2.3.10

Ribeira: apremian á Xunta para que entregue durante o mes de marzo as vivendas sociais de Xarás

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG,José Manuel Lage urxe á Xunta de Galicia nunha proposición non de lei a entregar as 21 vivendas de protección oficial de Ribeira e denuncia "o incumprimento dos prazos por parte da Xunta de Galicia".


-Lage Tuñas recorda que "as vivendas tiñan que terse rematado o 16 de maio de 2009 pero non se cumpriu o prazo e despois o goberno galego volveu a dar un novo prazo para finais de setembro do 2009, e volveron a incumprir a súa palabra".

-"Non é normal que a Xunta actúe con tal lentitude porque da moi mala imaxe e amosa unha falta seriedade por parte do Goberno de Núñez Feijóo".

-O deputado do PSdeG agarda "que o PP vote a favor da nosa proposta e a Xunta entregue antes de que remate o mes de marzo as vivendas aos seus adxudicatarios."

-"Estamos a falar dun proxecto que comezou fai dez anos, e supón unha auténtica vergonza ver como aínda non se entregaron as vivendas. É algo que non se pode volver a repetir".

 



Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Motor: o Bng pide maior seguridade para os moteiros na autovía AG-11 (a do Barbanza)

Download now or preview on posterous
BARBANZA.pdf (190 KB)


Concentración en Ribeira para pedir seguridade para os motoristas

Ribeira, 2 de marzo de 2010. A deputada do BNG Ana Pontón vén de presentar unha iniciativa sobre a necesidade de colocar sistemas de contención para a protección dos e das motoristas que transitan pola autovía do Barbanza.

Pontón explica nesta iniciativa que xa durante a pasada lexislatura a seguranza das e dos motociclistas nesta autovía xerou un importante debate polas dúbidas expresadas polas asociacións de motoristas sobre a colocación destes sistemas xa que consideraban que deberían ser colocados en toda a autovía.

Para Ana Pontón, “o Partido Popular criticou con dureza ao Goberno bipartito afirmando que, os sistemas de dobre bionda instalados non eran suficientes” e asumindo o compromiso de instalar estes sistemas en todo o trazado desta infraestrutura, o que –a xuízo da deputada nacionalista- “foi  máis unha promesa electoral que un compromiso que vaia asumir o novo goberno”.

O BNG considera que a seguranza viaria é un asunto de especial transcendencia como para xerar falsas expectativas ante os datos dos accidentes producidos por colisión  contra gardarraís. De aí, a necesidade de coñecer as previsións do Goberno galego sobre o cumprimento das esixencias de seguranza para os/as motoristas e as medidas que farán efectivo o compromiso de instalar sistemas de contención adaptados  para este numeroso colectivo na devandita autovía.

A deputada nacionalista salienta os datos reflicten que un 15% dos/as accidentados/as no último ano, foron vítimas de colisións contra gardarraís véndose involucrados nun 20% dos accidentes con vítimas e o 12,2% de falecementos en vías urbanas e interurbanas no conxunto do estado.

Ante esta situación, a deputada do BNG quer saber a valoración da Xunta de Galiza sobre o grao de seguranza  para o colectivo de motoristas que circulan pola autovía do Barbanza,se considera necesario instalar a dobre bionda en todo o seu percorrido e de ser así, cando iniciará a súa instalación.

Relacionado: un colaborador de Certo referiuse a este asunto hai pouco


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o PSOE resposta a Portos pola negativa a retirar os coídos e paralizar así a rexeneración da Ría

Rianxo: o domingo 7 de marzo, DKD Dúo ofrece un concerto de música de cámara

A Escola de Música de Rianxo organiza o primeiro os concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010, que terá lugar o vindeiro domingo 7 de marzo ás 19:30, no Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión haberá oportunidade de escoitar a DKD Dúo, formado por Iago Hermo (Piano) e Antón Alcalde (Percusións).


Saben quen é Antón Alcalde? Falamos del aquí


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o consello local do Bng, a favor dos pasos de peóns a xeito de banzos nas proximidades de poboacións

O Consello Local do BNG de Boiro respalda as actuacións realizadas polo goberno municipal para a mellora da seguridade e da accesibilidade dos viais

Boiro inzarase con sinais destes en breve

 

Boiro, 2 de marzo de 2010 (nota íntegra do Bng). Sen ánimo de entrar en discusións estériles desde o BNG consideramos que as medidas adoptadas polo goberno de Boiro, consistentes na elevación dos pasos de peóns nas proximidades das poboacións, contribuirán á mellora da seguridade tanto de viandantes como de condutores despois de que se teña constatado en máis dunha ocasión a excesiva velocidade pola que se circula nalgúns tramos do noso viario, coa conseguinte perigosidade para nenos, anciáns e habitantes da nosa vila.

Os nacionalistas defenden este tipo de obstáculos no medio da estrada

 

Ninguén dubida que, cos novos pasos elevados, a velocidade de circulación dos vehículos reducirase, os pasos de peóns serán máis visíbeis e seguros e, ao mesmo tempo, facilitarase a accesibilidade das persoas maiores e dos diminuídos no habitual desenvolvemento das súas vidas. Os pasos de peóns serven de medida disuasoria e preventiva, tanto para condutores imprudentes como para posíbeis distraccións ao volante.

Outra vantaxe que lle ven é que non é unha medida recadatoria

 

Finalmente, trátase dunha medida probada en países europeus, así como en moitos concellos próximos como Vilagarcía, Cambados, Pontevedra, a Illa de Arousa, a Estrada, o Carballiño, etc., nos que se demostrou que esta actuacion é efectiva, ademais de non ser recadatoria. Despois dun accidente non vale de nada por multas, xa fose por imprudencia ou por exceso de velocidade, senón que é mellor previr e evitar así atropelos. Sabemos que é unha medida que afecta a todos incluso ás persoas que circulan civilizadamente, pero se así somos capaces de salvar unha soa vítima vale a pena. 

 

Desde o BNG estamos seguros de que esta obra será ben acollida co tempo tanto no Cabo da Cruz como no resto los lugares nos que se colocaron, e que contan co beneplácito da cidadanía.


Relacionada:

Polémica en Cabo de Cruz polos pasos elevados

(CabodeCruz.net)

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o trebón extratropical Xynthia ao seu paso por Comoxo

Explica o usuario snowgz: "Ciclogénesis explosiva "Xynthia" 27/2/2010. A las 19:00 el ojo del huracán aterriza en la zona de Barbanza, (Comoxo). La temperatura subió unos minutos antes hasta los 20 grados y luego bajó a los 6 ó 7 de golpe. Las rachas de viento huracanadas en algunas ocasiones superaron los 130 km/h".
Por se as moscas, non abriu a fiestra... Usuario de YouTube precavido vale por dous!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

1.3.10

Noia: Portos de Galicia, en contra da demolición dos coídos (escollera), pois di que faría desaparecer o porto de Noia


A supresión destes coídos, di Portos de Galicia, "produciría que as aportacións dos ríos colmatasen todo o estuario eliminándose deste xeito a posibilidade de acceder a un dos portos históricos de Galicia"

Esta escolleira forma parte das instalacións transferidas ao organismo portuario no ano 1982 e polo tanto Costas do Estado non ten competencias sobre ela, afirma Portos de Galicia.

Noia, 1 de marzo de 2010.- Portos de Galicia considera que o proxecto de demolición dos coídos da canle de acceso ao porto de Noia, que plantexa o Ministerio de Medio Ambiente a través de Costas do Estado, non beneficiará ao porto, senón que incluso o faría desaparecer.

O organismo portuario sinala que esta actuación non permitirá recuperar zonas ata o momento improdutivas e ademais convertería aquela superficie nunha marisma. Portos de Galicia considera que unha rexeneración integral da ría sería a opción mais axeitada, é dicir, a limpeza de fangos e o saneamento da ría, xa que logo, a supresión da devandita escollera produciría que as aportacións dos ríos colmatasen todo o estuario eliminándose deste xeito  a posibilidade de acceder a un dos portos históricos de Galicia.


Peirao de Noia en 1925. Fotos da estadounidense Ruth Anderson

Portos de Galicia considera que a desaparición destas instalacións privaría á vila de Noia dun dos seus máis importantes atractivos: o do seu porto, no que historicamente existiu un importante tráfico marítimo de mercadorías.

A devandita escollera fora construída a finais nos anos cincuenta sobre un proxecto inacabado redactado no ano 1946, que permitiría manter constantemente auga en toda a superficie. Por outra banda, esta canle de acceso forma parte das instalacións transferidas ao organismo portuario no ano 1982 e polo tanto Costas do Estado non ten competencias sobre ela, asegura Portos de Galicia en nota de prensa.


Obxectos retirados da ría de Noia por Medio Ambiente no último ano

Que pasa entón co proxecto de rexeneración?

O Estado ía investir case tres millóns de euros para dragar a lama da ría de Noia entre a ponte e o malecón de Gasset. A intención era tirar desa zona ata un metro de profundidade da lodeira. Estas obras ían licitarse nos próximos meses (aínda que, como advertimos sempre en Certo, fíense das datas de palacio e logo non corran) e incluirían as toneladas de rebos retirados deses coídos.

Haberá agardar, de novo, e ver se os técnicos das diferentes administracións se poñen de acordo. Tamén habería que pedirlle explicacións a alguén se estivo a facer un traballo que non era da súa competencia (se o que di Portos sobre que as instalacións dos coídos están transferidas é certo, que facía Medio Ambiente estudando a súa eliminación?). Pero iso aínda iría para máis longo...

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Pesca: instan a que as axudas ao sector pesqueiro se relacionen coa creación ou mantemento de emprego


Madrid, 1 de marzo 2010 .- A parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, ven de presentar unha proposición non de lei pola cal insta ao Goberno Central a que as axudas públicas ao sector pesqueiro estean vinculadas ao mantemento do emprego e a unhas condicións sociolaborais dignas para os mariñeiros.

 

Olaia Fernández Davila denuncia que “nos  últimos anos estase constatando un proceso de substitución de mariñeiros galegos na flota española de palangre de superficie que faena nos caladoiros dos océanos Índico, Atlántico e Pacífico por tripulantes doutras nacionalidades aos que se lles impoñen unhas condicións salariais e laborais indignas”.

 

Ante esta situación, a deputada do BNG ven de presentar unha proposición non de lei pola que insta ao Goberno a vincular as axudas públicas referidas tanto á modernización da flota, á realización de campañas experimentais ou a calquera outra acción ao mantemento do emprego e á existencia de condicións sociolaborais dignas, que se farán constar nas cláusulas para acceder a estas axudas públicas.

 

Ademais, demándalle ao Goberno español que “realice as xestións necesarias ante a Unión Europea para que as axudas do Fondo Europeo da Pesca tamén estean vinculadas ao mantemento do emprego e á existencia de condicións saociolaborais dignas.

 

Asemade, a deputada do BNG pídelle ao Goberno español que lle dea instrucións ás delegacións e oficinas do Ministerio de Asuntos Exteriores para que, de xeito coordinado, controlen e verifiquen os dados dos buques de bandeira española no referido ás condicións de embarque e  contratación de tripulantes, no relativo ás cotizacións á Seguridade Social, salarios, titulacións e xornadas de traballo.


 

Axilización das axudas por paro biolóxico

 

Por outra parte, Olaia Fernández Davila ven de presentar outra iniciativa na que lle esixe ao Goberno Central que cumpra co acordo acadado no Congreso dos Deputados para que se axilice a tramitación das axudas por paro biolóxico.

 

Davila lembra que o 19 de novembro do ano pasado foi aprobada no Pleno do Congreso por unanimidade unha  moción do BNG neste sentido.

 

Sen embargo, a deputada nacionalista denuncia que “o Goberno non cumpriu co acordo da Cámara e ademais no último borrador da Orde de Axudas non se teñen en conta ningunha das cuestións incluídas na moción do BNG” .

 

Ante esta situación, Davila pregúntalle ao Goberno por qué non se reuniu cos representantes sociais do sector do mar para tratar da xestión e tramitación das axudas dirixidas aos futuros paros biolóxicos.

 

No mesmo sentido, pregunta polas razóns polas que o Goberno non tivo en consideración mellorar os mecanismos administrativos que permitan acelerar a tramitación de solicitudes das subvencións, unha vez presentada a documentación correspondente, a fin de evitar demoras.

 

Por último, a deputada do BNG pregunta se o Goberno ten previsto habilitar un sistema que, previa opción do solicitante, permita coordinar a axuda pagada aos tripulantes polo Instituto Social da Mariña (ISM) co desconto do percibido en concepto de prestación por desemprego concorrente, tal e como se recollía na moción do BNG aprobada o 19 de novembro no Congreso dos Deputados.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: terceira edición do premio "Grabado y Vino"

3.000 euros para o primeiro... Máis información no portal de enoturismo Viajeros del Vino, que fai o dossier "De vinum":
http://www.devinum.com/ficha.php?id=294

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: adxudicados 92.000 dos 200.000 metros cadrados do polígono industrial, en 23 parcelas, case todas da mesma empresa

Prevese o desenvolvemento dun proxecto de gran impacto económico na zona (a Xunta non di cal, pero suponse que é LyC, o mesmo que fixo o Dolce Vita de Coruña, http://www.ccodeon.com, así que nos podemos atopar nun futuro cercano co maior centro comercial de Barbanza, con todas as vantaxes e inconvintes que iso supón)

Rianxo, 1 de marzo de 2010.- O Consello de Administración de Solo Empresarial del Atlántico (SEA, S.L), empresa participada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e que preside Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, adxudicou un total de 23 parcelas do parque empresarial de Rianxo.

En total adxudicáronse máis de 92.000 metros cadrados, que supoñen case a metade da superficie de uso industrial e comercial do parque empresarial, que acada os 200.000 metros cadrados.

A meirande parte das parcelas foron adxudicadas a unha única empresa, que prevé desenvolver un proxecto a medio prazo de gran impacto na zona, especialmente na xeneración de emprego e reactivación económica.

O importe de venda das parcelas adxudicadas supera os 7,5 millóns de euros.

Relacionada:


Polígono industrial de Rianxo: o Bng pide unha nave multifuncional

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical