27.11.11

Boiro: entregan os Premios Exxpopress 2011 a Gadisa, O Faiado-2 e Anselmo Millán

  • Á promoción turística, cultural e empresarial de Galicia
  • Na gala tamén foron homenaxeados o xornalista Fernando Ónega, a conserveira Frinsa e o grupo musical Los Chiky´s polo seu cincuentenario profesional
 
 
Boiro, 27 de novembro de 2011. O grupo empresarial Gadisa, a Asociación Artesana e Etnográfica O Faiado-2 de Boiro e o presidente da Coalición de Sociedades Españolas en EEUU "Xacobeo USA", Anselmo Millán Castelo, recibiron na noite do sábado en Boiro os Premios Exxpopress-2011 á promoción turística, cultural e empresarial de Galicia, que concede o Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia.

O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, presideu a primeira Gala Anual do Club, na que se rindeu tamén homenaxe ó xornalista Fernando Ónega López, á conserveira Frinsa de Ribeira e ó grupo musical Los Chiky´s de A Estrada ó cumplirse o cincuentenario das súas respectivas traxectorias profesionais. Os galardoados recibiron unha escultura de deseño exclusivo do artista Jontxu Argibay.
 
Ó acto, que tivo lugar nos salóns do restaurante Chicolino de Boiro, asistiron máis dun cento de persoas, entre elas, o deputado provincial e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; o alcalde de Boiro, Juan José Dieste; o deputado autonómico José Manuel Lage; os presidentes das patronais de A Pobra, Boiro e Rianxo; patróns maiores, empresarios, concelleiros, xornalistas e representantes de diversas entidades e colectivos sectoriais.
 
Os tres homenaxeados polo cincuentenario profesional foron nomeados tamén Socios de Honra do Club e recibiron a Insignia de Prata da entidade, ó igual que a Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa-Norte. 
O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia é unha entidade sociocultural, de ámbito autonómico (Galicia) e sin ánimo de lucro, creada e promovida por xornalistas de prensa, radio e televisión, pero aberta a toda a sociedade. Está apadriñada polo xornalista e presentador José María Iñigo e presidida polo xornalista Jesús Souto Rodríguez. Os obxectivos fundamentais do Club son a promoción cultural, turística e empresarial de Galicia e a organización de actividades relacionadas co xornalismo.
 
ANSELMO MILLÁN CASTELO
Anselmo Millán Castelo, nado en Pontevedra en 1946, pero palmeirense de adopción, emigrou a EEUU con 25 anos e afincouse en Harrison (New Jersey), donde pronto empezou a levar a cabo unha intensa actividade política, abandeirando a defensa dos dereitos e intereses da comunidade galega en EEUU e xogando un importante papel na política dese país.

Foi o primeiro concelleiro de fala hispana en Harrison, cargo que desempeñou durante unha década ó frente de diversas áreas de goberno. En 1996 foi o primeiro español designado como delegado estatal na convención nacional de Chicago para elexir ó candidato á presidencia dos EEUU.

En 1999 consigueu aglutinar a 14 centros españois de EEUU fundando a Coalición de Sociedades Españolas Xacobeo USA, na que están representadas tamén diversas administracións e institucións galegas e norteamericanas. Ese ano, por primeira vez na historia e gracias á iniciativa de Anselmo Millán, un congresista dirixeuse no Capitolio á sesión conxunta do Congreso e do Senado para proclamar e promocionar o acontecemento do Ano Santo Xacobeo en Galicia.

Tras unha breve etapa retirado da política activa, en novembro de 2010 voltou ser elexido concelleiro en Harrison, esta vez como responsable da área de Saúde e Servizos Humanos.

Anselmo Millán Castelo é na actualidade unha das persoas máis influíntes da comunidade galega en EEUU, en cuio nome exerce de excelente anfitrión.

ASOCIACIÓN ARTESANA E ETNOGRÁFICA "O FAIADO-2"

A Asociación Artesana e Etnográfica O Faiado-2 xerminou en febreiro de 1998 no taller de restauración O Faiado, en Boiro, da man dunha muller inquieta que pronto soubo contaxiar ó seu entorno a súa paixón por protexer, investigar e divulgar a herdanza cultural legada polos nosos ancestros: María Luisa López Otero.

Alí, entre vellas xoias etnográficas, empeza a coller xeito a idea de concienciar ás persoas da importancia do seu patrimonio, de cómo conservalo e de cómo difundilo.

Aquela idea materializouse o 10 de abril de 2002 coa constitución da asociación O Faiado-2, que nacía co obxectivo de estimular, promover e apoiar a creación artesanal e artística a través do intercambio de experiencias e coñecementos e a conservación e promoción do patrimonio.

Dende entón, a súa prolífica traxectoria está repleta de actividade: xornadas etnográficas, roteiros, traballos de investigación, publicacións, conferencias, exposicións, cursos...

Na actualidade, O Faiado-2 é unha das asociacións máis dinámicas e prolíficas no eido da cultura, non só do Concello de Boiro, senó da comarca do Barbanza.

GADISA

Gallega de Distribuciones de Alimentación SA (GADISA) é unha empresa galega líder de distribución no Noroeste Peninsular. Fundada en 1986 e con sede en Betanzos, acadou no ano do seu 25 aniversario unha rede de 200 supermercados Gadis en Galicia e Castela-León, ademáis de 10 centros Haley, 12 Cash&Carry IFA e 180 supermercados Claudio franquiciados.

GADISA concede unha gran importancia ó seu Programa de Responsabilidade Social Corporativa, que o ano pasado desenvolveu 981 iniciativas e que está basado en cinco áreas estratéxicas: recursos humanos; medio ambiente; apoio a entidades sociais, ONG´s e colectivos de desfavorecidos; colaboracións institucionais e mellora da calidade de vida da sociedade.

O seu compromiso de mecenazgo non é só cos grandes acontecementos sociais, culturais e deportivos, senón tamén cos colectivos e entidades máis modestas.

O spot publicitario “Maloserá”, da campaña “Vivamos como galegos” acadou un dos premios convocados pola Asociación Española de Anunciantes e foi distinguido como o mellor anuncio de televisión polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o presidente da Xunta entregou o Grelo de Ouro ao presidente de Frinsa

Ribeira, 27 de novembro de 2011. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte ao mediodía, na entrega do XXV Grelo de Ouro, a relevancia desta cerimonia e afirmou que actos coma este poñen de manifesto que, “en medio dese mar de dificultades”, en Galicia hai persoas resoltas, “en todos os sectores sociais e no empresariado galego”. “Os problemas que nos desacougan –dixo- requiren respostas novas, que non admiten marxe de error. E as medidas que se poidan adoptar serán ineficaces se non hai persoas resoltas”.

Deste xeito, Feijóo referiuse ao premiado, Ramiro Carregal, presidente de Frinsa del Noroeste S.A.. “Don Ramiro –destacou- sempre se reinventa. De cada reto sae un novo Carregal que se impón aos hándicaps sen perder nunca a súa elegancia indumentaria e persoal. O de don Ramiro é unha viaxe sen pausa ao optimismo, cunha equipaxe que non varía, o traballo”.

“Carregal descobre a enerxía que atesoura o optimismo, antes de que outros a plasmaran nunha teoría; e, tamén, se anticipa a un fenómeno que os especialistas están chamando glocalización. A síntese entre o local e o global está presente en todas as empresas de Ramiro. Portugal, Bélxica, Bolivia, África. Percorre o mundo enchoupándose de costumes e culturas cando iso aínda non se estilaba. Comprende a diversidade e albisca que o mundo do futuro estará feito de interconexións”.

Segundo o presidente da Xunta, dalgún xeito, Ramiro Carregal anticipa a Galicia que queremos, “unha Galicia arbórea coas raíces na tradición e as polas dispostas a recibir a innovación e o progreso. Adiántase ao tipo de empresa que predican hoxe con insistencia os expertos, afincada en valores locais pero aberta á globalización”.

Feijóo concluíu subliñando que este empresario é non soamente un pioneiro do frío industrial e da comercialización de túnidos conxelados. “Non é soamente o creador hai cincuenta anos dunha empresa frutífera. Na súa peripecia vital vese o mellor libro de autoaxuda colectiva, un libro que ensina a non renderse e a confiar nas propias forzas”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

25.11.11

Ribeira: presentan un libro de fotografías sobre a cidade o xoves 1 de decembro

Portada_sempre_riveira

  • Compila un percorrido panorámico polos diferentes espazos da capital do Barbanza
  • O volume "Sempre Riveira" contará na presentación co apoio do alcalde, Manuel Ruíz Rivas, que acompañará ao editor José Luis Teófilo 

 

Ribeira, 25 de novembro de 2011.- Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións, presentará a súa última publicación “Sempre Riveira” nun acto que terá lugar o vindeiro xoves, día 1 de decembro, no salón de sesións do Concello as 20.00 horas, e que contará coa presencia do alcalde, Manuel Ruíz Rivas e do editor José Luis Teófilo. 

O libro mostra, a través de preto de 200 coidadas instantáneas, un orixinal itinerario polos espazos urbanos e tamén naturais que forman parte do cotián tanto de quen reside como daqueles que se achegan a coñecer Ribeira. Pretenden deitar unha mirada distinta -captada polo obxectivo da cámara de Alberte Peiteavel- que ofrece toda unha escolma de excelencias que "son un orgullo para os ribeirenses e un reclamo para o turismo", asegura o editor. 

“Sempre Riveira” convida ao lector a gozar dun xeito diferente dunha puxante vila que ao longo dos anos coñeceu un notable troco no seu desenvolvemento urbanístico, mudando sobre todo o aspecto da súa fachada marítima, e que continúa a medrar, impulsada polo esforzo de tódolos ribeirenses, nos eidos económico, social, cultural e turístico. 

Un contido que, desde o percorrido panorámico dos lugares máis emblemáticos da “moi nobre, moi leal e moi humanitaria cidade”, perpetúase a través do sublime instante que supón ancorar a realidade dun entorno ao espazo e ao tempo. Unha proposta para que quen disfrute deste libro pase, nun acto máis pausado, do ollar ao contemplar. 

Pode que tamén lle interese:



Ribeira: a Polifónica, en Santiago este sábado 26 no Grelo de Ouro

O xogo é un dos dereitos do neno
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio


Charla: o 10 de decembro, sobre Cunqueiro e Novoneyra no Ateneo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: veciños de Carreira achegáronse a Marcelle e a Lugo, nunha visita lúdica

535

Ribeira, 25 de novembro de 2011. A Asociación de Veciños de Carreira prosegue coa liña de visitas de tipo lúdico e cultural que ven desenvolvendo. Na pasado fin de semana un grupo dunhas coarenta personas disfrutou da visita ó parque de Marcelle, localidade pertencente ó concello lucense de Outeiro de Rei.

No parque, os asistentes deleitáronse coa visión de animales tan exóticos como os bisontes americanos, dromedarios, e así hasta cincuenta especies diferentes, entre as que salientaban entre os máis pequenos animales coñecidos dos debuxos animados, como os lémures da película infantil “Madagascar”  ou os suricatos, como o famoso Timón, do “Rei León”.

Media_httpfarm5static_afpgb

Posteriormente os participantes desprazáronse a Lugo, onde pasearon por diversas rúas da “cidade das murallas”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o sábado 10 de decembro, coloquio sobre Cunqueiro e Novoneyra

Actoalvarocunqueirouxionovoate

  • No Ateneo Valle-Inclán ás oito da tarde

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: medio millón de euros para humanizar parroquias con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación

  • Actuacións en Aguiño e Carreira, ademais do POS complementario en Castiñeiras e Corrubedo


Corrubedo

Ribeira, 25 de novembro de 2011.- O Concello asegurou hoxe que vai seguir apostando pola realización de actuacións que redunden na humanización das parroquias a través do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (comunmente coñecido como POS), que será sometido á aprobación da Corporación no pleno do vindeiro luns. 

O POS 2012 ascende a un total de 481.218,50, dos cales 447.134,47 euros son aportados pola Deputación Provincial da Coruña e 34.084,03 euros polo Concello. No denominado POS principal inclúense as seguintes obras: pavimentación e renovación de servizos na rúa Vionta de Aguiño e renovación de servizos e pavimentación de camiños no lugar de Outeiro, en Carreira . Por outra parte, o POS complementario prevé actuacións nas parroquias de Castiñeiras (pavimentación e renovación de servizos na rúa da Concha e transversal) e Corrubedo (pavimentación, saneamento e pluviais nun tramo da rúa Torreiro e da rúa Fontenova). 

Aguiño

No que respecta á  actuación localizada en Aguiño, a rúa Vionta é unha das vías máis céntricas da parroquia. A día de hoxe, a súa calzada está feita en aglomerado asfáltico e conta con dous carrís, aínda que un adoita estar ocupado por vehículos estacionados en liña. Non existe beirarrúa en toda a lonxitude da vía, apreciándose unicamente algún tramo curto con formigón e baldosa hidráulica nos seus extremos e no resto só un bordillo de formigón que delimita un espazo para o tránsito peonil de ancho moi reducido e sen pavimentar. 

O obxectivo fundamental do proxecto é a reordenación da rúa Vionta que xeito que os peóns poidan transitar por ela de forma cómoda e segura, sen que teñan que circular pola calzada conxuntamente cos vehículos. Ademais, se pretende establecer unha banda diferenciada para aparcamentos en liña, co que a circulación será máis fluída. 

Por todo isto, vaise implantar un único sentido de circulación, dispoñendo un carril de circulación de 3,75 metros de anchura mínima e unha banda de aparcamentos en liña de 2,25 metros. Por cada marxe da rúa e ao longo da mesma, disporase unha beirrarrúa. 

En canto á renovación  do saneamento, no apartado de abastecemento eliminarase a tubaxe existente de fibrocemento que será suplantada por dous liñas de auga potable (unha debaixo de cada beirarrúa) formadas por tubaxes de polietileno de alta densidade. Instalarase unha nova liña de saneamento formada por 284 metros de colector de PVC liso e 6 metros de tubaxe de fundición dúctil. E disporase unha rede de pluviais formada por colectores de PVC corrugado de 295 metros de lonxitude. 

Ademais, substituirase toda a rede aérea de alumeado por canalización soterrada para lograr un menor impacto visual e cada 25 metros se situará un punto de luz. Tamén de colocarán alcorques e bancos de madeira tratada. 

O orzamento da obra ascende a 240.290,57 euros e o prazo de execución son 5 meses. 

Carreira

Polo que respecta á  actuación programada para Carreira, o lugar de Outeiro está formado por un conxunto de camiños de trazado irregular, cun pavimento feito de formigón no que se observan danos importantes. Ademais, a rede de abastecemento é de fibrocemento e non hai separación de fecais e pluviais. 

Así e logo, no apartado de abastecemento de auga, a tubaxe existente será remplazada por outra de polietileno de alta densidade. Ademais, disporase un colector de PVC liso para saneamento de fecais e outro de PVC corrugado para pluviais. As luminarias existentes serán substituídas por outras novas den lámpadas de 150 watios. 

A zona será pavimentada cunha capa de formigón na que se disporá transversalmente cada certa distancia unha banda de adoquín de granito. 

O custo da actuación  é de 143.802 euros e o prazo de execución de 3 meses. 

POS complementario

A pavimentación e renovación de servizos na rúa da Concha e transversal (ambas situadas no núcleo urbano de Castiñeiras) prevista no POS complementario  ten un orzamento de 161.342,24 euros e un prazo de execución de catro meses. Remplazarase a tubaxe de fibrocemento existente por outra de polietileno e disporase un colector de PVC liso para fecais e varios de PVC corrugado para pluviais. As vías serán pavimentadas con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito para harmonizar co entorno. 

No que atinxe á  pavimentación, saneamento e pluviais nun tramo da rúa Torreiro e da rúa Fontenova (situadas nas inmediacións da zona portuaria), o orzamento é de 118.036,14 euros e o prazo de tres meses. Para saneamentos fecais disporanse colectores de PVC compacto e para pluviais, de PVC corrugado. Pavimentarase con lousas e adoquíns de granito de forma harmónica coas vías colindantes.

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do pleno ordinario deste luns 28 de novembro

ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO DO CONCELLO DE RIBEIRA, QUE CELEBRARÁ O DEVANDITO ÓRGANO O LUNS DÍA 28 DE NOVEMBRO, ÁS 20 HORAS, EN PRIMEIRA CONVOCATORIA, OU DE NON HABER “QUORUM” SUFICIENTE EN SEGUNDA CONVOCATORIA 48 HORAS DESPOIS: 

I.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (PLENO ORDINARIO 31 DE OUTUBRO DO 2011).

II.- DACIÓN DE CONTA DOS DECRETOS DA ALCALDÍA ATA O 23/11/2011.

III.- PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL 2012.

IV.- RATIFICACIÓN DO INICIO EXPTE DE CONTRATACIÓN PARA A CONSTRUCIÓN DE CATRO PISTAS DE PADEL CUBERTAS NO COMPLEXO DEPORTIVO DA FIEITEIRA.

V.- APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE RIVEIRA.

VI.- PRESTAMO PROXECTO RIVEIRA ATLANTICA.RA2015 COA FINALIDADE DE FINANCIAR AS ACTUACIÓNS DE INVESTIMENTO INCLUIDAS NO ORZAMENTO 2011.

VII.- APROBACION DO PLAN ECONOMICO FINANCEIRO.

VIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA MARÍA HERMINIA POUSO MANEIRO (VOCEIRA DO GRUPO M. PP), EN RELACIÓN ÁS RESTRICIÓNS QUE O PRUX DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ESTABLECE PARA A ACTIVIDADE EXTRACTIVA EN SÁLVORA.

IX.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA MARÍA HERMINIA POUSO MANEIRO (VOCEIRA GRUPO M. PP), EN RELACIÓN AOS ANTICIPOS FEITOS POLO GOBERNO CENTRAL AOS ENTES LOCAIS COMO CONSECUENCIA DA SÚA PARTICIPACIÓN NA RECADACIÓN DOS TRIBUTOS ESTATAIS.

X.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO XOSÉ LUIS GROVEIRO GONZÁLEZ (VOCEIRO DO GRUPO M. BNG), EN RELACIÓN CA RECENTE PRESENTACIÓN DO PLAN REITOR DE USOS E XESTIÓN DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA.

XI.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA ENCARNACIÓN ROMERO GONZÁLEZ (GRUPO M. SOCIALISTA), INTERESANDO CUMPRIMENTO COA NORMATIVA VIXENTE EN MATERIA DE PATRIMONIO DAS ENTIDADES LOCAIS E DE PATRIMONIO MUNICIPAL DO SOLO.

XII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA ROSA GARCÍA POSE (GRUPO MIXTO), INTERESANDO MELLORAS EN VIXÁN – CARREIRA.

XIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO LUIS TEIRA PARADA (GRUPO M. BNG), EN RELACIÓN COA COLOCACIÓN DE PANEIS E TABOLEIROS INFORMATIVOS.

XIV.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO ANDRÉS FARIÑA CADENAS (VOCEIRO DO GRUPO M. SOCIALISTA), INTERESANDO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E AS ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO EN RELACIÓN CO MEDIO AMBIENTE.  

XV.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA Mª DEL CARMEN LAMPÓN AGRELO (GRUPO M. BNG), EN RELACIÓN COA SITUACIÓN DOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICOS.  

XVI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO FRANCISCO MAREQUE LEON (GRUPO M. SOCIALISTA), EN RELACIÓN CO ESTADO DA REDE DE PLUVIAIS E BEIRARRÚAS DO LUGAR DE LAXES. 

XVII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA ANXELES GONZÁLEZ CRUXEIRAS (GRUPO M. BNG), EN RELACIÓN AOS DANOS DO XABARIL NOS CULTIVOS.

XVIII.- MOCIÓNS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN Ó ABEIRO DO ARTIGO 70 DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL.

XIX.- ROGOS E PREGUNTAS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a coral polifónica actúa na entrega do Grelo de Ouro ao presidente de Frinsa este sábado 26 en Santiago


Enrique Paisal dirixe a Polifónica ribeirense. Este músico é xa un clásico, pois foi un dos fundadores dos míticos Los Tamara, de Noia

Ribeira, 25 de novembro de 2011. A Coral Polifónica Municipal de Ribeira actuará mañá sábado, 26 de novembro, en Santiago de Compostela no marco da XXV edición do Grelo de Ouro que recaerá no presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey. 

A formación que dirixe Enrique Paisal  desenvolverá un programa composto polos temas La Sirena (de orixe popular), Libertad (de Giuseppe Verdi), o Himno de Ribeira (con música de Enrique Paisal e letra de Manuel Ramallo) e o Himno Galego. 

A celebración terá  lugar ao mediodía no paraninfo da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

O Grelo de Ouro é unha distinción que entrega a Fundación Amigos de Galicia, integrada por hostaleiros e recoñecidos "gastrónomos" como Luis Rial. Máis información sobre o desenvolvemento do acto en http://www.fundacionamigosdegalicia.org

Relacionadas:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a asociación de nais e pais do colexio do Castro organiza un mercadillo e un festival benéficos para a nena Paula

Nena_paula

  • O mercadillo será no parque de Cabo de Cruz durante a tarde do sábado 3 de decembro. Se chovera, pasa á lonxa
  • O festival terá lugar o sábado 10 de decembro no centro social de Cabo de Cruz

Boiro, 25 de novembro de 2011. A asociación de pais e nais "Loureda", do colexio boirense de Santa María do Castro acordou na última asemblea xeral de socios organizar un mercadillo benéfico o vindeiro sábado 3 de decembro para axudar á pequena Paula, a nena boirense que se está a tratar en Alemania da súa agnesia sacra.

No mercadillo vanse vender xoguetes, roupa, antigüidades, etc,  novos e de segunda man. Será toda a a tarde do sábado 3 de decembro no parque de Cabo de Cruz e, se lle dera por chover, pasaría á lonxa. Os socios agardan que a xente se anime e participen mercando o exposto á venta.

Festival de Nadal, o seguinte sábado, 10 de decembro

     Ademais, tamén acordaron pais e nais, convertidos en monitores, ensaiar cos cativos una serie de números artísticos que o público poderá disfrutar o día 10 de decembro ás 18:00h. no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz. O festival será benéfico xa que os cartos recadados das entradas serán aportadas para o tratamento da pequena Paula.

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Escola de Nais e Pais comeza o luns 28 de novembro a súa andaina

Rianxo_escola_pais_nais

  • Pona en marcha o Concello e remata o 6 de febreiro
  • As sesións son no auditorio


Rianxo, 26 de novembro de 2011. O vindeiro luns 28 de novembro ás 9:30 da mañá comeza a Escola de Nais e Pais que pon en marcha o Concello de Rianxo.

A actividade está subvencionada pola Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde. En colaboración o C.R.A. de Rianxo
as Concellerías de Deporte e Sanidade (Unidade de prevención de drogodependencias), a Concellería de Servizos Sociais
e a Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística.

A Escola de Nais e Pais comezará o luns 28 de novembro ás 9:30 no Centro Sociocultural-Auditorio. Continuará o 5, 12 e 19 de decembro; o 9, 16, 23 e 30 de xaneiro para rematar o 6 de febreiro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical