24.7.10

Ribeira: o 30 de xullo preséntase no Ateneo Valle-Inclán un libro sobre turismo e desenvolvemento local

Acompañará a José Antonio Díaz Fernández, ponente e autor do libro, o parlamentario e portavoz do PP no Parlamento Galego, o ribeirense Manuel Ruiz Rivas. O acto é ás nove da noite do venres 30 de xullo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello asina un convenio para colaborar co plan de drogas de Portugal

João Castel-Branco, máxima autoridade europea en materia de drogas, achegouse a Ribeira para subscribir o acordo


Ribeira, 24 de xullo de 2010. O Servizo de Drogodependencias de Ribeira afianzou as  estreitas relacións de cooperación co Instituto da Droga e da Toxicodependência (IDT, I.P), órgano equivalente ao noso Plan Nacional de Drogas, por medio dun convenio subscrito polo alcalde ribeirense, José Luis Torres Colomer, e por João Castel-Branco Goulão, presidente do Conselho Directivo da citada institución, que tamén ostenta o cargo de director do Obradoiro Europeo das Drogas.  

Tamén estiveron no acto Manuel Cardoso, un dos dous vocais con que conta o Conselho Directivo da IDT, I.P e Jesús Cartelle, máximo responsable da UAD de Ribeira. Este acordo de colaboración ten como obxectivo afianzar as canles de colaboración que dende hai dous anos se veñen desenvolvendo entre a Delegación Rexional Norte do IDT,I.P. e o Concello de Ribeira. Ao amparo deste convenio as dúas institucións proseguirán coa realización de actividades docentes, de investigación e prácticas para os profesionais, ademais de colaborar xuntos en aspectos vinculados coas certificacións de calidade. 

O presente convenio terá  unha duración anual, prorrogable automaticamente se non hai disposición en contrario por algunhas das partes.



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Internet: dous referentes da Rede en galego pechan esta fin de semana

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Por iso decidín que era o momento de deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online. No futuro considerarase publicar unha copia da base de datos despois de eliminarlle os datos personais dos usuarios.

This entry was posted on Saturday, July 24th, 2010 at 8:42 am and is filed under Novas. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Responses are currently closed, but you can trackback from your own site.

O outro xa pechou hoxe, 24 de xullo. Http://Vieiros.com

Sentímolo. :(
Agardamos que foran semente -sabémolo de seguro- de moitos outros proxectos en galego para Internet. Poderiamos dicir algo sentimental, en plan epitafio de Cunqueiro (mil privameras máis) pero non estamos de humor, e estas cousas non se celebran, simplemente doen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: carta aberta a DANIEL R. CASTELAO, por M.J. Blanco Gey

NO DÍA DA PATRIA GALEGA


CARTA ABERTA A DANIEL R. CASTELAO

Benquerido e sobranceiro rianxeiro:

Diríxome a vostede – agora que  pola infinita misericordia divina goza da presenza de Deus- para que lle pregue pola nosa Terra, porque dende que vivimos en democracia e a pesares de ter  Estatuto Galego  de Autonomía, este país leva unha derrota con rumbo ao abismo – semella que coma Ulises - seguindo cantos de serea.

A situación político-económico-social na que nos atopamos aproxímase moito  á que vostede denunciaba en “Cousas da Vida” co debuxo da vaca pacendo en Galicia e muxida en Madrid, e tamén  con aqueles outros de caciques. Destes estamos moi ben servidos, en cantidade: medraron exponencialmente. En calidade hainos: caciques, cacicóns e caciquiños.


No referente ao da vaca muxida en Madrid heille dicir: Galicia é a maior produtora de enerxia eléctrica de España. Pois ben: as meirandes empresas que a producen teñen a sede fóra de Galicia, e pagan o IVE, o Imposto de Sociedades alí. Para máis aldraxe, unha das máis importantes, en orixe era galega, con sede na Coruña, e decidiu levar a sede a Madrid para ampliar mercados ¿?

O certo é que fan aos ricos máis ricos. Eiquí muxen os nosos ríos e asolagan os nosos vales.


Galicia é a maior produtora de España de carne e leite de vacún, pero as grandes empresas de transformación do leite teñen a razón social fóra, algunhas  despois de ser subvencionadas nun 75% a fondo perdido, e logo vendida a unha corporation americana con altísimos beneficios. Os  nosos gobernantes, coma parvos - algúns deses fan reloxios de madeira - non esixiron a devolución das subvencións. Outras, malvendidas aos franceses…

Autopistas do Atlántico, S. A. - vía de pago por peaxe -: a dona era a Xunta de Galicia,  antes de vendela a unha corporation americana. Se lle é rendible os americanos, non nolo sería a nós?

Seguimos a estar nos derradeiros lugares das autonomías españolas no referido a Ensino, PIB  e Renta per Cápita.


Remato co seu querido Rianxo.  Alí estáse a rematar a construcción  dun polígono industrial, promovido e comercializado por empresas con sede en Madrid.


Para que teña máis efecto a petición diante de Deus, pida que lle acompañe o noso Patrón, o Apóstolo Santiago, o máis sobranceiro galego.

Cos máis afectuosos respetos,

M.J. Blanco Gey

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.7.10

Ribeira: un estudo independente vai facer unha película sobre Juan Hombre

E os que non sodes de Ribeira ou non fostes alumnos de Juan Hombre preguntaredes... quen demo é este home?
En Certo tampouco o sabemos de todo, pero esta entrevista pode achegar algunha luz:
http://certo.es/index.php?page=juan_hombre

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: asinado o convenio para que o pazo de Goiáns forme parte do patrimonio do Concello

http://www.flickr.com/photos/certo/galleries/72157624404982290/
Se premen a ligazón, accederán a unha expo de Flickr feita con fotos dunha quedada de fotógrafos no pazo de Goiáns

Boiro, 23 de xullo de 2010. A subsecretaria do Ministerio de Cultura, Mercedes del Palacio, acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, asinou hoxe o convenio co alcalde de Boiro, o nacionalista Xosé Deira, polo que o Ministerio subvencionará con catro millóns de euros a adquisición total do Pazo de Goiáns. Unha vez rehabilitado, este pazo terá funcións de museo, centro cultural comarcal e local e xardín botánico.

Goiáns, símbolo de Boiro, é o típico pazo mariñero construido a partires dunha fortaleza militar, probablemente do século XIII, da que se conserva a Torre que lle da nome. Como a maioría dos pazos da bisbarra, é un complexo integrado por varios edificios tanto de carácter funcional como decorativo. A finca, cunha extensión aproximada de 14 hectáreas, ten un importante valor botánico, ecolóxico e biolóxico.


Foto de Manuel Gago, que no blog Capítulo 0 definiuno como "o Pazo de Oca da beira do mar" e adicoulle epítetos como "o máis fermoso e engaiolante dos pazos de Barbanza". Lean a entrada aquí

Discurso do alcalde


Reacción do Bng

Relacionadas:
Novos usos do Pazo de Goiáns, aquí
O que van ter que restaurar, aquí

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: feita a entrega da subvención de medio millón de euros para o futuro museo etnográfico

Porto do Son, 23 de xullo de 2010. A subsecretaria do Ministerio de Cultura, Mercedes del Palacio, estivo hoxe en Porto do Son para entregar ao Concello, a través do seu alcalde, Xoán Pastor Rodríguez, unha subvención de medio millón de euros para adquirir e axeitar unha antiga fábrica de salgadura que vai ser reconvertido nun museo etnográfico do mar.


Rianxo conta tamén cun museo do mar e unha aula do mesmo

Para este futuro museo, o Concello xa presentou un avance de programa museolóxico, no que o seu obxectivo principal é a revalorización e exhibición do patrimonio e a cultura mariñeira de Porto do Son e arredores. Contará con salas de exposición permanenente onde haberá utensilios, produtos e técnicas ligadas ás artes de pesca, agricultura e gandeiría. Ademais, haberá tamén un espazo polivalente para recepción de visitantes e actividades diversas.


O museo etnográfico de Artes (Ribeira) sería o máis semellante ao que van facer en Porto do Son


Outro exemplo de museo etnográfico nestas bisbarras é o de Muros

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: Manuel Silvestre expone sus obras y libros de artista en agosto y septiembre en el Museo del Grabado de Ribeira

Ribeira, 23 de julio de 2010. El Museo del Grabado de Artes, en Ribeira, inaugura el próximo sábado 31 de julio una nueva exposición. En este caso será el artista Manuel Silvestre quien expondrá su obra gráfica (especializado en la técnica de la electrografía) y libros de artista.

 

 

 

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: Radix Records, sello discográfico de Ribeira, oferta sus productos durante julio y agosto

RADIX RECORDS - OFERTA 4 X 3 EN TODOS SUS PRODUCTOS, A PARTIR DE JULIO Y AGOSTO


Oferta 4 x 3 en todos los artículos, válido del 21 de Julio al 15 de Agosto del 2010

Entra en www.musikaze.com/radixrecords, ve a la sección Tienda y por 4 artículos comprados, sólo pagarás 3. De regalo el de menor valor.

Copias limitadas de algunos productos!

Los gastos de envío serán gratis con cualquiera de las referencias de RadiX Records.

Todos los pedidos incluyen regalos (discos promo, pegatinas etc).

Tienda Online:
http://musikaze.com/radixrecords

Pedidos:
email: radixrecords@hotmail.es
teléfono: 678896624

Más información:
www.musikaze.com/radixrecords

Relacionada:

Entrevista a este sello discográfico ribeirense, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: instan a construír con urxencia a nova praza de abastos

O PSdeG-Psoe insta nunha proposición non de lei no Parlamento a que a Xunta de Galicia e o Concello doten unha partida no orzamento e contrúan con celeridade esta instalación, prometida xa en 2007 polo actual alcalde, Torres Colomer.


Ribera, 23 de xullo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, vén de presentar unha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galicia para impulsar a construcción dunha nova praza de abastos en Ribeira, atendendo ás demandas feitas dende fai anos polas placeiras e placeiros ribeirenses.

Lage Tuñas expón na súa inciativa parlamentaria como “O pasado 8 de Febreiro de 2007 o alcalde, José Luis Torres Colomer (PP) presentara aos medios de comunicación un proxecto de mercado “virtual”, para ubicalo no Peirao”. Explica que “a dia de hoxe os cidadáns de Ribeira non saben nada daquela promesa “electoral”. O viceportavoz do grupo socialista denuncia “a penosa situación da praza de abastos, que non é propia dun concello coma Ribeira con 30.000 habitantes e un dos principais portos pesqueiros de referencia de Galicia”.


Á vista de que pasada a cita electoral a idea de construír un novo mercado diluiuse, os placeiros e placeiras iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas esixindo unhas novas instalacións. Lage Tuñas recordou hoxe que “xa no 2008 as placeiras e placeiros de Ribeira recolleron máis de 2.200 sinaturas pero para o PP foi como se oíran chover. O PP non fixo absolutamente nada por atender as demandas de construcción dunha nova praza de abastos e aos feitos nos remitimos”.

Agora en 2010, novamente os placeiros e placeiras insisten na necesidade de contar cun novo edificio, pois din con toda claridade que o actual mercado non reúne as condicións necesarias de salubridade, accesibilidade e estética, segundo contan“, aduciu. Dende o PSdeG expoñen que @s placeir@s demandan cámaras frigoríficas para gardar o peixe, e piden que se cumpran as reiteradas promesas feitas polo Goberno Local.

O deputado do PSdeG pregúntase “onde quedou o proxecto virtual que presentou Torres Colomer o 8 de Febreiro do ano 2007, ou era só un truco de maxia?”

Os socialistas galegos consideramos necesario impulsar a creación dunha nova praza de abastos no concello de Ribeira e con este obxecto dirixímonos á Xunta de Galicia para demandar a inclusión nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2011 dunha partida económica destinada á construcción dun novo mercado en Santa Uxía de Ribeira”, propón José Manuel Lage.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical