Interesantísimo vídeo ao que chegamos vía http://www.culturamaritima.org
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Interesantísimo vídeo ao que chegamos vía http://www.culturamaritima.org
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Polo visto está a Rede a ferver por esta campaña publicitaria. Non lle acabamos de coller a idea. É para vender máis maquillaxe? Ou é para que estas mozas atopen un noivo ao xeito, xa que a maioría dos homes fuxen ao velas demasiado guapas? Teremos que voltar á facultade!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
(Nota de prensa do Bng)
Boiro, 1 de maio de 2010. O BNG de Boiro quer facer as seguintes manifestacións diante da nota de prensa do PP relativa ao transporte adaptado:
1. Parece que o PP de Boiro non entende que as competencias do servizo de transporte adaptado que se dá na comarca son exclusivas da Xunta de Galiza e que o servizo que actualmente se está a ofrecer por medio do 065 ás persoas dependentes é completamente insuficiente para cubrir as súas necesidades.
2. Que até o momento foi o concello de Boiro, cos seus propios fondos, o que estivo sufragando a parte do transporte adaptado que a Xunta de Galiza non quer cubrir, pese a que ese é o seu deber. O que demanda o BNG é que a Xunta asuma as súas competencias e lle permita ás persoas dependentes levar unha vida normal. Polo tanto, se a Xunta do Sr. Feijoo non subvenciona aos concellos para dar un servizo que deberan dar eles nin tampouco pon os medios precisos para que o 065 cubra as necesidades reais das persoas dependentes incurrirá nunha grave deixazón das súas funcións, e isto non é responsabilidade dos concellos.
3. Se o PP quer dar leccións de austeridade que comece por suprimir as viaxes a Sudamérica, aínda non suficientemente explicadas, tanto do Sr. Rueda como do Sr. Feijoo.
Emitida en Boiro o 30 de abril de 2010
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Vaia vistas á Ría de Muros e Noia!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Como din os comentaristas en inglés: quen vai precisar logo da navalla suíza? Non fai falla entender chinés para vela en acción... Mete medo!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O 22 de abril fixo a primeira anotación na súa bitácora:
http://juanchoarmental.blogspot.com/2010/04/loitar-contra-o-imposible.html
Faltan 11 semanas, conta na entrada de hoxe:
http://juanchoarmental.blogspot.com/2010/04/loitar-contra-o-imposible_30.html
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O PSdeG apoia as reivindicacións do comité de empresa do Hospital do Barbanza así como os actos e concentracións convocadas e defenderá no Parlamento que a Xunta de Galicia tome unha decisión antes do verán para mellorar a situación do persoal pertencente ao centro hospitalario barbanzano
Ribeira, 30 de abril de 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage vén de rexistrar unha Proposición non de Lei no Parlamento e afirma que “o goberno galego ten que escoitar aos usuarios e aos traballadores do hospital do Barbanza, e verá a necesidade de dotar de máis persoal a este centro hospitalario”. ”Fai meses que o goberno galego coñece as reivindicacións dos traballadores e traballadoras do Hospital do Barbanza, e polo de agora non deron un só paso adiante nin explicacións do que teñen pensado facer, e cómpre que se adopten decisións inmediatas”, engadiu.
”O Valedor do Pobo no pasado mes de Marzo instaba á Consellería de Sanidade a crear prazas específicas de celadores no recinto para evitar que os auxiliares de enfermaría realicen esas funcións.”, encargouse de lembrar Lage Tuñas despois de rexistrar unha proposición non de lei na cámara lexislativa galega. O deputado socialista recordou que “o hospital da cobertura a unha poboación potencial de 70.000 habitantes e a lentitude da asistencia nalgúns casos débese á falta de celadores/as, e a sobrecarga de traballo que están sufrindo @s auxiliares de enfermería”
Concluiu o deputado barbanzano sinalando que “os socialistas facemos esta proposta con ánimo constructivo e agardamos que sexan receptivos dende a Xunta de Galicia, xa que é preciso tomar decisións para mellorar a situación do persoal do Hospital do Barbanza”.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia