26.2.08

Lingua galega en Ribeira

Aberto o prazo de inscrición CURSOS DE LINGUA GALEGA O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira pon en coñecemento dos cidadáns e cidadás que está aberto ata o día 20 de marzo de 2008 o prazo de inscrición nos cursos de capacitación en lingua galega, correspondentes aos niveis de formación CELGA 1, 2, 3 e 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Nota: Tamén se poden inscribir por medio dun correo electrónico no que indiquen o seu nome e apelidos, DNI e curso (CELGA 1,2,3,4) ao correo do propio servizo (normalizacion@riveira.com)
Concello de Riveira

Blogged with Flock

ARQO BOIRO: JORNADA 23-24 de Febrero

R+F MAGENTA RIVEIRA - ARQO BOIRO: JORNADA 23-24 de Febrero

Blogged with Flock

II CURSIÑO DE CONSTRUCCIÓN DE PALLETAS

II CURSIÑO DE CONSTRUCCIÓN DE PALLETAS
26/02/2008
12:32

Para gaiteiros cuns mínimos coñecementos de gaita.

O día 26 de Abril (de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h) celebrarase no local do Faiado o II Cursiño de construcción de palletas.O docente encargado de impartir o curso será Xosé Piñeiro Pérez, artesán (constrúe instrumentos musicais galegos, sobre todo gaitas e zanfonas) e gaiteiro de Nebra. E membro da Banda de gaitas "SUEVIA".Programa: - Colleita e secado da cana- Preparación das pezas e tudel.- Montaxe e atado.- Afinación.- Elementos de acústica.- Problemas na construcción e afinación.Material: Cada participante debe traer unha navalla de bo corte.Prezo: Para socios de O Faiado e compoñentes da banda de música de Boiro 10 € ; non socios 20 €.Mais información na asociación O Faiado II (Rúa Fernández Mato, 14- baixo- Boiro)
Boiro cidadán - II CURSIÑO DE CONSTRUCCIÓN DE PALLETAS

Blogged with Flock

Faro de Corrubedo

Inserido Video




Cando teñamos tempo, poñeremos todos estes vídeos en www.certo.es (acumúlasenos o choio). Aínda así, está mellor este outro vídeo:


Blogged with Flock

Pobra. peirao en vídeo

Inserido Video

Blogged with Flock

25.2.08

Solpores

Inserido Video

Blogged with Flock

MImá...

Registrado un terremoto de intensidad 3,7 grados en la escala Ritcher al oeste de Ribeira

El seísmo se sintió con intensidad 3 en este municipio y con intensidad 2 en el de Boiro, pero el epicentro se sitúa en el mar a 42,62 grados norte de latitud y 9,22 grados oeste de longitud.

"Pensei que jolpeara unha javiota contra o cristal", dixo unha veciña de Ribeira.

"Movéuseme o aparador e pensei que empesaban outra ves coas obras na rúa", dixo outra.

"Estaba na jamela e notei que todas as javiotas calaban un momento, pero non lle din maior importansia", falou un mariñeiro.

En Certo pensamos: "mimá, moito preparan o debate desta noite Zapatero e Rajoy". Non foi nada. A terriña, compoñéndose aló polo mar endiante.



Blogged with Flock

Certame para boirenses escolares

ÁS 12.15 HORAS NA BIBLIOTECA DA CASA DE CULTURA “RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ”, o Alcalde, Xosé Deira, e o Concelleiro de Educación, Mariano Muñiz, presentarán o I Certame Literario “Ramón Martínez López”, que está dirixido ao alumnado dos centros de ensino primario e secundario de Boiro.
Boiro cidadán - Casa da Cultura Ramón Martinez López

Blogged with Flock

Titulares



"Se eu podo, ti tamén" lémbranos a "Nada sobre nós sen nós" (Ámbar): os colectivos menos favorecidos revélanse (e rebélanse) nos seus lemas

Blogged with Flock

Acto de barbantia

ACTO DE BARBANTIA
 
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Ateneo Valle-Inclán convidan a vostede á presentación do libro Monólogo do Calígrafo, de Baldo Ramos, nunha edición artesanal da Colección Bourel, que dirixe Antonio Piñeiro. O acto terá lugar o vindeiro venres 29, ás 20:00 horas, no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (enriba do Bar Plaza), e contará coa presenza de Baldo Ramos e mais de Antonio Piñeiro. Así mesmo, presentarase un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

Acusamos recibo, aínda que en Certo.es xa se pode ler dende hai uns días esta programación, á que hai que engadir este:



Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical