21.2.11

Ribeira: "Flor de Toxo" reclama bonobuses máis aló de xuño e súmase con outras asociacións a un roteiro turístico



Ribeira, 21 de febreiro de 2011. A xunta directiva da asociación xuvenil e cultural "Flor de Toxo" acordou o pasado venres 18 de febreiro en asemblea presentar unha solicitude para que os bonos de autobuses subvencionados polo concello abarquen os exames extraordinarios e non caduquen en xuño, como sucede agora. Segundo explicaron, "actualmente existen uns bonos de autobús subvencionados polo concello para estudantes universitarios, éstes só son válidos ata o 30 de xuño, actualmente os exames extraordinarios son a primeira quincena de xuño para os estudantes adaptados aos famosos Plans de Bolonia; e a primeira quincena de setembro para os que seguen cursando os estudos polo plan antigo. Deste xeito, os bonos non cubren os viaxes nestes exames, polo que consideramos necesario para a xuventude que abarquen toda a época de exames, por iso nos vindeiros dís presentaremos unha solicitude para que os citados bonos abarquen os exames extraordinarios".

Entroido: sesión Dj o venres 4 de marzo

Por outra banda, o venres, día 4 de marzo, coincidindo coa festividade de Entroido, acordaron organizar unha sesion de DJ nunha carpa instalada fronte ao Auditorio Municipal, para darlle a benvida á citada festividade. Será co DJ Facundo e comezará ás 11 da noite.

Roteiros turísticos en Semana Santa

Durante a Semana Santa, "Flor de Toxo" vai organizar unha actividade xuvenil que consistirá en percorrer un roteiro de Sendeirismo da Mancomunidade Arousa Norte. Durante tres días, mozos de asociacións de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (Arousa Norte ou Barbanza) percorrerán xuntos estes roteiros. "Con esta actividade pretendemos amosar que a xuventude tamén apoia o turimo da zona e cre importante potencialo, xa que temos unha riqueza paisaxística e cultural inigualable en Arousa Norte. Ademais, queremos que sexan unhas xornadas de convivencia entre distintos mozos da comarca. A representación de Ribeira correrá por conta da nosa entidade", aclararon.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro. o Centro de Día celebra esta semana o seu aniversario con dúas xornadas de portas abertas e outras actividades


Dodro, 21 de febreiro de 2011.- Segundo informa o Concello, o Centro de Día está a celebrar esta semana, dende hoxe ata o venres 25, o seu aniversario. A programación é a que segue:


LUNS E MARTES, 21 E 22 DE FEBREIRO: Xornadas de portas abertas.
Calquera persoa pode pasar a visitar o centro en calquera horario, para ver o seu funcionamento cotiá ao longo da xornada.

MÉRCORES 23 DE FEBREIRO:
Xornada de convivencia coas persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Dodro. Co fin de ofertarlle unha actividade ás persoas que reciben a axuda no fogar, organízase unha xornada completa de convivencia, para que pasen o día enteiro no Centro, participando das súas actividades e mesmo comendo con eles. Así todas as persoas usuarias dos dous servizos (centro de día e SAF) poderán gozar da compañía mutua, tendo en conta as súas dificultades para saír e relacionarse co contorno. Ademais serve para facilitar o contacto e coñecemento do Centro a xente do concello que son potenciais usuarios. Esta actividade é a primeira vez que se realiza.

XOVES 24 DE FEBREIRO:
Nesta xornada, convidados polo persoal do Centro de Día (como en todas as anteriores) o concello levará ao centro as súas actividades, e os grupos que habitualmente participan nos obradoiros de memoria e actividades deportivas iranas
facer ao Centro de Día e compartilas coa xente que está alí, acompañadas pola monitora de memoria, o monitor deportivo do Concello, a terapeuta ocupacional e o Psicólogo do Centro de Día.

VENRES 25 DE FEBREIRO:

Xornada de convivencia coas familias das persoas usuarias.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Volei: os equipos de Boiro perderon tres e gañaron dous partidos, pero cadetes e xuvenís clasificáronse para fase de ascenso

Crónica de María Cortés Ayaso

Aunque el cómputo general victoria-derrota ha sido negativo en este caso para el club (2 victorias - 3 derrotas), el deportivo es muy positivo, ya que nuestras cadetes y juveniles se han clasificado para la fase de ascenso a la liga gallega de sus respectivas categorías, y la importante victoria del Proboin ante su más directo contrincante en la clasificación, lo que las acerca más a su invitación a la fase de ascenso a 1ª División Nacional.

PRIMERA DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL descansa

El HIPESCAR descansó el fin de semana, pero este descanso no le ha afectado en la clasificación, ya que continúa como líder de su categoría, pese a las victorias de sus directos competidores: Club Vigo Voleibol y Universidad de Valladolid.

Imaxe de http://boirovoleibol.blogspot.com

SEGUNDA DIVISIÓN A MASCULINA

ZALAETA B 3 - 0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL (25-22, 25-22, 25-16)

Dura derrota la sufrida por el REDESYL en tierras coruñesas. Los de Antón Pérez no consiguieron contruir un juego como ellos deseaban, puesto que la recepción fue deficiente, complicando la transición al ataque por parte de nuestros colocadores. Con este tropiezo el Redesyl da un paso atrás en sus aspiraciones ligueras, por lo que deberán empezar a prepararse cuanto antes para revertir la situación en el futuro.

Por el REDESYL BOIRO VOLEIBOL jugaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito", Diego Romero, Adrián Armental "Naranxo", Antón Pérez "Balboa", Fran López "Chepe" y Diego Alcalde (líbero). Como reservas estaban Luis Lustres, Alén García, Manuel Pérez "Cholo", Juan "Mande" y Rubén Román Vidarte.

SEGUNDA DIVISIÓN A FEMENINA

ACERSA VOLEY ARTEIXO 2 - 3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL (25-23, 13-25, 21-25, 25-21, 7-15)

Victoria importante para el PROBOIN ante un rival directo en esta 2ª División autonómica femenina, que sumada a la derrota del San Sadurniño ante el XAV Cambados por 3-2, les permite a las boirense situarse líderes en solitario de la competición. Las boirenses empezaron con un muy buen planteamiento táctico, pero con numerosos errores, sobre todo en recepción y saque. Las locales se aprovecharon de esta situación para llevarse el primer parcial. En el segundo set las pupilas de Andrés Martínez salieron mucho más concentradas, aumentando sobre todo el nivel de saque, que hizo daño a la recepción local, y les dio la victoria en el set de manera merecida. El tercer y cuarto set fueron los más igualados del partido. Las locales mejoraron la recepción y su eficacia en bloqueo, mientras que el REDESYL se apoyaba en una gran defensa que evitaba que las coruñesas pudieron cerrar los puntos con facilidad. El resultado fue de un set para cada conjunto. En el tie-breack el REDESYL salió con una mentalidad mucho más agresiva, muy animadas y con un juego contundente que impidió al equipo local plantarle cara a nuestras chicas.

Por el PROBOIN BOIRO VOLEIBOL jugaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, Carolina Cuadros, Alicia Novoa, Rebeca González, María Triñanes y Carla Castro (líbero). Como reservas estaban Luisa, Sara Martínez y Leonor Lorenzo.

LIGA GALLEGA JUVENIL MASCULINA

ZALAETA 3 - 1 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL (25-13, 25-17, 17-25, 25-23)

El TRILLIZOS, bajo las órdenes de Andrés Martínez, se desplazaban a Coruña para hacer frente al Zalaeta. El partido empezaba con los nuestros totalmente desconectados en recepción, cuestión que impedía trenzar combinaciones en ataque e incomodar en entramado defensivo de los coruñeses. Esta situación de imprecisión reinó en los dos primeros sets, los cuales dominó el Zalaeta con soltura. En el tercer set, el TRILLIZOS aumentó el porcentaje de recepciones buenas, elevó el nivel de defensa y su juego resultó ser de más nivel. El cuarto set estuvo marcado por la igualdad, pero el acierto de los locales en momentos importantes hizo que cayera de su lado por un ajustadísimo 25-23.

Por el TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL jugaron: Diego García, Diego Romero, Miguel Lorenzo, Antón Pérez, Martín Herrera, Ismael Martínez y Arsenio (líbero).

LIGA PROVINCIAL JUVENIL FEMENINA

AD XIRIA ASESORÍA CERVANTES - BOIRO VOLEIBOL aplazado

LIGA GALLEGA CADETE MASCULINA

VOLEIBOL DUMBRÍA 2 - 3 REYCA BOIRO VOLEIBOL (21-25, 20-25, 25-12, 25-21, 17-19)

Ajustada victoria del REYCA en esta liga gallega ante el Voleibol Dumbría, de esta manera los chicos del REYCA afirman la importante evolución de su juego con un buen resultado en una complicada cancha. Los de Andrés Martínez mantuvieron una buena orden defensiva con especial atención en los ataques al segundo toque y en las fintas del equipo rival. Mejoró también la actividad psicológica respecto a otro días, ya que la intensidad de los nuestros empezó a parecerse a la que se le solicita en los entrenamientos. No cabe duda de que esta no es más que una muestra del potencial para los chicos del REYCA, en el que todo el club tiene puesta sus esperanzas de cara a un futuro próximo.

Por el REYCA jugaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Raúl Lojo, Daniel Vázquez, Abel Sánchez, Óscar Refojo, Lois Vázquez y Alfonso.



Imaxe en Dodro de http://boirovoleibol.blogspot.com

LIGA PROVINCIAL CADETE FEMENINA

OS BACELOS DODRO 3 - 1 BOIRO VOLEIBOL  (23-25, 25-20, 25-19, 25-13)

Partido en el que, según su entrenador, nuestras chicas jugaron con apatía y falta de actitud. Las locales aprovecharon estas circunstancias y, de menos a más y con un juego poco vistoso pero efectivo consiguieron llevarse la victoria de manera merecida.

Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron : Sheila, Ana, Alejandra, Sara, Katy y Alba. También jugaron Melissa, Sandra y Andrea.

El equipo a las órdenes de Juan Resúa finaliza la competición regular de esta liga provincial con una meritoria 3ª plaza, por lo que el día 12 de marzo disputará la fase de ascenso a la LIGA GALLEGA CADETE. Mucha suerte para ellas, ánimo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado, concerto da Banda da E concerto da banda da escola de música de rianxo

Rianxo, 21 de febreiro de 2011. O vindeiro sábado, 26 de febreiro, terá lugar no auditorio rianxeiro un concerto da Banda da Escola de Música da localidade, con José Rodríguez Ramos como director convidado. O concerto comeza ás oito da tarde. Para conseguir entradas, como é habitual, comezaranse a repartir unha hora antes por rigoroso orde de chegada, cun máximo de dúas por persoa.

Quen é José Rodríguez Ramos?

Segundo Ópera Prima, José Rodríguez Ramos nace en Araño (Rianxo). Aos sete anos de idade comeza os seus estudos musicais en Evian-Les-Bains (Francia). Debuta na banda municipal desta localidade tres anos máis tarde. De regreso ao país, prosegue
os seus estudos de trompeta e inicia os de piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Durante esta etapa, pasa a formar parte da Banda Infantil de Taragoña. Máis tarde trasládase a Santiago, onde segue a estudar trompeta co mestre Maximino Boga no conservatorio desta cidade.

Desde o ano 1988 en diante, conflúen unha serie de circunstancias que marcarán o seu futuro profesional. En primeiro lugar, pasa a formar parte da Banda Municipal de Santiago, agrupación na que presta os seus servizos durante tres anos. É nesta época cando asiste a varios cursiños co profesor José María Ortí Soriano, do Conservatorio Superior de Música de Madrid e trompeta solista da Orquesta Nacional de España. A partir deste momento, compaxina as clases que este profesor imparte na Academia
Santa Cecilia de Madrid cos estudos oficiais no conservatorio compostelán, onde obtén o título de profesor superior de trompeta.

En 1990 ingresa por oposición na Banda Municipal da Coruña. Nesta nova etapa imparte cursiños en diversas localidades da xeografía galega e tamén colabora coas máis diversas agrupacións do noso país, como son: o Grupo de Metais Santa Cecilia de Ferrol, o Grupo de Metais de Santiago, Coruña Brass, o Grupo de Metais de Galicia, a Banda Sinfónica de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra de Cámara da Coruña, coa que actuou de solista.

Outras das súas facetas musicais foron as de colaborador de varias escolas de música, mestre de trompeta no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol ou director da Banda de Música de Vilalba. Continúa a perfeccionarse no seu instrumento con profesores da talla de Vicente Martínez, Juan Carlos Alandete ou Benjamín Moreno e segue os cursos que imparte José Ortí. No verán de 2003 ingresa por oposición no corpo de profesores de conservatorio. Desde este momento, imparte docencia no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, faceta que compaxina coa de director da Banda Artística de Merza.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o alcaldable polo Bng entrevistouse cos do club de remo local


Rianxo, 21 de febreiro de 2011. O candidato á alcaldía do BNG de Rianxo, Adolfo Muíños, visitou as instalacións deportivas do Club de Remo de Rianxo acompañado polos membros da xunta directiva da entidade. Muíños agradeceu sinceramente a visita para coñecer as interioridades das instalacións e marabillouse do esforzo colectivo que realiza a agrupación para impulsar este deporte. Amosouse totalmente de acordo coa valoración da directiva do club para sinalar que estamos diante dun dos deportes de referencia de Rianxo, dos que teñen que ser especialmente agarimados pola administración local: "é un deporte tradicional que nace do mar, como o propio Rianxo, e recolle a tradición remeira noutros tempos vinculada ao traballo e hoxe ao tempo de lecer", manifestou.

Puntos tratados

A xunta directiva trasladou as dificultades que hoxe son comúns a algúns outros deportes, para conseguir patrocinios, o mantemento das instalacións, o custe da renovación dos materiais (as traíñas fanse en asteleiros de Euskadi e acadan os 36.000 euros), dos medios de transporte para a competición, que supón o traslado do material en remolques, as distancias a percorrer... Pero tamén fixeron partícipe ao candidato do amor desinteresado por este deporte, dos moitos sacrificios dos compoñentes ao longo do ano para un período relativamente curto de tres meses de competición. Chova ou vente, adestran toda a semana na dársena rianxeira. Conta o club de remos con setenta integrantes na actualidade nas diferentes categorías, entre elas unha de mulleres.


Adolfo Muíños, acompañado da edila Marité Sobradelo, confesáronse "abraiados" por tanto traballo, que asumiron "debe ir acompañado dunha similar implicación municipal en sostelo e dar maior presenza e recoñecemento institucional a este deporte na localidade que gañou o ano pasado 2010 o ouro no Campionato de España de bateis cadete e bronce na súa primeira participación en banco fixo en Dénia-Valencia levando o nome de Rianxo por todo o estado e Galiza coa Liga Galega de Traíñas".

Compromisos adquiridos

Os nacionalistas sinalaron que hai un "compromiso ineludíbel, en primeiro termo, coa celebración da VII Bandeira de Concello de Rianxo neste 2011 que permite competir ás nosas embarcacións na liga de traíñas do noroeste". Adolfo Muíños apuntou a necesidade de darlle a maior relevancia local ás competicións "e mesmo favorecer sinerxias con outros colectivos do concello para crear ese ambiente de festividade e apoio colectivo a este deporte". Tamén avogou polo mantemento das axudas que o convenio coa Deputación posibilita para o financiamento da monitoraxe e adestradores dos clubs rianxeiros e por buscar canles de colaboración para mellorar e reparar unhas instalacións levantadas polo propio club.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng levará ao pleno deste mes unha moción a prol da restitución das axudas a mariscadoras a pé


A moción dos nacionalistas vaise presentar no resto de concellos. Na imaxe, Pobra

Noia, 21 de febreiro de 2011. O Grupo Municipal do BNG defenderá, no pleno ordinario do presente mes de febreiro a celebrar este venres día 25, unha moción encamiñada a solicitar da Xunta de Galicia a restitución das axudas mensuais destinadas a mariscadoras e mariscadores a pé, a fin de que os mesmos poidan completar os períodos mínimos de cotización á Seguridade Social para ter acceso á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva.

Os nacionalistas lembran que no seo da confraría de Noia calcúlanse un total de 33
mariscadoras a pé, maiores de 65 anos, afectadas hoxe en día pola retirada da axuda
complementaria concedida pola Consellería do Mar na anterior lexislatura. "Con esta actuación o Partido Popular pon ás claras cales son as súas prioridades, non estando entre elas as da defensa dos sectores da nosa sociedade máis vulnerables; intentando xustificalo baixo a falsa coartada da austeridade, sen que se recorten as partidas para publicidade e propaganda, entre outras, susceptibles de minoración ou supresión", conclúen dende o Bng.


Antes, en Certo:


Noia: o Bng reuniuse coas mariscadoras ante a supresión da axuda

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.2.11

Rianxo: presentado de xeito oficial o alcaldable polo Psoe, Carlos Gey

Rianxo, 20 de febreiro de 2011. Esta mañá tivo lugar en Rianxo, na casa de cultura, a presentación oficial do candidato á alcaldía polo Psoe, Carlos Gey. No acto estivo o máximo dirixente socialista en Galicia, Pachi Vázquez, e, por suposto, o alcalde actual, Pedro Piñeiro, que deixa a súa carreira política por motivos persoais.

Carlos Gey pediu o apoio para a súa candidatura aos veciños alí congregados e a todos os rianxeiros e o actual alcalde, Pedro Piñeiro, pasoulle a testemuña cun emotivo discurso.
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Partido Popular critica ao bipartito polo informe negativo sobre o Centro de Artes Escénicas


Dodro, 20 de febreiro de 2011. O Partido Popular de Dodro emitiu unha nota de prensa na que se critica ao actual equipo de goberno por non corrixir as deficiencias do que ía ser Centro de Artes Escénicas e que debería ter sido inaugurado en xullo do ano pasado.

Nota íntegra:

"Segundo os informes da APLU o Centro de Artes Escénicas incumpre, entre outros moitos preceptos, o regulamento de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas, polo que non se podería conceder licenza para a súa apertura, o que provocaría a inutilidade do local e o conseguinte prexuízo para os veciños de Dodro.

      Resulta sorprendente que despois de denunciar as máis que posibles ilegalidades desta obra en catro plenos distintos, o goberno PSOE-BNG non se tivera molestado o máis mínimo en tratar de corrixir algunha delas, e en cambio, intentase lanzar un reto ó Partido Popular con fin de atemorizalo e que non denunciase esta escandalosa ilegalidade que avergonza ó noso Concello. Como se pode pretender que os veciños se axusten á legalidade cando é o goberno o primeiro que incumpre as regras que el mesmo establece? Os veciños non poden e o Concello si? Non é xusto!

      Unha vez descubertos os feitos, resulta evidente a razón pola que a arquitecta municipal  que vén informando todas as obras nos últimos anos non fixo o informe técnico, recurrindo ex profeso o goberno PSOE-BNG a un aparellador, implicado en obras de particulares con expedientes urbanísticos abertos.

      Por outra banda, resulta sumamente esclarecedor que a secretaria titular do Concello de Dodro non fora a encargada de facer o informe xurídico necesario para a obra do Centro de Artes Escénicas, e “casualmente” se lle abrira un expediente disciplinario co fin de despedila, o que poría de manifesto o “axuste de contas” que tanto a Sra. Victoria Rey Mariño como o Sr. Arturo Díaz pretenden levar a cabo despedíndoa.

      Vista obxectivamente, a manobra política deseñada pola Sra. Victoria Rey é autenticamente maquiavélica. Se a APLU non interviñese, ela sacaría rédito político como promotora da obra, namentres que en caso de non saír adiante, tal e como é o caso, non tería que afrontar ningún tipo de responsabilidade pois non formou parte do tribunal de selección. Deste xeito, e tras a dimisión de Anxo Franco, os máis afectados serían Arturo Díaz e o responsable de Urbanismo e Obras  José Luis Fernández Reboiras, e quenes terían que facer fronte ante posibles responsabilidades. Desta forma, á Sra. Victoria Rey quedaríalle o camiño libre para encabezar a coalición BNG-PSOE".

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.2.11

A Pobra: presentada de xeito oficial a alcaldable polo Bng, Rosana Pérez

Imaxe do perfil de Facebook da candidata nacionalista á alcaldía

A Pobra do Caramiñal, 19 de febreiro de 2011. A candidata á alcaldía da Pobra do Caramiñal polo Bng, Rosana Pérez, afirmou estar "moi ilusionada perante o reto das próximas eleccións e asegurou que as percepcións son moi boas para que un goberno nacionalista asuma a transformación da Pobra". Rosana Pérez estivo apoiada na súa presentación esta tarde, no restaurante O Lagar de A Pobra, polo máximo dirixente do Bng nestes intres, Guillerme Vázquez.

A alcaldable nacionalista coincidiu co voceiro do BNG en que "unha das prioridades, como non podía ser doutro xeito nestes momentos de crise, é facer fronte ás drámaticas cifras do paro, que se ceban especialmente coa mocidade e coas comarcas como a do Barbanza".  Asegurou que "é posíble facer as cousas doutro xeito e ser realmente austeros, é dicir, ser responsables cos cartos dos cidadáns e e investilos para satisfacer as súas principais necesidades, de postos de traballo e tamén  de prestación de servizos basicos, públicos e gratuitos, iso si, iso sempre”, engadiu.

Feijóo, récord no desemprego


Pola súa banda, Guillerme Vázquez centrou a súa intervención en criticar o actual goberno da Xunta, aínda que estas eleccións son municipais, e preguntouse "cales son os méritos de Núñez Feijóo para trasladalos á política municipal? O récord no desemprego?"

Guillermo Vázquez afirmou que o éxito do BNG vai significar a derrota dos populares e o freo para que non poidan trasladar aos concellos a súa “incompetente e fracasada política da Xunta”, tal e como están “amenazando” que van facer, dixo.

Para o voceiro nacionalista, se estas son as intencións do PP perante os próximos comicios e para o futuro dos concellos galegos antes terán que demostrar cales son os méritos de Núñez Feijóo, “acaso a súa política de emprego, os recórdos que nos levou a bater nas cifras do paro?, ou as súas politicas antisociais e privatizadoras?”.

Ante esta situación, amosouse convencido de que a única alternativa a estas “politicas de dereita que practican tanto PP como PSOE” nos gobernos da Xunta e do Estado é a do BNG, que traballará cunha prioridade, a de crear emprego nunha situación límite como a que se está a vivir: 245 mil parados, o 8 por cento dos fogares do País con todos os seus membros no paro, un 36 por cento de taxa de paro xuvenil, menos un millón de afiliados na Seguridade Social...”.

Por iso, o BNG reducirá “á mínima expresión o gasto burocrático improdutivo e incrementaremos as partidas para o investimento produtivo e criador de riqueza e emprego”.

Promesa: saída á crise con xustiza social

O número un do BNG amosou a súa convicción de que “milleiros de galegos e galegas comparten con nós a idea de que non hai que resignarse e de que é posíbel unha saída á crise con xustiza social”.  Por iso, cada día máis galegos e galegas teñen no BNG “o seu referente e nós queremos ser portavoces deses galegos e galegas”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: autorizada a construción dun campo de herba artificial en San Lázaro

Noia, 19 de febreiro de 2011. A Dirección General para la Sostenibilidad de la Costa y el Mar autorizou a construcción do Campo de herba artificial en San Lázaro. Houbo que ampliar a concesión existente para o actual campo de fútbol.

As xestións, como se observa no documento adxunto, datan do ano 1997, nada menos (14 anos), en que se concedera ao Concello a ocupación dos terreos de San Lázaro para construír alí a actual área deportiva, cunha concesión que duraba 15 e que podía ser prorrogada, como acaba de selo.

A petición (solicitude de autorización) para a construción do campo de césped artificial data de xullo do ano pasado. En novembro de 2010 informouse favorablemente. O campo novo de fútbol ocupará unha superficie de 95 por 62 metros (case 6.000 metros cadrados) e irá dotado con rede de pluviais e rego.

As obras deberán comezar nun prazo de tres meses (a notificación fíxose a mediados de febreiro, polo que teñen que comezar como moito antes de mediados de maio) e ser executadas no prazo de catro meses dende que se lles dea inicio.  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical