22.1.13

Ribeira: pasarelas e bolardos impedirán que os vehículos estraguen as dunas de A Catía

Ribeira, 22 de xaneiro de 2013- Unha principais actuacións incluídas dentro do proxecto de rexeneración ambiental do sistema dunar da praia de A Catía (na parroquia de Aguiño) está en fase de concluír: a da instalación das pasarelas de madeira coa dobre finalidade de impedir, por unha parte, o estacionamento de vehículos enriba do vizoso cordón dunar (práctica que estaba redundando no seu deterioro) e de facilitar, por outra, os accesos dos viandantes ao areal.

 

En total, instaláronse uns 600 metros de pasarelas: tres nas inmediacións da rúa Andrés Torres Queiruga (unha en sentido lonxitudinal a este vial e dous en sentido transversal que conducen directamente á praia), unha preto da rúa da Rabuda e unha quinta no entorno do río Listres para facilitar o acceso á Catía dende a estrada xeral, no punto xusto que en que se unen as parroquias de Aguiño e Castiñeiras. Esta última inclúe unha pequena ponte sobre o río.

Ademais, o punto de acceso ao areal e dunas de A Catía dende rúa da Rabuda queda imposibilitado aos vehículos mediante a colocación de bolardos de pedra granítica ancorados ao terreo.

Ademais de darlle os últimos retoques á colocación de pasarelas, a empresa adxudicataria (Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A.) está a proseguir coa obra proxectada mediante outras accións dirixidas á habilitar espazos de aparcamento en zonas próximas ao sistema dunar. O conxunto da actuación ten un importe de 136.922,04 euros.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a aula Cemit do Concello únese a "Miradas de Muller", da Axencia de Modernización Tecnolóxica

  • A xornada presencial terá lugar o Día de San Valentín, o xoves 14 de febreiro
  • Consiste en formar e autoempregar no eido da fotografía a mulleres en dificultades profesionais


Imaxe dunha expo de Acción contra el Hambre na que había unha iniciativa semellante

Noia, 22 de xaneiro de 2013. A Concellería de Igualdade e Benestar informou hoxe de que a aula CeMit do Concello de Noia participará ao longo do ano 2013 na iniciativa “Miradas de Muller”. Dita iniciativa ten como finalidade ofrecer formación e solucións de autoemprego para mulleres con dificultades de desenvolvemento profesional, para a súa incorporación no mundo empresarial utilizando servizos dixitais no campo da fotografía.

As mulleres participantes na iniciativa terán acceso a unha serie de servizos como son: a consultoría, formación e difusión da súa obra no eido da fotografía, dispor dun banco de imaxes propio, servizo de autoemprego e ofertas de traballo relacionadas coa fotografía dixital, rexistro da propiedade intelectual e artística, soporte e asesoramento técnico e un concurso de fotografía a través do cal a través do concurso darase publicidade ás creacións das usuarias e axudaralles a promover os seus negocios.

No Concello de Noia a xornada presencial terá lugar na aula CeMit (antigo casino) o día 14 de febreiro das 16:00 ás 20:00 h. mediante o sistema de videoconferencia na que se presentará a plataforma, ademáis desenvolverase unha charla de emprendemento no campo da fotografía dixital e contarase coa participación dunha fotógrafa de referencia para que transmita a súa experiencia.

INSCRICIÓNS

Hai que rexistrarse como usuaria da aula CeMit do Concello de Noia e solicitar a adhesión á iniciativa.

As persoas interesadas terán que facelo antes do 28 de xaneiro.

Poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais na rúa do Curro, 4 (981828011, David) ou ben dirixirse á Concellería de Igualdade e Benestar no Concello Noia na rúa Rosalía de Castro, s/n, segundo andar. (981842100, Agapito).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: bases de oitava Gala do Deporte, que se vai celebrar o venres 1 de marzo


A anterior Gala do Deporte tivo lugar o 25 de febreiro de 2012

BASES DA VIII GALA DO DEPORTE

 

  1. Valoraranse os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2012.

 

  1. Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse os seguintes apartados:
    1. Mellor Deportista Masculino
    2. Mellor Deportista Feminina
    3. Mellor Deportista Masculino Discapacitado
    4. Mellor Deportista Feminina Discapacitada
    5. Deportista Revelación Masculino (sub 18)
    6. Deportista Revelación Feminina (sub 18)
    7. Mellor Equipo Masculino
    8. Mellor Equipo Feminino
    9. Mellor Adestrador
    10. Mellor Xuíz/Árbitro
    11. Mellor Evento Deportivo
    12. Mellor Club Educativo na Promoción do Deporte Escolar
    13. Mellor Entidade na promoción do Deporte Base e Deporte Para todos
    14. Mellor Club Local
    15. Mencións Especiais
    16. Patrocinio Deportivo
    17. Mellor Labor Informativo
    18. Galardón especial ao labor investigador.

 

  1. Para poder optar os premios dos apartados A, B, C, D, E e F, deberase ser un deportista nacido en Ribeira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2010.

 

  1. O xurado estará composto polo Concelleiro Delegado de Deportes, e catro vocais máis elixidos por este, entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas o deporte local.

 

  1. Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida a súa labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde casqueira ámbito de actuación.

 

  1. Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o xoves 7 de febreiro  de 2013, mediante presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ó Sr. Alcalde do Concello de Ribeira, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com .

 

  1. A relación de nominados farase pública o día 15 de febreiro do 2013.

 

  1. A Gala do Deporte 2012 celebrarase no Auditorio Municipal de Ribeira o día 1 de marzo do 2013.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Liceo Marítimo acolle o mércores 6 de febreiro un obradoiro sobre coidadores e dó

Porto do Son: organizan un obradoiro para aprender a manexar o teléfono móbil e outro de danza

  • O de danza é só para mulleres
  • O de manexo do teléfono custa 10 euros

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.1.13

Boiro: este venres 25, II Encontro de Música e Baile Tradicional

Audiovisual: só se atopan vídeos de Ribeira e Noia no arquivo en Internet do NO-DO

Ribeira: o Concello estudará xunto cos donos de comercios nas rúas peonís como relanzar a súa actividade

  • Convocouse unha reunión para este xoves, 24 de xaneiro, ás 21 horas no salón de plenos
Media_httpfarm3static_gimch

A rúa Galicia é unha das recentes peonís da cidade

Ribeira, 21 de xaneiro de 2013.- Unha das prioridades nas que está a traballar o Goberno Local é "a dinamización e potenciación do tecido comercial do municipio", explicaba hoxe en nota de prensa o Concello.

Sobre esta premisa aséntase a reunión que vén de convocar o Executivo do Concello coa Asociación de Empresarios e cos comerciantes da zona peonil da cidade (rúas Galicia, Santa Uxía, Manuel Lustres Rivas, etc...): unha reunión que ten como obxectivo alcanzar entre todos fórmulas que redunden na posta en valor dos establecementos, nunha atención de calidade e personalizada e, consecuentemente con todo isto, nun maior número de clientes e vendas ao longo do ano.

Entre os puntos que se van tratar na xuntanza figuran a dotación de novos servizos que lles faciliten as súas compras aos clientes e usuarios dos establecementos ou unha regularización axeitada dos espazos e horarios en áreas peonís.

A reunión terá lugar o próximo xoves, 24 de xaneiro, ás 21 horas no salón de plenos do Consistorio.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: actividades previstas pola asociación veciñal "Virxe dos Remedios" ata xullo de 2013

Media_httpfarm3static_hdeec

Sábado 26 de xaneiro:
dúas conferencias con coloquio de educación sanitaria e alimentación saudable ofrecidas pola Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia:
  • . Santiago Carro Varela falará sobre "El arte de comer: cómo mantenerse esbelto y saludable"
  • . José Carro Otero farao sobre " Obesidad: un mal a combatir en nuestros tiempos"

Santiago Carro é experto nutricionista e excampeón de culturismo namentres que José Carro é o Presidente da R.A. de Medicina e Ciruxía de Galicia.

Estas conferencias serán ofrecidas a tódolos mozos e maiores das familias asociadas, entre as 18:00 e as 20:00 horas no local social da AA/VV.

Domingo 3 de febreiro:
excursión á estación de esquí de Cabeza de Manzaneda (Ourense). Trátase dunha nova edición, a quinta, desta xa tradicional excursión de inverno.

Media_httpfarm4static_bgmsn

Domingo 17 de marzo:
visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia.

Media_httpfarm9static_wjaaj

Domingo 14 de abril:
visita guiada e visionado dun documental nas instalacións restauradas do poboado mineiro de San Finx, en Lousame.

Mércores 1 de maio:
excursión a Barcelos, Portugal, para presenciar a Festa das Flores.

Media_httpfarm3static_uhbfy

Domingo 7 de xullo:
excursión de verán na que se repetirá a do verán 2012, con algunhas modificacións no itinerario. Visitarase a Mariña luguesa, reducindo o percorrido e aumentando o tempo de estancia na praia das Catedrais.

Ademais desta oferta cultural contarán cun concerto musical nunha data aínda por concretar, manterase a oferta de cursos públicos e privados que hai na actualidade: bailoterapia (luns), bolillo (martes), manualidades (mércores), aeróbic (xoves), baile latino (sábados) e iniciarán un obradoiro de memoria financiado polo concello no mes de febreiro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o Psoe presenta a "oficina do concelleiro" para atender á veciñanza

  • A agrupación socialista boirense quere "dar todas as facilidades posibles a veciños e veciñas de Boiro para que poidan estar en contacto con nós"
Media_httpfarm9static_ezqay

Boiro, 21 de xaneiro de 2013. Esta mañá foi presentada na sede do Psoe de Boiro a "Oficina do Concelleiro". Dende hoxe anuncian que estarán todos os luns dende as 17,30h. ata as 20h. na sede sita na Avenida da Constitución, 75 Entrechan B, para recibir e atender os veciños e veciñas "que precisen da nosa axuda en temas relacionados co noso Concello así como para calquera trámite burocrático".

Segundo explican os socialistas de Boiro, cuxo portavoz é Jorge Campaña, "esta executiva aposta de forma clara polo contacto directo cos todos os estamentos da sociedade boirense. Dende xa, vamos a traballar de forma conxunta con aqueles colectivos que así o desexen, tendo o primeiro encontro a vindeira semana cas ANPAS do noso municipio. Como sabemos, o sector educativo é dos máis castigados polos recortes do PP, por eso consideramos prioritaria esta xuntanza. O novo partido Socialista boirense pretende estar ao carón da xente, coñecer de primeira man os seus problemas e preocupacións, pero tamén, as súas ideas e posibles aportacións en prol dunha sociedade máis xusta e equitativa. Deste xeito cremos que conseguiremos minimizar o impacto que está a ter a crise nos boirenses. Os socialistas de Boiro non entendemos a política doutro xeito que non sexa a cercanía cas persoas, pero non só amosándolle a nosa empatía e comprensión, senón tamén, poñendo á súa disposicíón todas as ferramentas ao noso alcance, como poden ser, asesoramento xurídico, urbanístico, etc".

Sinalan que "dende logo o que temos claro é que os socialistas boirenses temos que camiñar na senda de contar coa opinión e ideas dos veciños e veciñas boirenses. De aí a importancia da creación desta oficina, o noso lema a partires de agora vai a ser: ESCOITAR, INFORMAR, PROPOÑER E CONSENSUAR, levando esto ata as últimas consecuencias porque cremos que é o único camiño para facer as cousas ben, mirando sempre polo interese xeral de todos os boirenses. En concordancia con este xeito de facer política dos socialistas boirenses, queremos lembrar que estaremos na nosa sede, a casa do pobo, todas as tardes da semana a partir das 8, exceptuando o lúns que será a partir das 5 e os sábados de 11 a 13h., atendendo aos boirenses no que precisen".

PROXECTO DE BOIRO A LONGO PRAZO

Tamén sinalaron na roda de prensa que ata os inicios de 2015 os diversos militantes socialistas de Boiro van elaborar "un proxecto do Boiro que queremos a longo prazo. Este proxecto será presentado ós cidadáns nas eleccións municipais, pero non será un mero
programa electoral, senón un proxecto de futuro, un texto no que se vexa plasmado un Boiro sostible, un Boiro moderno, dinámico, áxil e adaptable a este mundo tan cambiante no que nos atopamos. Xa é hora que nós, os socialistas, fagamos política proactiva, adiantándonos ós acontecementos, sen ter que lamentarnos despois das consecuencias de non ter tomado decisións en tempo e forma".
Para elaborar ese proxecto convidan á veciñanza e diversos colectivos de Boiro a que participen. "Necesitamos as súas aportacións, ideas, críticas e opinións. Este ten que ser un proxecto consensuado polo maior número de xente posible, sen discriminar nin deixar de
lado a ninguén.Para este mes que entra, comenzaremos xornadas temáticas de economía, urbanismo, emprego, servizos sociais, etc., en definitiva, de tódolos temas que abranguen a vida dun municipio como o boirense. Nestas xornadas estamos seguros que sairán ideas para plasmar no proxecto. A estes foros estarán presentes cargos socialistas representativos a todos os niveis para aportar a
súa experiencia e tamén escoitar os veciños e veciñas boirenses. Por suposto, podrán asisitir todas aquelas persoas que así o desexen, que de feito, é o obxetivo primordial".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical