Unha iniciativa da Mancomunidade Arousa Norte
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Unha iniciativa da Mancomunidade Arousa Norte
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Comenta Xensboy neste vídeo:
"Impresionante intervención do ribeirense Carlos Callón en defensa do fermoso idioma da nosa terra, nunha praza do Obradoiro chea, coa presencia de moitos educadores e estudantes.
Gustoume moito a participación do galés Craig Patterson.
Penso que é importante, e triste, o tema dos Teletubbies. Mesmo unha serie subversiva como a xaponesa Shin-Chan ten a virtude de ensinar un bo galego aos nenos. Todo o mundo sabe que a dobraxe galega desa serie é moi superior á que se fixo en castelán. O castelán que é, por certo, unha lingua que amo.
O castelán non está en perigo, pero o galego si".
En Certo entrevistamos a Callón en http://certo.es/index.php?page=carlos_manuel_callon
e a Craig Patterson en http://certo.es/index.php?page=craig_patterson
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O Departamento de Deportes do Concello de Dodro organiza unha viaxe á neve para que todos os veciños poidan gozar da actividade. Prográmase unha viaxe á Estación Invernal de san Isidro, que se atopa na Cordilleira Cantábrica, ao norte da provincia de León; concretamente no Concello de Puebla de Lillo.
DOCUMENTACIÓN para poder inscribirse:
Tel. de información (Departamento de Deportes): 981.80.25.32
Queres coñecer máis polo miúdo a estación de San Isidro? http://www.san-isidro.net
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo, 27 de xaneiro de 2010. (Nota íntegra do Bng) Un ano despois de inaugurarse ou recinto rianxeiro é preciso activar un regulamento de usos do espazo, do que hoxe carece, ademais de incorporar persoal persoal suficiente e acorde coa demanda para garantir a apertura plena do Auditorio. Este raramente abre polas tardes ao público, agás casos excepcionais e actividades especiais, e aínda non acolleu a biblioteca, co que ten un importante baleiro no espazo a ela destinado. Ademais non dá atendido demandas de colectivos rianxeiros que gustarían de empregar máis ao fondo estas óptimas instalacións e que veñen reclamando se dote dese regulamento e o consensúe coas entidades culturais para facilitar o acceso xeral ao equipamento.
Ademais vemos como neste ano 2010 aínda non se realizaron os trámites para integrarse na Rede Galega de Teatros e Auditorios, o eixe sobre o que gravita boa parte dá programación teatral, de danza e musical de calidade de Galiza e que permitiría ampliar o abano de actuacións que se ofrecen para os veciños de Rianxo.
O Bng solicitará formalmente do executivo a través dunha iniciativa plenaria que impulse un proceso participativo para adoptar ese regulamento de usos, que o dote do persoal necesario para abrir en horario amplo as instalacións, que se abra á actividade diaria das formacións e colectivos rianxeiros e que realice os trámites para incorporarse á Rede Galega cunha programación profesional e afeccionada acorde ao noso Concello.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios é o principal instrumento desde a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para promover a distribución dás producións escénicas galegas. Estrutúrase baixo unha fórmula dunha rede de espazos dos que son titulares uns 45 concellos (Boiro incluído desde hai anos) e entidades de toda Galicia e na que se desenvolven cinco tipos de programación: teatro para público adulto, teatro infantil, danza, maxia e música de cámara.
Despois do proceso de reforma e regulación legal ao que foi sometida en 2006, a RGTA iniciou unha nova fase marcada pola súa consolidación definitiva como o principal medio de distribución dos espectáculos profesionais galegos. Os cambios déixanse ver na intensificación da programación, así como na suba notable da cifra media de representacións por compañía e nun aumento tamén destacado na facturación por cada formación artística. Así mesmo, na dinámica de distribución procurouse establecer mecanismos máis axeitados, estables e útiles para os creadores, de referencia para os públicos e máis ordenados e lóxicos para os concellos e entidades participantes.
A Xunta de Galicia asume en todas as programacións desta Rede unha porcentaxe do custo de cada función, que oscila entre ou 30% e ou 60%, dependendo de factores diversos como o tipo de programación, o número de habitantes do concello destinatario e o importe do caché dá compañía ou artista contratado.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A miúdo atopámonos con noticias de comunidades que celebran con ledicia o descubrimento de calquer remoto vestixio. Cada anaco de cerámica, petróglifo, fósil ou obxecto que referencie unha época histórica ou prehistórica é recibido como se dun tesouro se tratase.
A Casa de Doña Adela, de carísima factura, parece que nun futuro —non sabemos cando virá o anxo que lle franquee as portas —, será destinada a facer de exposición mostrando o pasado e presente da moi nobre e moi leal cidade de Ribeira na súa faceta histórica. Neste cubículo de luxo onde con catro basta, din que se pretende instalar un museo de bonecas e armas ferruxentas: representativas da historia de Santa Uxía?
No esquife recinto espéllase a calidade de xestión dos excelentísimos, ilustrísimos e lela-oposición que rexen os ignotos destinos dos pacientes e resignados súbditos. Anoréxicas rúas, residencias abafantes, museos breves, prazas de abastos africanas, estacións de autobuses tropicais e alamedas de paus secos contribúen ao decoroso glamour da estrinxida capital do concello.
Neste caso amósovos un petroglifo que foi soterrado vivo: Desfíxose unha casa antiga, e no muro do lindeiro, aparece esta pedra riscada amosando unha singular gravación que, a xulgar pola súa situación, denota que na súa orixe tivo outra ubicación e misión. O caso é que o achádego foi denunciado para a súa recuperación pero a fatalidade, a apatía, o desleixo, a falla de interese e a idiotez deixaron que a pedra e a mensaxe impresa na mesma seguise emparedada per secula saeculorum.
Estes xestos denotan a vocación, sensibilidade, vontade e intención que reinan no aristocrático ambiente da “capital barbanzana” á hora de civilizar ás asilvestradas mesnadas.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Un divertido artigo dos rapaces de Axena (A Pobra) en
http://blogueiros.axena.org/2010/01/27/en-tiempos-de-crisis-el-superespermatozoide/
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
"Daquela, para non ferir sensibilidades e apoiar a peculiar alianza de civilizacións entre os militares africanistas feixistas e os colonizados do Rif, o crego don Prudencio mandou tapar a figura do Santiago Matamoros que sobranceaba o retábulo maior da igrexa".
Unha nova entrega de Faranji, por Xurxo Ayán. Ilustrada con fotos do Arquivo Pacheco.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Tabaco, droga, castros de Neixón...
Un documental que aínda non se viu en Boiro (si en Cespón), grazas ao "bo facer" do Concelleiro de Cultura, Piñeiro (PSOE), e do seu xefe, o alcalde de Boiro, Deira, BNG. Bipartito rules!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia