5.5.11

Ribeira: María Goretti Fariña gaña o concurso de novela curta con "Orlando Pendurado"

Ribeira: o colexio de Frións colgou un dos primeiros vídeos lip-dub da zona


Ribeira, 5 de maio de 2011. O CEIP de Frións de Carreira- Ribeira, acaba de pór na rede un dos primeiros vídeos lip dub feito pola comunidade educativa dun colexio da zona. Este tipo de vídeos caracterízanse por ser unha especie de vídeo-clips con fondo musical que se gravan en plano secuencia. Lip dub significa, literalmente, dobraxe de beizos. 
 
As coordinadoras do proxecto e mestras de educación infantil do colexio de Frións Sara Lijó e Laura León implicaron ao alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos para facer un vídeo cunha mensaxe de promoción do medio ambiente no que a colaboración e implicación foi exemplar.
 
Este vídeo realizouse como proxecto presentado a un concurso dunha coñecida marca de materiais de uso escolar.   
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Precampaña: a asociación Amicos achégalle 20 propostas aos grupos políticos

AMICOS PROPOSTAS OS GRUPOS POLITICOS.pdf Download this file


Ribeira, 5 de maio de 2011. Amicos fixo onte unha serie de propostas para os grupos politicos que concorren a estas eleccións locais, para que as teñan en consideración, "non tanto como material de configuración de programas electorais, senón como material de traballo unha vez formada a nova corporación municipal", explicou Xoán España, director xeral desta entidade.

Estas 20 medidas, conteñen principios fundamentais para conseguir a normalización e integración das persoas con discapacidade intelectual:

  • Consello comarcal de servicios sociais
  • Inclusión nos pregos de contratación publica de clausulas Sociais, de Mercado protexido e potenciación da Responsabilidade Social Corporativa
  • Incremento na dotaccion de persoal e medios dos Servicios Sociais Municipais
  • Cesión de terreos e instalaccións as distintas entidades que traballan no eido dos servicios sociais
  • Fomento do Emprego protexido mediante contrataccións con talleres ocupacionais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.
  • Marco de colaboracion economica estable e permanente coas entidades que traballan no eido dos servicios sociais.
Pode que tamén lle interese:


Precampaña: que lles pide Ámbar aos políticos?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programación completa do maio cultural, adicado a Lois Pereiro e secundariamente a Cunqueiro

Programacion MAIO CULTURAL 2011.doc Download this file

Media_httpfarm6static_eiind

Este ano Álvaro Cunqueiro cumpriría 100 anos se vivise

Web relacionada:
http://loispereiro.com

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o alcaldable polo Bng reuniuse co empresariado local


Rianxo, 5 de maio de 2011. O candidato á Alcaldía do BNG de Rianxo mantivo un encontro coa xunta directiva da Asociación Rianxeira de Empresarios, presidida por Felipe Ordóñez. Neste encontro intercambiáronse diferentes propostas dirixidas a dinamizar o sector comercial e empresarial local.

 

Adolfo Muíños trasladou a vontade do BNG de dispoñer dunha nave de emprendedores, un viveiro de empresas ligado ao polígono empresarial de Té que sirva de motor de primeira instalación aos empresarios e empresarias novas que queiran desenvolver a súa primeira actividade. Terán nesa nave acceso básico a unha boa rede de comunicacións, servizos de limpeza, despacho propio e outras instalacións comúns, unido a uns custes de alugueiro baixos durante dous anos para o lanzamento da súa actividade emprendedora.

 

Tamén apostou o candidato por mellorar as posibilidades de emprego dos rianxeiros e rianxeiras introducindo na localidade un centro de formación ocupacional que vaia progresivamente ofertando especialidades homologadas en áreas de alta empregabilidade. Tamén bota Adolfo Muíños en falta o financiamento de proxectos productivos rianxeiros a través dos programas europeos onde Rianxo participa: DELOA e Grupo de Acción Costeira.


Medidas racionais

 

Como medida de racionalidade Muíños pretende unificar os tres alugueiros municipais nunha única nave propia, evitando a dispersión actual en tres ubicacións, algunha de dubidosa legalidade pois está nun edificio con irregularidades, toda unha declaración de intencións e de ética por parte do executivo actual.

 

O empresariado e o BNG amosaron tamén a súa preocupación pola situación do sector comercial na localidade, golpeado pola crise, amosando a vontade de compartir esforzos a través da mesa do comercio local como punto de encontro para crear estratexias conxuntas e bogar na mesma dirección. Entre outras por dinamizar o parque empresarial con proxectos realistas. Neste senso a preocupación polos atrancos que tiveron os empresarios até agora para dispoñer efectivamente dos terreos xa comprados.

 

Trasladóuselle a Adolfo Muíños a necesidade de que haxa unha aposta inequívoca nos concursos de obras e subministros polo empresario local que paga impostos na localidade. Adolfo Muíños sinalou a  necesidade de dar maior transparencia e publicidade aos concursos e adxudicacións, para mellorar a concorrencia e participación de máis empresas locais.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.5.11

Boiro: orde do día do pleno deste xoves 5 de maio

Noia: todo listo para que comece a rexeneración da Ría, trala chegada da maquinaria de Tragsa

Media_httpfarm6static_bqfaj

Noia, 4 de maio de 2011. Ían comezar en marzo (en 2010 xa tiñan que rematar, ata que a Xunta paralizou toda a rexeneración a través de Portos de Galicia, ente que preside Álvarez-Campana, secretario provincial de Organización do PP) pero deste mes parece que xa non pasa. A maquinaria de Tragsa está xa perto da escolleira que vai desaparecer logo de tantos cruces de acusacións entre partidos, de tantos adiamentos e cambadelas das diferentes administracións e de tanta paciencia dos noieses.

Na actualidade a canle de acceso de embarcacións non ten utilidade algunha para a navegación, dado que non existe actividade comercial ou pesqueira no porto de Noia que xustifique a súa presencia. O promotor desta rexeneración é a Dirección General de Sostenibilidad de la Costa e Mar do MARM. O proxecto que se vai levar adiante contén un estudo da hidrodinámica da zona do peirao de Noia, que contempla os principais cambios que a demolición das escolleiras pode producir na dinámica litoral desta área. Os resultados indican que producirá un aumento xeral do fluxo mareal no esteiro de Noia, desprazando as correntes que enchen e baleiran os arredores da zona, ocupada actualmente por diques. Como consecuencia deste aumento de fluxo, vaise producir unha limpeza parcial dos sedimentos de finos acumulados no entorno das escolleiras, redundando nunha mellora da calidade das aguas.

Coa fin de evitar efectos sinérxicos indesexados, as obras de demolición proxectadas vanse  coordinar coa construción do viaduto sobre a ría de Muros-Noia, cuxa execución depende da Dirección General de Obras Públicas da Xunta de Galicia, co obxectivo de que os efectos acumulativos entre ambas actuacións resulten ser os mínimos posibles. Unha vez que se completen todos os traballos de demolición da escolleira e de retirada de cascallos das zonas de Punta de Testal e A Chaínza vaise, sempre segundo o Ministerio, constatar unha mellora da calidade visual de toda a zona final da ría de Muros-Noia, ao eliminar elementos de orixe antrópico alleos á paisaxe natural. O estudo de impacto ambiental inclúe un programa de vixiancia ambiental no que se detallan especificacións necesarias para o seguemento das obras.


Convenios coa Deputación

Por outra banda, a Deputación da Coruña acaba de achegar 100.000 euros para a compra dos terreos onde se situará a planta de tratamento de residuos da Mancomunidade do Barbanza. O predio mide concretamente 126.000 metros cadrados en San Martín de Remédelo, concello de Rois, onde se situará unha planta de tratamento de residuos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. A achega provincial representa o 20% do importe total da adquisición do terreo, que ascende a 500.000 euros.

Así se estipula no convenio de colaboración subscrito esta mañá, na sede da institución provincial, polo titular da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Noia, en representación da Mancomunidade de municipios barbancesa, Rafael García Guerrero.

Convenio co Centro Empresarial da Construción

O presidente da Deputación da Coruña subscribiu hoxe tamén un convenio co Centro Empresarial da Construción do Barbanza (CECB) para financiar a adecuación do terreo que da acceso ao centro de formación, e que supón un investimento de 30.700 euros.

Segundo explicou o representante do CECB, Andrés Teira, as obras suporán unha necesaria mellora nos accesos ao centro, cunha superficie de case 500 m2, en cuxa construción participou tamén a Deputación da Coruña cunha achega de 238.235 euros.

As obras expostas inclúen a retirada dos materiais acumulados na parcela, os movementos de terras necesarios, o reforzo do muro de contención e a creación dunha rampla de acceso á parcela con formigón armado.

O centro permite a formación dos profesionais da construción en función das demandas do sector e especialmente na área de prevención de riscos laborais, o que contribuirá á redución da sinistralidade.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.5.11

Rianxo: este venres 6, película e coloquio sobre o Alzheimer no auditorio ás sete da tarde

Bicicleta_cuchara_manzana

Rianxo, 3 de maio de 2011. O vindeiro venres 6 de maio ás 19:00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio terá lugar a proxección da película de, Carles Bosch, "Bicicleta Cuchara Manzana" gañadora dun Goya 2011 ó mellor filme documental.


Despois da proxección da película haberá un coloquio sobre a temática de dita película, a enfermidade de Alzheimer.

Sinopse:

No outono de 2007 a Pasqual Maragall (ex-presidente de Catalunya) diagnostícanlle Alzheimer. Superado o golpe inical, el e a
súa familia comezan unha cruzada contra a enfermidade e, desde o primeiro paso, esta película convirtese en testimonio de
excepción. Con intelixencia e bo humor, Maragall deixase retratar xunto á súa familia e ós médicos, para deixar constancia
do día a día da súa loita persoal.
Dous anos de seguimento a un paciente excepcional disposto a que os científicos encontren curación antes de que a cifra
de 26 millóns de enfermos no mundo se multiplique por dez. Unha película dura pero optimista a pesar de todo.

 
Páxina oficial da película

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o Bng, preocupado pola presunta corrupción do goberno do PP, cuxo alcalde se reuniu con imputados na Operación Orquestra

M

Lousame, 3 de maio de 2011. O BNG de Muros e Noia expresou hoxe en  nota de prensa "a preocupación pola situación creada en varios concellos da nosa comarca gobernados polo Partido Popular por mor da “Operación Orquestra”. Debemos lembrar que tanto o alcalde como o tenente de alcalde de Mazaricos, José Manuel Santos Maneiro e Manuel Rodríguez, están imputados por varios delitos de malversación, tráfico de influencias e suborno. Recentemente, soubemos tamén polo sumario desta operación que varios alcaldes do Partido Popular, entre eles o de Lousame, Santiago Freire, participaron en xantares organizados polos construtores imputados no sumario".

Os nacionalistas, e en concreto o seu líder en Muros-Noia, Manuel González -na imaxe- aseguran que nestes momentos, "á luz do que imos coñecendo, temos que dicir que falar do Partido Popular nalgúns concellos da nosa comarca máis parece sinónimo de corrupción que de gobernos decentes. Do mesmo xeito, en particular os veciños de Mazaricos teñen o dereito a saber que no momento en que se produza unha condena dos actuais alcalde ou tenente de alcalde do Partido Popular, estes terán que deixar de xeito inmediato as súas actas de edís, aínda que dita condena non sexa firme, tal e como establece a actual Lei Orgánica de Réxime Electoral. Dende o BNG agardamos que finalmente a xustiza actúe depurando as responsabilidades que puideran existir e que situacións como as que se están a vivir non se volvan repetir na nosa comarca".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os candidatos á alcaldía -fallou o cabeza do PP- enfrontáronse a "porta gaiola" en Carreira

Cimg0066

Ribeira, 3 de maio de 2011. O pasado venres, 29 de Abril, a Asociación de Veciños de Carreira organizou unha mesa redonda co título de “Carreira ante as municipais”. O salón da Casa de Cultura carreirense quedou pequeno para acoller á cantidade de veciños que acudiron a escoitar as valoracións da lexislatura que se acaba así como a enterarse das ideas que os partidos políticos propoñen para a vindeira.

Á parroquia carreirense acudiron os cabezas de lista do BNG (Dominga Brión), do PSOE (Andrés Fariña) e de IPR (Rosa Pose) así como a integrante da candidatura do PP, Herminia Pouso, nun acto moderado pola presidenta da asociación veciñal, Ana Gómez Hermo.


Durante case dúas horas, os políticos ribeirenses disertaron amenamente, aínda que planeando sempre a longa sombra da campaña electoral que se aveciña, que se traducía nunha certa sensación adusta nos participantes, sobre os problemas municipais en xeral, así como os parroquiais en particular. Os políticos asimesmo enfrentáronse “a porta gaiola” ás preguntas que o numerosísimo público tivo ocasión de plantexarlles”.


Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical