29.4.11

A Pobra: programación das Letras Galegas 2011 en maio

Boiro: dende o luns 2 de maio, "Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible" no Centro Social

A inauguración será ás 20:30.

Vía

Nestor Días nos muestra un pez muerto por la contaminación
Nestor Días nos muestra un pez muerto por la contaminación Carlos Puga

Amigos de la Tierra y la Asociación Gallega de Reporteros Solidarios (AGARESO), a través de un convenio de colaboración, desarrollan un proyecto de sensibilización para dar a conocer el trabajo que se lleva a cabo en el Golfo de Fonseca (Honduras, El Salvador y Nicaragua) en temas de pesca artesanal sostenible.


Estrella López, Eva Alonso, Laura López, Carlos Puga y Cristobal Fernández visitan los proyectos que Amigos de la Tierra acomete en estos tres países que comparten el Golfo de Fonseca, un ecosistema muy importante y muy rico en diversidad biológica.

Para llevar a cabo esta misión, los reporteros de Agareso se entrevistan durante doce días con las cooperativas de marineros artesanales, instituciones locales, cooperativas de mujeres y las contrapartes de Amigos de la Tierra, recogiendo a través de entrevistas los logros que se están consiguiendo en diferentes aspectos como la pesca artesanal sostenible, la conservación de los recursos marinos o la mayor participación de las mujeres en el sector pesquero.

Los logros alcanzados en las comunidades pesqueras del Golfo no podrían ser posibles sin el incisivo trabajo de las contrapartes: CODEFFAGOLF en Honduras, LIDER en Nicaragua y CODECA en El Salvador, una conjunción de esfuerzos que recibe el respaldo de Cooperación Galega.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.4.11

Ribeira: o Bng denuncia a irresponsabilidade do goberno por permitir derrubos sen medidas de protección

2011-04-28-Análise amianto.pdf Download this file


O Bng aclara que a empresa que sae na imaxe non parece a responsable do derrubo, aparecendo só para valar o espazo cando xa o derrubo está case totalmente consumado.

Ribeira, 28 de abril de 2011. O BNG denuncia hoxe en nota de prensa "a irresponsabilidade do Goberno Municipal de Ribeira ao consentir a demolición dunha obra sen as debidas medidas legais de protección aos traballadores e á cidadanía e sen cumprir a normativa legal".
O edificio e solar da antiga Fábrica de Castiñeiras, hoxe patrimonio público "grazas á insistencia do BNG en Madrid e Ribeira, conta con materiais, como o fibrocemento, que contén amianto, material canceríxeno prohibido desde o 2002 e que debe ser manipulado por empresa autorizada e nas condicións de seguridade establecidas no Real Decreto 396/2006". O BNG de Ribeira ten demandado ao Goberno Municipal a adopción de medidas de protección deste espazo "polo perigo para a poboación que representaba a súa situación de deterioro e ruína. Pese ás nosas demandas o Goberno Local fixo oídos xordos consentindo chegar á situación actual na que materiais canceríxenos como o amianto estanse dispersando ao ambiente e trasladando á poboación un risco certo. Lembramos que o BNG confirmou mediante análise a presencia de amianto na variedade "crisotilo" e que a obra carece de autorización municipal".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: así monologan e tiran da Lingua os rapaces do instituto da Pobra

<p>Tíralle 2011 n'A Pobra from xanocebreiro on Vimeo.</p>

Os gañadores da edición do "Tíralle da lingua" do IES de A Pobra do Caramiñal, Daniel Buceta e Ramón Chaves, en plena actuación.

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: a segunda parte da Primavera cultural comeza co roteiro "Pensa Nao" este venres 29 de abril

Primavera_cultural_dodro

Dodro, 28 de abril de 2011. A Primavera cultural de Dodro segue ata o xoves 30 de xuño. A relación de actos é a seguinte:

VENRES, 29 de abril

ás 21.00 horas CASA DO REGADÍO, presentación da 2a Edición do Roteiro Pensa Nao e dos materiais de DIFUSIÓN: libro e dvd con Anxo Angueira.

Este acto ampliámosllo en:


SÁBADO, 30 de abril

Ás 10.00 horas, no SOUTO DE MANSELLE, actividade de sendeirismo guiada: Roteiro Pensa Nao.

MÉRCORES, 4 de maio

ás 17.30 horas, no LOCAL SOCIOCULTURAL de LESTROBE: CONTACONTOS: “Encontros coa fantasía”.

MÉRCORES, 11 de maio

Ás 18.00 horas, no LOCAL SOCIOCULTURAL de IMO: CONTACONTOS con Títeres Cachirulo: “Bo rato cos ratos”.

XOVES, 30 de xuño

Ás 18:00 horas CONTACONTOS: “Os contos de Pablísimo”.  CASA DA CULTURA

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: xa se pode ver en Youtube o "Cartafol do serán 2011" que organizou o Colectivo Sacou este mes

Noia, 28 de abril de 2011. Segundo nos informa un dos "Sacousos" noieses, o poeta Manuel Lópes Rodrigues, "xa están dispoñíbeis os videos do acto "Cartafol do serán 2011"; un nome que homenaxea a aqueles outros recitais que o Colectivo Sacou realizaba semanalmente na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia (Cartafol do serán). 
Nesta ocasión; Sacou e a Porta Verde do Sétimo Andar únense nunha fermosa velada...  que rematou con tapas e viños na Praza do Tapal". 

Todos os vídeos no blog de Manuel Lopes, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia, Muros, Padrón e Rianxo: a Xunta aprobou novas actuacións para as áreas de rehabilitación

22 para o casco histórico de Noia, 33 para Muros, 11 para Padrón e outras tantas para Rianxo.

Oficina de Rehabilitación de Noia, na rúa do Curro

Barbanza-Noia, 28 de abril de 2011.- Os veciños das localidades de Muros, Noia, Padrón e Rianxo contarán con máis axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios ubicadas nas Áreas de Rehabilitación destas vilas. Na reunión do Consello da Xunta celebrada hoxe, o Executivo autonómico aprobou destinar unha nova partida de 11,2 millóns de euros ao financiamento de 1.750 actuacións nas áreas de rehabilitación integral existentes en Galicia, así como para a área de rehabilitación do Camiño de Santiago.

Neste bloque de novas actuacións inclúense 22 para o casco histórico de Noia, 33 para Muros, 11 para Padrón e outras tantas para Rianxo.

O Consello celebrado hoxe autorizou a sinatura dos correspondentes acordos no marco da Comisión Bilateral sobre Áreas de Rehabilitación Integral de Galicia, formada pola Xunta e o Estado e na que tamén participan os concellos que contan con ARI.

A partida autorizada hoxe engádese aos 14,2 millóns de euros que se están a executar na actualidade para financiar máis de 3.000 rehabilitacións, polo que nestes momentos a Xunta ten mobilizados mais de 25 millóns de euros de fondos propios que posibilitarán unhas 4.800 accións de rehabilitación. As 1.750 actuacións autorizadas hoxe, así como as obras de urbanización e reurbanización que poidan realizar os concellos que teñen áreas de rehabilitación declaradas, recibirán da Xunta de Galicia subvencións de ata 10.785.000 de euros.

En execución están na actualidade 84 convenios en 33 concellos. Estas 84 convenios prevén a actuación sobre un total de 3.036 vivendas, estando xa rematadas as actuacións nun total de 1.084 vivendas.

Axudas á rehabilitación

O Plan de Vivenda establece tres tipos de áreas de rehabilitación:
- Áreas de rehabilitación situadas en zonas urbanas pero fóra dos cascos históricos
- Áreas de rehabilitación en conxuntos históricos, que son a meirande parte das galegas.
- Áreas de rehabilitación en núcleos rurais.
Os propietarios de edificios e vivendas emprazados nas áreas de rehabilitación, cunha antigüidade superior a 10 anos e destinados a residencia habitual e permanente do propietario ou ao alugueiro, poden acceder a axudas de ata 11.600 euros por actuación. Nas áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos ou núcleos rurais a subvención pode acadar o 75 por cento do presuposto, co límite indicado de 11.600 euros. Nas restantes áreas, nas que non existen os condicionantes das zonas históricas e rurais, a porcentaxe da subvención pode ser dun máximo do 65 por cento do orzamento, cun límite de 10.500 euros.

Ademais, poderase acceder a un préstamo, sen subsidiación, a un prazo máximo de 15 anos, con 3 de carencia.
Nos casos de áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos, as axudas da área serán compatibles con outras axudas de rehabilitación en conxuntos históricos que financia en exclusiva a Xunta de Galicia. O mesmo sucederá coas áreas de rehabilitación en núcleos rurais, cuxas axudas serán compatibles coas de rehabilitación rural. Estas axudas de rehabilitación en conxuntos históricos e as de rehabilitación rural acadan o 50 por cento do orzamento. Sumadas as axudas da área de rehabilitación e de conxuntos históricos poden acadar como máximo o 75 do orzamento.

Axudas á urbanización para os concellos

Doutra banda, os concellos poderán acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización e reurbanización no ámbito das áreas de rehabilitación. Nas áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos e núcleos rurais esta subvención pode acadar o 60 por cento do presuposto das obras, sempre que o importe da subvención para urbanización e reurbanización non supere o 60 por cento do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.
Nas restantes áreas de rehabilitación o importe das subvencións será como máximo do 40 por cento, sempre que o importe da subvención para urbanización e reurbanización non supere o 40 por cento do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: sacan a concurso a instalación dunha gasolineira no porto

A Pobra, 28 de abril de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle o 26 de abril o anuncio da licitación da concesión para a instalación dunha estación surtidora de combustible para embarcacións e vehículos no porto coruñés da Pobra do Caramiñal. O concurso aberto derivará na elección da mellor oferta para a construción e explotación desta instalación.

O prazo da concesión é de 25 anos prorrogables ata 30 e a presentación de ofertas por parte dos licitadores rematará transcurridos 30 días hábiles dende mañá. Pese a que este tipo de dotación e actividade non requiren a súa tramitación como procedemento aberto, Portos de Galicia opta pola convocatoria dun concurso público a fin de posibilitar a presentación do maior número de ofertas, de xeito que se garanta unha maior transparencia e calidade das propostas.

O surtidor de combustible instalarase nunha zona ata o momento residual, que agora se porá en valor grazas a esta actividade, que prestará servizo aos usuarios do porto. No lugar elixido para a instalación prolongouse a escollera en dirección ao peirao actual, regularizando unha explanada que xa existía e baixo a que non se atopaba lámina de auga, senón escollera.

Sen noticias do surtidor de Rianxo (será que goberna o Psoe?):


Gasoliñeira do mar: seis meses perdidos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: arranxos no edificio de Servizos Náuticos para ampliar instalacións do club de piragüismo

Media_httpfarm5static_ebear

Rianxo, 28 de abril de 2011.- Portos de Galicia comezará nos próximos días a execución das obras de mellora do edificio de servizos náuticos de Rianxo, que ocupa o club de piragüismo deste municipio coruñés. En concreto, a actuación consistirá na ampliación das instalacións, a través dunha nave anexa; a ampliación das instalacións do ximnasio; melloras para a zona de vestiarios e o interior da nave, así como a remodelación do seu exterior. O orzamento desta obra é de 52.411 euros e Portos de Galicia prevé un prazo de execución aproximado de dous meses.

No que respecta á ampliación das instalacións, a nova nave anexa empregarase como almacén de piraguas, ubicado no costado oeste da actual edificación. O ximnasio do clube ampliarase nuns 50 metros cuadrados, de xeito simétrico ao existente. Na zona de vestiarios executaranse melloras como o repicado do pavimento de baldosa existente e o solado de baldosa de gres, alicatado, reforzo da instalación eléctrica, e instalación de novas portas de acceso, tanto aos vestiarios, como aos aseos.

En canto ao interior da nave, tamén verá renovado o solado, con baldosa de gres; colocarase unha porta metálica de peche da zona de instalacións; reforzarase o suministro eléctrico con seis nova luminarias, e instalarase un novo termo eléctrico, entre outras reparacións. Finalmente, no exterior da nave, impermabilizaranse a cuberta e a fachada e acondicionaranse vidros e remates.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: cortes na autovía do Barbanza en Palmeira e Ribeira para cambiar carteis este venres 29 de abril pola mañá

Media_httpfarm4static_fajhe

Ribeira, 28 de abril de 2011- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará mañá cortes de carrís na autovía do Barbanza (AG-11), á altura dos enlaces de Palmeira e Ribeira, entre as 9.30 e as 12.30 horas co fin de realizar modificacións na cartelería.

No enlace de Palmeira (pk 38) en dirección Ribeira, incluirase un pictograma de porto industrial e o texto de "porto de Ribeira" en tres sinais situadas na calzada e en cinco sinais ubicadas fóra da calzada. Para a execución destes traballos, realizarase un corte de carril dereito entre o pk 35+800 e 37+650 na calzada dereita, dende as 9.30 ata as 11.00 horas.

No enlace de Ribeira, na saída da autovía, engadirase o destino "Porto do Son" na bandeirola situada no pk 39+910 en dirección Ribeira e nun cartel frecha na glorieta de Xarás. Estes traballos, que se levarán a cabo entre as 11.30 e as 12.30 horas, precisan dun corte de carril entre os pk 39+350 e 39+950 en dirección Ribeira. Trátase dunha zona de calzada única e cun único carril por sentido, polo tanto darase paso alternativo aos usuarios da vía mediante dous sinalistas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical