Rianxo, 26 de febreiro de 2013. A Concellería de Servizos Sociais rianxeira organiza unha charla informativa sobre a temática da alimentación como a base para unha boa saúde. Terá lugar o sábado día 2 de marzo ás 19:00 h no auditorio.
Será impartida por Luis Miguel García Bruzos, especialista en terapias e tratamento de medicina natural, acupuntura, osteopatía, iridoloxía, homeopatía, dietética e alimentación.
A temáticas que se tratarán serán as seguintes:
Como recuperar a saúde
Como evitar enfermar
Como coñecer as causas ou orixes das nosas enfermidades para poder correxilas.
Como correxir: gases, torticole, dor de cabeza, ...
Nota de Certo:
A maior parte das "materias" que aborda este parasanitario non teñen base científica ou son directamente rexeitadas pola comunidade científica, como a homeopatía ou a naturopatía. Asista, se quere, a esta charla, mais baixo a súa responsabilidade.
Trátase dunha das primeiras medidas adoptadas polo concello de Noia tras a resolución o pasado venres do contrato da concesión á empresa que a levaba
Segundo a concelleira responsable de Deportes, Mary Domínguez, búscase adaptar os horarios ás necesidades dos usuarios do recinto, co que pola semana abrirá, sen pechar a mediodía, dende as oito da mañá ás once da noite
O novo réxime de horarios comeza o primeiro de marzo, este mesmo venres
En vindeiros días anúnciase tamén unha nova imaxe corporativa das instalacións
Noia, 26 de febreiro de 2013. A concelleira de Deportes de Noia Mary Dominguez vén de anunciar varias melloras no servizo da piscina municipal. A principal novidade seráque a partir do 1 de Marzo a piscina municipal abriráos domingos e os festivos polas mañás. O novo horario serápola semana ininterrumpido de 8:00 a 23:00, os sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Domingos e festivos abriráde 10:00 a 14:00.
Ademais, Domínguez Villanueva anuncia que os sábados pola tarde de 17:00 a 19:00 habilitarase parte do vaso da piscina para unha actividade de ocio en familia, especialmente destinados aos máis nenos, con actividades lúdicas, e este primeiro sábado haberáinchables acuáticos durante toda a tarde.
Nova imaxe corporativa
A maiores, a Concelleira de Deportes informa que desde hai uns días hai a disposición dos usuarios novas actividades gratuítas para os usuarios como o aquagym, que se fai en parte do vaso da piscina os luns e os mércores de 12:00 a 12:45. Ademais, nos vindeiros días procederase a presentar a nova imaxe corporativa, pero a concelleira xa adiantou que se estátraballando nun concepto global de deporte e saúde, que tentarámarcar un cambio na liña de actuación actual, convertendo a saúde nun tema transversal.
Mary Domínguez agradece "a colaboración dos traballadores da piscina municipal de Noia, xa que a súa implicación e compromiso estápermitindo levar a cabo moitas destas melloras".
Foi aprobada por todos os grupos e lida polo alcalde, Manuel Ruiz Rivas, no pleno de onte:
"O Concello de Ribeira quere defender a profesionalidade e bo facer dos nosos homes do mar que teñen contribuído coa súa actitude á recuperación dos caladoiros nos últimos anos.
É por iso que esiximos un trato igualitario para a nosa flota que con outras que operan en calquera outra zona da Unión Europea e das costas españolas.
Pedimos igualmente que nas nosas augas operen as mesmas condicións para todos os buques, independentemente do país que os abandeire, e que os produtos pesqueiros importados teñan as mesmas condicións de salubridade e trazabilidade que se esixen aos nosos peixes.
Apoiamos o novo reparto por modalidades de pesca, que supón un avance respecto ao anterior modelo no que se debe seguir progresando, ao igual que na transferencia das cotas.
Queremos recordar ao Goberno de España e á Unión Europea que a nosa costa é unha zona altamente dependente da pesca e o marisqueo, e polo tanto instamos aos nosos representantes á defensa dos intereses da flota pesqueira galega".
A plataforma, que xa o denunciou con anterioridade, sinala que a banca está a violar o código de boas prácticas bancarias que se aprobou hai uns meses ao exercer accións de acoso e persecución a familias afectadas por execucións hipotecarias
Non só chaman aos directamente afectados, senón a familiares dos endebedados e incluso a veciños do edificio onde viven
O colectivo anti-desafiuzamentos está a denunciar estas prácticas ante as institucións e tratando de que o público en xeral teñan coñecemento deste terrorismo financieiro
Este é o comunicado íntegro de "Stop Desafiuzamentos" de Barbanza:
El actual genocidio financiero que padecen muchas familias de nuestro país, genera una auténtica alarma social que en vez de sensibilizar a los responsables de muchas entidades financieras lo que provoca es una constante violación del código de buenas prácticas bancarias, al ejercer acciones de acoso y persecución, constante, contra las familias humildes que no pueden afrontar el pago de sus hipotecas, de manera regular, por la carencia de recursos económicos.
Son continuas las llamadas telefónicas, con frecuencia diaria, a los deudores en sus propios hogares o a sus móviles, llamadas a los centros de trabajo, a los familiares más directos de los deudores o bien a los vecinos del edificio, donde reside la familia afectada por la hipoteca, son algunas de las prácticas habituales que ciertas entidades financieras, con escasos escrúpulos, ejercen hacia ciertas familias humildes de nuestro entorno, ocasionándoles un daño psicológico evidente, que en muchos casos les llevan a perder su autoestima y las ganas de vivir.
Desde la Plataforma “Stop Desahucios” del Barbanza no podemos por menos que denunciar todas estas situaciones irregulares de forma pública, ante las propias entidades financieras y también ante el Valedor do Pobo y el Banco de España, para que se adopten las medidas correctoras oportunas y se abran los expedientes administrativos necesarios.
O venres 8 de marzo cúmprese unha década da versión galega da Wikipedia, a enciclopedia libre dixital que revolucionou o coñecemento en Internet
A Galipedia anda polos 98.000 artigos, froito do esforzo de milleiros de voluntarios que aportan textos, fotos e vídeos
Será o sábado 9 de marzo cando se celebren estas charlas, no colexio Fonseca do Campus Sur da USC
Barbanza e Noia, 26 de febreiro de 2013. O vindeiro venres 8 de marzo de 2013 celébrase o décimo aniversario do nacemento da Galipedia, a enciclopedia libre en galego. Transcorridos dez anos foron creados máis de 98.000 artigos e vaise achegando á cifra dos cen mil, aumentando cada vez máis a súa calidade grazas ó traballo de miles de voluntarios e ós mecanismos comunitarios de revisión entre iguais. Calquera pode mellorar a Galipedia se ve un erro ou se coñece un tema que aínda non estea desenvolvido. Os contidos desta obra colectiva publícanse baixo unha licenza libre, a Creative Commons - Recoñecemento - Compartir Igual, que permite o seu libre uso conservando esa licenza. A Galipedia forma parte dun amplo movemento que empezou en xaneiro de 2001, cando se puxo en marcha a Wikipedia co obxectivo de que todo o coñecemento humano estea dispoñible para calquera persoa no seu idioma. A partir de aí fóronse creando versións da Wikipedia en varias linguas, habendo máis de 280 na actualidade. O primeiro artigo da Galipedia, creado o 12 de marzo de 2003, foi "Ou". Esta entrada non se correspondía cunha entrada enciclopédica, polo que en 2008 trasladouse ó Galizionario, porque a Galipedia conta con varios proxectos irmáns, tamén libres e colaborativos, que complementan a enciclopedia como son Galilibros, Galifontes e Galicitas. Wikimedia España, o capítulo español dese movemento, organiza, xunto á comunidade de editores da Galipedia, un encontro o 9 de marzo en Santiago de Compostela co obxectivo de celebrar este aniversario, pero tamén de reforzar estes proxectos. Unha oportunidade para atoparse galipedistas xunto a outras persoas implicadas no coñecemento e a cultura libre e na promoción da lingua e a cultura galegas. Un encontro no que se combinará unha mesa redonda con charlas nas que se vai a profundar nalgunhas cuestións de común interese. Os conferenciantes que participarán neste acto son os seguintes: * José Manuel Abuín Mosquera, Técnico de Proxecto do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) * Antonio Gregorio Montes, administrador da Galipedia * Manuel Gago Mariño, director do portal culturagalega.org e profesor na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de divulgador gastro-arqueolóxico en Capítulo 0 * Marcos Pérez Pena, director do xornal dixital Praza Pública * Denís Fernández Cabrera, de Urco Editora * Óscar Otero, de A navalla suíza * Javier de la Cueva, avogado, experto en propiedade intelectualEsta actividade foi organizada coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e o CESGA, e a entrada ó acto é libre até completar o aforamento. Todas estas presentacións realízanse no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca situado no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, a partir das 10 da mañá. Acerca de WikipediaWikipedia é consultada actualmente por máis de 400 millóns de persoas todos os meses. Proporciona acceso inmediato a información de alta calidade, libre, gratis e sen publicidade. Na última década, unha vasta comunidade de voluntarios uniuse para crear máis de 22 millóns de artigos en 285 idiomas, aproximando a causa do coñecemento libre a cada persoa no planeta. Acerca de Wikimedia EspañaWikimedia España é unha asociación española sen ánimo de lucro que ten como fin favorecer o desenvolvemento do Coñecemento Libre promovendo proxectos relacionados, e en especial aqueles albergados por Wikimedia Foundation Inc. (listaxes en www.wikimediafoundation.org), en todas as linguas que se falan en España.
Amosáronlles o procedemento para obter seda, desde o coidado dos vermes ao enfiado
A iniciativa de Economía e Industria ten por obxectivo concienciar á sociedade, comezando polos rapaces, do valor do produto feito á man
Rianxo, 25 de febreiro de 2013.- A Consellería de Economía e Industria presentou hoxe no CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao o módulo O gremio da seda do programa didáctico “Enredando, artesanía na escola”, unha iniciativa organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que ten por obxectivo achegar os oficios artesanais aos rapaces para que poidan coñecelos e valoralos en maior medida.
“Enredando, artesanía na escola”, que se iniciou no curso 2011-2012, chegou na súa primeira edición a case 4.000 alumnos e alumnas de toda Galicia. Durante este curso chegará a 22 localidades galegas, ofrecendo aos alumnos de educación infantil, primaria e secundaria a oportunidade de coñecer de preto o sector da artesanía.
Coa unidade didáctica presentada hoxe achégaselles aos estudantes o procedemento da obtención da seda, desde o coidado dos vermes ata a extracción e enfiado da seda dos casulos. Como novidade este ano preséntase tamén para alumnos de secundaria o módulo Do papel ao libro, no que os participantes elaboran artesanalmente follas de papel que logo encadernan.
Co programa “Enredando”, a Consellería de Economía e Industria persegue concienciar á sociedade do valor do produto feito á man, comezando polos máis novos, así como presentarlle aos rapaces a artesanía como unha alternativa para o seu futuro laboral. Deste xeito, contribúese a favorecer o relevo xeracional nos oficios máis tradicionais e promóvese o desenvolvemento da artesanía galega a través da formación de futuros artesáns creadores, trasladando aos cativos o valor engadido da artesanía no que se refire á súa creatividade, patrimonio cultural e tradición.
Cultura: homenaxe de @altofalante e da @xunta a Rosalía de Castro no 150 aniversario de "Cantares Gallegos" post.ly/ADkne
No acto de Altofalante en Ribeira participaron Quico Cadaval, Carlos Callón e Santiago Páramo
Na homenaxe institucional da Xunta estiveron o dodrense Anxo Angueira, como presidente da Fundación Rosalía de Castro, e o alcaldes de Rianxo, Adolfo Muíños, e de Dodro, Valentín Alfonsín
Barbanza-Noia, 25 de febreiro de 2013. Nesta fin de semana houbo celebracións e alborados ao longo de todo o país para celebrar o Día de Rosalía, que cadrou co 150 aniversario da publicación do libro-viveiro das Letras Galegas, "Cantares gallegos". En Ribeira, o sábado 23, a asociación Altofalante celebrou na Casa do Pescador, que se viu superada no seu aforo e obrigou a varias persoas a presenciárena de pé, unha lectura con xente de toda caste. Houbeo dende unha nena de 6 anos até unha anciá ou unha moza estadounidense. Entre os lectores estiveron "vacas sagradas" do activismo cultural en galego como Quico Cadaval, Carlos Callón e Santiago Páramo. A Asociación Altofalante valora moi positivamente a acollida e prepárase cos ánimos reforzados para facer máis actividades culturais neste concello. "Demanda delas, evidentemente, hai", explicou o seu presidente, Carlos Lixó.
Homenaxe dos 150 anos de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, co profesor X. Alonso Montero en Noia twitter.com/Barbantia/stat…
O alcalde de Vigo, o de Padrón, o conselleiro Jesús Vázquez e Anxo Angueira O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou na celebración do acto institucional conmemorativo do 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a importancia do recoñecemento colectivo que Galicia brinda á obra e á figura rosaliana. Coa alborada celebrada no Día de Rosalía na Casa da Matanza (Padrón) comezaron os actos de celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, organizados –co apoio do Goberno galego e outras entidades– pola Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo.
No acto participaron ademais os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; así como o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, o alcalde de Santiago, Ángel Currás Fernández, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o director do Centro de Estudos Rosalianos, Xesús Alonso Montero, o reitor da Universidade de Vigo, a vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, Salustiano Mato, o deputado da Xunta de Goberno da Deputación da Coruña, Santiago Amor, o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar, o presidente da Asociación de Editores, Manuel Bragado, o director xeral da Fundación Barrié, Javier López Martínez, o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antón Pedreira, e a tesoureira da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Elisa Fernández Rey.
O Día de Rosalía comezou cunha ofrenda floral ao pé do monumento que lembra onde naceu a escritora, na praza de Vigo, en Santiago de Compostela. Ademais, e por iniciativa conxunta coa Asociación de Gaiteiros Galegos, gaiteiras e gaiteiros de toda Galicia interpretaron unha “Alborada para Rosalía” en diferentes puntos do territorio galego.
Esta peza tamén se interpretou na Casa da Matanza onde se proxectaron tamén imaxes das alboradas realizadas esta mañá ao longo e ancho do país. Neste acto na casa de Rosalía en Padrón, ademais do conselleiro, personalidades de distintas institucións culturais, sociais e políticas de Galicia recitaron versos de Cantares Gallegos na honra da poetisa. Xesús Vázquez Abad pechou a súa intervención afirmando que “hoxe celebramos o grande exemplo de Rosalía, a extraordinaria dimensión do seu legado e, como ela moi probablemente desexaría, a confianza nunha Galicia que constrúe o seu futuro.”
Jesús Vázquez con Anxo Angueira
Melloras na Casa da Matanza Coincidindo co final deste ano conmemorativo está prevista para o mes de decembro a reinauguración da Casa da Matanza, tras as obras de mellora, conservación e accesibilidade realizadas, ás que a Consellería de Cultura e Educación destinou 200.000 euros con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
Deste xeito a Fundación ten previsto levar a cabo unha modernización dos contidos e do perfil da Casa-Museo´, así como incorporar novas tecnoloxías audiovisuais e novos servizos para os e as visitantes da casa na que Rosalía de Castro pasou os derradeiros anos da súa vida
150 aniversario de Cantares Gallegos Un dos eixos centrais deste ano conmemorativo será a exposición ‘O Cantar dos cantares’, que se organizará co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo e coa colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Educación, impulsará nos vindeiros meses un completo programa de actividades en colaboración con diversas institucións e entidades culturais, co obxectivo de facer partícipe a toda a cidadanía galega desta celebración.