2.2.13

Sociedade: os avogados do Concello de Rianxo e empresas de Barbanza colaboran con "STOP DESAHUCIOS"

Barbanza, 2 de febreiro de 2013. Seguen as mostras de solidaridade e os apoios explícitos de persoas a título particular e de institucións, como Concellos, á labor social da plataforma "Stop Desafiuzamentos" de Barbanza, que procura dar asistencia legal e mesmo material a familias en risco de exclusión social debido á execución de desaloxos de vivendas por parte de entidades bancarias.


  COMUNICADO PÚBLICO:

 
  Desde el Ayuntamiento de Rianxo hay una colaboración directa con la Plataforma "Stop Desahucios" del Barbanza y por este motivo, el alcalde, D. Adolfo Muiños, ha puesto los abogados del Concello a disposición de las familias afectadas de la localidad por procedimientos de ejecuciones hipotecarias. En este sentido se va a proceder, en los próximos días, a recurrir un auto del Juagado número 5 de Santiago contra el embargo de bienes muebles (cuentas corrientes y libretas de ahorro ) de una familia afectada, que además se encuentra en una situación de especial vulnerabilidad.
 
 Por otra parte varias empresas de la localidad de Riveira, "Electromésticos Sampedro/ Milar" e Ignacio González Montes", han colaborado con la Plataforma "Stop Desahucios" con la entrega de varios aparatos electrodomésticos y diversos palés de latas de conservas para las familias afectadas y en riesgo de exclusión social. La Plataforma agradece la labor desinteresada de todas estas empresas privadas, en estos momentos de dificultad para decenas de familias de al zona.
 
  Plataforma "Stop Desahucios"

Antes, en Certo:



 
 
    

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ensino: entregan máis de seis mil sinaturas de toda Barbanza contra a nova lei de Educación do ministro peor valorado da democracia

  • Foi esta mañá no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira

Comunicado da Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza:


Esta Asemblea, aberta e participada por toda a comunidade educativa, leva mobilizándose dende o pasado curso con actividades de información e coordinación en todos os centros de ensino da bisbarra para poñer en evidencia o que é un sistemático recorte do dereito ao ensino público nos últimos anos, da súa calidade e da súa gratuidade. Tralo éxito da xornada de folga do pasado mes de Outubro a Asemblea desenvolveu unha campaña de recollida de sinaturas como canle da expresión de apoio das familias no rexeitamento do modelo educativo que se pretende coa nova lei de educación (LOMCE), así como da súa determinación de evitar a destrución do Ensino Público.

Esta iniciativa estendeuse aos centros da bisbarra e permitiu a activación e coordinación dos sectores que integran a comunidade educativa, alumnos/as, pais/nais e profesorado en torno a ese obxectivo común de non querer retroceder na conquista que supón a educación de todos e para todos; a Educación Pública. Nun primeiro momento a campaña de recollida de sinaturas desenvolveuse parella coa que a nivel do estado promoveu a CEAPA, remitindo centros as súas sinaturas a esta Confederación; para, a partir de xaneiro, intensificar esta recollida, cuxo froito é o motivo deste acto da Asemblea en defensa do ensino da Barbanza. 

O resultado manifesto deste empeño é  a entrega que no día de hoxe faise de máis de 6.000 sinaturas por parte de representantes de ANPAS dos centros de Boiro, Pobra, Rianxo e Ribeira, acompañados pola Presidenta da CEAPA de Galicia.

Esta Asemblea continuará a desenvolver iniciativas en favor da defensa e dereito ao Ensino Público, denunciando a diminución de recursos educativos e as súas consecuencias na formación real e integral dos nosos mozos e mozas, así como promovendo unha retirada do proxecto de reforma da LOE denominado LOMCE que pretende impoñerse ás costas da comunidade educativa.

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: as lagoas de San Pedro de Muro (Porto do Son) e Corrubedo e Vixán (Ribeira), zonas sensibles no Plan Hidrolóxico Galicia-Costa

  • En base a esta distinción multiplícanse por 10 as zonas sensibles, entre as que se encontran rías, humidais e encoros
  • Ademais das citadas, as lagoas que reciben este recoñecemento son: Frouxeira, Baldaio, Carnota- Caldebarcos, Bodeiro, Doniños e Sobrado dos Monxes
  • Na demarcación hidrográfica de Galicia-Costa localízanse varios espazos naturais de interese protexidos baixo as distintas categorías como: catro humidais de importancia internacional (RAMSAR); dúas reservas da bioesfera (Programa MAB da UNESCO); e unha reserva mariña internacional (OSPAR)


Barbanza, 2 de febreiro de 2013.- O Plan Hidrolóxico Galicia- Costa, que aprobou a Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia, recoñece como zonas sensibles nove lagoas. Os humidais representan un gran valor socioeconómico, cultural e científico, e a súa perda sería irreparable. Os humidais proporcionan servizos ecosistémicos esenciais, mesmo mediante a súa función de regulación e abastecemento de auga.

Augas de Galicia fixo unha revisión das zonas declaradas como sensibles, de xeito que das actuais dúas zonas sensibles declaradas ata o momento se sumarán unhas 20 máis, das cales nove son humidais. Así, multiplícase por 10 as zonas declaradas como sensibles. Estas distincións xorden do estudo minucioso das masas de auga que se fixo coa redacción do Plan Hidrolóxico, que puxo de relevo a importancia e o estado ecolóxico destas zonas.


Os nove humidais que son novas zonas sensibles:
- Lagoa da Frouxeira (metida nunha enorme polémica denunciada por Adega)
- Lagoa de Baldaio
- Lagoa de Carnota- Caldebarcos
- Lagoa de Corrubedo (Artes- Carregal) RIBEIRA
- Lagoa de Bodeiro
- Lagoa de Vixán RIBEIRA
- Lagoa de San Pedro de Muro PORTO DO SON
- Lagoa de Doniños
- Lagoa de Sobrado dos Monxes

Compre destacar que, na actualidade, atópanse entre os ambientes máis ameazados por causa da drenaxe, a contaminación e a sobreexplotación dos seus recursos.

Esta figura de protección, regulada na Directiva 91/271/CEE, implica unha maior restrición de vertidos de augas residuais, tanto a estas zonas como aos cursos de auga que desemboquen nas mesmas. Con esta designación avógase pola redución, ou incluso a prohibición cando así sexa necesario, do aporte externo de nutrientes que podería incidir de xeito negativo no funcionamento destes espazos naturais.

Bacía Galicia-Costa
Por outro lado, en base a diferentes convenios e acordos internacionais subscritos polo Goberno de España, no dominio territorial da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa localízanse varios espazos naturais de interese protexidos baixo as seguintes categorías:

- 4 humidais de importancia internacional (RAMSAR).
- 2 reservas da bioesfera (Programa MAB da UNESCO).
- 1 reserva mariña internacional (OSPAR).

No ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa localízanse 4 humidais declarados de importancia internacional en base ao Convenio RAMSAR de 2 de febreiro de 1971. No seu conxunto, estas zonas húmidas ocupan unha superficie total duns 70,93 km e atópanse reguladas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia polo Decreto 127/2008, de 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e créase o Inventario de humidais de Galicia:

- Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo, 9.83 km2
- Complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Laguna Bodeiro, 26.00 km2
- Lagoa e areal de Valdoviño, 4.85 km2
- Rías de Ortigueira e Ladrido, 30.25 km2

Día Mundial dos Humidais
Hoxe, 2 de febreiro, celébrase o Día Mundial dos Humidais para conmemorar a data na que se adoptou a Convención sobre os Humidais, o 2 de febreiro de 1971. Desde 1997, veñen celebrándose actos e actividades encamiñados a aumentar a sensibilización do público en xeral acerca dos valores dos humidais e os beneficios que reportan en xeral e a Convención de Ramsar en concreto.

Galicia conta con cinco humidais declarados como Sitio Ramsar que suman un total de 7.698 ha.: Ría de Ribadeo, Ría de Ortigueira e Ladrido, Lagoa e areal de Valdoviño, Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo e Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: programa completo de Entroido

PROGRAMA

VENRES 8 DE FEBREIRO

  • de BOIS BITUINDETRIS 2013

Enfúndate na pel dun grupo ou artista e preséntate a III Edición do Certame

Inscricións no Tfno 693 778 470 ou a través do facebook http://facebook.com/asociacionFAP

HORA: 22.00 h.

LUGAR: Centro Cultural de Taragoña

ORGANIZA: Asociación Festival Antrospinos

 

SÁBADO 9 DE FEBREIRO

  • FESTA DE ENTROIDO DA ANPA “OS GUDIÑOS”

Aberta a todas as persoas interesadas en participar. Xogos e concurso de disfraces para nenos/as e adultos

HORA: 17.00 h

LUGAR: Patio do CEIP ADR Castelao

ORGANIZA: ANPA “Os Gudiños” do CEIP ADR Castelao de Rianxo

  • FESTA DE ENTROIDO NO ARAÑO

Concurso de disfraces (infantil e adulto), degustación de productos típicos do entroido, xogos e animación musical.

HORA: a partir das 17.30 h

LUGAR: Centro Sociocultural do Araño

ORGANIZA: Asociación de veciños do Araño

DOMINGO 10 DE FEBREIRO

  • GRAN FESTA DE ENTROIDO

HORA: a partir das 14.00 h. Xantar de Entroido (orella, chourizos, churrasco, polo, ... regado con viño país. Viño + ración a 5 €. Orellas e filloas de balde). Concursos de disfraces (17.00 h -nenos e 19.00 h -adultos) e posterior baile.

LUGAR: Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

ORGANIZA: Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

  • CERTAME DE CARROZAS - TARAGOÑA

Haberá premios en metálico para as tres mellores carrozas. Obradoiros de Maquillaxe artística, globoflexia e Complementos de Entroido

HORA: 17.30 h

LUGAR: Campo de Pasos - Taragoña

ORGANIZA: Peña Cicloturista Castro Barbudo

 

LUNS 11 DE FEBREIRO

  • DEPORTE CHOQUEIRO

Xogos e actividades de animación dirixidas aos participantes nas Escolas Deportivas Municipais e convidad@s

HORA: 16.30 horas

LUGAR: Pavillón Polideportivo de Rianxo

ORGANIZA: Servizo Municipal de Deportes

 

MARTES 12 DE FEBREIRO

  • ENTROIDOLANDIA

- INCHABEIS, OBRADOIROS (maquillaxe, globoflexia e caretas) E GRANDES XOGOS DIRIXIDAS ÁS CRIANZAS

- SORTEO DE AGASALLOS ENTRE AS PERSOAS DISFRAZADAS (infantil, xuvenil, adultos e grupos). Recollida de participacións dende as 17.00 horas

- ACTUACIÓN PETER PUNK: o clown e humorista presentará o seu novo espectáculo PETER PUNK !. Ás 18.00 horas.

- ANIMACIÓN DE RÚA A GARGO DAS CHARANGAS N.A.S.A E O RETORNO DOS TERRIBLES

HORA: dende as 16.30 ata as 20.30 h

LUGAR: Praza Castelao / Campo de Arriba – Rianxo

  • II FEIRA DE ENTROIDO

Actividades de animación e postos de diversas entidades culturais do Concello.

HORA: 17.00 – 20.00 horas

LUGAR: Campo de Arriba de Rianxo

ORGANIZA: Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística conxuntamente coas entidades culturais participantes

Entidades participantes: Fogo Fatuo, Festival Antrospinos, Anpa Irmáns Insua do CRA, Teatro Airiños, Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, Asoc. Cultural e Xuvenil Toxo Bravo - Agrupación Teatral Criaturas (ambientación e xogos)

 

MÉRCORES 13 DE FEBREIRO

  • VELORIO E POSTERIOR ENTERRO DO TORIBIÑO

HORA: 19.00 h

LUGAR: Praza Castelao / Recheo Portuario – Rianxo

ORGANIZA: Asoc. Cultural e Xuvenil Toxo Bravo en colaboración co Concello e outras entidades culturais (Liceo Marítimo Rianxeiro, Cadro artístico Airiños, Fogo Fatuo)

 

VENRES 15 DE FEBREIRO

  • FESTA HORTERA

HORA: 22.00 h.

LUGAR: Centro Cultural de Taragoña

ORGANIZA: Asociación Festival Antrospinos

 

DOMINGO 17 DE FEBREIRO

  • ENTROIDO DAS PERSOAS MAIORES

HORA: a partir das 20.30 h. Concursos con premios de disfraces, filloas e orellas e Baile.

LUGAR: Local do Club de Xubilados de Rianxo

ORGANIZA: Concellaría de Servizos Sociais

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: Tonhito de Poi presentou no Ateneo de Ribeira o seu disco-libro, teloneado polo ex Tonecho Roberto Vilar

  • Tamén estivo na presentación a escritora Uxía Casal



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.2.13

Turismo: presentada en Fitur a Guía de Servizos Náuticos de Galicia, con detalles de cinco portos destas bisbarras

Barbanza e Noia, 1 de febreiro de 2013. Portos de Galicia vén de presentar oficialmente a nivel nacional e internacional a Guía Básica de Servizos Náuticos de Galicia, recentemente elaborada polo ente público en colaboración coas autoridades portuarias. O seu presidente, José Juan Durán, deu a coñecer esta mañá a publicación ante axentes turísticos de toda España e do exterior, na Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se celebra ata o vindeiro domingo en Madrid.

Durán Hermida explicou que se trata exemplar de fácil manexo que recolle información útil para o navegante dos 39 peiraos deportivos existentes no conxunto do litoral galego, coordinando os portos autonómicos e de interese xeral. Concretamente referencia as dársenas náutico recreativas de Ribadeo, Viveiro, Ortigueira, Ferrol (3), Ares, Sada (2), A Coruña (5), Camariñas, Muxía, Muros, Portosín, Cabo de Cruz (Boiro), A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Combarro, Pedras Negras (O Grove), Portonovo, Sanxenxo, Pontevedra, Marín, Beluso (Bueu), Moaña, Cangas, Vigo (4), Baiona (2) e Tui.
.
Entre o seu contido destaca a información de contacto e ubicación de cada clube náutico e o seu xestor, así como un relatorio de todos os servizos dispoñibles para o usuario e datos de acceso e comunicacións. Como valor engadido, na guía figura tamén unha referencia turística da contorna de cada peirao de modo que se incremente o atractivo do litoral galego de cara aos visitantes marítimos.

Editada en en tres idiomas, galego, castelán e inglés, para que sexa unha ferramenta útil tamén para visitantes estranxeiros, a guía pode descargarse por internet, a través da páxina web de Portos de Galicia: www.portosdegalicia.com.

Velaquí as páxinas referentes ás bisbarras de Muros-Noia e Barbanza:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Psoe local ve como un "ataque brutal" a decisión da Xunta de desmantelar o Grumir

  • Os socialistas noieses tamén se sumarán á concentración deste domingo, día 3 de febreiro, e animan á veciñanza a defender os servizos actuais do Grumir
Media_httpsphotosfakf_gakxo

Imaxe do Facebook de Santiago Queiro Hermida. A concentración será ás 13:00 horas diante do Concello de Noia.

Noia, 1 de febreiro de 2013. A Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE de Noia fixo pública hoxe a súa posición sobre o "desmantelamento" do GRUMIR noiés que pretende a Xunta de Galicia. 

Os socialistas noieses consideran "un atropelo" a decisión da Xunta e ademais denuncian que o mapa galego dos Grumir esta feito sen criterios obxectivos, "xa que non é razoable deixar a Noia e ao conxunto da comarca sen un grupo estable de GRUMIR, nin por poboación nin por territorio".

Dende o PSdeG ademais salientan que o GRUMIR noiés está dotado de medios tècnicos e recursos que foron "inversións feitas nos últimos anos, con cartos públicos, facendo que Noia hoxe sexa un dos concellos mellor equipados e polo tanto máis preparados para albergar un grupo estable de GRUMIR" ao que engaden dende a executiva local que se debe destacar igualmente "a profesionalidade e capacitación dos profesionais do GRUMIR noiés".

"Cabe recordar que dende o goberno municipal de Noia, no seu día e de forma preventiva enviouse documentación e datos argumentando a idoneidade da nosa vila como sede para o novo mapa de emerxencias", aseguran os socialistas noieses.

"Ademais dos argumentos esgrimidos recordamos que as Directrices de Ordenación do Territorio aprobadas pola Xunta de Galicia recoñecen a Noia como Sistema Urbano Intermedio, como núcleo aglutinador de servizos, e neste caso o que fai a Xunta é perpetrar un ataque brutal a Noia, deixando a este pobo e ao conxunto da comarca sen un servizo que funciona de maneira exemplar", explican dende a agrupación socialista de Noia.

Concentración este domingo, 3 de febreiro

Por outra banda o PSdeG-PSOE de Noia anuncia que se sumará "á concentración do vindeiro domingo día 3 de febreiro para defender o servizo do GRUMIR de Noia" e ademais anima ás veciñas e veciños de Noia e dos concellos da comarca a participar neste acto cívico de protesta e reivindicar "o mantemento do GRUMIR en Noia para darlle servizo a Noia e ao conxunto da comarca".

Os socialistas noieses destacan que "mentres o conxunto do goberno municipal (PSdeG, BNG e NOIA) defenden a continuidade do GRUMIR, outros son cómplices co seu silencio da decisión tomada pola Xunta de Galicia", en velada alusión ao PP local.

Relacionadas:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: do 15 ao 17 de marzo, medio cento de prazas para viaxe á neve organizado polo Concello

San_isidro_-_horizontal

  • Como é habitual, será á estación leonesa de San Isidro
  • O custe é de 179 euros e o prazo para anotarse remata o luns 11 de febreiro


Ribeira, 1 de febreiro de 2013.- O Concello organiza para mediados de marzo un viaxe á neve. Concretamente, á Estación Invernal de San Isidro, situada na cordilleira cantábrica ao norte da provincia de León.

 

A concelleira de Xuventude, Aroa Fernández Cadórniga, e o edil de Deportes, Juan Luis Martínez, compareceron na Casa Consistorial para explicar as características desta saída, na que pode participar calquera veciño maior de idade e tamén os menores se van acompañados.

 

A acción terá lugar os días 15, 16 e 17 de marzo. Hai 50 prazas. A viaxe inclúe autobús, guía técnico acompañante desde a orixe, desprazamentos na actividade, aloxamento no Hostal Pico Agujas en réxime de media pensión, forfait para dous días, seguro de actividade e seguro de accidentes. O prezo é de 179 euros.

 

O técnico municipal de Xuventude, Mario Vidal –tamén participante na presentación- salientou que ao emprender esta actividade procurouse apoiar tamén o comercio local ao firmar un convenio cunha axencia de viaxes do municipio para a súa posta en marcha.

O prazo para anotarse xa está aberto e finaliza o día 11 de febreiro. Terán prioridade para asistir á viaxe os veciños de Riveira, pero se quedasen prazas vacantes poderán participar cidadáns doutros concellos.

 

Máis informacións e inscricións: na Oficina Municipal de Información Xuvenil (situada na Casa da Xuventude, número de teléfono: 981 835 289, email: xuventude@riveira.com) ou na Oficina de Deportes (no Complexo da Fieiteira, teléfono:981 873 646, email: deportes@riveira.com).

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: do venres 15 ao domingo 17 de febreiro, nova Feira de Inverno no Malecón

  • É unha iniciativa da Mesa Local de Comercio para dinamizar o pequeno comercio 

Ribeira, 1 de febreiro de 2013.- O Concello quere dar máis pasos en alianza cos empresarios do municipio para dinamizar o comercio local. Se hai escasos días se mantivo unha xuntanza cos negocios das rúas peonís da cidade para contribuír a potenciar a actividade mercantil neste tipo de zonas, no día de hoxe activouse a celebración da Primeira Feira de Inverno do Pequeno Comercio de Ribeira.

A nova iniciativa foi acordada no transcurso dunha reunión da Mesa Local de Comercio celebrada no Consistorio e na que participaron, entre outros, o tenente de alcalde Juan Luis Martínez; o concelleiro de Comercio, Anxo Orellán; o presidente da Asociación de Empresarios, José Paz; Magdalena Bringas en representación do colectivo de consumidores; e un representante da Subdirección Xeral de Comercio da Xunta.

O evento terá lugar os días 15, 16 e 17 de febreiro nunha carpa de 525 metros cadrados (15x35) instalada no paseo do Malecón, no mesmo emprazamento onde nos veráns se celebra a feira Viamare. Vinte dos stands a que dará cabida a feira pertencerán precisamente á propia Asociación de Empresarios.

Prazo de inscricións

A maiores, habilitaranse outros once stands para aqueles pequenos comercios que non formen parte da entidade que preside José Paz. Os comercios non asociados que estean interesados en participar teñen de prazo para anotarse entre o 4 e o 8 de marzo. As inscricións terán lugar a través do e-mail turismo@riveira.com. O prezo do stand (de 8 metros cadrados) está aínda por determinar, pero oscilará entre os 20 e os 30 euros.

Pódese recibir máis información chamando ao número 686 587 000 (Concello) ou ben 981 873 719 (Asociación de Empresarios).

Antes, en Certo:









Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical