25.1.11

Muros: inaugurada a rehabilitación do edificio do Museo do Mar

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño investiu case 3 millóns de euros na rehabilitación de antigos edificios industriais. As instalacións serán usadas tamén para actividades náuticas

Muros, 25 de xaneiro de 2011. O director xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar, Pedro Antonio Ríos, inaugurou hoxe o proxecto que foi financiado polo Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino coa supervisión dos técnicos da Demarcación de Costas en Galicia. A obra está inserida na política de costas do MARM de preservar o Patrimonio Histórico ubicado en Dominio Público Marítimo Terrestre. O importe das actuacións realizadas foi de 2.852.964 euros exactamente.

Recuperouse este espazo para uso público ao eliminar os elementos que pechaban esta zona, tanto ao seu acceso dende o paseo como dende o mar. Tamén se rehabilitaron cuatro edificios industriais, tres deles destinados a escola de actividades náuticas e un a museo-biblioteca.


Panorámica de conxunto da antiga conserveira de SEL.


Rampa de acceso ás embarcacións.


Fachada lateral


Interior do edificio, aínda baleiro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro e Noia: a Ongd "Contacto" entrega certificados dos seus cursos o xoves 27 en Boiro e o venres 28 en Noia


A entrega dos diplomas será en Noia na casa da cultura

Boiro-Noia, 25 de xaneiro de 2011. A ONGD "ConTacto", que se ocupa de asesorar ao inmigrante e da súa  Integración, dentro do seu programa "Incorpórate ao Mercado Laboral", enmarcado no II Plan Galego de Inclusión Social de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social, vai entregar as  certificacións das actividades formativas impartidas.
Estes cursos foron ofrecidos en Boiro e tamén en Noia, onde ten sede a citada ongd, e contaron con subvención do Fondo Social Europeo, a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o II Plan Galego de Inclusión Social. Os cursos realizados foron: Introducción á Informática Básica e  Alfabetización e Asesoría Socio Laboral (Recursos para busca de emprego, Inmigrante, traballo e Dereitos do traballador).
A ceremonia de entrega de certificados vaise realizar en Boiro o xoves 27 de xaneiro ás 17:00 horas nas oficinas centrais da ONGD ConTacto e en Noia ao día seguinte, venres 28 de xaneiro, ás 17:00 horas na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o club ciclista Ácido Láctico afronta esta tempada con renovados retos

Ribeira, 25 de xaneiro de 2011. O pasado domingo tivo lugar a presentación da nova tempada do club ciclista Ácido Láctico. Os obxectivos que se marca para este ano son, por unha banda, a continuación da Marcha de Santiago a Fisterra, que chegará así á súa segunda edición. Por outra banda, seguirá a colaborar na organización das Escolas Municipais de Ciclismo que organiza o Concello de Ribeira e tamén organizará roteiros cicloturistas e ciclistas para os seus socios durante a fin de semana.
Na presentación agradeceron o apoio dos seus patrocinadores, así como á xente que lles bota unha man, con especial referencia a Lolo, Ventura, Manolo e Chento "polo seu tempo e dedicación para a boa marcha do club".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: Sleeping Cat estrea vídeoclip para o seu primeiro EP, baixo a dirección do cineasta Luís Avilés

Noia, 25 de xaneiro de 2011. Sleeping Cat, o proxecto persoal do músico Jerry Noia, vén de estrear o seu primeiro vídeoclip oficial, cun plantel de luxo detrás das cámaras. Na dirección, o multipremiado cineasta noiés Luís Avilés; na fotografía, Marcos Creo e Javier Uhía; Álvaro Dosil como técnico de son e Juan Ramón Vidal na iluminación. O músico agradécelles o resultado e convida a tod@s @s interesad@s na súa música  a ver o vídeoclip que encabeza esta información e a escoitar a súa música, que se atopa en Itunes, Spotify, Last Fm e mesmo Facebook. Os que queiran velo en directo, teñen ocasión o próximo luns 31 de xaneiro en Santiago de Compostela, no bar Reixa (zona vella, detrás da igrexa de Salomé, entre a Calderería e a Rúa Nova de Arriba), ás once da noite.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: convocan 40 permisos de explotación máis para mariscadores a pé na confraría

Estes novos pérmex sumaranse aos 434 vixentes e, deste xeito, a Consellería cumpre coa demanda realizada pola confraría ao abeiro do seu plan de explotación de moluscos bivalvos para o 2011. Mar tamén convoca 5 pérmex para percebeiros a pé en Muros

Exposición con trebellos para mariscar a pé e dende embarcación

Noia, 25 de xaneiro de 2011.- A Consellería do Mar outorgará 40 permisos de explotación máis para os mariscadores de a pé da confraría de Noia. Así o anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa visita á confraría desta localidade, onde mantivo un encontro cos seus representantes para escoitar de primeira man as súas demandas. Estes novos permisos de explotación súmanse aos 434 pérmex vixentes nesta confraría. Durante a xuntanza, á que tamén asistiu a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, tratáronse ademais deste asunto, outros que afectan ao pósito.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende mañá. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.

Noia destaca en Galicia polos seus berberechos

Cinco novos pérmex para percebeiros en Muros
A maiores, o departamento que dirixe Rosa Quintana, aprobou a convocatoria de 5 novos permisos de explotación a pé para percebe na confraría de pescadores de Muros. Poderán obter estas prazas aqueles que cumpran os requisitos que recolle o Decreto 425/1993, do 17 de decembro modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio. Terán 15 días hábiles a partir de hoxe para presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. Estes 5 permex súmanse aos 9 permisos de explotación a pé para percebe cos que actualmente conta a confraría de Muros.

Con estes 45 novos permisos en total, a Consellería atende a unha demanda das confrarías despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o grupo municipal socialista reclama que se faga unha circunvalación o máis axiña posible

Ribeira, 25 de xaneiro de 2011. O grupo municipal socialista emitiu hoxe unha nota de prensa na que reclama que se constrúa urxentemente unha circunvalación, da que se leva anos falando, a efectos de eliminar do casco urbano aos vehículos de traslación hacia outros núcleos, que tantos problemas -entre eles atropelos- están a provocar.
Os socialistas tamén suxiren outras iniciativas para mellorar a seguridade viaria, que tantos trastornos está a provocar nos últimos tempos.
Nota de prensa íntegra:

En estos últimos meses se ha constatado en el Concello de Ribeira, desgraciadamente, un elevado incremento de atropellos a viandantes por parte de diversos vehículos a motor, en zonas especialmente reservadas para los viandantes. Por descontado queda que en todos estos acontecimientos, la víctima más perjudicada es el peatón, llegando a varios casos con desenlace fatal para la vida de las personas.

De ningún modo podemos estar hablando de imprudencia por parte del transeúnte, ya que los accidentes están ocurriendo, esencialmente, en zonas de paso restringidas para el caminante, en pasos de cebra. Con lo expuesto, cabe resaltar y concluir, en que el motivo original de estos siniestros es la alta velocidad con la que circulan los automóviles, y que impide reaccionar con la prontitud requerida al conductor de la máquina, sobre todo y por lo ocurrido, dentro del mismísimo casco urbano de la ciudad de Ribeira.
Aunque todo hay que decirlo, en los núcleos de las parroquias con más afluencia de vehículos, entiéndase Aguiño, Palmeira, y rectas de Oleiros – Bretal, también existe una permisividad y complacencia fuera del común, con respecto a la alta velocidad. Concretando un poco, podemos hablar del entorno de Aguiño. Allí, en estos últimos días, ha habido quejas sobre el caos provocado tanto a las horas de entrada como a las de salida del colegio. No hay presencia de ningún policía local para poder regular los movimientos de coches, autobuses y escolares. En la vía que une el núcleo de Carreira con Aguiño, recta de Listres-cuesta de Fontenla, los adelantamientos son cosa muy frecuente, esto sería hasta cierto punto normal, si no existiese una línea continua, bien definida, en la calzada. Aparte de estar regulada la velocidad en 50 Km./hora, algo que pocos respectan.
En la Rúa do Norte, Palmeira, otro tanto de lo mismo; y la velocidad de algunos en el lugar de Gándara-Oleiros, es sencillamente, vertiginosa, pese a haber señales luminosas, de paso de peatones. Por todo lo relacionado, desde el PSdeG-PSOE, hacemos un llamamiento hacia la concienciación del conductor de cualquier vehículo a acatar las normas de circulación vigentes; rogamos al Equipo de Gobierno que intensifique la vigilancia policial en los lugares citados, sobre manera en las cercanías y accesos de colegios. Para con ello, poder evitar de algún modo, los siniestros que se están llevando vidas muy valiosas por delante; y a la autoridad competente, a regular el caos de trafico existente en Ribeira, intensificando los controles de velocidad en los accesos a los núcleos, y regulando los estacionamientos a diestra y siniestra de las calles principales, con señales verticales que mitiguen los incidentes en la circulación.
También es de significar, que varios de los siniestros ocurridos, tienen como actores implicados a vehículos de traslación, esto es que están en desplazamiento hacia núcleos de los alrededores; lo que induce a afirmar que si estuviese realizada la tantas
veces mencionada Circunvalación de Ribeira, estos accidentes no se habrían producido, ya que los vehículos de circulación interna, que intentan aparcar o acceder a garajes, marchan a velocidades más moderadas; por el contrario los vehículos de transporte, cercanías, y de salida a otras localidades, incrementan la velocidad de movimiento.
La visita prometida en el pleno de diciembre por el Sr. Alcalde del PP, del tan esperado Sr. Conselleiro Agustín Hernández, para este mes de enero, con la carpeta llena de proyectos para Ribeira (Depuradora, Mercado Municipal, Circunvalación, Estación de Autobuses,…) está con los días contados, ¿qué disculpa nos dará en el próximo sesión plenaria? Lo contaremos. Evidentemente, tras casi veinte años de gobierno del Partido Popular hay cosas que ya no pueden esperar más".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o equipo de goberno solicitará a revisión do valor catastral dos bens inmobles para rebaixar a contribución

O obxectivo do proceso é axeitar o valor catastral dos inmobles ao prezo actual de mercado

No 2008 a burbulla inmobiliaria estaba no seu punto máis álxido

Boiro,  25 de xaneiro de 2011. O goberno de Boiro, a iniciativa do alcalde, Xosé Deira Triñanes, leva hoxe ao pleno da corporación a aprobación da solicitude de inicio do proceso de revisión catastral do Imposto de Bens Inmobles (IBI), co obxectivo de axeitar o valor catastral dos mesmos á baixada de prezos que, nos últimos tempos, se vén rexistrando no mercado. O obxectivo é que os boirenses paguen menos por este imposto, dado que o valor das súas propiedades tamén é menor no mercado.

Nestes últimos anos houbo un importante auxe do sector da construción, e cando se fixo a última revisión catastral, no ano 2008, este atopábase no seu punto máis álxido, polo que o prezo de mercado dos bens inmobles era elevado. Con carácter xeral, a valoración catastral de cada propiedade é  un 40% menor ao prezo de mercado, pero na actualidade, ao mudar completamente a situación dos sector da construción, atopámonos con que en Boiro, sobre todo no casco urbano, hai moitos edificios cunha valoración catastral do 100% do valor de mercado. Cabe lembrar que a valoración catastral e a ponencia de valores é competencia do Ministerio de Economía e Facenda; de aí que o Concello teña que seguir a tramitación oportuna para lograr que o Ministerio execute esta medida. Normalmente, as revisións catastrais fainas, de oficio, o  Ministerio de Economía e Facenda cada 10 anos. Pero o Concello de Boiro considera que os veciños de Boiro, na actualidade, deben poder ver reducido este imposto, dado que o valor das súas propiedades tamén é menor.

O goberno boirense estima que as propiedades valen hoxe un 40% menos que en 2008

Boiro: o tipo impositivo máis baixo permitido por lei

A pretensión do goberno de Boiro ao iniciar este proceso, que se tramitará diante do Catastro da Coruña, é, en definitiva, que a redución do valor catastral repercuta nunha baixada do IBI dos recibos dos contribuíntes, xa que a opción de rebaixar o tipo impositivo que se aplica ao valor catastral de cada inmoble (e que fixa o Concello de Boiro) non é factible, pois xa é o mínimo que permite a lei: o 0,4%.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: alumnos do colexio "Sagrado Corazón" gañaron o segundo certame "Todos e todas somos Constitución"

O concurso foi convocado polo Concello e o premio é unha viaxe a Santiago

León do Congreso. Flickr de Pegatina1

Ribeira, 25 de xaneiro de 2011.-O Concello fallou xa a segunda edición do Concurso Escolar Todos e todas somos Constitución dirixido aos alumnos de Primaria do municipio co fin de sensibilizar á infancia acerca dos valores, dereitos e obrigas que recolle a nosa Carta Magna.

Houbo seis traballos presentados que foron elaborados por grupos de entre 15 e 26 alumnos, pertencentes aos CEIP O Grupo, colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e o CEIP de Palmeira.

O traballo gañador (primer e único premio do certame) levaba como título O pasapalabra, e foi realizado por un grupo de 26 alumnos de 6º de Primaria do colexio Sagrado Corazón de Castiñeras. Obtivo 22,75 puntos.

Viaxe a Santiago

Estatua de Valle na Alameda compostelana

O premio para estes alumnos, xunto coa súa mestra Raquel Mariño Pego, consistirá nunha viaxe no mes de febreiro a Santiago de Compostela, que incluirá visita oficial ao Parlamento Galego, xantar e visita á Cidade da Cultura.

A segunda posición  foi lograda por tres grupos de alumnos que acadaron a mesma puntuación (21,5): “Os de quinto”, traballo desenvolvido por rapaces de 5º de Primaria do CEIP O Grupo, “A nosa Constitución” a cargo de alumnos de 6ºA do CEIP de Palmeira; e “A Constitución”, por nenos de 6ºB do mesmo centro educativo.

“A Constitución”, de quinto de Primaria do CEIP de Palmeira obtivo 18,5 puntos, mentres que “Érase unha vez”, de 5º do colegio Sagrado Corazón logrou 17 puntos.

O xurado estivo presidido polos concelleiros de Cultura e Festexos e de Educación, Luciano Fernández e Juana Hermitas Crugeiras, respectivamente. Participaron como vogais, Alicia Padín, normalizadora lingüística do Concello; Pilar Casas, dinamizadora do museo municipal; e Unai González, técnico de Cultura. Actuou de secretaria Montserrat Iglesias.

Os criterios valorados foron a orixinalidade e creatividade (concepto que puntuou un máximo de 2 puntos por cada membro do xurado), presentación do traballo (máximo de 2 puntos), redacción e ortografía (ata 2 puntos) e rigor científico (ata 4 puntos).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.1.11

A Pobra do Caramiñal: instan ao asfaltado urxente da céntrica rúa Luís Seoane


A Pobra do Caramiñal, 24 de xaneiro de 2011. Os socialistas da Pobra presentaron unha moción para que se asfalte tan axiña como sexa posible a deteriorada rúa Luís Seoane deste concello.

A moción íntegra:

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitar o arranxo da rúa Luís Seoane.  

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: 

A rúa Luís Seoane, que vai desde a Gavoteira ata os Areais, é un rosario de baches pese a ser unha rúa céntrica. O deterioro da estrada convírtese no principal tema de conversación entre os veciños e usuarios da mesma porque levan soportando ese deplorable estado dende hai longo tempo. 

O estado do firme é penoso e xera un risco real aos vehículos xa que poden sufrir desperfectos e ademais algúns andan en zigzag par evitar os buratos do asfalto. 


Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte  

ACORDO: 

O goberno municipal fará unha actuación urxente de asfaltado da rúa Luís Seoane, co fin de evitar riscos nas persoas que deambulan por estes lugares e así mesmo evitar que os vehículos se deterioren. 

                                               Pobra do Caramiñal, a 17 de xaneiro de 2011

Quen era Luís Seoane?

Información na Galipedia, aquí
Páxina da Fundación Luís Seoane, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello reconvertirá os carteis do Plan E en taboeiros para publicidade allea e propia


Cartel diante do Coliseo Noela, que agardamos retiren, pois é un edificio histórico

Noia, 24 de xaneiro de 2011. O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, anunciou esta fin de semana que o Concello está pensando en reconvertir os enormes carteis do Plan E en taboeiros para colocar publicidade. O alcalde lanzou no seu perfil de Facebook a cuestión, para pulsar a opinión dos internautas que o teñen agregado como "amigo". Deixámoslles o resultado ata o momento de publicar esta nova, para que se fagan vostedes idea de se calla ou non esta idea entre os veciños e internautas:

Rafael García Guerrero

Seguindo o exemplo de Silleda, que vai reutilizar o carteis do plan E, estamos pensando en empregar algúns para que a xente colgue carteis. Como temos prohibida a colocación de publicidade no mobiliario público e nas paredes, agora a xente demanda sitio para publicitarse con autorización. Cabe a posibilidade de destinar algúns carteis a este fin. Que vos parece? (Non se poderia facer en todos, hai que retirar algún)
Sábado ás 11:30

    • Oliva Villaverde Montero asi no se manchan tanto las paredes me parece bien (reciclar)
      Sábado ás 11:35
    • Paco Do Martelo Home, eu en Ribeira vin facer iso por parte dunha empresa que curiosamente fora o que acometera as obras que se anunciaban nel...
      Sábado ás 11:37
    • Rafael García Guerrero Refirome aos carteis de papel que se pegan: de festas parroquias, actos, etc... Coas multas (e van unhas 60) reducimos moito a publicidade en paredes, marquesinas e demais, ainda que seguen poñendoas, pero hai xente que esta vindo a pedir que se habiliten sitios, entón unha posibilidade e pintar os carteis do plan E e deixalos poñer ali con autorización.
    • Muebles San Caetan Me parece buena idea, Lo que no me parece tan bien es que multes a las empresas porque la gente tire los papeles al suelo.
      Sábado ás 11:52 · 1 persoaA cargar...
    • Paco Do Martelo
      Iso xa é outra cousa. O caso que comentei, con permiso ou non do citado Concello, estrañoume bastante, porque dáse a casualidade tamén o colocaran eles e por suposto cobrando, co que-lles saíu económico demais e por riba, nin de Ribeira era...
      .
      A verdade é que en Noia agora non é nada doado colgar un cartel anunciando algún acontecemento. No meu caso polo acto das vítimas de Nebra, só o deixei no taboleiro de anuncios da estación de autobuses.
      Sábado ás 11:53
    • Paco Do Martelo Nisto coincido co veciño.
      Sábado ás 11:54
    • Monica Castelo Vazquez Lo q yo no soporto es la publicidad q ponen en los cristales de los coches y menos aún q lo sigan permitiendo
      Sábado ás 11:57
    • Rafael García Guerrero
      Jaja "es que multes a las empresas", faime gracia, perdoa, e que esa concepcion é como a de "quitame a multa", como se fora algo discrecional. Quen multa é administración en base a normativas, non é algo discrecional ou optativo do señor qu
      e está de alcalde.

      Entendo que se refire ás posibles multas por reparto de publicidade na rúa. Cando se dá autorización (obrigatorio para repartir) para dar panfletos e folletos na rúa especificase ben claro que a empresa é a responsalbe de que todo quede en perfecto estado de limpeza por eso na autorización ponse os sitios de reparto. Se alguen ten autorización para repartir no Curro e hai folletos polo chan nesa zona ao acabar o reparto a recollida é cousa de quen os repartiu. Pero non se multa a alguen por repartir no Curro e acabe un panfleto tirado nunha parroquia, obviamente non é culpa da empresa.

      Non sei se hai algún caso así, tampouco me sei todos os expedientes, obviamente.

      De todos xeitos eses repartos na rúa, carteis nas paredes, folletos nos coches, todo eso tense que ir acabando. É algo desfasado, a publicidade vai por outros rumbos, e ademais o prexuizo que se causa a todos e grande, porque o custe da limpeza é enorme. As marquesinas de Noia están deterioradas da cola dos carteis, e é un paston limpalas agora.

      Sábado ás 12:03 
    • Rafael García Guerrero Se non lembro mal, a publicidade nos coches está prohibida por normativa, e coido que se reduciu bastante.
      Sábado ás 12:04
    • Monica Castelo Vazquez Pues de vez en cuando alguien debería darse una vuelta por Labarta
      Sábado ás 12:13 ·
    • Antonio Sánchez Pareceme ben, pero os que teñas que quitar podes reubicalos en outras parroquias...
      Sábado ás 12:15
    • Loli Rodríguez Amoroso Rafa, amin paréceme moi boa idea!
      Sábado ás 12:17
    • Rogelio Tajes Piñeiro
      o Reciclado deses carteis pareceme ben, pero deberanse de reutilizar en lugares visibles xa que do contrario o problema vira sendo o mesmo e todo o mundo a pegar onde lle veña en gana e claro despois queixanse de que se denuncia.... tamen s...
      e debera limpar as zonas onde actualmente hay carteis para non provocar a pegada de novos, pensade que a maioria dos que colocan carteis non son de noia e non se coñece a ordenanza..... Por outra banda me tomo a libertade de darlle a miña vision a Muebles San Caetan sobre o unha parte do seu comentario, penso que non se multan as empresas por que os usuarios tiren a publicidade o chan... o que se denuncia e o reparto en man e a publicidade nos coches e a pegada de carteis xa que as mencionadas actividades estan prohibidas por ordenanza (non podo poñerte o enlace a dita ordenanza xa que falla a web da diputacion), e dito esto tamen digo como opinion persoal que a obxectividade da Policia Local no control destas actividades non se pode poñer en entredito xa que todas as actuaciones que fan nestes casos son correctas. E como dirian na Agencia Tributaria "El desconocimiento de la Ley NO exime de su CUMPLIMIENTO"
      Sábado ás 12:17
    • Quico Hermida o que é de vergoña é colocar esos carteis, que en moitos casos supera o seu custe o 10% do investimento total.
      Un pequeno cartel informativo sería mais que suficiente
      Sábado ás 12:36  1 persoaA cargar...
    • Enrique Martinez Hablando de publicidad ¿Es legal la colocación de papeles en los limpiaparabrisas de los coches? ¿Si llueve y luego el papel mojado se queda pegado a mi parabrisas puedo reclamarle a alguien llevando la razón por delante?
      Sábado ás 13:04
    • Monica Castelo Vazquez esa prohibición de pegar carteis nas paredes pareceme moi ben, agora e a proposito de que se acerca unha campaña electoral, fagamola cumplir
      Sábado ás 13:43
    • María Dosil A min paréceme boa idea o de reutilizar esos carteis co fin de publicitar, non deberíamos apoiar a decisión de non colocar publicidade porque dela viven moitas pequenas empresas e estaríamos mirando pola limpeza das rúas pero ó mesmo tempo quitando emprego... É un arma de doble filo e penso que hai que valorar ben pros e contras...
      Sábado ás 13:54 1 persoaA cargar...
    • Rafael García Guerrero
      Nos coches esta prohibido colocar publicidade, agas nos aparcadoiros privados como o do Eroski. So podemos prohibilo no espazo publico.

      Agora o da pegada de carteis nas campañas electorais xa esta moi desfasado, e unha cutrada. so se pegan n...

      os taboleiros oficiais. No PSdeG de Noia estamos valorando se facelos incluso. 
      Sábado ás 13:55 a través de Facebook Móbil  · 1 persoaA cargar...
    • María Dosil A min gustoume o vídeo promocional que fixestes na outra campaña! Opino coma ti no tema dos carteis das eleccións, cutrada e sin sentido:"Vota....," e a foto da primeira comunión... A verdad é que é un gasto innecesario!
      Sábado ás 14:00
    • Paula Alonso Había que sacar as esquelas da esquiña do Gadis de San Lázaro, é bastante kafkiano o asunto...
      Sábado ás 14:36 · 1 persoaA cargar...
    • Paula Alonso E multar ós que colgan da ponte " Pepe e Mari casan mañán" en formato xigantesco
      Sábado ás 14:42 · 1 persoaA cargar...
    • Leandro Garcia A min paréceme unha boa idea eso de reutilizar eses carteis
      Sábado ás 15:27
    • Lekandari Da Barquiña está moi ben ,pero eu optaría por sacalos,polo menos o do pantalán da BARQUIÑA,eso é ata perigoso
      Sábado ás 16:58
    • Val Carmona Zoya Me parece genial la idea, reciclar y además echar una mano a las empresas anunciantes facilitandoles espacios para colocar sus carteles.
      Sábado ás 17:38
    • José Manuel Martinez Abeijón Creo que es una excelente idea y muy necesaria.Lo que si me parecee importante es regular la colocación dividiendo el panel en espacios de 70x50 para que la colocación de la publicidad resulte estética.
      Sábado ás 20:04
    • Ramón Martinez Abeijón labarta, enfrente o Naf, hoxe, pegada de carteis de folga xeral, si antes falaramos do tema.....
      Sábado ás 22:29
    • Enrique Martinez Reincido en el tema de la publicidad en los limpias de los coches en la via pública. ¿Donde debe interponerse la denuncia? ¿En la policía municipal?
      Sábado ás 22:47
    • Mary Dominguez Pareceme estupendo, unha boa maneira de reutilizar uns carteis que me parece que son caros, controlase de paso o tema da publicidade e dase un servizo as empresas que queren publicitarse. Sería interesante reubicar algún. Ideas verdes jaja
      Onte ás 11:33
    • Rafael García Guerrero Si na policia municipal.
      Onte ás 13:02
Curiosidades

Os carteis do Plan E foron moi criticados, tanto polo seu custe como polo seu tamaño. O Concello de Silleda anunciou a semana pasada que está estudando reutilizalos e transformalos en soporte informativo para o propio concello e para colectivos que os requerisen, xa que ten 20 vallas deste tipo dunhas obras que xa remataron.

No Concello de Pontecaldelas, tamén na provincia de Pontevedra, incluso chegaron a roubar dous. Ignórase o destino dos mesmos, pois non deron cos cacos. Noutros lugares, como Cabana de Bergantiños, algún chegou a usalos para anunciar unha voda. Veulle ao pelo ao noivo de entón (foi en 2010), xa que o seu nome comeza por E: Eduardo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical