A Pobra non está tendo moita sorte cos seus campos de fútbol. Na imaxe, o de Cadreche recén inaugurado, e que xa fora criticado polo mesmo Psoe aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Segundo explicou Calvo, esta iniciativa “que non suporá ningún custo para os concellos implicados” é o pistoletazo de saída a un proceso de cooperación intensa entre os municipios que a Deputación da Coruña pediu nos últimos meses. O principal obxectivo deste tipo de accións é o de compartir servizos sempre baixo os criterios de eficiencia, calidade e sustentabilidade.
Nesta ocasión, ademais, a Deputación da Coruña formará parte do proceso de constitución deste novo organismo desde os seus inicios para axudar e apoiar o seu despegamento e posta en marcha. A institución provincial continuará vinculada a este CSL ata que esté desenrolado e poida funcionar cos seus propios medios. “Non só colaboramos coa nova entidade, senón que participamos directamente nela para apoiar a súa posta en marcha”, apuntou o presidente provincial.
O principal papel do organismo provincial será o de impulsar a boa marcha deste novo CSL, "o que supón unha garantía para o bo funcionamento e o desenvolvemento do futuro Consorcio. O novo ente poderá estar rexistrado como tal, unha vez solucionados os trámites burocráticos, nun prazo aproximado de seis meses", asegura en nota de prensa a Deputación.
Primeiros en recoller a luva, disque
Os concellos de Dodro, Padrón e Rois foron os primeiros en recoller a luva lanzada polo presidente da Deputación Provincial que, desde a súa chegada ao goberno da institución, insistiu en que para garantir a estabilidade dos seus municipios é necesario que os concellos compartan servizos para xestionar de forma máis eficaz os seus recursos.
A colaboración entre o tres irase estendendo, de forma gradual, a todos os servizos municipais cos que contan os concellos. “Quero deixar moi claro que os alcaldes destes tres concellos son os protagonistas deste proxecto que busca a sostenibilidade, eficiencia e calidade da xestión dos servizos. Quero tamén agradecer a valentía de estos alcaldes por asumir o reto”, dixo Diego Calvo.
“Trátase de pensar noutra escala, nunha nova xeración de cooperación e nunha maneira nova de compartir os servizos, con maior calidade e eficiencia. E todo iso, baixo a premisa dunha nova cultura de cooperación intensa e fundamental e co obxectivo último de dar un mellor servizo aos cidadáns, que son os primeiros e últimos beneficiarios desta iniciativa”, insistiu o presidente provincial.
Terras de Iria
O proceso de constitución do novo CSL Terras de Iria seguirá uns pasos, como son a aprobación do novo CSL polos plenos dos concellos e da Deputación ou o nomeamento por parte de cada un dos seus membros dunha persoa que entrará a formará parte da comisión xestora. Esta comisión será a encargada de establecer os estatutos do novo consorcio.
A maior singularidade desta asociación é a do número de concellos que a integran, “un número suficiente pero non excesivo para empezar”, matizou Diego Calvo, que tamén adiantou que xa se está traballando con outros concellos da provincia para presentar iniciativas similares que suporían a colaboración de entre tres e cinco concellos como máximo que poderían ir vendo a luz nos próximos meses.
Explosión demográfica grazas ao consorcio?
O futuro CSL Terras de Iria sumará un total de 16.814 habitantes, con esperanza de chegar pronto aos 20.000, e abarcará un territorio de máis de 177 quilómetros cadrados, magnitudes que, segundo indicou Diego Calvo, “demostrarán o importante que é que os concellos poidan traballar xuntos nunha nova cultura municipal de cooperación intensa e cunha clara vocación de continuidade por parte da Deputación Provincial”. “Trátase de alcanzar masas de entre 15.000 e 20.000 habitantes que poidan xestionarse por si soas”, puntualizou Diego Calvo. O que non explicou é de onde van saír eses máis de 3.000 habitantes que faltan para os 20.000, cando en Galicia, sobre todo no interior, a recesión demográfica é evidente e moi difícil de solucionar, xa que o rural está case esquecido polos políticos.
Os rexidores de Dodro, Padrón e Rois agradeceron en todo o momento o apoio institucional que prestará a Deputación na posta en marcha de este CSL. Destacaron os beneficios dos que, en breve, favoreceranse os seus veciños.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 11 de xaneiro de 2012. A asociación cultural Barbantia convida a todo o mundo á presentacion do libro de Pere Tobaruela POÑENTE, nun acto que tera lugar o venres 27 de xaneiro, as 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, e no que, ademais do autor, estarán presentes a escritora e profesora Ana Isabel Boullón; o director de Xerais, Manuel Bragado; os socios de Barbantia Xesús Laíño e Carlos Mosteiro; e mais o alcalde de Rianxo, o nacionalista Adolfo Muíños.
Antes, na Pobra:Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 11 de xaneiro de 2012. Esta fin de semana preséntase solidaria en Rianxo. Unha volta máis, a beneficiaria é a nena Paula de Boiro, que naceu sen sacro e está a tratamento en Alemania. O grupo de teatro amador máis lonxevo e vello de Galicia, "Airiños", porá sobre o escenario do auditorio rianxeiro "ATA QUE A MORTE NOS SEPARE", unha obra baseada na farsa "4 corazones con freno y marcha atrás" de Enrique Jardiel Poncela, versión de Esther F. Carrodeguas,
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
En xuño do ano pasado xa houbera outros cursos de alfabetización
Ribeira, 10 de xaneiro de 2012.- O Concello informa de que mañá mércores, día 11 de xaneiro, ábrese o período de inscrición nos Cursos de Alfabetización Dixital que no presente trimestre terán lugar en seis parroquias do municipio: Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Olveira e Ribeira.
Estes cursos, de 30 horas de duración, son gratuítos e están abertos ao público en xeral, aínda que son moi indicados especialmente para certos colectivos como maiores, amas de casa, inmigrantes ou parados.
As clases estenderanse dende o 30 de xaneiro ata o 4 de abril e os interesados en anotarse poderán facelo na Aula Multimedia (planta baixa da confraría de Pescadores) de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. O número de teléfono é o 981 876 043. O prazo de inscrición expira o 27 de xaneiro.
O calendario lectivo inicialmente planteado e os lugares nos que se impartirán as clases son os seguintes:
| LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
| De 10 a 11:30 h | CARREIRA Casa da Cultura 9:45 – 11:15 (grupo 1º A) | RIVEIRA Aula Informática (Grupo 1º E) | CARREIRA Casa da Cultura 9:45 – 11:15 (grupo 1º A) | RIVEIRA Aula Informática (Grupo 1º E) | Aula Aberta |
| De 11:30 a 13 h | CASTIÑEIRAS Casa da Cultura 11:30 – 13:00 (grupo 1º B) | RIVEIRA Aula Informática (Grupo 1º F) | CASTIÑEIRAS Casa da Cultura 11:30 – 13:00 (grupo 1º B) | RIVEIRA Aula Informática (Grupo 1º F) | Aula Aberta |
| De 16 a 17:30 h | OLVEIRA Casa da Cultura 16:30 – 18:00 (Grupo 1º C) | RIVEIRA Aula Informática (Grupo 1º G) | RIVEIRA Aula Informática (Grupo 1º G) | OLVEIRA Casa da Cultura 16:30 – 18:00 (Grupo 1º C) | Aguiño Aula Informática 17:00 – 18:30 |
| De 17:30 a 19 h | ARTES Casa da Cultura 18:15 – 19:45 (Grupo 1º D) | RIVEIRA Aula Informática (Grupo 1º H) | RIVEIRA Aula Informática (Grupo 1º H) | ARTES Casa da Cultura 18:15 – 19:45 (Grupo 1º D) | Aguiño Aula Informática 18:30 – 20:00 |
Valoración do Nadal
Por outra banda, a voceira do Equipo de Goberno do Concello, Herminia Pouso Maneiro, deu conta dos principais asuntos tratados hoxe durante a reunión semanal que este grupo mantén todos os martes. Un dos temas que ocupou boa parte do encontro desta xornada foi o de facer balance da organización das actividades de Nadal, que foi cualificado de “éxito” e sobre o que se destacou especialmente que a implicación de asociacións e empresas resultou determinante para a boa acollida da programación.
Herminia Pouso explicou que á hora de confeccionar o programa se tiveron en conta as demandas de todas as franxas de idade e, sen ánimo de ser exhaustiva, enumerou algunhas das accións realizadas, como os obradoiros de Nadal (de arte floral e decoración de Nadal; cociña e repostería de Nadal; arte e iniciación ás artes plástica; Nadal Xogo e, como novidades, os talleres de informática e novas tecnoloxías e Nadal Concilia), a estrea da película Sinbad (con localizacións en Corrubedo e outros puntos do concello), o cine de Nadal e os espectáculos infantís de teatro, maxia e monicreques que se sucederon polas tardes no Auditorio Municipal.
Tamén destacou a boa acollida da comida de Nadal para xente sen recursos e da campaña comercial de Nadal que se puxo en marcha conxuntamente coa Deputación Provincial e coa Asociación de Empresarios, co obxectivo de incentivar as compras durante estas épocas que son esenciais para o pequeno e o mediano comercio da nosa cidade. Mención aparte mereceu a Cabalgata de Reis, na que foi un acerto que despois de varios anos se retomase a idea de que o carteiro real visite todas as parroquias do municipio para recibir as cartas dos nenos.
Tamán louvou a implicación das asociacións de persoas con diversidade funcional A Creba, Ambar e Amicos, que contribuíron a engalanar á cidade con decoración navideña. E quixo eloxiar o labor a pé de rúa dos membros de Protección Civil e dos axentes da Policía Local que velaron pola seguridade dos cidadáns.
Pouso Maneiro cifrou en máis de 30.000 euros o recortado con respecto ao ano anterior "grazas ao esforzo xestor das Concellerías implicadas".
Autocrítica
En canto aos erros detectados, a voceira fixo alusión a que o aforo para os espectáculos do Auditorio e para o cine de Nadal foi limitado e houbo xente que se quedou sen participar. Ademais, manifestou que o reparto de caramelos durante a Cabalgata non foi o máis axeitado. A edil afirmou que o Equipo de Goberno tomou nota destas incidencias a fin de solucionalas de cara o próximo ano.
Abesadas
Noutro orde de cousas, o pasado 5 de xaneiro saíu unha orde da Consellería de Presidencia na que se convocan unhas subvencións para a revalorización de espazos públicos. Neste sentido, segundo comunicou Herminia Pouso, é propósito do Equipo de Goberno solicitar unha subvención para a renovación do barrio de Abesadas.
“Estamos poñéndonos a traballar na redacción dun plan de actuación integral que contemple inicialmente a urbanización da rúa Pai Sarmiento, a adecuación do entorno da pista deportiva de Abesadas, o arranxo do parque de Abesadas e a mellora da súa zona axardinada, un cambio de luminarias que as faga máis acordes co tecido edificativo da zona e a reordenación da circulación de vehículos”, manifestou.
Outro punto tratado na reunión de hoxe foi a creación dunha comisión encargada de redactar un plan contra o vandalismo e a promoción dunha movida san no municipio. A tal efecto, o Concello convocará aos axentes implicados nas áreas educativa, asistencial, empresariais e de orde público do municipio a fin de desenrolar entre todos fórmulas dirixidas a concienciar á xuventude sobre que é posible unha diversión máis san, ao tempo que máis respectuosa coas instalacións e o mobiliario urbano.
Pode que lle interese:
Liceo Marítimo: asemblea o 15 de xaneiro
Carreira popular de Nadal: fotos e clasificación
Nadal Cultural: imaxes de tres obradoiros
Cursos de galego: aberta inscrición para Celga 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.- A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 4.000 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación.
O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.
As contribucións organizáronse a través da web Verkami, plataforma que foi traducida ao galego polos organizadores e onde se poden seguir facendo pagamentos. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.
Colaboran 16 medios, Certo entre eles, mais está aberto a novos socios
Os medios de comunicación que organizan esta iniciativa queren agradecer o apoio deste músico e dos máis de 100 mecenas que xa contribuíron en liña. Os cartos destinaranse integramente ao financiamento da propia campaña e o resto repartirase entre as cabeceiras que participan en Vitaminas para o Galego.
Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor Info, Praza Pública, Terracha Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), Radio Nordés (Cadena Ser Vimianzo) e Que Pasa na Costa. Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia. Ademais, están invitados a sumarse todos os medios ou proxectos de medios que publiquen na lingua propia do país.
Segunda fase da campaña
Agora comeza unha segunda fase da campaña, que consistirá na difusión dos obxectivos de Vitaminas para o Galego a través das redes sociais e da organización de relatorios e actos de promoción por toda a xeografía galega.
Entre os obxectivos de “Vitaminas” destaca contribuír á supervivencia dos medios en galego, que nos últimos meses sufriron importantes baixas como, entre outros, Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira ou Galicia Hoxe. Asemade, búscase contribuír ao nacemento de novos proxectos informativos en lingua galega.
Máis información nas webs http://www.vitaminasparaogalego.gl/ e http://vitaminasparaogalego.blogspot.com/
CertoPosted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia