29.4.12

A Pobra: denuncian o depósito de entullos nas Xunqueiras, zona de alto valor ecolóxico


O monumento máis emblemático da zona das Xunqueiras é o pazo-torre que leva ese mesmo nome

A Pobra, 29 de abril de 2012. O BNG  da Pobra rexistrou esta semana no Concello unha iniciativa e dirixiu á Demarcación de Costas un escrito a respecto dos entullos de obras que se están a depositar nas Xunqueiras, a carón do centro de saúde. "Unha actuación que, sen ningún tipo de autorización, se está a levar a cabo co consentimento do Goberno Municipal do PP, nun entorno de alto valor ecolóxico e a carón mesmo do centro de saúde. Nun entorno, en definitiva, polo que o Goberno Municipal endexamais amosou interese e contribuíu –por acción ou por omisión- a degradar e a dexenerar cada vez máis", explican os nacionalistas.

 
"Ésta, por desgraza, non é a primeira vez que o BNG se ve na obriga de denunciar atentados ecolóxicos deste tipo. Ademais de todas as verteduras industriais producidas nos últimos anos que afectan ás Xunqueiras, no 2010 ocorreu algo moi semellante nas propias Xunqueiras e que, a raíz da denuncia do BNG, se viron na obriga de retirar e repoñer a legalidade.Neste caso o agravante é que se están depositando entullos a 20 metros dun centro de saúde a onde acudimos todas e todos. As escouras que se están retirando dos arranxos da estrada xeral son, entre outras, as que van a parar ás Xunqueiras cando, calquera sabe que se fai unha pequena obra na súa casa está na obriga de levar ou encargar que leven os entullos das obras a un lugar autorizado. Neste caso, a empresa que leva a cabo as obras tiña que ter previsto, e comunicado á autoridade competente, onde depositaría os entullos. Pois ben, parece que aquí o Goberno Municipal do PP non é tan esixente como cos veciños e permite que se depositen, sen ningún tipo de rubor, nun lugar de dominio público marítimo terrestre e nun entorno que calquera administración sensata e cun mínimo de sensibilidade vixiaría e coidaría polo seu valor ecolóxico e polo seu potencial turístico, económico e de uso e desfrute público", remata o Bng na súa nota de prensa.
 
 
 

26.04.12.-ESCRITO A COSTAS-DEPÓSITO ENTULLOS NAS XUNQUEIRAS.doc Download this file

26.04.12.-ESCRITO AO CONCELLO-DEPÓSITO ENTULLOS NAS XUNQUEIRAS.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.4.12

Noia: O Retruke engaiola a grandes e pequenos co ambiente lúdico do circo


Juanín, en plena carantoña

Noia, 28 de abril de 2012. Ata o domingo non van parar os espectáculos coas sorpresas e bo humor do novo circo. Noia está a vivir o post-San Marcos coa vila ateigada de rapazas e rapaces con "pintas" alternativas que seducen ao público en canto se poñen a amosar as súas habilidades, sexa con bolos, con diávolos ou co abano de múltiples voltas e reviravoltas desta troupe de artistas que conforman O Retruke.


Na xornada de onte, Juan, Juanín "Simplemente Juanín" abriu a sesión co seu espectáculo ás sete da tarde, na que congregou a numeroso público, ao que foi quentando pouco a pouco co seu humor, acenos estrafalarios e diversas acrobacias.

Tamén pola tarde se puideron ver diversos obradoiros nos que aplicados alumnos intentaban coller as nocións primarias desta difícil variedade artística.

Algún pequeno detalle do espectáculo de Juanín en vídeo:


Segue ata o domingo, polo que si se quere achegar, bótelle un ollo aos horarios:


Noia: ata o domingo 29, capital europea do circo. Olle toda a programación

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o XI Concurso de relatos de aventuras “Antón Avilés de Taramancos” gañouno o vigués Xosé Alfredo Naz



Noia, 28 de abril de 2012. O escritor vigués Xosé Alfredo Naz Fernández gañou o XI Concurso de relatos de aventuras "Antón Avilés de Taramancos" co relato "O sorriso de Hitler".

Nesta edición do concurso de relatos de aventuras participaron 18 obras. O xurado, no cal estaba, entre outros, o gañador do ano pasado, o ribeirense Antonio Piñeiro, destacou a calidade das obras presentadas.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "O Principiño arredor do mundo" recolle exemplares da Fundación Carlos Casares no Leliadoura ata o 14 maio

Dossier Principiños.pdf Download this file

<div style="width:480px;text-align:right;">http://photobucket.com/redirect/album?showShareLB=1" target="_blank">

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: programación cultural para os primeiros días de maio

Rianxo, 28 de abril de 2012. As propostas culturais para os primeiros días de maio no auditorio de Rianxo son as seguintes:

  • CONCERTO IX ANIVERSARIO DA BANDA organizado pola Escola de Música de Rianxo
    • DÍA: martes 1 de maio
    • HORA: 12.00 h
    • I MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO (obras recomendadas para maiores de 12 anos)
    •  Venres 4 de maio - 21.00 h - Cariño de Daniel Dalmaroni a cargo da compañía Arrastrachelocupolaspallas
    •  Sábado 5 de maio - 21.00 h - Baixarse ao moro de José Luis Alonso de Santos a cargo da compañía Pinchacarneiro
    •  Domingo 6 de maio, 20.00 h - Falúa Fliying Circus dos Monty Python a cargo de Teatro da Falúa

    O aforo é limitado e as entradas (máximo 2 por persoa) poderán recollerse unha hora antes do comezo de cada proposta.

    • EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "RETROSPECTIVA" organizada polo Foto Club Sálvora
      • DÍAS: do 4 ao 23 de maio

      Esta fin de semana e do mes de abril:

      Nesta fin de semana celébrase o Serán do PATROCINIO organizado pola Asociación Cultural Fogo Fatuo (sábado 28 e domingo 29 - Rianxiño), do que lle falamos en:


      Serán do Patrocinio: o sábado 28 e domingo 29 de abril

      Pode que tamén lle interese:
      • III FESTIVAL FOLCLÓRICO GALEGO organizado polo Ballet Folclórico Boirense da Asociación de Amas de Casa de Boiro
        • DÍA: sábado 28 de abril
        • HORA: 20.00 h
        • Lugar: Auditorio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 18 de maio presentan no Ateneo Valle-Inclán o libro de Emilio Alonso "Vigo a 80"

26.4.12

Ribeira: o Día Mundial da Danza conmemorouse con portas abertas na Escola Municipal de Ballet

Ribeira, 26 de abril de 2012.- Unha vintena de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos que están a estudar danza clásica na Escola Municipal de Ballet realizaron esta tarde unha sesión formativa especial, consistente nunha xornada de portas abertas ante a presenza dos seus pais e nais. Guiados pola profesora Cristina Riveiro, os pequenos bailaríns fixeron as delicias dos seus proxenitores ao amosarlles todo o aprendido no transcurso do presente curso.

 

Esta acción de carácter excepcional desenvolvida na aula de ballet do Conservatorio tiña o seu fundamento na conmemoración do Día Internacional da Danza: unha efeméride que se celebrará o vindeiro domingo día 29 de maio.







Hai que recordar que a Escola Municipal de Ballet depende da área de Cultura do Concello de Riveira, que dirixe a concelleira Elvira Pisos Arnoso (quen finalmente non puido acudir ao evento por xurdirlle imprevistos de última hora).

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este domingo 29, "Encanínate" levará a cadelos e seus donos ata a Pedra da Rá

  •  É unha xornada de socialización entre cans e os seus donos
  • Os interesados en participar aínda poden inscribirse



Ribeira, 26 de abril de 2012.- Este domingo 29 de abril terá lugar dende primeira hora da mañá a segunda xornada de socialización Encanínate.

 

Así, a partir das 9.30 horas na explanada situada fronte aos xulgados vaise proceder ao control veterinario de todos aqueles cans que non tivesen pasado o control do primeiro día. Hai que recordar que esta acción é completamente gratuíta e vai ser realizada por un dos veterinarios da cidade que colaboran desinteresadamente na celebración da iniciativa.

 

Xa a partir das 10 horas terá lugar a segunda ruta guiada, baixo as indicacións dos adestradores caninos Ángel Mollá e Marco Antonio Pérez. O percorrido sairá da explanada antedita, atravesará o Parque Periurbano de San Roque, subirá ata o Miradoiro de Pedra da Ra para logro regresar ao punto de partida.

 

As xornadas de Encanínate son gratuítas. Aqueles interesados en participar aínda poden descargar a ficha de inscrición a través da páxina web do Concello (www.riveira.com) e entregala na Oficina Municipal de Deportes (sita no Pavillón da Fieiteira) ou ben o propio domingo no lugar de saída.

 

Encanínate é unha acción polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett. Conta coa colaboración dos establecementos locais Clínica Veterinaria Bosco, Mascotas, Clínica Veterinaria Real e Clínica Veterinaria Riveira, ademais de Protección Civil de Riveira e Royal Canin.

 

Na primeira sesión celebrada o día 15 deste mes rexistrouse unha magnífica participación, coa asistencia de 26 persoas acompañadas dos seus cans.


Pode que tamén lle interese:


Monólogo: o 5 de maio, Cándido Pazó, no Brétema


Xornada: o Día Solar Europeo, o 19 de maio, no Liceo

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: acto este sábado 28 en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular por unha sanidade pública

  • Participarán, lendo un manifesto, dramaturgos como Kiko Cadaval ou escritores como Riveiro Coello e Antonio Piñeiro

Ribeira, 26 de abril de 2012. O vindeiro sábado 28 de abril, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza organiza un acto de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galicia.

O acto consistirá nunha xornada informativa na que se explicarán os diferentes puntos desta iniciativa lexislativa. Haberá lectura da ILP enteira ás doce da mañá e ás seis da tarde, a cargo de persoeiros do teatro galego como o ribeirense Quico Cadaval e a actriz Uxía Casal, así como escritores relacionados con esta bisbarra (Riveiro Coello e Antonio Piñeiro). Tamén estarán nesta lectura Suso Laíño, Manolo Cartea e Xoán Pastor. Durante todo o día haberá recollida de sinaturas para levar adiante esta iniciativa, tan necesaria nuns tempos en que os nosos gobernantes turran por desmantelar a sanidade pública.

Localizacións: de 10 a 14 horas, na rúa peonil de Galicia en Ribeira
De 16 a 20, no paseo de Coroso, ao pé do instituto

E se es dorneiro, lembra:


I Asemblea Dorna: este sábado 28 de abril

Tamén lle pode interesar:


Arte: inaugurada "Arte Barbanza 1980" no auditorio


Monólogo: o 5 de maio, Cándido Pazó, no Brétema


Xornada: o Día Solar Europeo, o 19 de maio, no Liceo




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o ceip de Castiñeiras, tomado por forzas de seguridade e bombeiros

  •  Simulacro conxunto coordinado polo Grupo de Intervención Rápida de Ribeira para valorar o plan de autoproteción do colexio
  • Os pequenos, moi colaboradores, foron desaloxados en apenas tres minutos. Un deles deuse por desaparecido e foi atopado na aula de informática (non, non estaba enganchado ao tuenti, era todo unha proba)

 

Ribeira, 26 de abril 2012- Bombeiros, Policía Nacional, Policía Local, Tráfico da Garda Civil, Ambulancias e Grumir/Protección Civil de Ribeira estiveron a traballar no día de hoxe nun operativo conxunto dirixido a poñer en práctica o plan de autoprotección do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras.

 

Baixo a coordinación do Grumir, no simulacro partiuse dunha suposta alarma de incendio nunha aula do centro e a desaparición dun dos 243 alumnos do colexio: algo que se detectou unha vez os profesores procederon ao reconto dos alumnos desaloxados. O exercicio constou da evacuación total e correcta do centro educativo, o control de alumnos e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos.

 

Desaloxo

O desenvolvemento do exercicio foi satisfactorio. Tardáronse tres minutos en evacuar totalmente o centro educativo (os estudantes foron trasladados a un dos patios do recinto) e, tras o oportuno rastreo polos equipos de bombeiros e protección civil, o neno desaparecido foi atopado na aula de informática situada na segunda planta e rapidamente asistido por técnicos de ambulancia. Tamén se procedeu á revisión do peche de portas e fiestras e se comprobou se o desaloxo do edificio foi realizado correctamente.

 

Finalizado o operativo, os estudantes do centro de Castiñeiras tiveron ocasión de coñecer os vehículos e equipos de que dispón Protección Civil, Bombeiros e Ambulancias.





Libro no Ateneo de Ribeira: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón


I Asemblea Dorna: este sábado 28 de abril


"Galicia Saudable": presentado o programa para ver se o 70% que non fai exercicio se anima

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical