16.8.10

Boiro: suben a YouTube unha pelexa na que un mozo saca unha katana en plena movida nocturna

Nota de Certo: Vídeos subidos este domingo 15 de agosto que atopamos ao buscar imaxes dos incendios de Cures. As imaxes falan por si mesmas. Descoñecemos os aspectos legais do asunto, mais supoñemos que do mesmo xeito que a Garda Civil investiga os vídeos subidos a YouTube con carreiras de coches ilegais ou xente saltándose por moito os límites de velocidade, debería facer algo con isto. Doutro xeito, os que vexan estas historias van pensar que Boiro é o salvaxe oeste.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: medio cento de ciclistas inauguraron a segunda fase de roteiros cicloturísticos


Imaxe de grupo dos cincuenta afeccionados que percorreron a Ruta Circular

Boiro, 16 de agosto de 2010. Onte inaugurouse a 2ª fase das rutas cicloturísticas do Concello de Boiro. Escolleron para a inauguración a nomeada como Ruta Circular, que é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. Como indica o seu nome, circular, ten inicio e fin na Praza de Galicia, pasando antes por 38.6 quilómetros, cun tempo estimado de percorrido de tres horas e media. Ao tratarse dunha ruta de cor negro (dificultade alta) convértese na máis apetecible para este tipo de ciclistas que onte a finalizaron. A ruta chega ata Chans do Barbanza e pasa por lugares como Ponte Goiáns, Cadarnoxo, Moimenta, Macenda, Belles de Arriba e A Boliña. Neste acto estiveron o Alcalde, Xosé Deira e a concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó. A saída estivo organizada por Daniel Ríos, que xuntou a un grupo de 50 afeccionados.

A Rede de Rutas Cicloturísticas é pioneira na península do Barbanza, xa que non existen redes deste tipo nesta zona do territorio galego.

A rede de itinerarios foi executada pola empresa Aresta Ingeniería e financiada totalmente pola Deputación Provincial da Coruña. A Rede de Rutas Cicloturísticas de Boiro é un conxunto de redes cicloturísticas deseñadas segundo os criterios da Internacional Mountain Bike Association (IMBA) para ser percorridos en bicicleta de montaña co obxectivo de dar a coñecer as riquezas patrimoniais e paisaxísticas do Concello de Boiro en todas as súas parroquias, á vez que se practica deporte. Tamén poden ser percorridas a pé ou a cabalo. Coa devandita finalidade propónse un sistema de sinalización estandarizado para conseguir ordenar o cicloturismo mediante a citada rede de  camiños, que debidamente sinalizada, aúne os principios de seguridade, conservación e respecto da natureza polos usuarios da bicicleta de montaña e para todos os cidadáns que queiran achegarse a gozar dela.

En conxunto, a Rede de Rutas Cicloturísticas conta con máis de 100 km. balizados, case 3.000 metros de ascenso acumulado e unhas pendentes máximas do 30%, asegurando unhas 10 horas de cicloturismo e opcións de nivel e paisaxes para todos os gustos e demandas.

Percorrendo a rede na súa totalidade hai ocasión de coñecer 43 elementos patrimoniais de especial interese, tanto de carácter relixioso (igrexas, capelas, cruceiros, petos de ánima), arquitectura (pazos, casas rectorais, pontes), elementos etnográficos (lavadoiros e fontes) e variadas paisaxes, miradoiros e recunchos pintorescos.

"Boiro é un concello con moitas e variadas paisaxes, con mar e montaña, praias e viñas, ríos e rías e a mellor maneira de saborealo é a ritmo de pedal, tes toda unha rede ao teu alcance, aprovéitaa!!", aconsellan dende o Concello.

Download now or preview on posterous
Portada_Galego_ver.pdf (1011 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

15.8.10

Fotografía: Horacio no século XXI

Horacio foi o poeta romano aquel que deixou escrito nas súas Odas o de "Carpe diem quam minimun credula postero", ou sexa, aproveita o día, non confíes no mañá. Goza da vida. Aquilo era polo século I antes de Cristo. Uns amigos de Jose, aquí nesta vella esquina que tamén formou parte do Imperio Romano, voltan a lembralo.
Nós non entramos nin saímos, Jose. Fai o que che pete!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: andainas polo rural en agosto para coñecer, incluso de noite, o propio concello


Hórreo en Asados

Rianxo, 15 de agosto de 2010. A concellería de Deportes de Rianxo programou varios roteiros polo rural para rematar agosto. O venres 20 sairá unha ás dez da noite que percorrerá as pistas ata Asados e Leiro. O sábado 28 haberá outra para percorrer Campo Maneiro, en direción a Taragoña e Bealo. Ambas están dirixidas a maiores de 16 anos, cunha dificultade media-baixa.

Tamén hai outra proxectada para os vellos, con data por fixar aínda e arredor das fervenzas do concello veciño de Valga.

   

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Viamare Stock remata hoxe na avenida do Malecón, ás once da noite

Ribeira, 15 de agosto de 2010. A feira de rebaixas do pequeno comercio de Ribeira, Viamare Stock, abriu onte as súas carpas na avenida do Malecón. Hai unhas quince casetas, e abren de once da mañá a once da noite ata hoxe, domingo. Entrada de balde.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Reportaxe: a vida dun zurdo desta bisbarra nun mundo de destros

- A biblia e o dicionario mesmo vos estigmatizaron, con iso de que só irían ao ceo os que estiveran á destra, e iso de chamar "sinistro" ao lado esquerdo. Cres que ten amaño isto ou aínda queda moito?

.- "Con la Iglesia y los diccionarios hemos topado". Coido que a Igrexa debería de pedir perdón por moitas cousas, esta é unha delas, pero a que máis me preocupa é porque Deus non pode falar co nós en galego, aínda que en Nebra nos últimos anos estamos tendo moita sorte.

No tocante ao dicionario, dóeme máis a acepción que ten sobre o galego, que o que diga de nós, os zurdos.

Toda a reportaxe en http://certo.es/index.php?page=odiseas_dun_zurdo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.8.10

Rianxo: o sábado 21 de agosto, concerto de TombaLobos Orquestra e o domingo, Duplo Son

Sábado 21 de agosto

NOITES FOLK. No marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña. o sábado 21 de agosto ás 22:30 horas, concerto a cargo da TOMBALOBOS ORQUESTRA.

Web de TombaLobos:

http://www.tombalobosorquestra.com/


Domingo 22 de agosto

MÚSICA NA NOITE. Unha nova proposta musical a cargo do grupo DUPLO SON (funky-latin-jazz), terá lugar o vindeiro domingo 22 de agosto na Praza Castelao de Rianxo. Concerto organizado no marco da proramación VERÁN CULTURAL 2010 e ao abeiro da Rede Cultural promovida pola Deputación de A Coruña.


MySpace de Duplo Son:

http://www.myspace.com/duploson


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: os nadadores Rufino Regueira e Iván Sampedro, do C.N. Riveira, subvencionados con 4.034 euros cada un

Ribeira, 13 de agosto de 2010. A Fundación Deporte Galego resolveu o pasado 6 de agosto e fixo pública hoxe a convocatoria do programa específico de axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel polo que concedeu 206 axudas por un importe total de 500.000 euros. As bases da convocatoria prevían unha dotación orzamentaria inicial de 400.000 euros pero dado o grande incremento de solicitudes, a Fundación aprobou un incremento de 100.000 euros. Entre os beneficiarios están os nadadores do Club Natación Riveira Iván Brión e Rufino Regueira, que acada cada un 4.034 euros, a terceira axuda de maior cuantía das concedidas.

Esta resolución efectúase segundo os criterios establecidos nas bases da convocatoria do programa específico de axudas para Deportistas galegos/as de Alto Nivel, cuxo anuncio foi publicado no Diario oficial de Galicia o día 15 de abril de 2010. Notificada a resolución definitiva, os/as beneficiarios/as dispoñen dun prazo de dez días naturais para a súa aceptación ou para presentar a súa renuncia, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

No caso de que as axudas outorgadas non sexan aceptadas polos/as beneficiarios/as ou que posteriormente á súa concesión se renuncie a elas, o órgano instructor poderá formular proposta de resolución complementaria, adxudicando o importe dispoñible entre as solicitudes valoradas pola Comisión que tiveron prorrateo.

Contra a resolución poden interporse reclamacións perante o órgano de adxudicación, no prazo máximo de 10 días hábiles a contar desde a publicación da lista de beneficiarios/as das axudas no taboleiro de anuncios da Fundación e na páxina web www.deportegalego.es, con carácter previo á vía xudicial.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Cabo de Cruz acolle a novena Exaltación do Mexillón o domingo 22 de agosto

Haberá actividades toda a semana (do 16 ao 22 Roteiro do Mexillón, mentres que o venres 20 haberá unha conferencia sobre bateeiros e vento; o sábado 21 paellas xigantes, humor con Tanito, inchables e festa da espuma para os nenos. Toda a información no tríptico adxunto).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o domingo 15 de agosto, terceiro curro da Graña, en Cures

Boiro, 13 de agosto de 2010. A asociación Curro da Graña organiza, coa colaboración do Concello de Boiro, a terceira edición do Curro da Graña, na parroquia de Cures, que se celebrará este domingo, día 15 de agosto, durante todo o día.

As actividades comezarán ás 09.00 horas, coa baixada e encerro das bestas. A partir das 12.00 horas, terá lugar unha mexilloada e sardiñada que se poderán degustar de maneira gratuíta. Pola tarde, ás 16.00 horas, comezará o marcado e a rapa dos animais, e ás 18.30 horas, as carreiras de cabalos, nas modalidades de “país”, “cruce de país”, “cruce de inglés”, “pura sangre inglés”. Repartiranse 2.150 euros en premios, ademais dos trofeos, aos gañadores.

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, ten previsto asistir ás carreiras, ás 18.30 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical