Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
14.5.11
Noia: o Psoe leva ao Parlamento a "traizón do PP ao pobo de Noia co da limpeza da Ría"
13.5.11
Ribeira: o Atlético Riveira, recibido no Concello polo seu título de campión da Liga de 2ª Autonómica e ascender a Primeira
Como máximo representante do equipo de fútbol local estivo Tivacho Sampedro, vicepresidente do club, posto que o seu presidente, Alberto Villaverde, non puido acudir por motivos persoais. Tivacho Sampedro destacou o gran papel logrado este ano polo equipo, que ten 40 anos de historia e que viviu ao longo da súa dilatada traxectoria grandes momentos como o do ascenso a terceira división, pero tamén outros difíciles, con risco incluso de desaparecer.
Pola súa parte, José Luis Torres Colomer eloxiou os moitos méritos colleitados este ano polo equipo local e fixo fincapé en que ademais de subir de categoría, o Atlético Riveira foi o equipo máis goleador con 115 goles e o menos batido con só 28. Animou ao elenco que leva o nome do municipio a proseguir pola mesma senda e intentar subir de novo de categoría: unha idea na que tamén abundou o edil Vidal Tomé, quen lle desexou á directiva e técnicos que teñan moito tino nas novas fichaxes.
Antes de finalizar o acto houbo intercambio de obsequios entre Concello, Atlético Riveira e o patrocinador do equipo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
11.5.11
Ribeira: o obradoiro de emprego Airoas está a impartir un módulo de Sensibilización Ambiental
Os obxectivos didácticos que se pretenderon acadar son entre outros, os seguintes: 1. Comprender a definición de medioambiente e achegarse ao coñecemento dos principais problemas medioambientais.
2. Obter un nivel de sensibilización e de respecto polo medioambiente desde un punto de vista científico.
3. Comprender a diferencia entre recursos naturais renovables e non renovables, así como do tempo preciso para recuperalos, por medio dun exemplo práctico: cando estamos facendo uso dunha enerxía (o petróleo) que precisa millóns de anos para producirse e unhas poucas horas para consumirse.
4. Coñecer o concepto de sucesión natural, e comprender como muda logo dunha alteración do medioambiente.
5. Aplicar á especialidade profesional os conceptos adquiridos co desenvolvemento de boas prácticas medioambientais no traballo.
6. Achegarse aos aspectos legais da figura da responsabilidade medioambiental e a necesidade da sostibilidade ambiental, principalmente: a Lei de responsabilidade medioambiental,a lei de residuos e os estudos de impacto ambiental. Utilizando tódolos conceptos básicos explicados,e mediante exemplos da nosa realidade máis próxima chegouse a comprender e a sensibilizar sobre o noso compartamento cara aos efectos sobre o cambio climático e maila contaminación nas súas diferentes formas. Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: vara un rorcual mozo de 11,5 metros entre Balieiros e punta Corgo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este venres 13, Luis Cobos e Jabon Blue en concerto contra o alcohol
http://youtu.be/VJQ122X285YO programa deste venres: De 10.30 a 13 horas.- Entre 600 e 700 alumnos de Secundaria e ESO dos distintos centros educativos de Ribeira participarán nun Parque Móbil de Seguridade Viaria da DXT, consistente nun circuíto de karts dun tamaño semellante ao dun campo de fútbol sala, con sinais de tráfico, semáforos, etc... Ademais, haberá un karaoke en pantalla xigante de tecnoloxía LED de última xeración para que os rapaces teñan a oportunidade de cantar a canción “Flores en la Carretera” mentres se emite o videoclip. Tamén haberá inchables e unha exposición sobre seguridade viaria que estará formada por distintos medios subministrados polos Bombeiros de Ribeira, Protección Civil e a Policía. De 16 a 18 horas.- As accións antes descritas estarán abertas gratuitamente a todos os cidadáns que queiran achegarse ata a Praza de España. De 22 a 23 horas.- 150 moteiros pertencentes aos distintos clubs da comarca percorrerán as rúas de Ribeira portando fachos acendidos. A peregrinación comezará na explanada situada ao lado do Club Náutico de Ribeira e desembocará na praza de España cunha concentración antes do inicio do concerto. Desde as 23 horas.- O prato forte da xornada: concerto na praza de España con actuación en primeiro lugar do compositor Luis Cobos, quen estará acompañado de 28 músicos galegos, ademais dalgún artistas invitado, como Rosa Cedrón. Esta parte durará uns 25/30 minutos. A continuación, Luis Cobos e Jabon Blue compartirán escenario durante dous ou tres cancións, unha das cales será o tema “Flores en la Carretera“. Actuación de Jabon Blue, que dará remate ao acontecemento. Juan Carlos Fernández Fasero salientou na súa intervención que non é doado ver en Galicia unha actuación na que coincidan á vez nun mesmo escenario unha formación pop rock e unha formación de cámara, polo que felicitou a Ribeira por ter esta oportunidade. O concelleiro de Xuventude, Vicente García, lembrou que a participación de Jabon Blue na Campaña Libre foi posible despois de que no pasado verán, e precisamente en Ribeira, o vocalista Javi Maneiro coincidira con Ovidio Rodeiro durante a celebración do Día Internacional de Xuventude.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: o Maio Cultural enche o auditorio con cinema, música, libros e teatro
Rianxo, 11 de maio de 2011. Durante este mes de maio non vai ser todo mitins e eleccións: dende a Área de Educación e Cultura vai desenvolverse o programa "Maio Cultural 2011", onde se realizarán determinadas propostas culturais no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
A programación é a seguinte:
- SÁBADO 14-12.00 h Proxección e coloquio Hipótese con ás: Galicia de Velo, presentación do traballo de Margarita Ledo sobre a película de Carlos Velo.
- MARTES 17- 20.00 h. Festival Mozart Orquestra de Mulleres da Orquestra Sinfónica de Galicia.
- VENRES 27 - 20.30 h Presentación da Voz de Barbantia e do libro O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio de Fidel Vidal.
- SÁBADO 28 - 19.00 h Presentación do libro Cadro Artístico: Airiños 75 Aniversario.
- DOMINGO 29 - 20.30 h Teatro Casa Hamlet, coa obra Se non queres casar o mesmo me dá sobre textos de Álvaro Cunqueiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este sábado comeza o VI trofeo "Cidade de Riveira" de fútbol afeccionado, cuxa final é o 21 de maio
A entrada para cada partido será gratuíta.
Os partidos xogaranse ás 17 horas (cinco da tarde):
1) OLVEIRA – ATL OLEIROS NO CAMPO DAS DUNAS
2) X AGUIÑO—SALVORA NO CAMPO DA TASCA
3) C PALMEIRA - CD ARTES NO NOVO ESTADIO S F PALMEIRA
4) EXENTO CUARTOS DE FINAL ATL RIVEIRA
Os partidos de semifinais xogaranse o martes 17 de maio, ás 17 horas, entre os vendedores dos enfrontamentos 1-2 e 3-4, e a final o 21 de maio ás 17 horas na Fieiteira. Cabe lembrar que o Atlético Riveira é o vixente gañador do trofeo despois de derrotar ao Xuventú Aguiño por 5-1.
Os gañadores das anteriores edicións foron:
2006 ATL OLEIROS
2007 ATL RIVEIRA
2008 OLEIROS
2009 ATL RIVEIRA
2010 ATL RIVEIRA
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: 110 presentados ao certame literario "Ramón Martínez López" na súa cuarta edición
Boiro, 11 de maio de 2011. Presentáronse 101 traballos ao certame "Ramón Martínez López", que alcanza este ano a súa cuarta edición. Setenta e oito destes traballos son na modalidade de narrativa e os restantes 23 en poesía. O xurado está formado por Isabel Santos, Antonio Piñeiro, Sabela Hermo e Mª Dolores Olveira. O fallo do xurado será a finais de maio.
Club de lectura: un libro de ZweigNo club de lectura da Biblioteca Municipal de Boiro están nestes momentos a ler o libro “Novela de ajedrez” de Stefan Zweig. O venres 20 de maio ás 23.00 horas comentarase o libro, facendo una sesión especial do club no que se fará unha saída para observación das constelacións celestes. O seguinte libro será “A morte en Venecia” de Thomas Mann, o xoves 2 de xuño ás 19.30 horas comentarase o libro e verán a película baseada nese libro que dirixiu Luchino Visconti. Con este libro pecha a tempada o club de lectura ata o mes de setembro.Exposición de instrumentos musicais antigos
Este xoves 12 de maio alumnos do colexio Santa Baia visitarán, tamén na casa de cultura "Ramón Martínez López", unha mostra de instrumentos musicais antigos que promove o grupo "Os Menestreis". Os escolares estarán co concelleiro de Cultura actual, Xerardo Piñeiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
