18.5.12

A Pobra do Caramiñal: acto das Letras Galegas este sábado 19 na praza do Emigrante

  • Organízao Galiza Nova da Barbanza. Comeza ás nove da noite


Voares de Esperanza, discurso de Agustín Fernández Paz, será lido por moz@s de Barbanza

A Pobra, 18 de maio de 2012. Galiza Nova da Barbanza organiza un acto cultural co gallo das Letras Galegas que terá lugar mañá, sábado 19 de maio, ás 21:00 horas na Praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal.

O acto dará comezo ás 21:00 e consistirá na lectura do manifesto feito por Agustín Fernández Paz a cargo dos e das integrantes de Galiza Nova. Despois disto tamén se lerán algúns fragmentos de obras do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade.

Todo isto estará amenizado por música. Galiza Nova quere convidar á xente da comarca para que poidan saber algo máis do autor homenaxeado así como tamén poder desfrutar dun acto cultural organizado por xente moza implicada coa cultura e idioma do País.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: acto das Letras Galegas este sábado 19 na praza do Emigrante

  • Organízao Galiza Nova da Barbanza. Comeza ás nove da noite


Voares de Esperanza, discurso de Agustín Fernández Paz, será lido por moz@s de Barbanza

A Pobra, 18 de maio de 2012. Galiza Nova da Barbanza organiza un acto cultural co gallo das Letras Galegas que terá lugar mañá, sábado 19 de maio, ás 21:00 horas na Praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal.

O acto dará comezo ás 21:00 e consistirá na lectura do manifesto feito por Agustín Fernández Paz a cargo dos e das integrantes de Galiza Nova. Despois disto tamén se lerán algúns fragmentos de obras do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade.

Todo isto estará amenizado por música. Galiza Nova quere convidar á xente da comarca para que poidan saber algo máis do autor homenaxeado así como tamén poder desfrutar dun acto cultural organizado por xente moza implicada coa cultura e idioma do País.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 26 de maio, charla sobre o afundimento do Titanic

Noia: Marisa Irimia narrará contos de tradición popular o venres 25 de maio para nenas e nenos

  • É necesario anotarse antes do 24 ante o limitado do aforo (40 prazas)
  • Terá lugar na casa da cultura

CONTOS_DE_TRADICIÓN_POPULAR.doc Download this file
Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: ata o 31 de maio, exposición do alumnado do Bacharelato de Arte no Centro Social

  • Inaugurouse a mostra o mércores 16 de maio
    Boiro_expo_bacharelato_arte

Tamén, en Boiro:

 

E no concello veciño:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.5.12

Dodro: o Concello celebrou o Día das Letras Galegas inaugurando a Xira de Karting

Padrón, 17 de maio de 2012. O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, e os tres alcaldes anfitrións -os de Dodro, Padrón e Rois-, asistiron hoxe á apertura do circuíto da Xira Galega de Karting.

O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, e os alcaldes dos tres municipios colaboradores, Antonio Fernández Angueira, do Concello de Padrón, Valentín Alfonsín Somoza, do Concello de Dodro e Ramón Tojo Lens do Concello de Rois -os tres do Partido Popular- presidiron a apertura e carreira inaugural de presentación da chegada da sexta edición Xira Galega de Karting, que terá lugar no aparcadoiro gardería municipal de Padrón ata o domingo 20 de maio. Ao acto, que se celebrou no propio circuíto, asistiron ademáis a directora da Xira Karting, Raquel González así como varios concelleiros e concelleiras dos tres concellos organizadores.

Esta proba "é posible grazas á colaboración de institucións públicas como, ademáis dos propios concellos, a Deputación Provincial da Coruña e tres empresas privadas", explicou a tenente de alcalde de Dodro, Marisol Boga, en nota de prensa.

Ademáis, cerca dun cento de rapaces dos concellos de Rois e Dodro, acudiron invitados gratuitamente e disfrutaron dunha sesión completa de pilotaxe. Os nenos tiveron así o seu bautismo no mundo do motor e da educación vial. O/As rapaces/zas poideron disfrutar dunha verdadeira experiencia automovilística a bordo de karts coa seguridade máis completa, sen necesidade de mercar ou alugar calquera equipamento, nunha sesión de pilotaxe, con tódolos materiais (casco, protector...) incluídos; tamén dunha xornada en familia con xogos, inchables para nenos e agasallos.

O horario oficial desta actividade é o seguinte: a mañá do venres de 10.00 a 14.00 horas é reservado a escolares; o sábado 19 e o domingo 20 a apertura será de 12.00 a 14.00 horas. Tódalas tardes a apertura será de 17 a 22.00 horas.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.5.12

Ribeira: Verdegaia organiza este domingo 20 de maio un roteiro polo parque natural de Corrubedo

  • Dura todo o día. Hai que levar comida, roupa e calzado axeitados e prismáticos se se pode
  • Non se poden levar mascotas, ao ser un espazo protexido

Media_httpfarm4static_dfdgb

Ribeira, 16 de maio de 2012. Verdegaia organizará o vindeiro domingo 20 de maio un novo roteiro encadrado no programa de roteiros de Verdegaia Vai de roteiros!, desta volta polo Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán. Saída ás 11:00 h. do Centro de Interpretación dos ecosistemas litorais de Galicia (CIELGA), Ribeira.

Vai de roteiros!

O programa Vai de roteiros! abrangue a totalidade da xeografía galega e zonas próximas, perseguindo diferentes fins como servir para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións, entre outras finalidades.

Así, cada terceira fin de semana do mes, un dos núcleos comarcais de Verdegaia é responsable da organización e realización dun roteiro no que tentamos integrar elementos naturais e culturais, educativos e reivindicativos para coñecer e valorar mellor o noso medio e o noso impacto sobre el.

Desta volta será a Representante local de Ribeira quen se encargará de organizar o roteiro que sairá do CIELGA ás 11:00 h.

Itinerario previsto con dificultade baixa

O itinerario previsto é o seguinte: CIELGA, dunas da praia do Vilar, marisma do Carregal, praia do Vilar, aparcadoiro da praia do Vilar, lagoa de Vixán, agros de Vilar e volta ó CIELGA.

O percorrido é de dificultade baixa e realizarase a pe coa axuda dun guía especializado da asociación que dará explicacións precisas sobre os diferentes aspectos (biolóxicos, etnográficos,...) do Parque Natural ó longo da xornada en diferentes paradas explicativas.

O roteiro durará todo o día coa súa finalización estimada ás 17 h. e cómpre levar comida, calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. Ademais, é aberto e gratuito para todas e todos. Debido ás normas do propio espazo protexido non se permite traer cans.

Media_httpfarm4static_supba

Un roteiro crítico

O Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán abrangue un área de 996 ha no concello de Ribeira e a parte desta figura de protección declarouse tamén Lugar de Importancia Comunitaria, Zona de Especial Protección para as Aves, Zona húmida de Importancia Internacional e Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral debido ós importantes valores naturais que posúe e que descubriremos o vindeiro domingo no trascurso do roteiro.

Pola contra, entre as desfeitas que padece este valioso espazo natural salientan a contaminación por augas residuais provintes de diferentes puntos da parte norte da ría de Arousa, a falla dunha axeitada xestión do espazo protexido por parte da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a presión turística estival ou a presión urbanística.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: curso sobre novas pautas das condutas adictivas, o 1 e 2 de xuño

  • Destinado a mediadores sociais, consta de tres seminarios
  • Impartido por un psicólogo clínico, unha pedagoga e un educador social

Media_httpfarm5static_pvdnx

O alcoholismo será unha das condutas abordadas

Noia, 16 de maio de 2012. Os seminarios teñen como finalidade tratar o fenómeno das drogodependencias e condutas adictivas dende varios enfoques: a familia, a perspectiva de xénero e o espazo de ocio.

Para iso no primer seminario (venres, 1 de xuño de 17:00 a 21:00 h.) vaise tratar a prevención do abuso de alcol dende a familia, xa que ésta é o referente próximo das persoas e é onde antes se detectan situacións de abuso. Este seminario será impartido por Niceto González, psicólogo clínico con 18 anos de experiencia no ámbito das adicciones tóxicas (alcoholismo e outras drogas) e non tóxicas.

No segundo seminario (sábado, 2 de xuño de 17:00 a 21:00 h.) tratarase das adiccións dende un enfoque de xénero, cómo afectan de maneira diferente a homes e mulleres, así como estratexias de afrontamento nas relacións afectivas onde interfieren o consumo de drogas. Esta parte será impartida por Pilar Lorenzo, pedagoga, responsable da área de saúde do Consello da Xuventude de Galicia.

No terceiro seminario (sábado, 2 de xuño de 16:00 a 20:00 h.), tratarase a reducción das conductas de risco na xuventude, onde se falará dos riscos que ten o consumo de drogas, así coma os diferentes tipos de prevención e que tipo de intervencións son máis efectivas no contexto de ocio e tempo libre, tamén se falará da xestión dos praceres e riscos. Esta parte será impartida por Xaquín Bouza, educador social, responsable do programa de prevención de drogodependencias de ASFEDRO.

Destinatarios

O curso irá destiñado a aquelas persoas tanto que teñan algunha titulación relacionada co eido social ou de xestión de ocio e tempo libre así coma aquelas persoas interesadas no abordaxe das drogodependencias.

Esta actividade ten lugar dentro do programa de formación sobre conductas adictivas do Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias do Concello de Noia. Terá lugar os días 1 de xuño de 17:00 a 21:00 h. e o 2 de xuño de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h. Entregarase certificado de asistencia expedido pola Concellería de Benestar do Concello de Noia. As persoas interesadas pódense anotar no número de teléfono: 609.82.31.34 ou na dirección de enderezo electrónico: infodrogas@gmail.com



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Verdegaia tamén alega contra a nova depuradora, que cualifica como "trámite ante Bruxelas"

Media_httpfarm3static_paxqi

Ribeira, 16 de maio de 2012. Verdegaia advirte de que o Estudo de Impacto Ambiental da estación depuradora de augas de Ribeira "ten enormes eivas que o fan inviable se se pretende falar dun proceso de depuración real e efectivo, que permita garantir a saúde da nosa ría (fundamental para a nosa vida, para o ambiente e para a economía da comarca) a longo prazo".

Para este colectivo ecoloxista, "o estudo non contempla (ou cando menos non explicita) a separación en orixe das augas fecais, pluviais e industriais (agás as referidas ao polígono de Xaras, que se separan mais non se depuran). Consideramos dita separación condición esencial para realizar unha depuración efectiva de todo tipo de augas residuais, xa que cada un dos tipos precisa unha depuración específica. Isto resulta especialmente grave cando o propio EIA recoñece e cando está demostrado que o polígono industrial verte directamente á ría unha gran cantidade de residuos industriais sen ningún tipo de depuración. Polo tanto, a separación dos tipos de augas residuais en orixe daría como resultado a clara mellora da calidade da auga, dado que cada tipo iría ben depurado segundo as súas  características".

Depuradora específica para Xarás


"Queremos recordarlle á opinión pública que, no seu día, acordárase en pleno do Concello de Ribeira por tódolos grupos municipais solicitar unha depuradora específica para o polígono industrial de Xarás. Non nos parece de recibo que un estudo de impacto ambiental dunha EDAR deixe de lado algo tan serio como as augas industriais de todo un Concello, que, na proposta que se fai, verterán directamente á ría sen depuración previa. Trátase dun volume de vertidos importante, cuxa carga contaminante é moito maior que a das augas fecais", lembran en Verdegaia.

Verter as augas residuais do polígono de maneira separada, tal e como se propón no proxecto, "é necesario, pero non é en absoluto suficiente. Trátase dunha eiva tan grande deste proxecto, que só ela convérteo directamente en papel mollado. Non pode ser que esteamos falando en serio de depuración e de botar os residuos industriais directamente ao mar ao mesmo tempo", aclaran.

"Como é que, cando o propio documento recoñece que a maior carga contaminante procede dos vertidos industriais de Xarás, se propoña unha “solución” depuradora que coas augas procedentes de Xarás non fai outra cousa que vertelas ao mar directamente?

Queremos unha solución integral para o Concello de Ribeira, non un parche para evitar multas de Bruxelas. Un parche que, ademais, é demasiado caro para o ineficiente que vai resultar, xa que seguiremos envelenando a nosa ría cos vertidos tóxicos do polígono industrial", proseguen dende Verdegaia.

Solicitan, ademais, que se faga unha verdadeira separación das augas pluviais. A solución que se propón no actual proxecto "supón unha enorme carga contaminante, aínda que só sexa en momentos puntuais, para as zonas onde están previstos os  aliviadoiros. O propio estudo recoñece que as cargas puntuais en caso de chuvias torrenciais ou abundantes dan lugar a desbordamentos de augas sen depurar ao mar. A opción elexida cremos que é a pior, xa que se opta por unha gran depuradora en lugar de por dúas máis pequenas e é necesario trasladar os residuos ao longo de centos de metros ata chegar ao punto de depuración. Un sistema de pequenas depuradoras permitiría tamén non acumular todos os residuos nunha grande que, se algún día se reborda, non tería capacidade e deixaría todos os residuos á mercede de ter que librarse deles botándoos directamente á ría".

Por último, din que debe contemplarse a depuración separada das augas pluviais e a súa reutilización para outros usos como regos ou limpeza de rúas, tal e como se ven facendo noutros concellos do Estado onde se leva a cabo un proceso de depuración real e efectivo, "e non unha parodia de depuración como parece que se quere facer neste caso".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 26 de maio, roteiro a Sálvora, Jidoiro e Rúa en Ribeira

Boiro_roteiro_faiado_26

O V Roteiro “Entre o mar e a terra”, que organiza a asociación cultural e etnográfica "O Faiado 2" de Boiro  visitará a costa de Ribeira desde o mar, con visita a Sálvora, Jidoiro e Rúa. Explicacións con guía local e do Parque das Illas Atlánticas.

O día é o 26 de maio as 17:00 h con saída desde o porto de Aguiño.

É necesario confirmar a asistencia. Non poderá ir ninguén que non estea anotado (plazas limitadas). Formas de contacto no cartel que abre a información.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical