18.1.11

Rianxo: o Bng pregunta onde vai o obradoiro de emprego "que xa tiña que estar en marcha"


Os nacionalistas cren que un obradoiro de emprego podería revitalizar o Museo do Mar

Rianxo, 18 de xaneiro de 2011. O BNG de Rianxo afirma hoxe en nota de prensa que "non nos saen as contas da concesión de talleres de emprego na bisbarra. Despois da clausura o ano 2008 do último taller e tras a espera de dous anos tiña que estar en marcha xa un novo proxecto para os veciños e veciñas do noso concello. Máxime cando algún concello da Arousa Norte prácticamente encadea dous consecutivos sen esperas nin anos de carencia. Esta ferramenta financiada con fundos europeos, cando as cotas de desemprego afectan especialmente aos nosos veciños, especialmente á mocidade, mulleres e outros colectivos especialmente desfavorecidos debe ser administrada dun xeito transparente e equitativo".

O BNG sinala tamén que pretende "cambiar o sistema e dar oportunidades en Rianxo a todos e todas de formar parte del, dando publicidade en prensa e nos bandos das especialidades que se solicitan, dos baremos que se empregan para puntuar e información de como estar axeitadamente inscrito nos servizos públicos de emprego para acceder a algunha destas prazas, nunha oferta totalmente transparente que rache coa visión instalada en Rianxo de que son sempre os mesmos/as os que gozan destas prestacións. Transparencia e publicidade que se trasladará tamén á escolla do persoal directivo e de formación".

Novas especialidades e non o de sempre

Os nacionalistas son partidarios de impulsar novas especialidades a engadirse aos acostumados xardineiros, carpinteiros e/ou canteiros das últimas convocatorias. "Cómpre abrilo a novos nichos de emprego da comarca buscando a mellor formación perante ás novas demandas laborais que xurden. Entre elas apostamos pola carpintería de ribeira para dar cobertura e nova vida desde ela a un semiabandonado Museo do Mar de Rianxo ao que compre dar nova vida, potenciando a colaboración coas empresas existentes en Rianxo do sector para acometer a restauración de naves existentes ou acometer novos proxectos con esa tripla finalidade: formar traballadores/as, colaborar co empresariado local dos estaleiros especializados en carpintería de ribeira e revitalizar o esmorecente Museo do Mar".

Podería estar relacionado:


Ribeira:: o obradoiro Airoas será canteira de xardiñeir@s

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: novo certame para grupos galegos cuxo premio será un concerto como teloneiros de Def con Dos e O'Funk'illo


Hipotécate tú. http://www.defcondos.com

Barbanza-Noia, 18 de xaneiro de 2011. O certame musical “Airiños de Rock&Roll” premiará a dous novos grupos galegos cun concerto como teloneiros de dúas bandas recoñecidas: Def Con Dos e O’Funk’illo. Esta actuación terá lugar o 26 de marzo no escenario central do Coliseum da Coruña.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en rolda de prensa esta iniciativa, que afirma a Xunta "non ten precedentes en Galicia". No acto estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo; polo director do Coliseum, Javier Rodríguez; polo músico e director Pepe Bao; e polo promotor musical do evento; Francisco Gómez “Gandy”.

Poderán acceder a este concurso a aquelas bandas que teñan polo menos un 74 por cento dos seus músicos entre os 16 e os 30 anos. Para inscribirse, os grupos poderán facelo entre o 18 de xaneiro e o 18 de febreiro, seguindo as bases que están colgadas na páxina web http://www.xuventude.net. Ademais, para anotarse, terán que enviar unha gravación dos seus temas ao concurso.

Deste xeito, o 26 de marzo celebrarase un encontro de novas bandas de Galicia, que terá lugar na sala de concertos “O Túnel”, dentro das instalacións do Coliseum da Coruña. Esta xuntanza comezará a partir das 17,00 horas e nela actuarán as 12 formacións galegas preseleccionadas (3 por provincia). De todas elas, dúas serán escollidas para actuar ás 22,00 horas no escenario central, como teloneiros de Def Con Dos e O’Funk’illo.


"Rulando". http://www.ofunkillo.es (Funky andaluz embrutessío)

As doce bandas preseleccionadas serán elixidas por unha comisión nomeada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para este fin, que estará composta por músicos e produtores. Pola súa banda, os dous grupos finalistas serán escollidos cos votos das doce bandas preseleccionadas. No caso de empate, será a comisión anterior quen decida.

Ademais das actuacións, todos os grupos que se anoten non optarán tan só a subirse ao escenario, senón que poderán asistir gratuitamente aos actos, tan só polo feito de participar. Os novos músicos tamén poderán asistir a unha “master class” a cargo dun dos considerados como mellores baixistas de España, Pepe Bao.

O certame “Airiños de Rock & Roll” inscríbese no programa “xuventudémúsica”, da Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo ofrecer aos novos grupos galegos a súa participación en accións que faciliten a promoción da súa creatividade.

Neste programa, inclúense tamén outras actuacións como a construción de locais de ensaio –ao longo deste ano inauguraranse un total de 11 salas de ensaio e gravación musical-; a publicación de cd’s recopilatorios; a organización de concertos e certames; ou a posta a disposición dos grupos do “trailer da música”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.1.11

A Pobra do Caramiñal: Beatriz Mato anunciou que o proxecto do novo centro de día vai ser adxudicado en febreiro

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 17 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar construirá un centro de día de 40 prazas no Concello de A Pobra do Caramiñal, segundo confirmou hoxe a titular dese departamento, Beatriz Mato, nunha visita á vila na que esbozou as características xerais do novo equipamento.

O proxecto do novo centro de día, que suporá un investimento de arredor de 800.000 euros, terá unha oferta de 40 prazas, será adxudicado o vindeiro mes e as obras poderían licitarse neste primeiro semestre. O centro de día, que estará situado ao carón do pavillón polideportivo municipal, será un servizo dirixido a persoas maiores con dependencia ou en risco de padecela, co obxectivo de que poidan preservar a súa autonomía durante o maior tempo posible.

Na súa intervención, Beatriz Mato sinalou que Galicia ten unha das taxas máis altas de toda España de poboación maior de 65 anos, polo que “atender ás necesidades deste colectivo e garantirlles unha maior calidade de vida é unha prioridade para o Goberno da Xunta”. O seu departamento presentou o Plan para as Persoas Maiores de Galicia 2010-2013, un documento acordado coas entidades e cos profesionais que traballan nos servizos para as persoas maiores e asumido por todo o goberno da Xunta que supón “unha planificación seria, a curto e medio prazo, do que temos que facer para que Galicia conte con máis e mellores servizos sociais”.

Por último, salientou que o traballo “con rigor, responsabilidade e visión de futuro e buscando a eficacia e a eficiencia dos recursos” permitiu á Consellería de Traballo e Benestar incrementar en dúas mil as prazas en centros para persoas maiores en Galicia no que vai de lexislatura.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: case 40 mozas e mozos na viaxe á neve da asociación cultural Borobó

Boiro, 17 de xaneiro de 2011. A asociación cultural Borobó de Boiro organizou unha viaxe a pasada fin de semana á estación de esquí de San Isidro, nos lindes entre León e Asturias. Un total de 37 mozas e mozos puideron estar uns días na neve e aprender a practicar deportes de inverno como esquí ou snowboard, ao que se lle engade o contacto coa natureza e a convivencia con outros mozos.

A saída tivo lugar o venres sobre as once e media da noite e a volta foi o domingo 16 no mesmo horario. A maioría da mocidade asistente procedía de Barbanza, aínda que tamén se apuntaron xoves de Portonovo, A Coruña ou Cuntis.

Posible repetición na última fin de semana de febreiro

Ante a boa acollida desta actividade na neve, Borobó ten planeado repetila na última fin de semana de febreiro. De feito, foron varios dos asistentes os que animaron á asociación cultural boirense  a repetir este tipo de viaxes nos que se mesturan deporte e natureza.
A asociación cultural Borobó agradece a colaboración na planificación e organización da viaxe á Omix do Concello de Boiro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o mércores 19 de xaneiro péchase ao tráfico a rúa de Galicia por obras

No tramo entre a praza da Concordia e a rotonda de Padín

Haberá obras de pavimentación e renovación de servizos

Ribeira, 17 de xaneiro de 2011.- O Concello informa do inicio das obras de pavimentación e renovación de servizos da rúa de Galicia, iniciadas no día de hoxe e avisa de que a partir do mércores quedará pechado á circulación de tráfico rodado o tramo obxecto da actuación: é dicir, entre a praza da Concordia e a rotonda de Padín. 

Cabe lembrar que esta obra está adscrita ao Plan de Obras e Servizos (POS 2010), que foi adxudicada a Obras y Viales de Galicia (Oviga) por un prezo de 552.000 euros. O prazo de execución é de cinco meses.

O proxecto inclúe a substitución da tubaxe de saneamento de auga, o cambio da rede aérea de alumeado por canalización enterrada e a colocación de novos colectores separativos de pluviais e fecais. Tamén se prevé no proxecto a substitución das redes aéreas de telefonía e electricidade por canalizacións enterradas.

Polo que respecto á  pavimentación, na rúa de Galicia, conservarase un carril de circulación de vehículos de 3,75 metros de ancho e unha banda de aparcamentos en liña de 2,25 metros de anchura. Tamén se instalará un sistema soterrado de almacenamento de residuos formado por catro contedores con capacidades mínimas de 1.100 litros. O mobiliario proxectado está formado por bancos e xardineiras de madeira tratada. Contémplase ademais a construción de alcorques cadrados cada 20 metros na banda de aparcamento en liña para diminuír o impacto visual dos vehículos estacionados.

Barrio de Fondevila

Por outra parte, hoxe tamén comezaron as obras de desenvolvemento da primeira fase da recuperación de Fondevila. Esta adxudicación recaeu na empresa Oviga (Obras y Viales de Galicia, S.L.) por un importe final de 493.000 euros. A duración é de 155 días.

O obxecto fundamental da obra reside en recuperar o tradicional barrio de Fondevila, un dos máis antigos da cidade. Esta primeira fase afectará ás rúas de Fondevila, Álvaro Cunqueiro e Carballeira, así como o camiño Álvaro Cunqueiro – Habana e o camiño a Cruxeiras.

En todas estas vías substituirase o pavimento, empregando adoquín prefabricado de formigón de cores gris e vermello para diferenciar as zonas: o vermello servirá para delimitar a zona central de circulación de vehículos, cunha anchura de cinco metros onde sexa posible (xa que o trazado das rúas é irregular).

Ademais renovaranse os servizos municipais alí onde sexa necesario. Así, nas rúas de Fondevila e de Carballeira e no Camiño Habana-Álvaro Cunqueiro vanse substituír as tubaxes de subministro de auga existentes por outras de polietileno de alta densidade. En estas tres vías disporase ademais de colectores de PVC liso para o saneamento de fecais e de colectores de PVC corrugado para pluviais. Polo que respecta ao camiño a Cruxeiras disporanse de dous colectores separados para o saneamento de fecais e pluviais.

Por último, en toda a zona de actuación substituirase a rede aérea de alumeado público por canalización enterrada (co fin de acadar un menor impacto visual) e instalaranse novas liminarias.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: vendidas todas as parcelas do polígono da Tomada, búscase novo emprazamento para solo industrial

Ténicos do Sepes visitaron hoxe o Concello para estudar a ubicación do novo polígono

Unha das zonas da Tomada, parque industrial esgotado

A Pobra do Caramiñal, 17 de xaneiro de 2011. Ténicos de Sepes, entidade estatal de solo empresarial que preside dende hoxe Beatriz Corredor, ex ministra socialista de Vivenda , desprazáronse hoxe ata A Pobra para iniciar o estudo de viabilidade para a ubicación dun novo polígono industrial.

As conversacións para iniciar o novo polígono comezaron o pasado outubro, segundo fontes do Concello. As previsións son de adaptar a uso industrial 200.000 metros cadrados para construír "un polígono moderno, ben comunicado, con servizos e operativo".

No polígono da Tomada actual quedaron finalmente 62 parcelas e case 150.000 metros cadrados, co que se ocupou todo o espazo dispoñible "para a nosa satisfacción, pois o motor de arranque dun pobo é a súa industria, por iso non podemos nin debemos durmirnos porque o noso pobo ten que gañar o futuro e ese futuro pasa por un novo polígono industrial", aclararon dende o equipo de goberno.

Relacionadas:


Industria: o polígono entre Pobra e Ribeira, pendente da modificación dunha normativa


Industria: piden que se retome o polígono entre Pobra e Ribeira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe, indignado polo uso da web oficial do Concello como ferramenta política do PP


A Pobra do Caramiñal, 17 de xaneiro de 2011. A páxina web oficial da Pobra, que foi estreada o pasado 14 de xaneiro, xa está a recibir as súas primeiras críticas. A que se fixo pública máis axiña foi a do Psoe, que no seu Facebook denunciou ao día seguinte da estrea, como explicamos aquí, a utilización partidista que está a facer o PP, en concreto na persoa do seu alcalde, dunha web que debería ser institucional e non a web do partido gobernante. A nota íntegra da agrupación socialista da Pobra:

"Dende a Agrupación Socialista da Pobra queremos denunciar e mostrar publicamente a nosa repulsa á utilización da páxina web oficial do Concello da Pobra do Caramiñal coma ferramenta política por parte do goberno local do PP, encabezado polo alcalde D. Isaac Maceiras Rivas.
 
Con data 25 de xuño, mediante moción para o Pleno, solicitabamos a elaboración dunha páxina web que permitira que o noso concello  saíra do atraso no que está inmerso dende o punto de vista tecnolóxico, xa que a Pobra do Caramiñal era o único Concello da Provincia de A Coruña que non tiña páxina web. Dos 315 concellos que hai en Galicia non contaban con páxina web un total de 18, destes 18 ningún deles estaba na provincia de A Coruña, agás a Pobra.

O PP rechazou a moción no Pleno argumentando que en setembro xa presentaban a páxina. Unha vez máis se aproveitan e usurpan as iniciativas da oposición, tratando de infravalorar o traballo dos socialistas.

O pasado venres, día 14 de xaneiro, o Concello da Pobra do Caramiñal abriu as súas portas á Internet coa inauguración da súa páxina oficial. Sen embargo, a data de apertura da páxina institucional do Concello aos pobrenses e ao mundo non resultou un obstáculo para que o goberno do PP, que esgota mandato, introducise contidos de carácter político e dubidosa ética, datados a 30 de decembro do ano que deixamos atrás; quince días antes da apertura da páxina web oficial do Concello da Pobra, ésta xa estaba politizada e xa non estaba dedicada plenamente ao servizo público e aos intereses municipais, senón ao servizo dos intereses persoais e políticos do alcalde Isaac Maceiras e do Partido Popular.
 
Na portada da recén estreada páxina web institucional, pode verse a día de hoxe unha publicación que non se pode cualificar de outra cousa que de artigo de opinión política titulado “Aclaracións ás declaracións do BNG”, dedicada a criticar á acción política, en contraposición a actividades supostamente realizadas polo “Goberno Municipal do PP” nun xogo de acusacións e chauvinismo indigno dende un plano xa non só ético e político, senón tamén institucional, porque se están a empregar tanto a imaxe corporativa do Concello da Pobra do Caramiñal coma os recursos públicos destinados para o sostemento da páxina web municipal, que se patrimonializan polo grupo de goberno para a difusión das opinións e ataques do PP aos partidos da oposición.
 
Dende a Agrupación Socialista da Pobra consideramos que unha páxina web oficial está concibida coma unha ferramenta administrativa e publicitaria ao servizo dos fins institucionais do Concello, que debe operar dende a obxectividade coma un servizo aos cidadáns e non aos intereses particulares, e que dende a óptica política debe garantir a neutralidade institucional e responder á pluralidade existente na sociedade pobrense representada no Pleno, polo que de contemplarse espazos para os partidos políticos na páxina oficial do Concello, estes deberan articularse no plano da igualdade e do respecto mutuo esixible en todos os campos da acción social e política".


 A noticia á que se refiren os socialistas na web oficial pobrense pode lerse aquí

Unha nova que Certo publicara aquí deixando claro que eran declaracións políticas do Partido Popular.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Voleibol: crónica de una jornada con aplazamientos

Por María Cortés Ayaso
 
Tras las merecidas vacaciones de navidad, nuestros chicos han vuelto a la carga con fuerza y dominio, demostrando los avances conseguidos en este tiempo. Asímismo comienza el año con nuevos patrocinadores para nuestros equipos. REYCA en el caso del equipo cadete masculino, O'SECRETO para el equipo juvenil masculino y TRILLIZOS para las categorías inferiores.

1ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA
HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-2 AULE (25-16, 25-19, 21-25, 23-25, 15-13)
Ajustada victoria del HIPESCAR ante un rival duro como es el equipo leonés del AULE. Nuestros chicos empezaban muy concentrados en hacer bien las cosas y pronto se adelantaban en el marcador del primer set apoyados por una excelente recepción que facilitaba la construcción del ataque local. Los ánimos eran los mismos en el comienzo del segundo set, en el que el HIPESCAR mostró una solidez y un saber estar propio de un equipo serio y ordenado en todas las facetasl del juego. De nuevo cabe destacar la continuidad de la recepción boirense que permitía las mejores situaciones en la construcción de ataque local, llevando al HIPESCAR a conseguir la victoria en el set. En el tercer set, el AULE mostró una cara diferente a la que se vió en los momentos previos del partido. En este momento la igualdad reintaba en "A Cachada" y en un ajustado final de set los visitantes aprovecharon mejor las situaciones y consiguieron vencer a los nuestros. En el cuarto set, el HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL volvió al camino del orden, disciplina y contundencia mostrada en los dos primeros parciales, situación que les permitía distanciarse en el marcador y mostrar un juego por momentos brillante. Nuestros jugadores llegaban con una ventaja de 4 puntos a los momentos críticos del set, pero en ese momento se produjo un bajón del rendimiento local que, sumado a varias decisiones cuando menos dudosas del árbitro se convirtió en victoria visitante, no sin polémica. El tie-break prometía emociones fuertes. Desde el inicio los boirenses mostraron y demostraron con su juego lo mucho que se estaba jugando en este set. El orden, la precisión y la personalidad ganadora del equipo permitieron al HIPESCAR salir victorioso en este definitivo set. Esta victoria permite a los nuestros seguir aspirando a la promoción a la liga FEV.
Por el HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL jugaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez y Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Gustavo Romero, Xavier Sarilla y el juvenil Marín Herrera.

 

Recepción del Hipescar Boiro Voleibol


 
2ª DIVISIÓN A GALLEGA MASCULINA
REDESYL BOIRO VOLEIBOL - CV VAGALUME aplazado 
Como ya se avanzó esta semana, el partido del REDESYL ha tenido que ser aplazado.
 
 
2ª DIVISIÓN AL GALLEGA FEMENINA
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS CORUÑA B aplazado
Finalmente y al igual que el equipo masculino, finalmente también ha tenido que aplazarse el partido de nuestras chicas del PROBOIN, hasta nuevo aviso.

LIGA GALLEGA JUVENIL MASCULINA
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL descansa
Se retrasa un poco más el comienzo post-navidad de nuestros juveniles.

LIGA PROVINCIAL JUVENIL FEMENINA
BOIRO VOLEIBOL 2-3 AD XIRIA ASESORIA CERVANTES (25-23, 18-25, 27-25, 15-25, 13-15)
Vibrantes partido el visto la mañana del domingo en las que las juveniles del BOIRO VOLEIBOL, a las órdenes de Juan Resúa, no pudieron obtener un resultado positivo. Nuestras chicas comenzaban dubitativas con una enorme ineficacia en el saque y una intensidad en el juego muy reducida. A pesar de eso, la victoria sería para el equipo local por un ajustado marcador. En el segundo set las imprecisiones se multiplicaron y la ventaja en el marcador se hacía más notoria a favor de las visitantes. La incertidumbre y el desorden local hacía que el Xiria se anotara el set. Volvía la igualdad en el tercer set, mejoró porcentualmente el número de errores en el saque y el ánimo general del equipo, datos que llevaron a la victoria a las boirenses. En el cuarto set el Boiro Voleibol desaparecía del terreno de juego. Continuas imprecisiones, errores e incertidumbre en cada acción significaban un claro triunfo para las visitantes. El tie-break estuvo marcado por la igualdad en el juego de ambos equipos. El nerviosismo de las jugadoras era evidente y la balanza se inclinó finalmente del lado visitante, que consiguió la victoria.
Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron: Patri, Ángela, Evelyn, Adriana, Katy, Ana y Sheila (líbero). También participaron Sara, Iria, Alba, Andrea y Sindy.

LIGA GALLEGA CADETE MASCULINA
REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-2 CALASANCIAS CORUÑA (26-24, 18-25, 26-24, 23-25, 15-8
)
Nuestros cadetes del REYCA BOIRO VOLEIBOL comienzan con fuerza este nuevo año, demostrando los avances conseguidos en los últimos tiempos en un partido muy igualado, como muestran los parciales. Nuestros chicos mostraron una gran eficacia en el saque y recepción, consiguiendo de esta manera un ataque efectivo para conseguir la victoria. En el cuarto set, fallos finales en la defensa dieron la victoria a los visitantes. Pero llegado el tie-break el REYCA volvió a encontrar la eficacia en saque y ataque consiguiendo la victoria final.

LIGA PROVINCIAL CADETE FEMENINA
BOIRO VOLEIBOL - OS BACELOS DODRO
Esperando información
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.1.11

Google Street View para buscar lixo


Ver mapa más grande
En Sancortes, Ribeira

15.1.11

A Pobra do Caramiñal: reelexida Teresa García Guillán como alcaldable polo Psoe para as eleccións do 22 de maio

A Pobra do Caramiñal, 15 de xaneiro de 2011. O Psoe pobrense reuniuse hoxe en asemblea para aprobar a candidatura que van presentar ás vindeiras eleccións municipais de maio. Cun 93,8 % saíu apoiada a candidatura encabezada por María Teresa García Guillán. As seguintes persoas na lista son, por orde:
Borja Paz Santos
Berta Davila Vilasó
Martín Giménez Calviño
Jose Antonio Ouviña Millán
Jesús M Huerta Sánchez
Marcos Santos
Maria Antonia Paz Iglesias
Encarna Pose Paz
Vanesa Martínez Noal
Alicia Quintáns Lago
Xesús Laiño.

Protesta pola páxina web municipal

Os socialistas xa protestaron hoxe no seu Facebook pola nova web municipal, presentada onte oficialmente. O grupo socialista faise a seguinte pregunta:
"¿¿Unha páxina web para respostar aso grupos da oposición??". E deixa caer de seguido a resposta: "Que falta de DECENCIA aproveitar unha web institucional para facer ¡¡POLÍTICA PARTIDISTA!! (PP)".

Relacionada:


Internet: O Concello da Pobra do Caramiñal estrea web oficial e o alcalde, blog

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical