6.2.10

Curiosidades: estréitase o cerco sobre o que escribiu esta pintada

Logo das declaracións de Esperanza Aguirre ante un micro aberto e de Telmo Martín ante un vídeo aberto polo seu propio partido, a investigación sobre os autores desta pintada está cada vez máis azul... queremos dicir, máis clara!
Visto en Corrubedo (enriba da pintada hai un faro ben xeitoso).

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: a Escola Infantil tamén ten web

Nova proba coa película flash da Pía do Frade en Ribeira

5.2.10

Neve: alumnos de Boiro desfrutando do snowboard en Andorra

E ti, tamén queres probar este apaixoante deporte? Hai viaxes organizados en varios concellos! Mira:
http://certo.posterous.com/deportes-ribeira-e-a-pobra-organizan-xuntos-u

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio ambiente: unha canteira entre Carnota e Muros pegaralle unha chantada á paisaxe visible dende Barbanza e Noia

Dodro: programa de actividades xa pechadas da biblioteca pública durante este ano 2010

PROGRAMA 2010 Biblioteca de Dodro


 MARZO

29 marzo: Contacontos: por Olga Abad. Biblioteca

30 marzo: Monicreques: Mistos, o dragón por Tarabelos. Local S. C. Lestrobe

31 de marzo:  Monicreques: O Pasmón peatón por Teatro de marionetas Trécola. Local S.C. Lestrobe


ABRIL: MES DOS LIBROS

6 de abril: Monicreques: Contos do titiriteiro por A Xanela do Maxín. Local S.C. Imo

23 abril, Dia do Libro: Obradoiro: Conto-musical por Marisa Irimia e o músico Juan Carlos Vázquez . Biblioteca

MAIO: Mes das Letras Galegas

13 de maio: Obradoiro: Gran xogo día das Letras Galegas por EDUVIA . Biblioteca

15 de maio:  Teatro: Contigo,pan e cebola por Escola de teatro de Valga. Salón Actos Paxareira 


 21 de maio: Recital poético por Darío Xohan Cabana. Biblioteca


XUÑO

 
28 de xuño: Maxia: Nada na manga: Gusi o mago sen sombreiro por Altega S.L. Local S. C. Lestrobe

29 de xuño:  Maxia. Ilusións2.0 por Mago José Rivera. Biblioteca


OUTUBRO

31 outubro: Regueifas por Regueifeiros de Galicia. Salón Actos Paxareira

 

NOVEMBRO

 

3 novembro: Semana da tradición oral , con Obradoiro: Regueifas por Xosé Manuel Varela. Biblioteca

DECEMBRO

19 de decembro:  Recital: Eva Veiga. CPI Dodro

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: programa do Entroido 2010


Martes, 16 de febreiro, a partir das 17:00 h na Paxareira
 
Obradoiro de maquillaxe
Obradoiro de globoflexia
Chocolate con churros
Xogos tradicionais
Concurso de disfraces
Concurso á mellor comparsa


Ás   17:45   h.   comezarán   os   concursos   de   disfraces   nos   que   se establecen as seguintes categorías e premios:

–De 0 a 7 anos. Premio: agasallo sorpresa.
–De 8 a 15 anos. Premio: un reprodutor MP4.
–De 16 anos en diante. Premio: unha videocámara Sony.
Concurso á mellor comparsa premiada cunha canastra de Entroido.

A inscrición para ambos concursos realizarase ese mesmo día de 17:00 a 17:45 h.
As bases atópanse no Concello de Dodro a disposición dos/as interesados/as.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: tunea a sosa entrada do teu garaxe

Hai seis aquí (encantounos o da adega e a do cabalo) http://reflectionof.me/cool-garage-door-stickers-0. Pero a empresa que fabrica estes fotoplanos ten máis: http://www.style-your-garage.com/

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: as composicións de Antón Alcalde, camiño de ser as máis escoitadas na Federación Galega de Bandas de Música Populares

Comunidade

Esta é a túa sección, a sección de todos nos.

Poderás escoitar a música e as partiruras que queiras, subir as túas propias, descargar as dos demais. A comunidade é nosa. Aproveitaa!

Temas Veces que foi escoitada Número de comentarios Partitura
1 Play

Rapsodia Arousá de Eligio Vila
FGBMP
2129 1
2 Play

Marea Negra (Antón Alcalde Rodríguez)
FGBMP
2105 1
3 Play

Pórtico (Antón Alcalde Rodríguez)
FGBMP
1462 1
4 Play

Mi tierra gallega (Ricardo Ceratto. Prudencio Romo)
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE LOUSAME
846 0
5 Play

O Soño de Breogán (Juan Durán)
FGBMP
715 1
6 Play

ABBA GOLD (Arr.: Ron Sebregt)
BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE OUTES
673 0
7 Play

mozos do penedo
670 0
8 Play

Bellas Artes (Aurelio Nieto)
BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
580 0
9 Play

Rotundo (José Luís Represas Carrera)
BANDA DE MÚSICA DE ARCA
530 0
10 Play

Terra de Oestrimnios (Andrés Álvarez Hernández)
FGBMP
417 1

>1<  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21 

Non escoitaron "Marea Negra" ou "Pórtico" aínda? Dúas obras incribles que darán moito que facer ás bandas de música do país -e de fóra, xa verán- no futuro. A que agardan?
http://fgbmp.net/index.php?id=197&no_cache=1


De Antón Alcalde falámoslle en http://certo.es/index.php?page=anton_alcalde

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: organizan varias actividades para conmemorar o aniversario do Centro de Día


No centro de día houbo actividades como charlas sobre o mal Alzheimer

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical