPTIMA.- Establecer la necesidad de un acto previo de concilición, como requisito de procedibilidad para la ejecución hipotecaria, en el que el juez esté dotado de la facultad de imponer un acuerdo razonable. 
 
  OCTAVA.- Reformar el Real Decreto Ley 6/2012, de 9 de marzo, de Medidas urgentes de protección de deudores hipotecarios sin recursos, ampliando su ámbito de aplicación exigiendo menores requisitos para dar cabida a los deudores por hipotecas que gravan los locales de negocio donde se ejerce la actividad que supone el medio de vida del sujeto y a otros deudores que, sin estar en el concepto del "umbral de exclusión" definido en el mismo, se encuentran abocados a la ruina por no poder pagar sus deudas al haberse reducido considerablemente sus ingresos.      
 
El Defensor del Pueblo reconoce que le preocupa la situación que viven muchas personas, que como consecuencia de la crisis económica, el desplome de los precios inmoboliarios y el desempleo, no pueden afrontar el pago de sus hipotecaria. Por este motivo considera prioritario tomar medidas legales para luchar contra los desahucios".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: o ribeirense Francisco Castro Alvaredo gañou o II certame de relatos de Adega "O lugar onde vivo"

  • Pode ler o relato gañador na fin desta información[[posterous-content:pid___0]]O ribeirense Francisco Castro recolle o premio

Ribeira, 7 de xaneiro de 2013. ADEGA e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, entregaron hoxe os premios do II Concurso Fotográfico “Fotografías polo territorio”, do II Certame de Relatos ‘O lugar onde vivo’ e do I Certame de Curtametraxes ‘E ti que é o que ves”, que organiza ADEGA en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Os tres certames en enmárcanse dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, nacida co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra, e están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Nesta edición achegáronse 50 fotografías, uns 40 relatos e 8 curtametraxes procedentes de toda a xeografía galega: Mugardos, Agolada, Lalín, Lugo, Cerceda, As Nogais, Vilar de Santos, Cedeira, Ourense, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, etc. Entre os gañadores do certame de relatos destaca o ribeirense Francisco Castro Alvaredo, que leva 250 euros e diploma polo relato "Ribeira".

Segundo explica Adega, "no caso do certame literario tamén participaron máis de 40 relatos, e para decidir os gañadores, o xurado baseouse na orixinalidade, na calidade literaria, na coherencia do código lingüístico empregado e que o territorio galego figurase no relato".

[[posterous-content:pid___1]]Grupo de premiados

Cómprenos salientar que unha entrevistada en Certo hai ben pouco, con conexións en Porto do Son, a vedrense Marisa Otero, foi a gañadora do segundo premio de relatos con "O anel" e tamén a gañadora do I concurso de curtas "E ti que é o que ves?", coa curta "Cóntame como era". Levou 250 euros e diploma por isto, namentres que polo relato só diploma.

Este é o relato premiado, "Ribeira":

[[posterous-content:pid___2]]

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o rianxeiro Marcos Saborido, o padronés Jesús Bustelo e o ribeirense Pablo Chouza gañaron os torneos de tenis de Nadal

Ribeira, 7 de xaneiro de 2013.- Na tarde do día de onte disputáronse no pavillón de Santa Uxía (Coroso) as finais dos Torneos de Tenis de Nadal de Riveira, organizados polo Concello coa colaboración da Asociación As Miñoteiras e o club Punta Salera.

Ás 16 horas comezou a primeira das finais, pertencente á categoría xúnior masculina, na que Marcos Saborido, de Rianxo, derrotou por 9 xogos a 5 ao boirense Adrián Cespón.

A continuación, o padronés Jesús  Bustelo venceu ao ribeirense Aitor Muñiz por idéntico resultado na final senior masculina.

Gustavo López e Jorge Oujo derrotaron a Jesús Bustelo e Javier Camino na final de dobres por 9-6.

E no último encontro da xornada, o ribeirense Pablo Chouza venceu ao seu compañeiro de club, o vigués Hugo Santorio, por 6-2 e 7-5 na final do Máster Social.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

6.1.13

Cultura: vídeos da presentación de "Extramunde", de Xavier Queipo, no Ateneo de Ribeira

Dodro: así foi a Cabalgata de Reis de 2013

Media_httpfarm9static_yydri

As SS.MM os Reis Magos chegaron na tarde do 5 de xaneiro montados nunha carroza que percorreu o Concello repartindo caramelos.

Media_httpfarm9static_dfbmx

O percorrido rematou na Praza do Concello onde os Reis realizaron a ofrenda ao Neno Xesús e posteriormente foron recibidos polo alcalde.

Media_httpfarm9static_ybica

As SS.MM recibiron a todos os nenos/as que esperaban ansiosos para dicirlles as súas peticións para esta noite máxica e entregáronlles agasallos. Houbo chocolate con churros para todos, globos e moita ilusión.

Media_httpfarm9static_vzbmn

Despois celebrouse o II Concurso de tartas, pasteis e biscoitos e todos os presentes degustaron os doces presentados despois do fallo do xurado e da entrega de premios.

VISITA AO CENTRO DE DÍA DE DODRO

Media_httpfarm9static_fdizt

 
Por outra banda, e tamén co gallo da celebración do Nadal, o pasado venres 28 de decembro, un grupo de nenas e nenos dos Talleres de Escolaridade do Concello de Dodro visitaron o Centro de Día da mesma localidade. Durante a visita, os/as menores coñeceron as instalacións, e a actividade que se desenvolve nesta “escola de maiores” grazas a dúas usuarias que fixeron de guías.

Nesta xornada de convivencia, as nenas e nenos presentaron a figura do Apalpador, interpretaron unhas panxoliñas e máis tarde compartiron unha clase de ximnasia con tódalas personas maiores e profesionais que traballan neste recurso. Ao finalizar a actividade o grupo de menores foi agasallado cuns marcapáxinas elaborados polas persoas do centro.

O obxecto desta actuación é por en valor a importancia das persoas maiores do territorio e os recursos de atención e coidado das mesmas a través do desenvolvemento de actividades de carácter interxeracional.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.1.13

Ribeira: sete agrupacións musicais e nove carrozas protagonizarán a Cabalgata de Reis

  • O Concello tamén informa dos emparellamentos para o torneo de tenis de Nadal que disputa esta fin de semana as finais

Media_httpfarm2static_xrurd

Ribeira, 4 de xaneiro de 2013- Mañá sábado terá lugar na cidade de Santa Uxía a tradicional Cabalgata de Reis, que unha vez máis agarda ser un acontecemento multitudinario. No desfile participarán sete agrupacións musicais e de animación da rúa con preto de 200 compoñentes, nove carrozas e o Spresso de Oriente con dous vagóns. Tamén desfilarán un total de 250 nenos e nenas con idades de 5 a 12 anos vestidos de estrelas, mouras, pastores, galleta de xenxibre, paxes verdes, amarelos e vermellos, e paxes reais.

1.200 quilos de caramelos

Como persoal de apoio asistirán 70 persoas, entre o monitorado para o reparto de 1.200 quilos de caramelos, protección lateral das carrozas, Protección Civil, Policía Local e membros da organización, ademais dun servizo especial de ambulancia medicalizada que acompañará todo o percorrido.

Os Reis Magos chegarán por mar á cidade a bordo dunha embarcación da Confraría de Pescadores San Pedro de Ribeira (desembarcarán no pantalán da caseta de Portos). Ás 17.30 horas comezará a cabalgata dende o recheo do Malecón, se ben previamente (ás 17 horas) haberá un pequeno pasarrúas de todos os nenos e agrupacións dende o Auditorio.

Ás 19 horas aproximadamente a comitiva chegará ao Concello, onde as Súas Maxestades serán recibidas polo alcalde. O percorrido incuirá o Malecón, a praza da Concordia, a rúa de Galicia, Romero Ortiz, Malecón, Rosalía de Castro, Concello, 9 de Agosto, Rosalía de Castro e Concello.

Sorteo de agasallos

Melchor, Gaspar e Baltasar terán ocasión de felicitar as festas aos veciños dende o balcón da Casa Consistorial: un acto que servirá tamén para celebrar o sorteo dos tres superagasallos aos que poden optar os nenos e nenas coas rifas que repartiu o Carteiro Real durante as súas visitas polas distintas parroquias do municipio. Os tres superagasallos serán outros tantos monopatíns con casco e proteccións que os nenos: un regalo ideal para estrear a pista recentemente instalada nas inmediacións da praza do Centenario. 

Despois de dirixirse á  veciñanza dende o Consistorio, haberá un espectáculo pirotécnico de luz e son dende as pérgolas da praza e lanzaranse 24 cañóns de serpentinas.

Noutros concellos:

A Pobra: Sae do peirao ás 18.00 horas. Percorren rúa Principal e xiran visita ao belén da Praza

Rianxo: chegan a cabalo ao porto ás 18:30. Visitan belén vivinte e rematan na praza de Castelao, diante do Concello, con tirada de caramelos sen gluten.

Noia: sae ás seis da tarde e fai o percorrido habitual

Dodro: sae ás 17:00 do polideportivo, vai polas parroquias e volta ao Concello, onde haberá agasallos e tamén chocolate con churros

Boiro: Sae ás 17:30 de Lampón, chega ás 19:00 ao concello (caramelos) e volta a Escarabote, ao peirao, onde hai misa ás dez da noite

OS TROFEOS DE TENIS DE NADAL CHEGAN ÁS FINAIS O DOMINGO NO PAVILLÓN DE COROSO

Este domingo 6 de Xaneiro vanse celebrar no Polideportivo de Santa Uxía (en Coroso) as finais dos Trofeos de Tenis do Nadal, organizados polas Concellerías de Deportes e Xuventude, en colaboración co Club de Tenis Punta Salera e a ACD As Miñoteiras.

O horario previsto das finais e o seguinte:

  •  
    • 16:00 Final xunior
    • 17:00 Final individual trofeo Miñoteiras, que disputarán o padronés Bustelo e Aitor Muñiz, este último a grata sorpresa do campionato. Claro favoritismo de Bustelo, que encabeza invicto a clasificación da primeira división da liga de inverno, mentres que Aitor Muñiz e 4º clasificado en segunda división.
    • 18:00 Final dobres trofeo Mirador de Padín: será disputado polas parellas Bustelo/Javier Camino e Jorge Oujo/Gustavo, partido que se presume moi igualado, xa que pasan por ser as mellores parellas do Circuíto Miñoteiras.
    • 19:00 Final Master Zonal, que disputan os mellores tenistas federados da comarca.

As tres primeiras finais serán ao mellor de 9 xogos, sendo a final master zonal ao mellor de tres sets. A entrega de premios farase o remate deste partido.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a Cabalgata de Reis, este sábado 5, remata con misa no peirao de Escarabote

Boiro_cabalgata_2013
https://twitter.com/Certo/status/286877065804922880

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: "Non vaias a Malta", por Javier Ferreirós

Fai uns días reencontreime cun vello amigo que volvía á casa polo Nadal. Fomos tomar algo e contoume que estivera o mes pasado en Malta. Malta, dixen nun suspiro, e conteille que unha vez me ofreceran un traballo moi ben pagado aló, que por circunstancias persoais non puiden aceptar, e que dende entón sempre me quedou o aquel de non poder pasar un tempo nese paraíso mediterráneo no que se goza de boa temperatura todo o ano e no que se fala inglés.

Ó meu contertulio, ribeirense residente en Madrid, veulle un sorriso retorto á boca. “Paraíso? Vouche contar eu como as gastan no Paraíso.”

A finais de novembro foi de vacacións a Malta cun par de amigos. Unha noite foron de troula e un deles, antes de cruzar a rúa, apoiouse coa man nun taxi aparcado. Fatal decisión. Ó instante apareceron sete ou oito taxistas dicindo que tiñan que pagarlles por danar o taxi, que se non lles cortaban o pescozo. Detrás deles apareceu a policía, e antes de que se deran conta, co meu amigo tentando poñer paz en inglés, xa estaban camiño do trullo. Detidos eles, non os taxistas. E non camiño da comisaría, non: da Penitenciaría de Malta, onde cumpren condena os criminais condenados do país. Alí mandáronlles entregar as súas pertenzas e espirse, mentres un dos gardas, no medio das risas dos seus compañeiros, poñía unha luva de látex. Non houbo exploración de orificios porque o rapaz de Ribeira, que era o único dos tres arrestados que falaba inglés, pelexou porque non a houbera, despois de que lles quitaran todo e lle romperan o móbil a un deles, perito de coches nunha aseguradora (que cousas ten o destino, ou o que sexa!). Ningún dos gardas se dirixiu a eles en inglés en ningún momento, cando era obvio que só se poderían entender a través desa lingua nunha situación na que era imperativo entenderse; os axentes utilizaron todo o tempo o idioma maltés para desconcerto dos detidos, que aínda non tiñan claro de que se lles acusaba.

Que foi o seguinte? Pasaren a noite no cárcere, o amigo ribeirense só nunha cela, sen saber ata cando. Sen que lle deran un vaso de auga cando o pediu. Por sorte, algúns españois residentes na illa, coñecidos dos detidos, agardaban fóra, protestando por semellante escándalo. Algún deles chamou ó cónsul español, que apareceu feito unha furia, demostrando que non era a primeira vez que isto pasaba ó berrarlle en inglés ós policías: “¿Outra vez? ¿Fixéstelo outra vez?”.( Namentres, na cela do lado, un preso cheo de tatuaxes cantaba, e, agora que todo pasou, a quen me conta isto dálle a risa porque aquilo semellaba unha escena que todos vimos no Príncipe de Bel-Air.)

Unha das traballadoras da embaixada española, procurando facer minimamente aturable a estancia dos detidos naquel burato no que tiñan que defecar nunha xerra, levoulles uns cafés, pero os gardas, pendentes do seu pequeno negocio de extorsión, non lle deixaron levárllelos. Xa se sabe, aquilo de “ó inimigo nin auga!”

Como rematou a cousa? Ó día seguinte os detidos firmaron uns papeis que garantían a súa liberdade a cambio de 1200 euros. Sen volta de folla nin ningún tipo de reclamación posible. Fixeron tal cousa guiados polo cónsul, xa que nin sequera el contaba con outra opción viable. Pagaron e marcharon, para gran festexo dos policías e en beneficio da Sociedade Mafiosa de Polis e Taxistas.  Unha vez fóra, entre os amigos españois que os agardaban había unha rapaza maltesa, da mesma panda, que non puido máis que mostrarse avergoñada polo funcionamento do seu país, propio dunha remota satrapía. Non hai que esquecer que Malta é membro da Unión Europea, esa do Premio Nobel da Paz que tanta ledicia nos trae. Ó parecer hai moito máis que os típicos furtos cos que se recibe ós turistas en moitas partes do mundo, en contra do que din en guías turísticas e outros escritos nos que venden a súa excelencia cuberta de sol. Fálase nesas guías de baixa delincuencia...supoño que porque non contan ós policías entre as filas dos delincuentes.

Por tocar un taxi, naquel paraíso mediterráneo tan preto de nós podes pasar o resto das tardes de sábado da túa vida dando voltas polo patio da Penitenciaría. E visto o visto, coido que non esaxero.

Por certo, xa se me quitaron as ganas de ir a Malta.

Anterior artigo de Javier Ferreirós:



Músico e historiador
Serie exclusiva para Certo coa análise
dos principais discos da música mundial
"Música por dentro"




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: preséntase hoxe "Extramunde", premio Xerais de Novela de 2011

La_foto

  • O autor, Xabier Queipo, estará acompañado por Xavier Alcalá e Ciprián Rivas
  • Hoxe, venres 4 de xaneiro, ás 20 horas no Ateneo Valle Inclán

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical