13.9.11

Outes: polémica pola celebración das festas parroquiais de Entíns, que son este sábado 17 e domingo 18

  • A asociación de veciños de Entíns e Tarás denuncia que persoas "totalmente alleas á comisión de Festas, aproveitándose da boa vontade e xenerosidade dos veciños de Outes, recadaron cartos enganando aos veciños, co fin de facer unha festa para o seu propio beneficio"


O sábado haberá inchables para os máis pequenos

Outes, 13 de setembro de 2011. A directiva da Asociación de Veciños de Entíns e Tarás A.V.E.T., con domicilio en  Outes, "lamenta profundamente a situación xerada arredor das festas na parroquia de Santa María de Entíns e rexeita publicamente o modo de proceder de persoas totalmente alleas á nosa asociación e á Comisión de Festas de Entíns que, aproveitándose da boa vontade e da xenerosidade dos veciños do concello de Outes, recadaron cartos enganando ós veciños, co fin de facer unha festa para o seu propio beneficio, que nada ten que ver coas festas da parroquia".

Segundo explican en nota de prensa, "ao parecer, estas persoas, non estaban de acordo co lugar elixido pola comisión de festas para a celebración da verbena do sábado día 17 de setembro, pois o lugar elixido era na zona do Conchido. Unha destas persoas quería levar o palco da orquestra para diante do seu local de copas situado na rúa Agro das Mozas, a escasos 50 metros do lugar previsto pola comisión, decisión que desatou o seu malestar e razón pola cal comezou a recadar diñeiro entre veciños e locais comerciais de Outes, Noia e Esteiro para organizar a súa propia festa no mesmo día".

A polémica xurdiu cando a comisión de festas de Entíns se decata, por medio de numerosos afectados que colaboraron con estes individuos, que o argumentado para recadar estes cartos é que serán empregados para celebrar as festas de Entíns, cousa totalmente falsa, pois as festas de Entíns son organizadas pola comisión de festas vinculada á asociación veciñal da parroquia.

"Estes feitos foron negados polo responsable desta idea quen, finalmente, non conseguiu os permisos pertinentes para cortar a rúa e instalar o palco, motivo polo cal se viu obrigado a cambiar o lugar de celebración da súa festa, a cal foi traslada ó Karting Ayrton Senna. Dende a nosa asociación consideramos que os donos do Karting non eran sabedores de toda esta maraña de mentiras cando lle aceptaron ó señor D.L.V. a cesión do lugar para celebrar esta festa polo que consideramos que non son responsables destes feitos e foron utilizados igual que as persoas que deron os cartos", explican dende a asociación veciñal.

Moitos locais comerciais e profesionais que aportaron sumas de diñeiro a esta xente "estase a atopar coa sorpresa de que a súa publicidade non sae no cartel das festas, e ó preguntar a membros da nosa asociación polos motivos, estanse a dar conta do engano. A directiva da Asociación de Veciños de Entíns e Tarás A.V.E.T. pide desculpas a todos os afectados pola manipulación indebida que se fixo ó utilizar o nome da nosa parroquia para beneficio dun particular. Entendemos que é especialmente lamentable que alguén se aprobeite así dos veciños en tempos de crise, nos que todos valoramos máis o pouco que se poida contribuír para organizar un acto festivo destas características. Asemade, queremos agradecer a todos os veciños que colaboraron con nós para organizar estas festas a súa xenerosidade e ós membros da comisión de festas de Entíns a súa labor", láianse.

"Aproveitamos para convidar a todos os veciños de Outes e dos concellos de arredor, que se acheguen a celebrar, con nós as festas en honor á Virxe das Dolores e a San Roque. A festa organizarase diante do Campo Municipal do Conchido co seguinte programa:

SÁBADO 17:

Teremos un parque infantil e inchables para os máis cativos.

Tamén haberá, durante a tarde, xogos populares e degustación de tortillas....

Non faltedes ó  partido de fútbol 7 de solteiras contra casadas.

Pola noite agárdanos unha gran verbena amenizada por: 
TRIO ECLIPSE

GRUPO DE ROCK CAMPIN HUSH

Teremos rosca e queimada para todos, así aguantaremos mellor a noite. 

DOMINGO 18:

A partir das 10.00 h. dianas a cargo do grupo de gaitas Rumbia e 
á 13.00 h. misa solemne cantada polo Coro de Entíns na honra da Virxe das Dolores.

Arrechégate a Entís!"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o vindeiro luns, 19 de setembro, organizan un obradoiro sobre hábitos de vida saudable

  • No Liceo Marítimo, durante catro horas (16:30 a 20:30)
  • Impárteno unha médica nutricionista e un licenciado de Inef


Ribeira, 13 de setembro de 2011. O vindeiro luns, 19 de setembro, nos locais do Liceo Marítimo, terá lugar un obradoiro sobre hábitos de vida saudable dende a infancia ata a idade adulta. Son catro horas (de 16:30 a 20:30, é de balde e está aberto a todo o mundo.

Ficha do obradoiro (en castelán)

ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS 

1.- TÍTULO DA ACTIVIDADE DOCENTE

Título de la actividad docente 

HÁBITOS DE VIDA SALUDABLES DESDE LA INFANCIA A LA EDAD ADULTA 
 

2. OBXECTIVOS:

Objetivos 

    • Concienciar a la población de la importancia de practicar hábitos saludables y mejorar la calidad de vida contribuyendo a la prevención de enfermedades.
    • Adquirir habilidades para el autocuidado de la salud.

3.- CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO (a quen vai dirixida a oferta)

Características del alumnado (a quién va dirigida la oferta) 

  • PACIENTES, FAMILIARES, CIUDADANIA EN  GENERAL
  •   FAMILIAS DEL CONCELLO DE RIBEIRA

4 - PROGRAMA DOCENTE (contidos e axenda)

Programa docente (contenidos y agenda)  

16.30 horas-18.30 horas 

  • Dña. Ana Martinez Lorente-

Papel de los hábitos alimentarios en el crecimiento y desarrollo; en la salud y en la prevención de la enfermedad.

Recomendaciones para una alimentación saludable en la infancia y en la adolescencia.

18.30 horas-20.30 horas 

  • Orlando Blanco Iglesias

Papel de la Actividad Física en el desarrollo corporal y en la Salud.

Recomendaciones actuales de actividad física en la infancia y la adolescencia.
 

5.- LISTAXE DE PROFESORADO

  • Dña. Ana Martinez Lorente- Técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.

    Licenciada en Medicina

    Diplomada en Nutrición Aplicada

    Experto Universitario en Nutrición Pediátrica.  

  • D. Orlando Blanco Iglesias. Técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.

    Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

    Maestro Especialista en Educación Física

    Diplomado en Fisioterapia 
     

6- PROGRAMADOR 

  • Dña Ana Maria Martinez Lorente- Médico Especialista en Nutrición del departamento de Estilos de vida de la Conselleria de Sanidad

 

8- Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES (máximo 30 persoas)

Nº  de horas da actividade formativa (máximo 4 horas)


10.- PROPOSTA DE DATAS E LUGARES DE CELEBRACIÓN DE DIVERSAS EDICIÓNS

Propuesta de fechas y lugares de celebración de diversas ediciones 

    Lugar de celebración 

    • LICEO MARÍTIMO DE RIBEIRA 

11.- PROPOSTA DE HORARIO DE CLASES

Propuesta de horario de clases 

    • 19 de SEPTIEMBRE  de 16.30-20.30 HORAS

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: e ti, como pensas que será esta bisbarra no 2061?

  • Convocan un concurso escolar de carácter comarcal destinado a escolares de Infantil, Primaria e Secundaria de Rianxo, A Pobra, Boiro e Ribeira. O prazo para presentarse remata o 24 de outubro
  • Os premios son dúas viaxes de grupo -a Valencia e a Madrid- e unha macro-festa nun cámping
  • Convoca o recén constituído Club Exxpopress, colectivo de xornalistas apadriñado este verán pasado por José María Íñigo. Integrantes deste club soterrarán unha "cápsula do tempo" o 11 do 11 de 2011 ás 11:11 horas na praza de España de Ribeira cos traballos premiados. Contan con que alguén a abra -eles mesmos dubidámolo- en 2061.

Barbanza, martes 13 de setembro de 2011. O Club Exxpopress acaba de convocar o CONCURSO ESCOLAR COMARCAL “BARBANZA-2061”, destinado a todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria da comarca de Barbanza (Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo). É a primeira vez que se celebra nesta comarca un certamen de carácter comarcal e para todas as categorías. O certamen está patrocinado por un grupo empresarial e conta coa colaboración dos Concellos de Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo, así como dun cámping rural e unha axencia de viaxes. Os traballos gañadores do certamen serán introducidos (sempre que as súas características e tamaño o permitan) na CÁPSULA DO TEMPO que o Club Exxpopress soterrará o día 11 de Novembro de 2011 ás 11.11 horas na Praza de España de Ribeira e que será aberta en 2061.

BASES

Os alumnos de Educación Infantil deberán realizar conxuntamente (por aulas) un mural baixo a temática: “Como imaxinas o mundo en 2061?”. Na parte posterior deben figurar os nomes e apelidos dos autores, así como o curso, a aula e o centro educativo ó que pertencen. O tamaño e as características dos murais quedan a libre criterio dos participantes.

Os alumnos de Educación Primaria deberán realizar por grupos (como máximo de catro alumnos) a portada dun xornal no que reflictan as noticias que, segundo imaxinan, poderían selo dentro de 50 anos. Na parte posterior deben figurar os nomes e apelidos dos autores, así como o curso, a aula e o centro educativo ó que pertencen. O tamaño e as características dos traballos quedan a libre criterio dos participantes.

Os alumnos de Educación Secundaria deberán realizar, por grupos (como máximo de cinco alumnos) un traballo audiovisual (por exemplo, un corto, unha coreografía, un anuncio, unha representación teatral, unha performance, etc.). Os traballos deberán ser inéditos e estar protagonizados e realizados polos alumnos. Deberán presentarse en formato MPG e non poderán exceder os 3 minutos de duración. A temática será “Como imaxinas o mundo en 2061?”. Os traballos deberán acompañarse dunha ficha técnica na que se informe do tipo de participación de cada alumno nos mesmos, facendo constar os seus nomes e apelidos, así como o curso, a aula e o centro educativo ó que pertencen. Os traballos presentados nesta categoría serán incluidos na programación do festival audiovisual Acción do Concello de Boiro.

PRAZOS E FALLOS

Os alumnos das tres categorías disporán ata o día 24 de outubro de 2011 ás 15.00 horas para entregar os traballos nos seguintes centros, nos que serán expostos os das categorías de Infantil e Primaria para a súa valoración polos respectivos xurados:

En Ribeira: Auditorio.

Na Pobra: Casa da Cultura

En Boiro: Casa da Cultura

En Rianxo: Auditorio.

Os traballos da categoría de Secundaria deberán entregarse tamén en ditos centros, dentro dun sobre no que se incluirán os datos dos autores. A partir dese momento, os membros dos xurados das categorías de Infantil e Primaria disporán do 26 ó 31 de outubro para valorar os traballos.

O xurado das categorías de Infantil e Primaria está formado por tres representantes de cada un dos catro concellos participantes (Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo). Os 12 membros do xurado visitarán os traballos expostos nos seus respectivos concellos os días que acorden e seleccionarán tres obras na categoría de Educación Infantil e outras tres obras na categoría de Educación Primaria, retirando da exposición as obras seleccionadas.

Posteriormente, os 12 membros do xurado reuniranse en data a fixar entre os días 2 e 5 de novembro (presentando todos os traballos seleccionados) para votar e emitir o fallo conxuntamente.

Os traballos que se presenten ó concurso na categoría de Educación Secundaria serán incluidos na programación do festival audiovisual Acción, organizado polo Concello de Boiro, exercendo como xurado as persoas que sexan designadas no seu momento a tal efecto por parte da organización de dito festival e por parte do Club Exxpopress. Este xurado emitirá o seu fallo o día 5 de novembro, data na que se entregará o premio nesta categoría.

A decisión dos xurados das categorías de Infantil e Primaria farase pública mediante comunicado de prensa o día 7 de novembro.

A entrega dos premios de Infantil e Primaria terá lugar o día 8 de novembro nos centros correspondentes. Os traballos gañadores serán introducidos (sempre que o seu tamaño e características o permitan) na Cápsula do Tempo que o Club Exxpopress soterrará o día 11 de novembro de 2011 ás 11.11 horas na Praza de España, en Ribeira.

PREMIOS

Categoría de Educación Infantil: unha MACRO FESTA INFANTIL para os alumnos da aula gañadora no Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Oleiros (Ribeira), con comida e merenda; Castelo Inchable, Tren Infantil, Festa da Escuma, Tiro con Arco, Piscina Infantil e Cuadriciclos.

Categoría de Educación Primaria: unha VIAXE Ó PARQUE WARNER (MADRID) para o equipo gañador máis un titor. Inclúe: viaxes en avión ida e volta no mesmo día, seguro de viaxe, comidas, billetes de metro e cercanías e entradas ó parque Warner.

Categoría de Educación Secundaria: unha VIAXE DUNHA FIN DE SEMANA A VALENCIA PARA VISITAR A CIDADE DAS ARTES E DAS CIENCIAS para o equipo gañador máis un titor. Inclúe: viaxes en avión ida e volta, seguro de viaxe, aloxamento con almorzo e entradas á Cidade das Artes e das Ciencias.

O Club Exxpopress condiciona a entrega das viaxes ó compromiso por escrito dos directores dos centros educativos de que os alumnos irán acompañados dun titor, xa sexa do corpo docente, da ANPA ou calquer outra persoa que conte co beneplácito do centro.

O Club Exxpopress é unha entidade sociocultural, de ámbito autonómico (Galicia) e sen ánimo de lucro, creada e promovida por xornalistas de prensa, radio, televisión e medios dixitais, pero aberta a toda a sociedade. A súa sede está no municipio de A Pobra do Caramiñal (A Coruña). Está apadriñada polo xornalista e presentador José María Iñigo e presidida polo xornalista Jesús Souto Rodríguez. Os obxectivos fundamentais do Club son a organización de actividades de interese cultural, turístico e empresarial, así como daquelas relacionadas co xornalismo.

Concurso Escolar Barbanza-2061.odt Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: amañarán a rúa Cervantes e pavimentarana con pedra para harmonizar un dos barrios orixinais de Santa Uxía

Ra_cervantes_en_google_street_

  • A actuación terá un custe de 176.000 euros, informou hoxe o Concello, que vén de sacala a licitación


 
Ribeira.- 13 de setembro de 2011.- O Concello  acaba de sacar a licitación unha obra que, cun presuposto de 176.042,05 euros, servirá para renovar os servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais no entorno da rúa Cervantes, situada no casco urbano de Santa Uxía, concretamente no barrio de Bandourrío.

O prazo de execución da actuación é de 3 meses, de acordo co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais.

No que atinxe ao abastecemento de auga, vanse suplantar as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente. Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros.

En canto ao saneamento de pluviais, vaise dispor dun colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros. 

Pavimentación

Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando así un acabado de pedra acorde cunha zona que está situada nun dos barrios orixinais de Ribeira. 
 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.9.11

Ribeira: adxudican a mellora da estrada AC-303 entre Oleiros e Corrubedo

Media_httpfarm7static_iptqp

  • Está  previsto que as obras dean comezo no mes de outubro 
  • Orzamento de 2,42 millóns máis ive. Sete metros de sección de vía, con beirarrúas e sendas peonís

Ribeira, 11 de setembro de 2011.- Por medio da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), a Xunta de Galicia acaba de adxudicar á empresa Canarga. S.L. as obras de mellora da estrada AC-303, entre Oleiros e Corrubedo. 

O alcalde Manuel Ruiz Rivas interesouse por esta actuación, amplamente demandada polos veciños de Oleiros, Olveira e Corrubedo ao vertebrar estas tres parroquias e, segundo puido saber, está previsto que os traballos comecen xa no mes de outubro. 

Cun orzamento final de 2,42 millóns de euros máis IVE e un prazo de execución de 16 meses, esta actuación ten como obxectivo a urbanización e incremento da seguridade na citada vía.  A estrada presenta actualmente unha serie de deficiencias, como ausencia de itinerarios peonís completos, mal estado do firme no treito inicial ou falta de ordenación dos xiros á esquerda e cambios de sentido. 

Este proxecto mellorará  os 7 primeiros quilómetros da estrada (entre o p.q 0+000 e o p.q 7+002), ampliando a sección actual e construíndo beirarrúas e sendas peonís de 1,5 metros de ancho. Ademais, urbanizaranse as travesías de Bretal e Olveira e ordenaranse as interseccións con posibilidade de cambios de sentido e a implantación de novas conexións. 

Ponte do río Artes

As obras a levar a cabo permitirán ampliar a sección da plataforma actual ata os 7/8 metros incluíndo a ponte do río Artes ou Arlés (entre o p.q 0+850 e o p.q 1+060). Deste xeito, a sección tipo pasará a ter dous carrís de circulación de 3,5 metros cada un, beirarrúas de 1,5 metros e senda peonil da mesma medida, así como beiravías de entre 0,5 e 1,5 metros dependendo da zona.  

Para isto será  preciso levar a cabo a escavación de máis de 16.800 metros cúbicos de terreo e facer 11.000 metros cúbicos de terraplén. Así mesmo, será preciso estender máis de 6.200 toneladas de mestura botuminosa. Finalmente, faranse os labores de drenaxe e sinalización así como a instalación de iluminación. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: cartel e programa de Festas da Balbanera, en Nebra

P9111228

  • Tódolos días ás 9 do serán, novena á Virxe das Dores e da Balbanera

Sábado 17 Setembro

Verbena aprazada o día do Carme amenizada pola Orquestra

TROPICANA

Domingo 18 Setembro

Na honra da Virxe das Dores

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Ás 08:30 h. Haberá Misa
Ás 13:30 h. Misa Solemne e despois sairá a Procesión
A continuación actuación do Grupo de Pandereiteiras FALCOEIRA de Nebra

Sesión Vermú a cargo da orquestra ALCAZAR
De 17:00 a 20:00 Teremos toro mecánico, «futbolín humano: Subvenciona o Concello de Porto do Son»
Pola noite: Gran Verbena amenizada pola gran ORQUESTRA

ALCAZAR

Luns 19 setembro

Na honra de San Antón

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Ás 09:00 h. Haberá Misa
Ás 13:30 h. Misa Solemne e despois sairá a Procesión
Sesión Vermú a cargo da orquestra Bohemia
Pola noite: verbena a cargo da fabulosa ORQUESTRA

BOHEMIA

Martes 20 setembro

Romaría na honra da Balbanera

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Haberá misas as 9:00, 10:00 e 11:00 h
De 12:00 a 13:00 h. Concerto da Banda de Música de Caamaño

Ás 13:00 h. Misa Solemne e Procesión, a continuación tradicional Poxa da Cera
Sesión vermú a cargo da Orquestra POCEIRO
Pola noite: verbena amenizadas polas ORQUESTRAS

POCEIRO E IMPACTO

Ás 12:30 da noite: sorteo de unha TV-LG, doada por Limpezas Galinor

A Comisión de Festas deséxalles unhas boas Festas aos Veciños e Visitantes.
Gracias a todos pola súa colaboración

Colabora: Concello de Porto do Son

Vía

.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.9.11

XIV Carreira Popular de Santa Uxía.

Corredores_cruzando_o_segundo_
Foron 166 os participantes que tomaron a saida na Avd. do Malecón de Ribeira na XVI Edición da Carreira Popular de Santa Uxía.

Hassan_lekhili_gustavo_platas_

Contábase con corredores coma Hassan Lekhili, Gustavo Platas, Akka Essaadaqui, ou Gustavo Rodriguez (na imaxe superior) que non defraudaron nesta cita e racharon co crono dende a primeira volta a un circuito de 3,33 km. ata completar os 10.000 m.

Ramn_folgar_e_ernesto_buceta

Ramón Folgar e Ernesto Buceta que loitaban polo primeiro e segundo posto no Circuito de Carreiras Populares do Concello de Ribeira tampouco defraudaron á afeción e fixeron unha carreira táctica marcándose moi de preto para esperar a oportunidade de mellorar posicións, que non se alteraron gracias a que os dous fixeron un carreirón.

Folgar_entrando_en_meta_animad

Folgar parou o crono en 33.07 (animado por  Manolo Ruiz e Aroa Fernandez, que estiveron na meta coma uns xiareiros máis); mentres que o vencedor -Lekhili- o fixo en 30.44

Platas_e_akka_entrando_en_meta

O segundo e terceiro corredores, Gustavo Platas, e Akka Essaadaqui, pararon o crono en 31.08 e 31.09 respectivamente.

O trazado discurreu pola Avd. do Malecón e polas peonís de Manzanares e Galicia, polo que os corredores puderon disfrutar do calor de público ó longo de todo o recorrido.

O triatleta Javier Fontao tampouco quixo perderse a cita cos seus veciños e completar as tres voltas ó circuito.

As clasificacións finais son:

PRIMEIRO CORREDOR LOCAL: LUIS MENDEZ TORRES

JUNIOR MASCULINO:
- CARLOS ARCA VIDAL
- JUAN JOSÉ TARRIO CORDEIRO

PROMESA MASCULINA: CARLOS ESQUILAS CASTRO

SENIOR MASCULINO:
- GUSTAVO RODRIGUEZ IGLESIAS
- OSCAR CES SUAREZ
- JUAN CARLOS MOSQUERA DOPAZO

SENIOR FEMININA:
- MARINELA MAYO CAAMAÑO
- MARIA JOSÉ CHOUZA SANTAMARÍA
- SHAILA MUÑIZ PÉREZ

PRE-VETERÁNS MASCULINO:
- RAMÓN IGNACIO FOLGAR POUSO
- FELIPE MIGUÉNS GASAMANES
- ORLANDO RODRIGUEZ RODRIGUEZ

PRE-VETERÁNS FEMININA:
- SILVIA DEIRA BARCALA
- M. GUADALUPE GÓMEZ FERNÁNDEZ
- CHUS GÓMEZ FERNÁNDEZ

VETERÁNS A MASCULINA:
- FRANCISCO SANMARCO SANTOS
- JOSE ANTONIO BERMUDEZ TURNES
- JOSE RAMÓN ABEL SUAREZ

VETERÁNS A FEMININO:
- LOURDES PRIETO VIEITES
- MARÍA JOSÉ GONZÁLEZ SAAVEDRA
- ELISA ORTEGA MARCOS

VETERÁNS B MASCULINO:
- JOSÉ MATÍAS REGUEIRA BOO
- LUIS MIGUEL GARCÍA FERNÁNDEZ
- ANTONIO MARIÑO SANTAMARÍA

MASTER MASCULINO: JOSÉ LUIS VÁZQUEZ GUERRA

GAÑADORES ABSOLUTOS MASCULINO:
- HASSAN LEKHILI
- GUSTAVO PLATAS
- AKKA ESSAADAQUI

GAÑADORAS ABSOLUTAS FEMININA:
- SOLANGE ANDREIA PEREIRA
- PAULA MAYOBRE GONZÁLEZ
- ESTHER PEDROSA CARRETE

GAÑADORES DO IV CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA:
MASCULINO:
- RAMÓN IGNACIO FOLGAR POUSO
- ERNESTO BUCETA POUSO
- RAMÓN FERNANDEZ TORRES

FEMININO:
- MARINELA MAYO CAAMAÑO
- SILVIA DEIRA BARCALA
- SHAILA M. MUÑIZ PÉREZ

O_trazado_discurreu_en_gran_pa

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

9.9.11

Noia: o conselleiro de Medio Ambiente visitou as obras da variante. A Xunta non se pronuncia sobre o achado en Taramancos

  • Agustín Hernández só aclarou que se ampliou a escavación (só hai que ir e miralo), que logo Patrimonio emitirá informe "como un trámite habitual, que por aquí temos moitos castros".
  • Á Consellería só lle parece importar o tempo "que se aforra" para chegar de Santiago a Noia
  • O viaduto máis impactante, entre O Testal e A Barquiña. rematarase no 2012
  • Ao seu remate esta infraestrutura desviará máis dun millón de vehículos ao ano, que xa non terán que pasar polo centro da vila
 
Noia, 9 de setembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe as obras da Variante de Noia, onde destacou que o remate desta infraestrutura suporá "un importante aforro de tempos e de mellora na seguridade vial ao conectar o actual corredor Brión-Noia coa AC-550 en Taramancos, actuando de variante das estradas AC-543 e AC-540 e evitando o paso pola vila de Noia. Hernández sinalou que, na actualidade, xa se executou case o 20% desta actuación. Os tres viadutos contemplados no proxecto supoñen o 88% da lonxitude da variante". Ante as declaracións do conselleiro, que actúa de Jano bifronte ao ter no mesmo departamento asuntos tan incompatibles como Medio Ambiente e Infraestruturas, temos que lembrar as verbas de Manuel Gago en Capítulo 0 hai uns días:

"Nos últimos anos, estamos vendo como unha das máis fermosas e sen dúbida mellor preservadas rías galegas, a de Muros e Noia, está sendo obxecto dun acoso absoluto, promovido polos poderes públicos, que está destrozando de xeito irreversible unha importante fonte de recursos económicos que son os esteiros de desembocadura dos ríos que levan a ela. Xa se fixo coa construción da Ponte do Engano e as obras de desmantelamento desa fermosa franxa de litoral, e agora quérese facer co vial de ampliación de Noia; e cando volva haber orzamentos públicos retomarase a autovía a Muros.

Estou convencido de que os obxectivos da Administración galega son bastante escuros e inconfesables: por diante sinálase o beneficio para a poboación local (que aforrará, dependendo de onde, algúns minutos que non compensan, nin de lonxe, o investimento económico público, como argumentaría calquera xestor minimamente serio dun país civilizado), pero calquera persoa con perspectiva, intelixencia e algo de coñecemento local sabe o que hai detrás: os proxectos de urbanización turística en Portosín, nas proximidades de Muros, en Tal, en Monte Louro, etc. Proxectos de construción incontrolada que destruirán fontes de riqueza e emprego cualificado a medio prazo, economía rapaz e imbécil, mesmo se a miraramos desde unha perspectiva netamente liberal. O futuro da ría de Muros e Noia podería ser magnífico, pero políticos e, por desgraza, numerosos veciños, queren estragar e despilfarrar esta custosa infraestrutura natural nunha xeración". (Vía)

Na nota de prensa da Xunta non hai nin unha referencia ao importante achado de Taramancos Vello:

O responsable de Medio Ambiente destacou que, neste momento, atópanse rematados os traballos de desbroce dos terreos ocupados polo vial, así como os saneos e as cimentacións dos principais terrapléns. Así mesmo, estase avanzando co movemento de terras no inicio de obra (entre a conexión coa AC-550 en Taramancos ata o porto de Testal); e, nos vindeiros meses, empezarase coas escavacións na parte final da actuación. A drenaxe transversal está practicamente rematada, a lonxitudinal iniciouse recentemente. Na parte estrutural, a campaña xeotécnica iniciada en xuño, case se atopa rematada e o paso de fauna xa está executado.

Traballos actuais
Neste momento, estase a traballar na cimentación do enlace da Variante co corredor e atópase case rematada a península artificial para a construción do viaduto sobre a ría. A variante conta cunha lonxitude de 4.929 metros, cun tronco con tres carrís de 3,5 metros cada un, dúas beiravías de 1,5 metros e dúas bermas de 0,75 metros cada unha. Pola súa banda a sección da glorieta de onde parte esta nova infraestrutura componse de dous carrís de 4 metros cada un; dúas beiravías, unha interior e outra exterior, ambas dun metro; e dúas bermas de 0,75 m. A velocidade de proxecto é de 60 km/h e a rampla máxima do 7 %.

Así mesmo conta con dous pasos superiores e un inferior, ademais de dispoñer de tres viadutos. Destas tres estruturas, está en execución un viaduto de 350 metros de lonxitude, que serve de unión entre o novo vial é o corredor Brión-Noia ( p.k. 4+560); está composto por un tronco principal e dous ramais de incorporación e saída á glorieta existente. Os traballos rematarán en 2012.

A seguinte estrutura é o viaduto que se sitúa nas proximidades do aparcadoiro dun centro comercial (PK 3+200) e que serve para que o novo vial se cruce a distinto nivel coa estrada de acceso ao porto de A Barquiña. Unha vez rematados os traballos previos de retranqueo de servizos afectados, comezaranse coa execución de pilotes en outubro de 2011.

A principal estrutura da obra é o viaduto que cruza a ría dende o Porto de Testal ata A Barquiña. O comezo dos traballos de cimentación está previsto para o mes de outubro. Se non se presenta ningún imprevisto, estímase que os traballos se prolongarán (tanto nos viadutos de acceso coma no vano central atirantado) ata o último trimestre de 2012.

A construción das estruturas complétase coa execución dun paso inferior, que se prevé comezar este mes, e dous pasos superiores nos que se empezará a traballar nunha fase máis avanzada do movemento de terras. Ao mesmo tempo que se van executando as estruturas iranse rematando os traballos de movemento de terras e de drenaxe lonxitudinal. As tarefas de afirmado, sinalización e balizamento da obra prolongaranse uns dous meses máis, polo que a data de finalización prevista é decembro de 2012.

Mais seguridade vial en Noia
Concretamente, esta vía suporá eludir o paso polo núcleo de Noia, onde existe unha elevada intensidade de tráfico, circulación de vehículos pesados, afección ao viario urbano e problemas de seguridade vial.

A posta en servizo deste tramo producirá un aforro estimado de 4 minutos nos desprazamentos e evitará o paso pola vila de Noia cara a localidade de Porto do Son. Ademais, mellorará as comunicacións do eixo Santiago-Brión-Noia.

A poboación directamente beneficiada por esta infraestrutura é de máis de 40.000 persoas, que actualmente viven na comarca.

A alternativa da ría ten unha lonxitude de 4.929 metros e unha anchura de 11,5 metros, na que se inclúen beirarrúas para facilitar a seguridade dos viandantes. Na ponte sobre a ría engadirase un paseo peonil de 3 metros de ancho, que contará con ramplas de acceso no Testal e A Barquiña. A variante parte do núcleo de Taramancos, onde se separa da AC-550 e se da prioridade á nova vía. Unha vez superado o enlace, o trazado discorre ao norte do núcleo e presenta un paso superior sobre a variante para restituír un camiño de conexión entre a costa e Taramancos.

A continuación sitúase o semienlace de Punta Rebordiño, que permite o acceso e saída dos vehículos da zona do Testal co norte de Noia. O trazado continúa coa ponte sobre a ría, cunha lonxitude de 1.470 metros, que salva ademais a estrada de acceso ao Testal. Por outro lado, o desembarco da estrutura na zona nordés de Noia pasará por riba da actual rede viaria existente nesta zona.

A variante xira cara ao nordés evitando, mediante un viaduto, a zona de aparcadoiro do centro comercial existente neste núcleo e unha rúa próxima. No final do trazado, construirase un enlace tipo glorieta baixo a estrada, que servirá de conexión coa C-550. A obra mellorará as comunicacións entre Porto do Son e Muros, permitindo un aforro de 10 quilómetros, e entre Porto do Son e Santiago, reducindo en 4 quilómetros a distancia actual.

Cabe sinalar que para a execución dunha das infraestruturas máis singulares desta vía, a ponte sobre a ría, mantivéronse contactos coa Confraría de Pescadores de Noia e coa Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños; e autorizouse un convenio de colaboración para compensar a afección aos recursos marisqueiros. A construción da variante de Noia incorpora as medidas ambientais e construtivas necesarias para minimizar o impacto na ría. Ademais, a Xunta de Galicia sacou a contratación unha asistencia técnica específica para o control ambiental da variante.

A Xunta de Galicia adxudicou as obras da Variante de Noia por un importe de máis de 38 millóns de euros (38.254.451) á empresa Puentes y Calzadas Infraestruturas, S.L.U.

Obra de colectores en Noia

Por outra banda, na localidade de Noia, a Consellería de Medio Ambiente iniciará a finais deste mes de setembro a primeira fase dos colectores desta vila, unha obra que conta cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros e que levará a cabo a UTE Movex Vial, S.L. & Abeconsa S.L.U. As actuacións teñen un prazo de execución de 36 meses.

Neste momento, existen problemas en época de chuvia, posto que a rede de sumidoiros existente é unitaria nun 95 por cento, só o Casco Histórico conta con rede separativa. Esta rede de colectores presenta graves deficiencias, como pozos de rexistro con infiltracións; treitos en contrapendente; bombeos inutilizados; colectores por praias ou marxes da ría e algún vertido directo do efluente da EDAR á costa sen condución de vertido.

Por esta situación faise moi necesaria a intervención que vai a levar o Executivo autonómico, que significará a rehabilitación dos treitos existentes, recollendo case toda a rede de saneamento municipal, e garantirá o seu funcionamento ao separala das infiltracións da auga do mar.

Concretamente, as actuacións constan de:dúas redes de colectores de residuais; un colector interceptor norte: dous colectores cun total de 423 m., bombeo con capacidade para 41 m3/h. e unha impulsión de 453 m.; outro colector interceptor sur: dez colectores cun total de 2.888 m., cinco bombeos cunha capacidade de 74, 370, 120, 66, 58 m3/s e 1.108 m. de tubaxe de impulsións. Así mesmo, levaranse a cabo colectores para separar as pluviais dende o orixe: 17 treitos, que suman 1.656 m. de tubaxe.

Borrar paisaxe e patrimonio por aforrar uns miserentos minutos dous meses ao ano

E ata aí a nota da Xunta. Ou sexa, sospeitamos que Taramancos Vello, o poboado da Espiñeira dos primeiros ancestros que habitaron de xeito civilizado esta bisbarra, vai ser aniquilado, unha vez máis, por unha obra pública de dubidosa utilidade en relación custo/impacto ambiental e paisaxístico e patrimonial. Polo de agora non vemos na zona, agás o Concello e a asociación cultural "Terra de Outes", nin unha soa voz crítica contra esta actuación. Agardan aos feitos consumados? Queda pouco entón: menos dun ano. Chegaremos todos á praia e ás troulas festeiras máis cedo, si, pero a conta de que?

Antes, en Certo:


Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos


Arqueoloxía: "Terra de Outes" pronúnciase a prol da conservación completa do atopado en Taramancos Vello


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Educación: o IES Leliadoura de Ribeira non acepta os dous grupos PCPI de modalidade B

Acordo_consello_escolar_ies_le

  • Así o acordaron no consello escolar de hoxe, venres 9 de setembro
  • Tamén manifestaron o seu desacordo co "obscurantismo, arbitrariedade e falta de ecuanimidade na adxudicación do alumnado do Ies Coroso".
  • Solicitan unha reunión urxente "ante a inexistencia do Consello Escolar Municipal" entre representantes dos outros institutos e a administración educativa para adxudicar estes dous grupos que non aceptan
  • Tampouco descartan "medidas adicionais" da comunidade educativa no caso de que non se atendan estas peticións
Antes, en Certo:



Polémica do Coroso: o Bng lévaa a pleno nunha moción

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programación e carteis das Festas Patronais de Santa Uxía, o 11 e 12 de setembro

Ribeira, 9 de setembro de 2011. A solemnidade dos actos relixiosos propios das Festas Patronais de Santa Uxía irán da man dun nutrido cartel de actividades lúdicas, musicais e culturais nunha edición que terá lugar o domingo 11 e o luns 12 de setembro. A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o cura párroco de Santa Uxía, Cesáreo Canabal, foron os encargados de explicar polo miúdo o programa de eventos.

O programa da festividade está organizado dende a Concellería de Cultura e Festexos coa colaboración da Parroquia de Santa Uxía, das Concellerías de Deportes e Xuventude e outras entidades como a Asociación Amas de Casa, a Asociación Bitoque, a Deputación da Coruña ou o Ateneo Valle-Inclán. 

Cesáreo Canabal explicou a parte relixiosa. Ás 20 horas do domingo terá lugar unha misa solemne na igrexa parroquial de Santa Uxía cantada pola Coral Montemar, agrupación que seguidamente dará aos asistentes cun concerto.

Polo que respecta ao propio día de Santa Uxía, 12 de setembro, ás 12 do mediodía terá lugar a misa solemne na honra da patroa (estará cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial) e a continuación celebrarase a tradicional procesión acompañada da banda de música de Negreira, o grupo de gaitas Chorimas de Queiruga e o grupo de baile Asociación Aires da Dorna de Ribeira.

Elvira Pisos destacou a diversidade de actos que se sucederán ao longo dos dous días de festa: dende unha actividade literaria no ateneo Valle Inclán, que será o luns 12 ás 20.30 horas coa presentación da novela “Anacaona. El fin de una raza” de Ramón Carredano Cobas, pasando por actividades infantís como unha Xornada Multixogo e de Xogos Populares o domingo 11 ás 17 horas na Praza de España para nenos e nenas de 6 a 12 anos a unha actuación de maxia ambulante o luns 12 ás 18 horas na Praza do Concello a cargo do mago Dani García (esta actividade terá lugar no Auditorio en caso de chuvia). 

Tamén haberá eventos para a xente maior como son o Festival de Danza Mariñeira o domingo ás 20.30 horas no Auditorio Municipal (xa que se traslada para aquí debido á chuvia, inicialmente ía ser na Praza do Concello) coa participación dos grupos de música e danza Perla de Arosa de Vilagarcía, Caramiñas da Pobra do Caramiñal e Aires da Dorna de Ribeira ademais das Cantareiras de Amas de Casa ou a actuación de Mariú o domingo no Malecón ás 23 horas. A xente nova tamén terá o seu espazo coa Sesión de música a cargo de Dani DJ o domingo pola noite no Malecón (diante do palco de pedra) a partir das 00.30 horas Completamos os festexos coas ruadas da Banda de Música de Negreira e o Grupo de Gaitas Chorimas de Queiruga.

Un dos pratos fortes da programación será o concerto de Luar na Lubre que terá lugar o luns 12, Día de Santa Uxía, ás 22 horas na Praza de España. Esta actuación é moi agardada pola cidadanía e ven a cubrir a suspensión que tivo lugar nas Festas do Verán por mor da chuvia. Esta actividade está incluída no programa da Fiestra da Cultura e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical