22.12.09

Boiro: propostas de Aturuxo! para este Nadal

    As vacacións de Nadal xa están aquí! Para facilitar que a xente xe achegue a tomar algo polo local de Aturuxo nestas vacacións, van abrir todos os días (de 18.30 a 00.00) até o domingo 10 de Xaneiro (descansan os luns). Advirten que xa teñen a maquina de café en correcto funcionamento, para tomar algo quentiño nestas frías tardes de inverno!
   Durante toda esta semana haberá xornadas para por ao día moitas cousas no local (pintar, arrumar todo, limpar a fondo, etc) polo que seria bo que tod@s os Aturuxeiros fosen botar unha man!

Actividades sinaladas durante estas festas:

  
- Este sábado 26 de Decembro celebrarase en Compostela unha xornada en defensa das seleccións nacionais, Ás 17h. parte unha manifestación da Alameda de Compostela para reclamar a oficialidade das mesmas e despois xogará Galiza no campo de Santa Isabel. Para rematar haberá concertos na Sala Capitol (Habeas Corpus, Machina e Mencer Vermello). No local están á venda os cartóns de Siareir@s Galeg@s a un prezo de 5€ cunha camisola de regalo.

   - A noite de Fin de ano organizan unha festa especial para celebrar o cambio de ano. Barra libre de (1.00 a 6.00) a un prezo de 20€ anticipada e 25€ no dia. Podedes mercar o bono na barra de Aturuxo, apurade que hai bonos limitados!

   - O venres 8 de Xaneiro conmemoran o pasamento de A.D.R. Castelao (fai 60 anos) con varias actividades:
                           .- 20.30 Recital poético coas REDES ESCARLATA
                           .- 21.30 Cea (ensalada de pasta, tortilla, churrasco, chourizo asado,                            vinho, postre e café) PREZO SOCI@S: 5€, non soci@s 10€
                           .- 23.00 Concerto: Cantareiras e O Leo i arremecaghona


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: a Árbore do Imperio xa está acesa!

Foto collida no flickr da Casa Blanca, onde chegou este ano un tal Obama...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: entrega do premio de poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón"

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: Vinte anos sen Andrés Do Barro

Dos primeiros que cantou en galego na ditadura de Franco. O primeiro que colocou de número 1 unha canción en galego nas radiofórmulas de España.

Para os seareiros: http://www.dobarrismo.com

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: ese papá Noel ten un aire a Rajoy, pero bañador socialista

Non, non imos abrir sección "semellanzas razonables"...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: Lage Tuñas gañou o premio "Minuto de Ouro"


O número 18 marcou dalgún xeito a categoría do 'Minuto de Ouro'. Primeiro, porque o gañador desta sección, o socialista José Manuel Lage, acusara ao Goberno do PP de promover o seu particular “18 de xullo” contra a língua galega, aínda esta vez triunfou coa frase: “Vostedes queren impoñerlle o consenso ao PSdeG igual que se me impuxeran a mín a moza coa que teño que bailar”. O popular Agustín Baamonde foi finalista, tamén co 18 de bandeira, coa frase: “Os socialistas foron á manifestación do 18 [de Queremos Galego] como os enfermos que van a Lourdes a ver se lles curan a súa inutilidade”.

Internet: recupera a túa vida real e suicídate virtualmente con Web 2.0 Suicide Machine

O caralludo é que esta web ten ligazóns a todo o que rexeita e que afirma che saca a vida "real". Tratarase dun viral? Ou é só para xente aburrida de Faceboo, Twitter e MySpace?
Se queres usala, sentidiño. Que logo voltar darse de alta de todo é outro rollo enorme!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Nadal deportivo con aventura e competicións variadas

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura: O Apalpador busca facerse oco a costa de Papa Noël

No tocante ás tradicións que teñen que ver cos agasallos, somos moi "romanos" (que engulían todo tipo de relixións, deuses e crenzas). Así que nos tememos que, os que teñen fillos, van ter que acabar poñendo o agasallo dos Reis, o de Noel e agora o do Apalpador. En Euskadi xa hai anos que o veñen facendo co Olentzero.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: listaxe definitiva da clasificación da carreira na memoria de Pepe Buceta

Download now or preview on posterous
Mar de Boiro.pdf (83 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical