19.4.11
Vai de Roda premiada na Estrada
Vai de Roda de Rianxo acada diferentes premios na Estrada
Dous grupos da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda de Rianxo veñen de colleitar diferentes premios nunha nova edición do prestixioso concurso de baile tradicional que organiza a agrupación estradense Tequexetéldere, que tivo lugar este domingo nun ateigado auditorio da Estrada no que se chegaba a súa VII edición.
Participaron agrupacións e colectivos culturais con escolas de baile tradicional das provincias de Pontevedra e A Coruña, algunha delas das máis prestixiosas como Cantigas e Agarimos, Xacarandaina, Donaire, A Pontevella ou Os Xeitosos de Trazo, o que dá idea da competencia e o bon nivel do concurso.
Na categoría dos máis novos,menores de 9 ano,s venceu o grupo O Muiño da Retorta, do colectivo Pontevella de Teo, por diante do grupo Sete Ferreñas de Vai de Roda, de Rianxo que quedou segundo.
Na categoría de 9 a 12 anos venceu o grupo Nove Ferreñas, de Vai de Roda de Rianxo, por diante dos Xeitosos, de Trazo.
A charanga tradicional Vai de Roda recolleu tamén o premio ao mellor acompañamento e a asociación tamén colleitou o premio ao mellor vestiario.
Vai de Roda amosa a súa satisfacción polo que isto supón de recoñecemento dun traballo e dun esforzo de nenos e nenas, das familias e do profesorado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
RIANXO - II Festival Folclórico Galego
- Ballet Folclórico Boirense
- Agrupación Folclórica "Verdes Piñeiros" de Asados
- Grupo de Música Tradicional "Rio de Anxo"
- Agrupación Folclórica C.E.A.R. "Castromao" de Mondariz
- Escola de Danza "Vila de Baiona"
- Agrupación Folclórica "Hai que roelo" de CuntisInteresados/as en asistir ó festival poden retirar as entradas (máximo 2 por persoa) no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo unha hora antes do Festival. AFORO LIMITADO.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
COLOCADOS OS SOPORTES DA BALIZA QUE A AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA INSTALARÁ NOS PETÓNS DE CENTOLEIRAS
informa de que, segundo as informacións proporcionadas pola
Autoridade Portuaria de Vilagarcía, na mañá de onte finalizaron
as perforacións para a colocación dos soportes da baliza que
se vai instalar nos petóns de Centoleiras, na bocana da ría de
Arousa. Xa están colocados todos os pernos e tamén se tomaron
as pertinentes medidas co obxecto de proceder á fabricación das
bases e posterior colocación da estrutura. A Autoridade considera este avance moi significativo, pois xa
non se está a expensas das condicións meteorolóxicas para a
instalación da baliza.Cabe recordar que a colocación desta nova baliza nos petóns
de Centoleiros (punto situado entre as illas Centoleiras e a illa
Vionta) ten por obxectivo mellorar a sinalización na entrada á
ría de Arousa. O presidente da Autoridade Portuaria, Javier
Puertas Castillo, e o alcalde de Riveira, José Luis Torres Colomer,
mantiveran o pasado 24 de marzo unha reunión para tratar este e
outros asuntos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
15.4.11
Noia: este sábado 16, inauguración de "Noia en Festas. A vila en carteis"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: os empresarios pídenlle aos candidatos do Partido Socialista unha Concellería de Industria e Comercio
Boiro, 15 de abril de 2011. O candidato socialista á alcaldía de Boiro, Juan Jesús ARES, acompañado dos primeiros cinco membros da candidatura electoral socialista, mantiveron onte día 14 de abril unha xuntanza cos membros da xunta directiva da Asociación Boirense de Empresarios onde se examinaron diversas propostas para ser incorporadas ao programa electoral socialista das vindeiras eleccións municipais do 22 de maio.
Entre as peticións presentadas pola ABE cabe destacar a proposta de creación dunha concellería de industria e comercio ao obxecto de estreitar e dinamizar as relacións entre o concello e a rama empresarial local. Outras solicitudes expresadas polo colectivo foron o posible abaratamento do chan industrial, a limpeza viaria e un maior rigor no cumprimento das normas de mercado municipal.
O candidato, pola súa banda, presentou un proxecto de creación dun corpo de policía medioambiental que foi ben recibido polos directivos da ABE. Deste modo amplíase a lista de encontros realizados nas últimas semanas pola candidatura do PSdeG-PSOE co fin de recabar as demandas e propostas das asociacións e colectivos boirenses. O candidato socialista á alcaldía volveu afirmar diante dos representantes da asociación dos empresarios o seu compromiso de afondar no desenvolvemento dunha liña de cooperación e sinerxia co mundo empresarial de Boiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: integrantes da Aula Galega de Saxofón participan no Mallorca Saxophone Festival ata o 21 de abril
Profesores de grande prestixio internacional, master class, concertos, conferencias .... son algunhas das actividades que os alumnos e José Fungueiriño (profesor e responsable da organización desta iniciativa do Conservatorio Municipal) poderán disfrutar ata o xoves 21 de abril, día de regreso a Galicia.
Por outra parte, o Conservatorio Profesional de Ribeira tivo o pasado fin de semana do 9 e 10 de abril un novo encontro. Neste encontro púxose en marcha unha nova actividade que consiste en master class específicas para alumnos de 10 a 14 anos. A acollida desta iniciativa foi moi boa e ademais dos 16 estudantes de saxofón habituais de todos os meses acudiron a esta nova actividade 10 alumnos novos de Ribeira, Cambados, Santiago e Moraña. Cómpre dicir que non se puido atender a tódalas peticións que houbo xa que non había tempo material para que o mestre Rodrigo Vila puidera impartir máis clases, pero vendo a boa aceptación no próximo encontro en maio volverase a poñer en marcha dita actividade.
A Aula contou tamén neste fin de semana coa visita do prestixioso profesor do Conservatorio Profesional de Música Amaniel de Madrid, Ángel Luis De La Rosa, o cal foi testemuña e así o afirmou, da pioneira e fantástica iniciativa do conservatorio de Ribeira e do moi bo nivel que están amosando os alumnos que a ela asisten.
www.mallorcasaxophonefestival.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: ABE e Concello procurarán unificar o aspecto das terrazas para beneficiar o turismo e a imaxe do pobo
Logo da xuntanza, ofreceuse unha rolda de prensa na que se deu a coñecer un dos elementos principais desta nova imaxe, que son os borralleiros que os establecementos hosteleiros poderán solicitar para colocar no exterior dos locais, dado que desde a aplicación da nova lei non está permitido fumar no interior dos mesmos. O modelo presentado é un caramuxo, feito con material de refugallo, “símbolo mariño que conta cunha espiral que semella a espiral do infinito; cada un é único baixo unha forma común”, manifestou o seu autor, o artista boirense Tucho Abalo.
Borralleiros para praias, en Portugal. Pódese fumar na praia coa nova lei?
En canto ás terrazas, estase a traballar para definir un modelo de mampara que identifique ao locais de Boiro e que á súa vez cumpran tanto coa ordenanza municipal como coa lei antitabaco, “ e que sirva como punto de partida para lograr a homoxeneización do sector”, sinalou o presidente da patronal.
O Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares González, destacou o acerto na elección do artista, ao que felicitou, e tamén polo modelo de borralleiro.
Pechou o acto o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, quen igualmente resaltou o alto grado de colaboración entre o Concello e a ABE. Destacou a importancia de que esta obra de arte nacera de material de refugallo, xa que este “vai embelecer as nosas rúas”. Cómpre lembrar que Tucho Abalo tamén é o autor dunha obra de arte, feita con este tipo de material, que hai no paseo marítimo de Barraña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Sanidade: o Bng di que o goberno non responde sobre o futuro da diálise e o Psoe cre que terá que dar "marcha atrás neste intento"
A Xerente do SERGAS, Rocío Mosquera, negase a responder sobre o futuro do Hospital do Barbanza, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG, Ana Luísa Bouza
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2011. A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza formulou hoxe, na Comisión 5 celebrada no Parlamento galego, unha pregunta ao Goberno sobre as previsións de continuidade do servizo de diálise no Hospital do Barbanza.
Pola súa parte, a Xerente do SERGAS, Rocio Mosqueira, en resposta á nacionalista, non desmentiu a información aparecida nos medios de comunicación en decembro do 2010 pola que a través dun acordo entre a Consellaría de Sanidade e a Fundación Renal Iñigo Álvarez de Toledo, esta Fundación sería encargada de prestar o servizo de Hemodiálise no Hospital do Barbanza, “en peores condicións, sen médico presencial e menos enfermeiras e auxiliares” afirmou a parlamentaria do BNG.
Na súa intervención, Bouza asegurou que na actualidade, este servizo funciona tres días a semana, podendo mellorar a dotación para prestar un servizo máis adecuado á poboación que atende, “se houber intención política” pero a Consellaría de sanidade –dixo- caracterízase por utilizar “criterios economicistas”, fronte a unha prestación máis adecuada.
As melloras ás que se referiu a deputada pasaban pola contratación dun nefrólogo, dúas enfermeiras e un auxiliar para atender en mellores condicións aos 14 doentes que deben ser atendidos tres veces a semana en Santiago e que cada vez que acoden ao tratamento, deben facelo nunha ambulancia compartida que xunto ao propio tratamento de diálise fan que perdan calidade de vida e demasiado tempo fora da casa.
Bouza fíxose eco das reivindicacións da cidadanía da comarca e dos propios profesionais que están a demandar a continuidade e ampliación deste servizo.
Neste sentido, a parlamentaria aludiu á manifestación celebrada onte en Ribeira para reclamar da Consellaría de Sanidade e do Goberno galego a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza para dar cobertura ás necesidades sanitarias dos pacientes dos distintos concellos desa comarca e que estas melloras se realicen con recursos públicos.O deputado socialista José Manuel Lage participou onte xunto a unha ampla representación do PSdeG-PSOE do Barbanza na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
O PSdeG-PSOE CREE QUE “O GOBERNO GALEGO TERÁ QUE DAR MARCHA ATRÁS NO INTENTO DE PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE DIÁLISE DO HOSPITAL DO BARBANZA”
LAGE TUÑAS: “A UNIDADE DE DIÁLISE DO BARBANZA PRECISA DUN NEFRÓLOGO/A PERMANENTE E DE MÁIS PERSOAL PARA QUE A CALIDADE ASISTENCIAL NON AFECTE AOS DOENTES, POR ISO PEDIMOS QUE SE AMPLÍE O SERVIZO PÚBLICO E QUE NON SE PRIVATICE”.
-OS SOCIALISTAS GALEGOS APOIARON Á PLATAFORMA DO BARBANZA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NA MOBILIZACIÓN DE ONTE EN RIBEIRA
-“ O PP ESTÁ ENSAIANDO NO HOSPITAL DO BARBANZA A PRIVATIZACIÓN E EXTERNALIZACIÓN DOS SERVIZOS DOS HOSPITAIS COMARCAIS. OS CIDADÁNS DO BARBANZA SON CIDADÁNS DE PRIMEIRA E NON QUEREN SER CIDADÁNS DE SEGUNDA”
Ribeira, 15 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do grupo parlamentario dos socialistas de galicia, José Manuel Lage participou onte na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza e fixoo xunto a unha ampla representación do PSdeG-PSOE dos concellos da comarca.
Lage Tuñas entende que “o goberno galego terá que dar marcha atrás no intento de privatización do servizo de diálise do Hospital do Barbanza”.
Os socialistas galegos xa levan presentadas 33 iniciativas parlamentarias para defender os servizos públicos do hospital do Barbanza.
José Manuel Lage afirma despois da mobilización social de onte que “hai unha gran sensibilidade social coa protección do dereito á sanidade e co servizo público sanitario”.
Lage Tuñas recorda que “a unidade de diálise precisa dun nefrólogo/a permanente e de máis persoal para que a calidade asistencial non afecte aos doentes, por iso pedimos que se amplíe o servizo público e que non se privatice”.
Engadiu que “no caso de que o goberno galego levara adiante a privatización do servizo de diálise deixarán aos doentes do Barbanza sin un nefrólogo/a permanente, servizo que si teñen os cidadáns que acuden ao CHUAC na coruña ou ao CHUS en Santiago, e polo tanto suporía unha merma na calidade asistencial que reciben os doentes”.
O deputado socialista recordou hoxe que “o PP pode estar ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais. Os cidadáns do Barbanza son cidadáns de primeira e non queren ser cidadáns de segunda.”.
O deputado socialista José Manuel Lage manifestou tamén o seu desexo de que os cidadáns da comarca “non sexan discriminados e teñan os mesmos servizos que no resto de Galicia.”
“Queremos para os doentes do Barbanza o mesmo servizo e tratamento que os que acuden ao CHUS en santiago ou o CHUAC na coruña”, asegurou.
O parlamentario defendeu “a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza” ao tempo que explicaba que “a unidade de diálise está preparada para traballar en dous turnos diarios seis días á semana, ata o de agora só funciona tres días á semana, porque o goberno galego non dota con máis persoal ao hospital do Barbanza”.
“A posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza é un bo exemplo de como o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar pola administración pública.”
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
