4.12.09

Curiosidades: castañeira-xeadeira, un todo en un

Vista en A Coruña.

Chega o verán, fóra locomotora. Estética non parece, pero práctica, abondo!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: nesta ponte, non fagan moito o canelo

Ou si. Polo aire préstase máis. Este ía cantando aquela de "fun polo aire, vin polo vento..."
O resto das imaxes en http://reflectionof.me/skydiving-pictures

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: despois da Mostra de Curtas hai esta programación cultural

Día 12, sábado; TEATRO AGADIC: A PIRA-
GUA. Cándido Pazó. Abrapalabra Creación
Escénicas.
21:30 h. no Teatro Coliseo Noela.
Día 13, domingo; Teatro Municipal de Ri-
beira: La Casa de Bernarda Alba.
20:00 h. no Teatro Coliseo Noela.
Día 20, domingo; Música: Concerto de Na-
dal da banda de Música de Noia.
20:00 h. no Teatro Coliseo Noela.
Día 22, martes; Música: Concerto do Con-
servatorio Municipal de Noia.
20:00 h. no Teatro Coliseo Noela.
Día 23, mércores; Cine Nadal: Spider--
man III.
18:30 h no Teatro Coliseo Noela.
Día 26, sábado; Títeres para nenos: A xa-
nela do maxín, de Chincha Ranincha.
18:30 h. no Teatro Coliseo Noela.
Día 27, domingo; Cine para nenos/as: El
castillo ambulante.
18:30 h. no Teatro Coliseo Noela.
Día 28, luns; Teatro para nenos/as e no-
vos: Robin Hood, de A Contrabutaca Pro-
duccións.
18:30 h. no Teatro Coliseo Noela.
Día 29, martes; Cine para nenos/as: Pe--
queños salvajes.
18:30 h. no Teatro Coliseo Noela.
Exposicións:
-Casa da Cultura: Xuntos por unha via-
xe libre (Traballos do Obradoiro de Plásti-
ca Verán 2009).Do 4 ao 20 de decembro.
-Sala de Exposicións Coliseo Noela:
Rodando, un percorrido pola historia do
cine. Do 4 ao 13 de decembro. De 11:30 a
13:30 h. e fins de semana pola tarde.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: os castros de Neixón, en Cespón, Boiro, nun cómic de 1985

Vía http://neixon.blogspot.com/2009/12/neixon-na-fin-do-mundo.html

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello invertiu na cinta "Relatos", proxectada xa en Tokio e Donosti


 


Download now or preview on posterous
Relatos.doc (92 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: programa detallado da XI Mostra de Curtas "Vila de Noia"

Se queredes ver "Por la mañana" no voso monitor, o seu autor, Toño Chouza, tena en Vimeo:


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Publicidade: A Caseira está de aniversario

Estas imaxes son da degustación de bolería desta mañá. Pero o aniversario segue. Mirade a programación en

http://certo.es/index.php?page=a_caseira

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

3.12.09

Noia: no Día Mundial das Persoas con Discapacidade, informa o alcalde

No que respecta a accesibilidade temos unha nova positiva e outra negativa.

O negativo é os problemas de accesibilidade que ocasiona o adoquin e o seu encontro coa pedra na obra da Carreiriña. na parte da Porta da Vila solucionouse parcialmente elevando a canle de auga, pero está pendente de solucionar no resto de pasos de peóns. (Polo menos o bo tempo xa permitiu botar a primeira capa de asfalto).

Na parte positiva está o comezo das obras do ascensor e adaptación de aseo para discapacitados, no edificio do Curro onde se atopan os Servizos Sociais Municipais e a Oficina do Casco Histórico. A Obra está financiada dentro do Plan Provincial de mellora da accesibilidade e conta cun orzamento de 57 mil euros e está sendo executado pola empresa Construccións Ces cun prazo de execución de 120 días.

Unha de cal e outra de area.
Por que é hoxe o Día Internacional das persoas con discapacidade (antigamente Día dos Impedidos?) Miren en http://es.wikipedia.org/wiki/Discapacidad

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 5 de decembro, torneo de xadrez

Download now or preview on posterous
Rianxo Xadrez.pdf (957 KB)


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: desfanse os camiños por non coidalos, din os socialistas

Os socialistas da Pobra denunciamos a falta de coidado e  abandono no que se encontran moitos dos camiños municipais. A despreocupación e a deixadez  do equipo de goberno da Pobra, liderado polo Sr. Isaac, está sendo a tendencia xeral do seu goberno.

A preocupación do PP da Pobra céntrase en arranxar o casco urbano, os xardíns Valle Inclán e a praza rebautizada Segundo Durán, aínda que as aldeas carezan dos servicios básicos.

Estamos a denunciar as fochancas do “camiño do Cagulo”, no lugar da Angustia. Este camiño é frecuentado polos veciños da Angustia para achegarse ata a capela da Mercé, pois serve como atallo. Está dotado de alumeado público pero é evidente que está intransitable, especialmente cando chove.

As persoas que teñen o domicilio neste lugar teñen que saír obrigatoriamente a rúa en botas de auga ou con flotador. Unha imaxe de tempos pasados que o goberno do Sr. Isaac debe encauzar.  

Tendo en conta que hai numerosos plans aos que o Concello pode acollerse para dotarse de infraestructuras minimamente aceptables, (plan de cooperación cos concellos, Plan E,  novo FEIL, POS, ...), os socialistas pedímoslle que teñan sensibilidade cas persoas que viven nas aldeas xa que na maioría dos casos os servicios básicos que se prestan no rural son deficitarios.

O camiño do Cagulo necesita unha reparación urxente: pedimos que escoiten aos veciños cando suplican a intervención do Concello para correxir as deficiencias. Está claro que non se queixan de vicio.

Os usuarios do camiño do Cagulo deben estar tremendamente satisfeitos cos servicios que lles presta o Concello, mentres no centro se arranxan rúas que xa están arranxadas e poñen flores, na Angustia, (preto da AC-305) case afogan.

Son as prioridades do Sr. Isaac!!!

(Nota de prensa íntegra do Psoe local de A Pobra do Caramiñal)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical