7.4.10

Lingua galega: a Coordinadora de ENDL do Barbanza pronúnciase sobre o borrador de decreto para o plurilingüismo


Miguel Louzao preside esta Coordinadora

Dende a Coordinadora Equipos de Normalización e Dinamización

Lingüística do Barbanza (CENDLB), perante as comunicacións sobre o Borrador do proxecto de decreto para o plurilingüismo non ensino non universitario de Galicia quere informar do seguinte:

1. O decreto proposto non serve para a promoción da lingua galega.
A diferenza dos textos anteriores nos que se establecían medidas en
positivo ao respecto da nosa lingua a proposta actual céntrase no
establecemento dun equilibrio horario e trata por igual dúas realidades
distintas.

2. O decreto proposto é ineficaz pedagoxicamente falando. O feito de
que os alumnos/as poidan expresarse con independencia da lingua
da materia en calquera das dúas linguas oficiais dificultará a
aprendizaxe dos contidos curriculares, a aprendizaxe lingüística a
través de contidos e o desenvolvemento da competencia lingüística.

3. O decreto proposto parece asentarse sobre un principio de
competencia entre linguas
ao confrontar continuamente as dúas
linguas oficiais.

4. O decreto proposto non garante un equilibrio real entre as dúas
linguas
, xa que o equilibrio entre dúas linguas en situación desigual é desequilibrio.
Por esta razón, a lingua que debe protexerse é a lingua galega, tal e como establece
o Estatuto de Autonomía. Polo tanto, non permitirá que o alumnado acabe o ensino dominando
as dúas linguas oficiais, xa que o galego vai quedar discriminado tamén no ensino, cando xa o está socialmente.

5. O decreto proposto non garante que os alumnos teñan o 50% da
carga lectiva en galego e o outro 50% en castelán
. Nos cursos
superiores (3º e 4º da ESO e BAC) nos que existen materias optativas
vai ser imposible o equilibrio entre as dúas linguas, poderá facerse
unha distribución equilibrada de materias, pero non se garante que
logo da elección os alumnos teñan o 50% das horas en cada lingua.

6. O decreto proposto establece unha distribución de linguas e materias
para a Educación Primaria e a ESO que afonda nos prexuízos cara
á nosa lingua
. O galego vese apartado das materias e dos itinerarios
tecnolóxicos, os máis escollidos polo alumnado hoxe en día.

7. O decreto proposto establece unha consulta ás familias que vai en
detrimento da calidade do ensino
. As familias carecen da
información suficiente para poder determinar a lingua en que se debe
impartir cada materia (descoñecen os materiais pedagóxicos que hai
dispoñibles, a capacidade e dispoñibilidade do persoal do centro para
empregar unha ou outra lingua…).

8. O decreto proposto contribúe a crear conflitos, complicar o funcionamento dos
centros
tanto no que afecta á convivencia da comunidade escolar
como á xestión administrativa ao sobrecargar de traballo aos equipos
directivos.

Garantímoslles que as reflexións que acaban de ler responden, xa que estes
son os obxectivos da nosa organización, ao rigor pedagóxico, á
profesionalidade e ao desexo de que a nosa lingua se manteña viva mil
primaveras máis.



O das "mil primaveras máis" deixouno escrito no seu epitafio este señor de Mondoñedo que perdeu moito tempo facendo xornalismo en Vigo

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: demandan execución de obras "xa" no peirao de Taragoña para que non desapareza a partida orzamentaria


Porto de Rianxo... un día destes teremos foto do de Taragoña, non perdan a esperanza
(Nota do Bng)

O Bng de Rianxo insistirá diante da falta de resposta da Xunta a atender as súas eivas e o perigo de que desapareza a partida orzamentaria comprometida

      Rianxo, 7 de abril de 2010. O grupo municipal do BNG leva varios meses a través dos parlamentarios Ana Pontón e Bieito Lobeira agardando a resposta de Portos de Galicia perante os incumprimentos do Goberno da Xunta coa parroquia de Taragoña en Rianxo. No que atinxe ao porto de Taragoña non se actuou ao longo destes últimos anos malia contar cunha partida orzamentaria para acondicionar a zona portuaria, asfaltar o dique, hoxe con gravilla, e mellorar as instalacións para as mariscadoras que traballan na zona, dependentes da Confraría Rianxeira. A través dunha pregunta parlamentaria datada en xuño do 2009 se requiría novamente este compromiso. Un ano despois Portos de Galicia continúa esquecéndose desta instalación.


Reclámase xa que logo se acometa alomenos o investimento do orzamento asignado, con independencia se poidan realizar outras actuacións futuras que complementen e doten duns servizos ao porto que hoxe non se teñen.

Peor aínda: se nos anos anteriores figuraba explicitamente unha partida de 300.000 euros para financiar esta actuación, cos orzamentos en curso do 2010 desapareceu e incluso tivo que ser obxecto dunha emenda do BNG solicitando a súa concreción e non diluirse en partidas xenéricas que acaban destinándose a outros portos.

O tempo vai pasando e vemos como a Xunta anuncia outras obras menores e os responsábeis de Mar e Portos veñen de visita constante ao muncipio pero non traen debaixo do brazo o cumprimento dos orzamentos, o que se lle debe esixir a unha administración. O BNG presentará ao Concello tamén unha moción neste senso para que apoie esta demanda xusta e optimice as instalacións taragoñesas.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Xurxo Ayán denuncia ante Patrimonio as obras que destrúen o campo da festa de Neixón

Download now or preview on posterous
Carta a Patrimonio.pdf (287 KB)

Se só fora o campo para a Romaría... Nesas obras vai enterrada a dignidade e a vergoña dalgúns políticos e técnicos.
Este, o da denuncia, é o paso lóxico tralo que nos contou onte Xurxo Ayán na súa carta "J’Accuse" (Eu acuso), que poden ler aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

6.4.10

Porto do Son: un virapedras nas rochas de Portosín

Fantástica imaxe de Andreu Anguera, partillada no seu Flickr

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: tres imaxes que valen máis que moitos discursos sobre ecoloxía ou economía sostible

Noia: linaxes no escudo da igrexa de San Francisco (ao pé do Concello )

"En el primer cuartel van los roeles de los Castro; en el segundo, cuartelados a su vez, alternan los jaqueles de Bermúdez con las ondas de Mariño; en el tercero campean las armas de Caamaño, y en el cuarto, las de Villamarín. El quinto vuelve a ser acuertelado con los emblemas de Prego y de Romay, y, finalmente, en el sexto van las cinco lises en sotuer.
Lleva debajo un perro sujeto al escudo mediante una cadena y se decora con follajes."

Fonte: www.tamaranoia.com/heraldica/heraldica03.html
( Lansbricae )

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: Paco do Martelo subiu imaxes da Semana Santa

Política: o Psoe volta denunciar as presións do PP para que non dimita ninguén polo escándalo das oposicións

(Nota do PSdeG-PSOE)

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que se precisan "grandes cambios nos sistemas de exame das oposicións da Xunta e non parches ou reformiñas. A renuncia do Tribunal do grupo A1 veu a dar a razón ás denuncias que levamos facendo nos últimos quince días e é a demostracción de que o escándalo era maiúsculo, xa que examinadores examinados compartían o mesmo Tribunal”.

O PSdeG DENUNCIA QUE “A CONSELLEIRA DE FACENDA NON PODE CESAR AO DIRECTOR XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA PORQUE CARLOS NEGREIRA E O APARATO DO PP ESTÁN IMPEDÍNDOLLO”.

Santiago de Compostela, 6 de abril 2010. O viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, reclamou hoxe á conselleira de Facenda da Xunta de Galicia que “tome decisións inmediatas para restablecer a confianza da cidadanía no sistema de acceso ao emprego público e proceda ao cese do Director Xeral da Función Pública”.

“Máis aínda si temos en conta as declaracións pornográficas que fai hoxe nos medios de comunicación recoñecendo que era coñecedor das irregularidades e inmoralidades que se estaban producindo nos procesos selectivos de acceso ao grupo A1 da Xunta de Galicia.Di Barreiro (Diretor Xeral da Función Pública) que dimiten por alarma social e non porque o Goberno vira nada ilegal, o que é unha auténtica barbaridade, ademais de resultar pornográfico”.

”A Conselleira de Facenda debería cesar inmediatamente ao seu Director Xeral de Función Pública pero témome que non está na súa man, xa que José María Barrreiro é o secretario do PP da cidade de A Coruña, e man dereita de Carlos Negreira, e o aparato do PP non lle deixa á conselleira tomar unha decisión que é necesaria por hixiene democrática”.

Lage Tuñas explicaba no día de hoxe que “a Sra. Fernández Currás é consciente de que é un auténtico escándalo que os dous cargos da súa consellería compartiran tribunal con que os estaba examinando e evaluando nas oposicións de promoción interna do mesmo grupo A1. Por iso deberíamos saber tódolos galegos e galegas si quen goberna o seu departamento é o Sr. Rueda e o Sr. Negreira ou polo contra é ela a conselleira”.

O viceportavoz do PSdeG no Parlamento recorda que “o director xeral da Función Pública foi consentidor e encubridor do escándalo das oposicións nas que participan dous cargos de Facenda xa que coñecía dende fai tempo a situación de desigualdade e falta de imparcialidade que se estaba producindo, ao terse celebrado unha proba das oposicións compartindo estos cargos de Facenda o tribunal cos mesmos que os examinaban e evaluaban a eles”.

“O Sr. Barreiro (DX Func Pública) estivo encubrindo o escándalo ata que saltou aos medios de comunicación, pero foi coñecedor do que pasaba dende fai meses xa que algúns membros do Tribunal así llo fixeron saber, e él calou a ver si o tema non trascendía”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que ”precísanse grandes cambios nos sistemas de exame das oposicións da Xunta e non parches ou reformiñas. A renuncia do Tribunal do grupo A1 veu a dar a razón ás denuncias que levamos facendo nos últimos quince días e é a demostracción de que o escándalo era maiúsculo, xa que examinadores examinados compartían o mesmo Tribunal”, afirmaba Lage Tuñas.

O PSdeG defenderá no vindeiro pleno do parlamento unha proposición non de lei con “cambios profundos no sistema de selección de tribunais nas oposicións”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas afirmou hoxe que “o recoñecemento por parte do propio Director Xeral da Función Pública de que tiña coñecemento do escándalo dos Tribunais do grupo A1 da Xunta de Galicia é unha declaración pornográfica que debería escandalizar ao propio Presidente da Xunta de Galicia, e nós imos impulsar dende o Parlamento unha reforma profunda do sistema de oposicións para traballar na Xunta de Galicia”.

“Os cidadáns esperan transparencia e garantías de imparcialidade e limpeza nos procesos selectivos, algo que agora está en cuestión pola neglixente xestión de Núñez Feijóo e do seu goberno”.

”É preciso restablecer as máximas garantías no acceso á función pública galega. Os continuos escándalos ó redor das oposicións á Xunta están xerando unha gran alarma social e introduce desconfianza en moitas persoas que están optando a un emprego público con moito sacrificio persoal, e estudando moitas horas”, sinalou Lage Tuñas, quen tamén aproveitou para recordarlle ao conselleiro da Presidencia e Administración Pública que “o Sr. Rueda (PP) tentou tapar “o escándalo dos dous cargos de Facenda” dicindo que todo era legal e correcto o que demostra como entende él a Función Pública. Creo que o Sr. Rueda faría mellor en preocuparse sobre a posible existencia de máis casos de irregularidades nas oposicións da Xunta de Galicia xa que a alarma social creana eles mesmos dende o Goberno cando consinten e amparan que poidan existir graves sospeitas de irregularidades nas oposicións. Os socialistas o que estamos é protexendo a milleiros de opositores que vén como se producen graves sospeitas e o PP tenta tapar as posibles anomalías”.

Lage Tuñas afirmou hoxe que “Alfonso Rueda leva un ano sendo conselleiro da Presidencia e Admon Pública, e ata que lle puxemos luz ás sospeitas de graves irregularidades nas oposicións, non fixo nada para cambiar nin o proceso de elaboración nin o sistema de tribunais. Agora o que se precisa é unha reforma urxente e profunda da Función Pública e non reformiñas express para sair do paso”.

Lage Tuñas entende que “Núñez Feijóo ten que tomar decisións urxentes porque queda demostrado que nas oposicións á Xunta de Galicia non hai garantías suficientes de limpeza e imparcialidade, tal e como viñamos denunciando”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia-Muros: visita do nacionalista Guillerme Vázquez a actuacións de recuperación do patrimonio


Detalle da recuperación dos muíños de Pedrachán en Noia. Toda a memoria aquí

(Nota do Bng)
O portavoz nacional visitou as obras de rehabilitación da fábrica de Sel en Muros  e en Noia destacou o labor de recuperación etnográfica dos muíños de Pedrachán desenvolvido polas concellarías nacionalistas

Noia, 6 de abril de 2010. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, desenvolveu hoxe unha xornada de traballo na comarca de Muros-Noia dentro da xira que está a realizar por distintos concellos do País para ter un contacto directo co labor de goberno do nacionalismo galego desde o poder municipal.

No seu encontro cos medios de comunicación en Muros, o líder do BNG puxo en destaque “diversas actuacións” que se están a promover para, desde a posta en valor do patrimonio histórico e cultural, relanzar a actividade económica destas vilas. Na visita, Guillerme estivo acompañado polos concelleiros Xosé Manuel Quintela e María Xosé Alfonso Torres, ademais do responsábel comarca do BNG, Manuel González López, e do responsábel comarcal de Organización, Agapito Romeiro Castro.

Comezou a xornada cunha recepción institucional no Concello de Muros, onde o alcalde Domingos Dosil e outros membros da Corporación municipal lle ofreceron información sobre as actuacións realizadas polo Goberno local. Logo visitaron o mercado municipal, un edificio histórico que foi rehabilitado cunha achega económica da Consellaría de Innovación e Industria, mediante unha obra de carácter plurianual principiada en 2005, época en que a formación nacionalista xestionaba o devandito departamento do Goberno galego.

Alí, explicáronlle que a edificación do mercado data dos primeiros anos da década dos 50 do século pasado e está construída a base de muros de pedra, forxados de formigón armado e cuberta de tella do país. Componse de baixo e tres niveis e ten unha superficie útil total de 870 m2.

A seguir, Guillerme Vázquez dirixiuse cara ao edificio coñecido como a “fábrica de Sel”, que está constituído por catro construcións.  Estas instalacións de salgadura foron construídas no século XIX pola familia de Sel. O alcalde Domingos Dosil explicou que ao ser unha concesión administrativa, o seu uso prescribiu a finais do século pasado revertendo no Estado as instalacións alí construídas. “Nas negociacións co Goberno do Estado para a aprobación dos Orzamentos Xerais realizadas polo daquela deputado no Congreso Francisco Rodríguez, introduciuse a restauración desta conserveira”, sinalou o alcalde.

A súa rehabilitación está financiada polo Ministerio de Medio Ambiente e executada pola Demarcación de Costas do Estado en Galiza. O remate das obras está previsto para este primeiro semestre de 2010. “Estas obras para Muros foron conseguidas grazas ás xestións realizadas entre o BNG, o Concello e o Estado español”, afirmou Dosil.

Noia

Foto de RGG

Xa en Noia, o portavoz nacional visitou o centro histórico, acompañado de cargos orgánicos e institucionais. Así, ensináronlle diversas actuacións impulsadas dende as Concellarías de Patrimonio e Cultura do BNG de Noia, como a rehabilitación do claustro da Casa do Concello, obra do século XVI de estilo renacentista,  e a reforma das rúas Porta da Vila e Carreiriña, ademais da restauración da contorna dos muíños de Pedrachán.


A rehabilitación do claustro foi realizada a través dun convenio entre as Concellarías de Casco Histórico e Patrimonio, Concellaría de Cultura e a Xunta de Galiza, cun investimento de 224.046 euros.

Canto á reforma das rúas Porta da Vila e Carreiriña, foi unha obra propiciada polo BNG a través da Concellaría de Casco Histórico e Patrimonio, incluída no Fondo Estatal de Investimento Local no ano 2009. O investimento foi de 900.000 euros. A actuación realizada conta con todos os servizos soterrados, agás o cableado eléctrico, por mor da modificación do proxecto orixinal introducida polo grupo municipal do PSdeG.

A rehabilitación da contorna dos muíños de Pedrachán, nas marxes do río Traba, concretouse na mellora dos camiños de acceso coa colocación de pavimento de pedra, substitución de ramplas de formigón por pedra labrada, renovación do lavadoiro, construción de bancos, mellora do aspecto de fachadas de casas coa substitución de canalóns e baixantes, ao tempo que se dotou de auga potábel aos muíños que carecían dela.

Así, o portavoz nacional, acompañado dos concelleiros Bieito González Domínguez e Xosé Bernaldo Castro, visitou o muíño de Arriba ou de san Bernardo, datado no século XV, e o muíño das Cinco Rodas, do século XVII, convertidos nun centro etnográfico destinado a dinamizar o turismo na zona.

Ánxela Franco, tenente alcalde de Porto do Son

Ademais, Guillerme Vázquez mantivo un encontro coa tenente de alcalde de Porto do Son, Ánxela Franco, e cos concelleiros Xosé Manuel Alonso e Xoán Xosé León, para intercambiar opinións sobre cuestións de política municipal de actualidade.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: a lonxa bateu o seu récord histórico de facturación en marzo ao pasar dos catro millóns de euros

Imaxe de arquivo da lonxa ribeirense

(Nota do Concello)

Ribeira, 6 de marzo de 2010.- A pesar do mal tempo, que impediu que gran parte da flota saíse a faenar, a Lonxa Municipal rexistrou no pasado marzo un récord ao superar por primeira vez na súa historia a barreira dos catro millóns de euros de facturación mensual, ata acadar un total de 4.234.000 euros. A mellor cifra rexistrada ata o momento fora establecida fai un ano, en marzo de 2009, cando se logrou unha facturación total de 3.957.000 euros. Polo que respecta ao volume de descargas, a do pasado mes ascendeu aos 3.455.000 kilos, cifra sensiblemente inferior aos 5.700.000 de fai 12 meses.


Un dato que tamén merece ser destacado foi o do prezo medio acadado en marzo, que ascendeu a 1,23 €/kg. Esta cifra ven a duplicar practicamente a establecida no mes de marzo de 2009, o que evidencia a significativa alza na demanda de peixe rexistrada.

Xarda


Como especies máis importantes, cómpre destacar tanto en descargas como en facturación o caso da xarda, especialmente se se ten en conta que no caso do cerco e das artes varias, as embarcacións non puideron capturar esta especie a partir do día 11 de marzo, mentres que no caso dos barcos de arrastre o último día de desembarcos foi o día 15 de marzo. Malia así, o volume de xarda capturada en arrastre ascendeu a 1.560.000 kilos, con 1.025.000 euros de facturación.

Tamén merecen ser destacados o lirio, o xurel e a pescada. En canto ao lirio, descargáronse 504.000 kilos, cun volume de facturación de 856.000 euros. Polo que respecta ao xurel, descargáronse en arrastre 414.673,42 euros, cunhas transaccións de 443.000 euros. E no caso da pescada, descargáronse 197.000 kilos en arrastre, por un importe total de 408.000 euros.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical