Creo que as estas alturas temos claro que os membros do PP son persoas educadas e respectuosas cos demais. Os seus cargos públicos nunca crispan, nin insultan; non desprezan aos seus rivais e moito menos os provocanEducación Popular « Blas García
Arriba, Blas García, do PSOE de Boiro, dando estopa aos do PP. Abaixo, o blog do PP dando o mesmo ao bipartito que goberna alí. En Internet, iría gañando Blas, pois o seu comentario é do 19 de febreiro, mentres que os de Dodro levan sen actualizar o blog dende o 21 de xaneiro.
21/01/08
O GRUPO MUNICIPAL ESCOITATE

¿E democracia non deixar falar ós concelleiros da oposición?, ¿tardar incluso meses en facilitarnos documentación que solicitamos por escrito?, ¿non facilitarnos copia absolutamente de nada do que pedimos?, e o máis importante, ¿Mentirnos?, ¿darlle cita (porque agora todo vai por cita) a un veciño e o dia da cita que non o atendan?, ¿e decirlle a un operario que diante de esa casa non faga un traballo porque os da casa son do PP?
Pois non, iso non é democrácia. Nin para nos nin para ningún veciño.
¡Iso é facer o que lles ven en gana!
Blogged with Flock


Estou interesado, señor Valcárcel, na revista "Chan", que coñezo só de oídas. ¿Podería fornecerme dalgunha información sobre ela? Se lle resulta engorroso ou lle parece inapropiado metela aquí, pode mandarma ao meu enderezo electrónico. Agradézollo.
E por que non haberá un alma caritativa que escanee todas esas revistas e as colgue na rede? Por que non temos unha biblioteca "nacional" ou o que queiran galega que faga este labor? Por exemplo, números atrasados de Chan, de Teima, as vellas de ANT, as publicacións en galego da diáspora, etc, etc.
En Cataluña Google Books e a Generalitat chegaron a un acordo para poñer todos os fondos antigos da Biblioteca Nacional de Catalunya en Internet.
Para Leituga: de CHAN, a revista de Borobó, hai unha referencia naGran Enciclopedia Galega. Publicouse entre 1969 e 1971 e nela publicaron varias xeracións de autores: xentes como Ben-Cho-Shey, Ferrín, Blanco Amor, Carballo Calero, Fdez. Ferreiro, Paz Andrade, Otero, Freixanes, Rábade Paredes e Perfecto Conde. Era ilustrada, con moitas fotos, mesmo a color, e bilingüe, con maioría en castelán. Tiña seccións de humor gráfico de Siro López, Tomé e Lavandeira.