19.6.10
Ámbar: usuarios do centro ocupacional estiveron no albergue de Gandarío, en Bergondo
Durante a estadía puideron disfrutar de visitas lúdico-culturais a centros de interese tales como o museo de Arte Contemporánea MACUF e o Museo da Policía Nacional, ámbolos dous na Coruña, e diversas actividades de ocio como a bolera, o karaoke e veladas nocturnas, entre outras.
Coa realización destes campamentos anuais AMBAR pretende, por unha banda, proporcionar respiro familiar ás familias dos usuarios do centro ocupacional co fin de alixeirar as situacións de tensión ou estrés dentro do seo familiar, e pola outra ofertar un programa de vacacións ás persoas con diversidade funcional intelectual.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fotografía: estas son as catro imaxes gañadoras do concurso de fotografía turística "Galicia, como a ves?"
Santiago, 19 de xuño de 2010. Os galegos Ana Belén Rello, Antonio Ramón Martín, María Jesús Villamar e Manuel Bóo resultaron gañadores do concurso de fotografía turística Galicia... como a ves?, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo a través de Turgalicia.
Un total de 248 participantes de distintos puntos de España achegaron máis de 800 imaxes de Galicia, que serán utilizadas nunha campaña de difusión dos valores turísticos galegos. Os premiados poderán gozar dunha estancia dunha semana no establecemento turístico da Comunidade galega que desexen, en réxime de media pensión.
Este concurso convocouse durante a primeira quincena do mes de xuño co obxectivo de incentivar a creatividade e a participación cidadá na promoción turística galega. A través da páxina www.galiciacomolaves.com, todos aqueles interesados en participar nesta proposta puideron enviar as súas fotografías en formato dixital.
Os premios do concurso Galicia... como a ves? dividíronse en catro categorías. Ana Belén Rello foi a gañadora do premio á mellor fotografía da costa, coa obra titulada Las huellas del mar; Antonio Ramón Martín gañou o galardón á fotografía de interior con Ancares; o premio á mellor imaxe de contorna urbana foi para Manuel Bóo con Praza da leña; e no apartado de patrimonio cultural o premio foi para María Jesús Villamar, grazas a unha imaxe que leva por título Puerta de otoño e que ten por motivo o Mosteiro de Santa Cristina, na Ribeira Sacra.
O xurado deste certame foi presidido por Carmen Pita, directora-xerente de Turgalicia, e estivo formado pola concelleira de Urbanismo e Vivenda do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; o presidente da Confederación de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), Héctor Cañete; o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Barxas, quen delegou en Pilar Corredoira, técnica en arte da Consellería de Cultura e Turismo; e o fotógrafo profesional, Carlos Rodríguez.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
18.6.10
Ribeira: recepción no Concello á vintena de alumnos e mestres ingleses, turcos e galegos do 'Proxecto Grundvit'
Con tal motivo, estiveron na mesa ademais do rexedor riveirense, os coordinadores do proxecto por parte dos tres centros participantes: Isabel Peleteiro polo Número 1, Colin Maclelland polo instituto británico, e Hakan Çalap polo centro turco.
Torres Colomer deulles a benvida a Santa Uxía nesta visita que se prolongará ata o vindeiro luns e na que lles espera unha axenda moi apretada, con visitas a Santiago de Compostela e á comarca Barbanzana, ademais de presentar o resultado do traballo desenvolvido nos respectivos países ao longo dos cursos 2008-2009 e 2009-2010 e elaborar as conclusións finais en relación ao proxecto, que tivo como tema Comida Tradicional-Comida sá (Traditional Food – Healthy Food).
O alcalde riveirense describiulles as características da vida socioeconómica do municipio e desexoulles unha feliz estancia. O encontro finalizou cun intercambio de agasallos.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal: unha delegación cubana visitou o Concello e o museo Valle-Inclán
A delegación puido visitar, logo de estar no Concello, o museo Valle-Inclán, onde puideron botarlle un ollo aos escritos que testemuñan a estadía e viaxes do escritor arousano a Cuba, e ver a placa conmemorativa na fachada do Auditorio, ao pé da que amosamos arriba, que da fe tamén das súas viaxes a México.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Literatura: convocado o terceiro certame de novela curta "Cidade Centenaria de Ribeira"
O premio consistirá en 3.000 euros máis diploma conmemorativo e a publicación da obra na editorial Xerais, que en virtude do convenio de colaboración se compromete a lanzar unha tirada mínima de 1.000 exemplares, nun volume único, podendo negociar co autor maior tirada ou varias edicións. Tamén en virtude do acordo subscrito, Xerais seleccionará un dos catro membros que comporán o xurado. O prazo de admisión dos orixinais rematará o 23 de marzo de 2011, aniversario da concesión do Título de Cidade a Ribeira pola S.M. o Rei Alfonso XIII en 1906. Este convenio estará en vigor para a terceira edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira (2010-2012), podendo ampliarse ou prorrogarse para futuras convocatorias co acordo mutuo das partes implicadas.
Manuel Bragado explicou que a convocatoria desta terceira edición consolida sobradamente o certame como un referente literario en Galicia e salientou a traxectoria literaria de Ignacio Silva, ao cal cualificou de escritor revelación do ano pasado. Pola súa parte, Ignacio Silva, nacido en Carballo en 1978, resaltou a importancia do certame máis aló da cuestión económica, ao permitir a publicación da obra gañadora do mesmo, que é o que máis desexan os escritores. Sobre a súa obra “Vertixes” explicou que con esta novela quixo retratar a xeración dos que están nos 30 anos. Finalmente, o alcalde, José Luis Torres Colomer, explicou que con esta nova convocatoria e co convenio asinado coa editorial Xerais renóvase o compromiso do Concello de promocionar aos autores noveles “e sobre todo de dar cariño á nosa lingua, que é a lingua galega”.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: o 24 de xuño, inauguración das obras de acondicionamento de San Xoán de Macenda, en Moimenta
Hai pouco máis dun ano inauguráronse outras obras en Moimenta, en concreto no lugar de Insuachan Boiro, 18 de xuño de 2010. O Concello de Boiro e os veciños inaugurarán o vindeiro xoves día 24 de xuño, San Xoán, as obras de acondicionamento realizadas no lugar de Moimenta, na parroquia de San Xoán de Macenda. O acto, presidido polo Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, comezará ás 21.00 horas, e está convidada a corporación municipal e os veciños que desexen asistir. A obra, denominada “Acondicionamento e mellora dun tramo de camiño veciñal no núcleo rural de Moimenta”, foi incluída no Fondo Estatal de Inversión Local e o Fondo Especial para a Dinamización da Economía e o Emprego, do Goberno central. As actuacións foron aprobadas en Consello de Ministros a proposta da Conferencia Sectorial da Vivenda, e todas estaban incluídas nas actuacións que a Xunta de Galicia achegou ao Ministerio de Vivenda. Isto foi posible grazas á proposta da ex Directora Xeral Encarna Otero Cepeda, quen incluíu esta obra na proposta que a Xunta fixo ao Ministerio. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinaron o protocolo de actuación en xullo de 2009.
Moimenta ten una estrutura eminentemente rural, tanto no social como no territorial. Conta con herdanzas do mundo agrogandeiro de mediados do século XX, que van mudando coa transformación económica do país, alá polo 1990, aínda que no desenvolvemento urbanístico foron introducidos elementos foráneos que distorsionaron a tipoloxía do lugar; polos usos e polo solo lindante está perfectamente enmarcado dentro dos parámetros de núcleo rural.
Esta aldea encaixa perfectamente nese concepto de núcleos a resgardar da especulación urbanística con instrumentos de planificación e recuperación edificativa e socioeconómica, sinalan os do actual equipo de goberno de Boiro. "Coma tódolos núcleos, sufriu unha transformación e engadidos novos, aparecidos a partires do cemento e que contribuíron, en ocasións, a reducir o tradicional, dando paso a formas e estruturas de material moderno, ás veces sen gusto e que agreden ás formas tradicionais".
O goberno de Boiro entende que Moimenta "ofrece un núcleo antigo que debe ser recuperado para devolverlle a identidade do tradicional. Todo, no seu conxunto, debe ser obxecto dunha atención importante: os muros, así como formas, volumes e por suposto os rueiros vellos, que nesta aldea seguen a amosar o tradicional. Por iso as actuacións levadas a cabo por este goberno neste núcleo, que pretendemos fose avanzadilla para outras actuacións noutros núcleos". Outras actuacións que completaron a obra foron o alumeado novo, soterrando todo tipo de cableado que tiña un compoñente importante na contaminación visual; a reposición das canalizacións de pluviais a fecais; a restauración e rehabilitación do lavadoiro substituíndo os elementos de cemento por pedra e a retirada de cableado aéreo. Nesta actuación, hai 26 vivendas nas cales residen 51 habitantes; só 16 están habitadas. En total, 92 edificacións, cun 30% en mal estado.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: programa de Festas do Verán (27 de xuño a 7 de xullo) e rueiro coa súa nova ubicación
Boiro, 18 de xuño de 2010. As Festas do Verán 2010 presentáronse esta mañá. Van do 27 de xuño ao 7 de xullo. Estrean novo emprazamento, co obxectivo de desconxestionar o tráfico no casco urbano durante as celebracións e dar máis comodidade tanto aos veciños como aos propios empresarios das atraccións de feira. Deste xeito, as atraccións de maior volume colocaranse na superficie do novo aparcamento e o resto na Avenida da Constitución e na Avellaneda, quedando as caravanas dos feirantes emprazadas na rúa número 6 e un tramo de Avellaneda.
No plano adxunto pódese comprobar como quedarán distribuídos tanto os chiringuitos como o tráfico, que poderá circular practicamente con normalidade, pois durante o día só quedará pechada a zona das atraccións de maior envergadura, e pola noite estarán despexados accesos suficientes tanto de entrada como de saída. As orquestras manterán os espectáculos na Praza de Galicia.Se quere baixar a revista Folía, co saúda e outras cousas, aquí
Nós ofrecémoslles o que hai cada día:
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Porto do Son: os socialistas piden explicacións ao presidente da Xunta pola paralización das obras na fachada marítima
Porto do Son, 18 de xuño de 2010. O PSdeG, a través do seu deputado Xosé Manuel Lage Tuñas, pide a Núñez Feijóo explicacións "claras e urxentes" sobre a paralización da obra de remodelación da fachada marítima de Porto do Son.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
