25.1.13

Ribeira: obras en Palmeira para arranxar a rúa Esteirón e comezo do amaño de Caticovas

 

Ribeira, 25 de xaneiro de 2013.- O Concello informou onte das actuacións que, co obxectivo de renovar a pavimentación ou servizos en diversas rúas da parroquia de Palmeira, ten activado o goberno local nestas últimas datas. Unha das vías obxecto de mellora é a rúa Esteirón, que descorre paralela á rúa da Corna (case no límite xa co termo municipal de A Pobra), cuxas obras preliminares acaban de dar inicio por parte de Construcciones Figueiras Vixán, S.L.: adxudicataria da mesma por un importe de 102.564,11 euros e un prazo de execución de tres meses.

A rúa Esteirón atópase actualmente bastante deteriorada. O seu firme está formado por unha capa de formigón que se foi danando polas sucesivas reparacións que ao longo do tempo se realizaron nos servizos da zona. Ademais, o colector de saneamento existente está feito de formigón, non existe rede separativa de alcantarillado (pluviais e fecais descorren por un único colector) e as tubaxes da rede de abastecemento son de fibrocemento.

En consecuencia, a actuación que se vai realizar contempla a substitución da tubaxe de auga existente por outras de polietileno de alta densidade. Renovaranse as acometidas existentes, dispoñendo todas as chaves e válvulas que sexan necesarias. 

Ademais, instalarase polo centro da calzada un colector de PVC liso para o saneamento de fecais e un colector de PVC corrugado para pluviais. Nas liñas de fecais se construirán pozos de rexistro cada 30 ou 35 metros e  en todas as conexións con colectores existentes. Tamén se reporán as acometidas domiciliarias con tubaxes de PVC liso. Nas liñas de pluviais colocaranse arquetas sumidoiro e disporanse acometidas de pluviais. En canto á pavimentación, empregarase unha mestura bituminosa en quente tipo D-12 de oito centímetros de espesor.

 

Pedra da Aiga e Caticovas

Por outra parte, hai que recordar outras actuacións de corte similar que xa están en marcha, como a de Pedra da Aiga, que está sendo acometida pola empresa Construcciones Pazo de Axeitos, S.L. por un importe de  44.740,88 euros. Alí se ten previsto instalar unha rede de drenaxe de pluviais de nova creación, ademais de renovar os servizos de auga potable e saneamento. Unha vez rematadas estas accións, a rúa será pavimentada con adoquín prefabricado de formigón.

 

Outra obra que xa está a piques de rematar é a de Caticovas, a cargo da empresa SYR-AMG, S.L, por un importe de 79.259,23 euros. Xa foron renovados os servizos urbanos de auga, saneamento e pluviais e unicamente queda estender o novo pavimento consistente nunha mestura bituminosa en quente, proporcionando un acabado acorde co entorno no que se desenvolven os traballos.

 

Lombas e esplanada portuaria

Por outro lado, no vindeiro febreiro está previsto que comecen outra actuación en Lombas, preto da ubicación da subestación eléctrica de Fenosa. A empresa Río Sieira, S.L., será a que execute a obra por un importe de 118.916,23 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de tres meses.

Instalaranse servizos urbanísticos básicos de alcantarillado e auga potable (dos que actualmente carecen) e despois será reposto o pavimento asfáltico. 

Finalmente, cabe lembrar a aprobación a semana pasada do POS 2012, que inclúe a pavimentación con adoquín de formigon da esplanada portuaria. Empregaranse unhas tonalidades gris e verde, que se colocarán sobre unha capa de morteiro de cemento estendida enriba dunha soleira de formigón. O orzamento da obra ascende a 110.806,94 euros e o prazo de execución é de dous meses.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello promociona a cultura urbana con exhibicións de breakdance

  • Foi no IES Número 1, con máis dun cento de rapaces observando
  • Hai dez vacantes na Escola Municipal de BreakDance

 

Ribeira, 25 de xaneiro de 2013.- Máis dun cento de alumnos e alumnas do IES Número 1 contemplaron esta mañá a exhibición de breakdance que, a iniciativa da Concellería de Xuventude, ofreceron catro integrantes da Asociación Vella Escola de Noia no pavillón de deportes deste centro educativo.

 

A acción incardínase dentro do obxectivo municipal de promocionar a cultura urbana entre a mocidade a través da realización de cursos e outras accións. Precisamente, a exhibición de hoxe tivo como fin dar a coñecer e animar aos mozos do instituto a que se apunten na Ecola Municipal de Breakdance que terá lugar presumiblemente a partir do mes de febreiro na Casa da Xuventude. O prazo de preinscrición xa está aberto e hai dez prazas vacantes.

Tamén se celebrará en próximas datas un curso de grafitti no que os interesados xa se poden anotar.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do pleno ordinario do luns 28 de xaneiro

Pleno xaneiro.doc Download this file




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Toñito de Poi presenta o seu novo disco-libro "O soro da verdade" o venres 1 de febreiro

Tonito_amazonia_ateneo

  • No Ateneo, da man do ex-Tonecho Roberto Vilar

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: aberta de novo ao tráfico a ponte, tralas obras de saneamento da Xunta

  • A Consellería de Medio Ambiente sinala que a axilización do traballo realizado polos operarios da empresa adxudicataria, a pesar da situación meteorolóxica, permitiron finalizar as obras antes de tempo, un día antes

  • A ponte quedou aberta totalmente ao tráfico a primeira hora desta mañá, tras conectar o novo colector do malecón Gasset co colector do malecón de Cadarso

 

Noia, 25 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, rematou hoxe as obra de instalación das novas conducións de saneamento da ponte Campo de Noia un día antes do prazo previsto. A ponte quedou aberta totalmente ao tráfico dende primeira hora desta mañá.

Dende a Xunta de Galicia destacan que o cumprimento deste prazo foi grazas ao traballo realizado polos operarios e técnicos da construtora adxudicataria desta actuación e da dirección das obras por parte de Augas de Galicia, que traballaron con esforzo e determinación a pesar da situación climatolóxica adversa. O seu labor permitiu minimizar a afección ao tráfico, xa que durante a execución dos traballos foi necesario cerrar ao tráfico a estrada Cee- Ribeira, AC-550, á altura do quilómetro 73 no núcleo de Noia.

Esta parte das obras da rede de colectores xerais en Noia consistiron en conectar o novo colector do malecón Gasset co novo colector do malecón de Cadarso, ambos xa executados, o que permitirá que as augas residuais da zona sur de Noia poidan por primeira vez tratarse na estación depuradora. Tamén se aproveitou o corte para grampar un tubo de impulsión á ponte. Este grampado non só non interferiu cos traballos de colocación do tubo de PVC, senón que aforraron outro corte posterior da ponte.

A finalidade xeral destes traballos é mellorar as condicións de funcionamento da rede de saneamento de Noia, logrando así o saneamento e depuración das verteduras, evitándoas á ría de Noia. O investimento desta actuación aportado pola Xunta de Galicia elévase a 3.910.070,23 euros e beneficiará aos máis de 23.000 veciños de Noia, e incidirá especialmente na mellora da calidade das augas da ría.

Antes, en Certo:


Noia: ata o 19 de abril para presentarse ao certame de relatos "Antón Avilés de Taramancos". Bases.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello quítalle ferro ao problema do gas radón. "Non sucede nada que non viñera sucedendo dende sempre"

Media_httpfarm5static_efbws

Vista de Dodro dende o Pazo de Hermida

Dodro, 25 de xaneiro de 2013. Segundo explica hoxe en nota de prensa o goberno local do PP de Dodro, o pasado mércores día 23 de xaneiro, o alcalde, Valentin Alfonsín, mantivo unha reunión co especialista en epidemioloxía Juan Barros, un dos responsables do estudo da Universidade de Santiago de Compostela sobre o gas radón en Galicia.

"Como conclusión principal do encontro, cabe dicir que en principio non hai motivo algún que motive unha especial preocupación polos efectos do gas radón no Concello de Dodro, pois non sucede nada que non viñera sucedendo dende sempre (sic).  A exposición ao gas radón que resulta do estudo realizado, equivale á metade da dose que unha persoa normal non debería sobrepasar no período dun ano. Tamén debemos sinalar, que de acordo coa información aportada polo mencionado especialista, a metade da radiación que recibimos é de orixe absolutamente natural", sinala, o goberno local.

O goberno do Concello de Dodro, coa fin de facilitar a maior información posible ao respecto, dispuxo a inclusión na páxina principal da web do concello dun informe da USC de novembro de 2010 con medidas preventivas, e na sección alcaldía-actualidade dun enlace con acceso á información sobre o gas radón e sobre as posibles medidas a adoptar nos inmobles para evitar os efectos do mencionado gas, información toda esta elaborada polo departamento de Medicina Preventiva.

Detector e medidor dispoñible para os interesados

Ademais, para todas aquelas persoas interesadas, o mencionado departamento de Medicina da USC pon a disposición de quen o desexe, un sistema que permite determinar a presenza de gas radón e a elaboración dun informe das medicións resultantes.

Outro dos aspectos tratados na reunión cos especialistas de Medicina Preventiva foi referente aos posibles efectos sobre a saúde das antenas de telefonía móbil. Segundo os estudos realizados, non hai constancia de que a emisión de ondas de ditas antenas sexan perxudiciais para a saúde humana, contrariamente ao que moita xente cre.


Se desexa baixar a información que colgou o Concello de Dodro para previrse contra o gas radón no seu web, aquí

Antes, en Certo:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.1.13

Noia: presentado e convocado o XII certame "Antón Avilés de Taramancos" de relato de aventuras

certamen.pdf Download this file

  • Pídense entre 70.000 e 100.000 caracteres en galego
  • O prazo para presentalos remata o 19 de abril
  • Premio único de 3.000 euros, con escultura de Alfonso Costa e publicación da obra
  • O fallo do xurado darase a coñecer o venres 24 de maio


Se quere ver o cartel no seu tamaño orixinal, prema aquí


Noia, xoves 24 de xaneiro de 2013. Esta mañá, ás 12:30 horas, tivo lugar a presentación, ante os medios de comunicación, do XII Certame Literario "Relato de Aventuras" Antón Avilés de Taramancos" na casa da Cultura de Noia.


Estiveron o concelleiro de Cultura, Javier Rodríguez Vieites, e Xavier Castro Rodríguez, profesor e co-director da revista "Casa da Gramática" do IES "Virxe do Mar" de Noia, ambos representando ao Concello e á revista, como coorganizadores. Tamén colabora a Deputación da Coruña.

Interésalle saber quen o gañou o ano pasado? Entrevistámolo!


Xosé Alfredo Naz, de Vigo, co título "O sorriso de Hitler"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: Axóuxere anuncia a convocatoria para a súa Residencia de Escritores deste verán 2013

  

Axóuxere Editora é un proxecto baseado
na resistencia creativa e no traballo comunitario

Se non ves correctamente esta mensaxe preme aquí.

Transcorreu medio ano dende que, o pasado verán, puxemos en marcha a Residencia de Escritores e Escritoras de Axóuxere. Achegáronse  persoas de diferentes procedencias e caracteres, e con elas compartimos vida, creación e anceios. Convencid@s de que a senda aberta enriquece a tod@s, mantemos as velas despregadas e, a través desta Convocatoria para os meses do Verán 2013, invocamos aos ventos para dar pulo a esta nave. Tod@s @s que esteades interesad@s atoparedes a información precisa nas ligazóns a rodapé.

*

Transcorreu meio ano desde que, o passado verão, pusemos em marcha a Residência de Escritores e Escritoras da Axóuxere. Achegaram-se pessoas de diferentes procedências e carateres, e com elas compartilhamos vida, criação e anseios. Convencid@s de que a senda aberta enriquece a tod@as, mantemos as velas despregadas e, através desta Convocatória para os meses do Verão 2013, invocamos os ventos para dar pulo a esta nave. Tod@s @s que esteis interessad@s encontrareis a informação precisa nas ligações a rodopé.

*

Transcurrió medio año desde que, el pasado verano, pusimos en marcha la Residencia de Escritores y Escritoras de Axóuxere. Se acercaron personas de diferentes procedencias y caracteres, y con ellas compartimos vida, creación e inquietudes. Convencid@s de que la senda abierta enriquece a tod@s, mantenemos las velas desplegadas y, a través de esta Convocatoria para los meses del Verano 2013, invocamos a los vientos para dar impulso a esta nave. Tod@s l@s que estéis interesad@s encontraréis la información adecuada en los enlaces al pie.

*

It's half a year since, this past summer, we launched the Writers' Residence of Axóuxere. People from different backgrounds and characters approached residence, and share life, creation and aims. Convinced that the path opened enriches all, we maintain sails unfolded, and through this Call for Proposals, Summer 2013, we invoke the winds to give impetus to this ship. All who are interested will find the necessary information on the links at the bottom.


*


Descargar Convocatoria Verán 2013
Galego Ilg
Galego-Português
Español
English

Descargar Bíos Residentes Inverno 2013
Galego Ilg
Galego-Português
Español




Antes, en Certo:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Achuchar" organiza unha charla sobre a importancia dos aloumiños o martes 29 de xaneiro

Cartel_el_poder_de_las_caricia

Ribeira, 24 de xaneiro de 2013. A asociación pro lactancia materna "Achuchar", de Ribeira, organiza o vindeiro martes, 29 de xaneiro, unha charla coloquio co doutor Adolfo Gómez Papí, que é pediatra e neonatólogo do Juan XXIII de Tarragona e integrante do comité de lactancia materna da Asociación Española de Pediatría. Falará do tema do seu libro "El poder de las caricias", sobre a necesidade dos aloumiños nos máis pequenos.

A charla é de balde e será ás 17:30 no salón de actos da Casa do Mar de Ribeira, ao pé do centro de saúde. Poden ir nenas e nenos.

Obradoiro de masaxe

Ademais, "Achuchar" organiza, xa o sábado 2 de febreiro, un obradoiro de masaxe infantil "Shantala", que vai impartir Francisco Portela, masaxista aiurvédico, para aprender a darlle masaxes aos bebés. Hai que anotarse antes, pero tamén é unha actividade gratuita. O número de teléfono para inscribirse é 699443547. Será pola tarde, de catro a oito, na rúa Nove de Agosto, número 97C Baixo K de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son e Noia: haberá autobús para ir á manifestación de "Queremos galego" este domingo en Compostela

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical