7.2.10

Opinión: Marcos X. Agrelo fala de Torres Colomer e moteiros do Barbanza

"Que foi da colecta que organizou o colectivo de moteiros entre as empresas da comarca para instalar a dobre bionda?

Para cando outras 3 pancartas que digan : “Hernández dimisión”, “¿Dónde están nuestras promesas?, ¿Dónde está la seguridad vial?” e “Lo de la autovía de Barbanza es una vergüenza”?"

O segundo artigo de Marcos X. en Certo vén quentiño e sobre dúas rodas (ou sobre dobre bionda, a saber):
http://certo.es/index.php?page=de_torres_colomer_e_os_moteiros_do_barbanza

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua Galega: unha película dunha rusa que fala galego e pregunta por que o falamos nós

Comeza coas badaladas da Berenguela... Bo comezo!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: OS MIOLOS, por Vicente de Lema, no blog do IES Praia de Barraña

ARA SOLIS

AS ALDEAS quedan sen xente. Non hai moitas décadas nas que había unha chea rapaces correndo por corredoiras sen asfaltar.



Berraban, rían ou rifaban. Había vida. Sempre se vía algún por calquera lugar que un percorrese. Verán e inverno andaban por fóra.



Ás veces, acababan mollando os pes e collían catarreiras. E ademais da tose tiñan que aguantar as rifas das respectivas nais por ter andado saltando polas pozas.



Os rapaces adoitaban facer travesuras. A máis habitual era roubar froita, que estamos no tempo, e se era na horta do crego, mellor. As mazáns do párroco sempre eran as máis sabedoras.



Agora, un percorre lugares e lugares e non ve un rapaz.



Para xogar un partido, os pais teñen que levalos ao polideportivo da vila e mercarlle un traxe do Dépor, Madrid ou Barcelona.



Os vellos campos de fútbol encheron de silvas e non hai quen entre. Aqueles goles de dubidosa legalidade -máis aínda cao de Cannobio ao Madrid-, nos que o balón pasaba por riba das chaquetas amontoadas, que facían de poste da portería.



Os que entraban por alto dependían da estatura do porteiro. A discusión era segura.

Unha muller queixábase o outro día de que o seu neto non sae do ordenador: «Aínda lle han de ferver os miolos»



Preciosas as tres fotos de Mathilda Anderson. As outras ignoramos de quen son.
Non sabe quen é Mathilda? Xa tarda en ir ver a súa exposición:
http://certo.posterous.com/fotografia-galicia-nos-anos-20-unha-mostra-qu

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: piden que se retire unha pancarta co lema "Non á desfeita urbanística" nun muro desfeito polo feísmo

Sobre feísmo habería moito que dicir. Outros preferimos chamarlle "interpretación alternativa da paisaxe" ou "adaptación de novos materiais á cortiza terrestre de toda a vida". Non sabemos se isto é feismo, pero guapismo tampouco é, iso seguro. A entrada completa en:
http://fonforron.blogspot.com/2010/02/feismo.html

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

6.2.10

Curiosidades: estréitase o cerco sobre o que escribiu esta pintada

Logo das declaracións de Esperanza Aguirre ante un micro aberto e de Telmo Martín ante un vídeo aberto polo seu propio partido, a investigación sobre os autores desta pintada está cada vez máis azul... queremos dicir, máis clara!
Visto en Corrubedo (enriba da pintada hai un faro ben xeitoso).

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: a Escola Infantil tamén ten web

Nova proba coa película flash da Pía do Frade en Ribeira

5.2.10

Neve: alumnos de Boiro desfrutando do snowboard en Andorra

E ti, tamén queres probar este apaixoante deporte? Hai viaxes organizados en varios concellos! Mira:
http://certo.posterous.com/deportes-ribeira-e-a-pobra-organizan-xuntos-u

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio ambiente: unha canteira entre Carnota e Muros pegaralle unha chantada á paisaxe visible dende Barbanza e Noia

Dodro: programa de actividades xa pechadas da biblioteca pública durante este ano 2010

PROGRAMA 2010 Biblioteca de Dodro


 MARZO

29 marzo: Contacontos: por Olga Abad. Biblioteca

30 marzo: Monicreques: Mistos, o dragón por Tarabelos. Local S. C. Lestrobe

31 de marzo:  Monicreques: O Pasmón peatón por Teatro de marionetas Trécola. Local S.C. Lestrobe


ABRIL: MES DOS LIBROS

6 de abril: Monicreques: Contos do titiriteiro por A Xanela do Maxín. Local S.C. Imo

23 abril, Dia do Libro: Obradoiro: Conto-musical por Marisa Irimia e o músico Juan Carlos Vázquez . Biblioteca

MAIO: Mes das Letras Galegas

13 de maio: Obradoiro: Gran xogo día das Letras Galegas por EDUVIA . Biblioteca

15 de maio:  Teatro: Contigo,pan e cebola por Escola de teatro de Valga. Salón Actos Paxareira 


 21 de maio: Recital poético por Darío Xohan Cabana. Biblioteca


XUÑO

 
28 de xuño: Maxia: Nada na manga: Gusi o mago sen sombreiro por Altega S.L. Local S. C. Lestrobe

29 de xuño:  Maxia. Ilusións2.0 por Mago José Rivera. Biblioteca


OUTUBRO

31 outubro: Regueifas por Regueifeiros de Galicia. Salón Actos Paxareira

 

NOVEMBRO

 

3 novembro: Semana da tradición oral , con Obradoiro: Regueifas por Xosé Manuel Varela. Biblioteca

DECEMBRO

19 de decembro:  Recital: Eva Veiga. CPI Dodro

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical