5.3.13

Ribeira: así foi o primeiro campionato de mushing que se desputou na bisbarra

  • Descorreu entre os concellos de Ribeira, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal

Media_httpfarm9static_zhykx

Unha das participantes na categoría de canicross

Media_httpfarm9static_dlloe

Un trineo-bici tirado por seis cans

A pasada fin de semana tivo lugar, baixo a organización do Concello e da asociación Agacett, a primeira edición da Travesía de Media Distancia de Mushing ‘Ribeira Activa”, última das que formaron parte dentro do Circuíto Estatal e que colleitou unha magnífica acollida entre os espectadores.

Media_httpfarm9static_qppix

Categoría de bicicleta
Media_httpfarm9static_xudii

Unha das participantes chega á meta

As dúas etapas en que se dividiu a proba celebráronse o sábado pola tarde no monte de A Curota e o domingo pola mañá no entorno dos lugares de Balteiro e Lixó, para goce dos espectadores que quixeron contemplar esta atractiva competición nuns entornos inmellorables.

Participaron un total de 13 equipos que, dependendo da categoría, quedaron da seguinte forma:

  • Na categoría de Canicross gañou Alejandra Carro cun tempo de 3:52:40, quedando en segundo lugar na mesma categoría Jaime López.
  • Na categoría de Bicicleta e Patín erixiuse vencedora Mª José Valdeomillos, seguida de Marco Antonio Pérez na segunda posición e de Antonio Parra na terceira. A continuación, Diego Martín, Dani Martín, Julián Cuesta, Raimundo Castro e Manuel Caeiro.
  • Na categoría de Triciclos hasta 6 cans gañou Luís Mari Elizalde. José María Suárez ocupou o segundo posto e Jordi Pinyol o terceiro.

A entrega de premios tivo lugar a última hora da mañá na céntrica praza de España de Riveira, con participación do alcalde Manuel Ruiz. Foron moitos os curiosos que non se quixeron perder este acto e observar algúns dos cans e vehículos participantes.


A entrega de trofeos foi na Praza de España ribeirense

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado, 9 de marzo, plantación de Antrospinos en Campo Maneiro, Taragoña

3.3.13

Sociedade: os de "Stop Desafiuzamentos" están a facer unha "campaña de escrache e sinalamento dos culpables e cómplices"

Photo

Barbanza, 3 de marzo de 2013. Segundo informa hoxe José Manuel Pena, portavoz de "Stop Desafiuzamentos" de Barbanza,
están a argallar unha xuntanza con todas as PAH e grupos STOP Desafiuzamentos de Galiza. Consideran importante ter unha coordinacion a nivel galego e "non se nos escapa que a pesares do tremendo paso
adiante que supuxo a aprobación a trámite da ILP, a loita vai para largo e haberá moita dor e sufrimento para as xentes
de Galiza. É hora pois de redoblar os nosos esforzos, unir e intercambiar experiencias".

Namentres, están a levar unha campaña de "escrache" (se non coñece o vocablo, aquí ten a súa historia) cunha serie de carteis para difundir a campaña co botón verde “Si se pode”. Buscan que se defundar e colguen nos establecementos do barrio onde resida a deputada ou deputado que os veciños coñezan, para mostrar a adhesión cidadá ás medidas de mínimos que propón a Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Se os deputados negan a realidade e o apoio social co que contan as medidas da PAH, "temos que facer que non lles resulte doado seguir negando esta realidade. Os comercios, establecementos e lugares polos que pasan, toman café, se reúnen ou comen os deputados teñen que estar repletos destes carteis", sinalan na súa web.

Participa da campaña nas redes sociais

Todas as accións da PAH son pacíficas e neste caso teñen o obxectivo de informar e persuadir con datos e experiencias a posición dos deputados dos grupos parlamentarios que non apoian a ILP para que preman o seu partido para incluír as propostas da PAH no anteproxecto de Lei. "Nunca reaccionaremos a ningunha provocación dos deputados e en calquera caso a documentaremos, a ser posible de forma dixital, para difundila polas redes", rematan, co seu lema das últimas datas:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o Concello homenaxea ás leiteiras no Día da Muller Traballadora

Noia: o Liceo convoca certame de relatos, captación de novos socios e unha cea homenaxe

Noia, 3 de marzo de 2013. O vindeiro sábado 9 de marzo, un grupo de socios organiza e convida a participar nunha comida Homenaxe ao Presidente saínte da Sociedade Liceo noiesa, José Moas Pazos, e membros da Directiva saínte. Terá lugar no salón de actos da Sociedade a partires das 14:30h. Ao longo da mesma terán lugar diferentes intervencións e actuacións musicais.
Os interesados en participar nesta homenaxe poden inscribirse na cafetería da sociedade ata o 4 de marzo, ou ben chamar aos números 636260142 (Cho) / 649331460 (Moncho)

Captación de socios con descoto ata o 31 de maio
Ademais, a Xunta Directiva, recén anovada, propuxo na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 28 de febreiro que se abrise un período de captación de novos socios. Durante esta captación, os interesados en darse de alta como socios do Liceo só terán que aboar como cota de entrada 100€, puidendo facerse efectiva ben na súa totalidade ou ben fraccionando o pago da mesma en dúas ou catro partes. Este período abranguerá desde o 1 de marzo ata o 31 de maio de 2013 (ambos incluidos), ou ben ata acadar o número de 200 altas novas de soci@s. Pasado este periodo a cota de ingreso na Sociedade Liceo pasará a ser de 300€.

Certame de relatos
Chega á súa X Edición. Toda a información no documento adxunto.

Cartel-x-concurso-de-relato

X CONCURSO DE RELATOS.pdf Download this file

Liceo_homenaxe

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.3.13

Cultura: o noiés Ismael Ramos, segundo premio do certame de narración curta "Ánxel Fole"

  • Convocado polo Concello de Lugo, o xurado fallou hoxe e decidiu deixar deserto o primeiro premio
  • Ismael Ramos recibirá mil euros polo relato "Trasnoitar de nenos"
  • Quedou terceiro Farruco Graña, de Ribadeo, con "Campás de Anllóns"


Ismael Ramos no recital do 11 do 11 de 2011 en Noia

Pode que tamén lle interese:


Noia: manifestación o xoves 7 de marzo a prol da permanencia do Grumir local






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o venres 15 de marzo, "Se galego, my friend", monólogo de Sergio Pazos no auditorio

Cartel_rianxo

O próximo venres 15 de marzo, ás 19,30 horas, Sergio Pazos presenta "Se galego, my friend" no Auditorio de Rianxo.

A proposta está organizada por Iniciativa Local en colaboración co Concello de Rianxo. As entradas custan 6 € e están á venta na Casa do Vilar e na Cafetería Guadalupe.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.3.13

Ribeira: convirten a cidade en porto de saída para peregrinos navegantes da ruta xacobea do Mar de Arousa e Ulla

  • Da recén inventada "Traslatio Xacobea"
Media_httpfarm3static_nyawb

A ruta ten que rematar en Padrón

Ribeira, 1 de marzo de 2013.- A localidade de Padrón foi escenario onte da sinatura dun convenio de colaboración entre os concellos integrantes da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla e o Club Náutico San Vicente, en virtude do cal se vai impulsar unha nova credencial que se concederá aos navegantes que fagan a ruta da Translatio, sempre que se cumpran unha serie de requisitos.

O alcalde Manuel RuIz foi un dos asinantes do devandito convenio, en virtude do cal Ribeira será, xunto a O Grove, un dos dous portos de saída nos que se expedirá a “Cartilla de Navegación”: documento no que se irán plasmando os selos imprescindibles para que, unha vez alcanzada a meta en Padrón, se obteña o diploma acreditativo, ao que se denomina “Traslatio Xacobea”.

Requisitos

Ademais de no porto de saída, o navegante deberá recalar como mínimo noutros dous porto, onde se lle selará a cartilla. Obrigatoriamente cada selo corresponderá como mínimo a un porto ou concello da beira sur da ría (en Pontevedra) e outro da beira norte (A Coruña). Non se establece límite temporal para a realización da ruta. A singradura do peregrinaxe pódese iniciar en portos anteriores xeograficamente ou incluso internacionais. Todos os concellos adheridos utilizarán un selo propio para certificar o paso dos navegantes por cada porto en concreto, ofrecendo un roteiro da vila xunto con toda a información que sexa necesaria como información de lugares de interese. O navegante deberá permanecer un mínimo dunha hora en cada porto no que arribe.

Media_httpfarm9static_psrac

Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela

Como xa se indicou, a ruta completarase en Padrón, onde será obrigatorio obter os selos do Concello e da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. Os peregrinos que o desexen poden rematar a ruta a pé ata Santiago de Compostela, onde obterán un novo selo.

A Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla foi declarada de interese cultural e galego pola Xunta de Galicia no ano 1999 e foi recoñecida como parte do Camiño de Santiago no 1996.  Esta senda fluvio-marítimo-apostólica está integrada por Santiago de Compostela, Padrón, Pontecesures, Dodro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Boiro, Riveira, Valga, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño, O Grove, Sanxenxo,Teo, Illa de Arousa, Rois, Ribadumia, Brión e Meis.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: houbo que doblar turnos nos cursos de informática en Caamaño e Baroña

20130227_165317


Porto do Son, 1 de marzo de 2013. A Rede Cemit local está a impartir obradoiros para
nen@s de Caamaño, Baroña, San Pedro de Muro e Porto do Son, todos eles con gran afluencia.

Así, o de Caamaño (na imaxe) púxose en marcha en dúas tandas, unha para cativos de 4 a 7 anos e outra para os de 8 a 12. Na parroquia de Baroña tamén houbo dous turnos, das mesmas idades. O de San Pedro de Muro acolle a nenos entre 4 e 7 anos e os de Porto do Son son obradoiros tecnolóxicos dirixidos a pícaros entre 6 e 12 anos.

Dende o Cemit de Porto do Son congratúlanse polo éxito acadado e traballan para ofertar novas actividades semellantes no futuro.






Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Anpa "Caramecheiro", do IES Número 1, promove novas actividades extraescolares

  • A campaña de descontos, coa colaboración de 30 establecementos, é unha das iniciativas máis rechamante


Entre as actividades extraescolares atópase a informática para nais e pais

Ribeira, 1 de marzo de 2013. As novas iniciativas de interese para os socios neste curso amplíanse agora cunha campaña de descontos para os socios nos 30 establecementos engadidos a tal fin. En poucos días todas as familias asociadas dispoñerán dun carné acreditativo coa duración do curso escolar, co que lles farán descontos en máis de 30 comercios-empresas.

Esta interesante iniciativa de seguro animará a pais e nais, que aínda non son socios da ANPA Caramecheiro, a sumárense á asociación no traballo polos intereses dos seus fillos e fillas estudantes do IES Nº1 de Ribeira.

Actividades

O luns 4 de marzo iniciarase un Curso de Informática para nais e pais de manexo de Internet básico. A duración do curso será de marzo a abril, os luns e mércores de 19.30 a 21.00 h. Prezo: 10 €/mes (socios) e 25 €/mes (non socios).

Tamén comeza oferta de Ximnasia para adultos, a cargo de profesorado titulado, que se impartirá no IES Nº1, os martes, xoves e venres de 20.30 a 21.30 h. Prezo: 15 €/mes (socios); 20 €/mes (non socios).

Continúan as reunións no Club de lectura, un xoves ao mes no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira. O vindeiro o 21 de marzo, ás 20.30 h, será a seguinte sesión. Para obter máis información sobre o club de lectura anpacaramecheiro@gmail.com

Viaxe cultural

A organización dunha viaxe cultural a Cantabria, dirixida fundamentalmente ao alumnado, pecha polo de agora esta interesante oferta de actividades.

Promoción social

A ANPA Caramecheiro vén de colaborar, ademais, na compra de materiais e instalación de dúas mesas de ping-pong e unha de xadrez nos espazos anexos ao IES Nº1. Este mobiliario realizárono, como parte do Programa de incorporación social polos usuarios e usuarias do Obradoiro de Carpintería da Unidade de Día da Unidade de Drogodependencias do Concello de Ribeira.

Horario de atención a pais e nais

ANPA Caramecheiro terá a partir de agora horario de atención aos pais e nais, os martes de 18.00 a 19.00 h, no I.E.S Nº1, onde tamén poderán inscribirse nas diferentes actividades e recoller os carnés de socios. Información actualizada a través do web www.anpacaramecheiro.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical