1.1.10

Deportes: só uns poucos valentes fan esta subida ao Iroite o 1 de xaneiro

Tamén hai fotos (este usuario Boirinho é unha mina!) en
http://picasaweb.google.es/boirinho/SubidaIroite?authkey=Gv1sRgCKmg-qHwlKWsXw&feat=directlink#

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: caravana reivindicativa de coches en Barbanza, de Rianxo a Ribeira

Programa:

Caravana de automóbiles reivindicativa o vindeiro sábado, 2 de xaneiro, a partir das 18:00 horas. Sairá do Porto de Rianxo e rematará cunha concentración diante do palco da musica, na Avenida do Malecón de Ribeira

Boiro: está prevista a chegada ás 18:30 horas, darase unha volta pola casco urbano para sair até A Pobra.

Pobra: chegarase un pouco antes das 19:00 horas, darase tamén unha volta pola vila e logo sairase cara Ribeira.

Ribeira: está prevista a chegada a capital da Barbanza sobre as 19:30 horas. Despois de dar unha volta polo casco urbano rematarase ao final do Malecón. Logo de aparcar farase unha concentración a carón do palco da música do Paseo do Malecón, onde se dará lectura ao manifesto feito pola plataforma Queremos Galego ao redor das 20:00 horas.

By: Domi | 2010/01/01 | BNG Ribeira | Trackback | Comments [RSS 2.0]

Un acto convocado por "Queremos Galego Barbanza". Razóns en:
http://bng-ribeira.org/domi/index.php/2010/01/01/queremos-galego-barbanza-convoca-unha-caravana-de-automobiles-como-acto-reivindicativo-a-prol-do-idioma/

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

31.12.09

Que teñan boa entrada en 2010

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medios: fin de década, fin de ciclo, fin da prensa?

O gráfico, que se asemella ao monte Enxa, é ben elocuente... Traballadores relacionados cos medios dende os anos 50 ata hoxe. En USA.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

30.12.09

Fotografía: segundo Flickr, estas son as mellores que temos neste xornal

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: Vai de Roda felicita o 2010

Que espera ler aquí? Pique na foto, pique!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: maxia contra ciencia no Nadal activo

Este mércores día 30 de decembro tivo lugar a actuación “Maxia vs Ciencia”  en Dodro. Unha científica, Rigoberta, vai dar unha conferencia sobre ciencia pero o mago, Pablo, perséguea e contrapón os seus trucos de maxia aos experimentos científicos dela.


A maioría do público asistente eran nenos que puideron gozar con experimentos científicos e as súas explicacións, ao tempo que vían trucos de maxia que, cunha metodoloxía completamente distinta, conseguían acadar un efecto moi semellante.


Representouse no Salón de Actos da Paxareira, ante unhas trinta e cinco persoas, que disfrutaron coa posta en escea e mesmo participaron activamente.

 

Esta función foi a penúltima do programa “Nadal Activo 2009” do que só resta unha obra de teatro de Darío Fo: “Os mortos factúranse e as mulleres íspense” que se representa o mesmo día 30 ás 20 h.


A traca final do Nadal é o día 5 de xaneiro, coa segunda edición da Cabalgata de Reis en Dodro.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: o Máster Galego de Tenis, esta fin de semana en Ribeira

Imaxes da presentación esta mañá, co concelleiro de Deportes de Ribeira, M. A. Vidal, e Blas Sobrido, do clube de tenis Punta Salera de A Pobra

 


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: Curva á Eskerda o sábado 2 de xaneiro

O sábado 2 de xaneiro actúa o "Curva á Eskerda", un grupo de Porto do Son. Na sala Ardora (ao pé da praia de Fonforrón), ás 24h.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o martes 5 de xaneiro, cinema pola mañá e cabalgata de Reis e belén vivinte pola tarde

Download now or preview on posterous
Rianxo Nadal.pdf (1186 KB)

O vindeiro martes, 5 de xaneiro, as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán, como cada ano, ós nenos e nenas de Rianxo. Haberá Cabalgata de Reis e Belén Vivinte. Este ano ademais, os paxes das SSMM os Reis Magos pasarán polas distintas parroquias a recoller as cartar de todos os nenos e nenas e a repartir caramelos.

As SSMM os Reis Magos sairán ás 18:00 horas do Ceip Castelao, seguirán por Rianxiño e Rinlo ata a Praza Castelao, onde ás 18:30 horas serán recibidos no Concello e realizarán a ofrenda ó Belén Vivinte. A continuación seguirán co seu desfile polas rúas da Vila e visitarán a Igrexa Parroquial, onde repartirán caramelos, sobre as 19:30 horas.

Este ano ademais os paxes das SSMM os Reis Magos pasarán polas distintas parroquias a recoller as cartas de todos os nenos/as de Rianxo e repartir caramelos. Acudirán ao remate das misas dos días 1 e 3 de xaneiro nestes horarios:

Venres 1 de Xaneiro:

  • Araño: logo da misa de 10:00 h
  • Isorna: logo da misa de 11:30 h
  • Taragoña: logo da misa de 12:30 h.

Domingo 3 de Xaneiro:

  • Leiro: logo da misa de 10:30 h
  • Asados: logo da misa de 11:30 h
  • Rianxo: logo da misa de 12:00 h


En caso de choiva, a recepción trasládase á Igrexa Parroquial.

Cine para nen@s

Tamén o vindeiro martes, 5 de xaneiro, ás 11.30 horas, no Auditorio de Rianxo, realizaráse a proxección da película "O Sono dunha noite de San Xoán", baseada na obra de William Shakespeare.
Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Esta película obtivo un premio Goya da Academia Española á mellor película de animación (xaneiro de 2006).

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical