Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
2.1.10
1.1.10
Deportes: só uns poucos valentes fan esta subida ao Iroite o 1 de xaneiro
Tamén hai fotos (este usuario Boirinho é unha mina!) en
http://picasaweb.google.es/boirinho/SubidaIroite?authkey=Gv1sRgCKmg-qHwlKWsXw&feat=directlink#
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Lingua galega: caravana reivindicativa de coches en Barbanza, de Rianxo a Ribeira
Programa:
Caravana de automóbiles reivindicativa o vindeiro sábado, 2 de xaneiro, a partir das 18:00 horas. Sairá do Porto de Rianxo e rematará cunha concentración diante do palco da musica, na Avenida do Malecón de RibeiraBoiro: está prevista a chegada ás 18:30 horas, darase unha volta pola casco urbano para sair até A Pobra.
Pobra: chegarase un pouco antes das 19:00 horas, darase tamén unha volta pola vila e logo sairase cara Ribeira.
Ribeira: está prevista a chegada a capital da Barbanza sobre as 19:30 horas. Despois de dar unha volta polo casco urbano rematarase ao final do Malecón. Logo de aparcar farase unha concentración a carón do palco da música do Paseo do Malecón, onde se dará lectura ao manifesto feito pola plataforma Queremos Galego ao redor das 20:00 horas.
By: Domi | 2010/01/01 | BNG Ribeira | Trackback | Comments [RSS 2.0]
Un acto convocado por "Queremos Galego Barbanza". Razóns en:
http://bng-ribeira.org/domi/index.php/2010/01/01/queremos-galego-barbanza-convoca-unha-caravana-de-automobiles-como-acto-reivindicativo-a-prol-do-idioma/
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
31.12.09
Medios: fin de década, fin de ciclo, fin da prensa?
O gráfico, que se asemella ao monte Enxa, é ben elocuente... Traballadores relacionados cos medios dende os anos 50 ata hoxe. En USA.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
30.12.09
Dodro: maxia contra ciencia no Nadal activo
Este mércores día 30 de decembro tivo lugar a actuación “Maxia vs Ciencia” en Dodro. Unha científica, Rigoberta, vai dar unha conferencia sobre ciencia pero o mago, Pablo, perséguea e contrapón os seus trucos de maxia aos experimentos científicos dela.
A maioría do público asistente eran nenos que puideron gozar con experimentos científicos e as súas explicacións, ao tempo que vían trucos de maxia que, cunha metodoloxía completamente distinta, conseguían acadar un efecto moi semellante.
Representouse no Salón de Actos da Paxareira, ante unhas trinta e cinco persoas, que disfrutaron coa posta en escea e mesmo participaron activamente.
Esta función foi a penúltima do programa “Nadal Activo 2009” do que só resta unha obra de teatro de Darío Fo: “Os mortos factúranse e as mulleres íspense” que se representa o mesmo día 30 ás 20 h.
A traca final do Nadal é o día 5 de xaneiro, coa segunda edición da Cabalgata de Reis en Dodro.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Deportes: o Máster Galego de Tenis, esta fin de semana en Ribeira
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
