27.7.12

Ribeira: así deixaría o quecemento global a cidade, segundo Sarasquete e Ámbar

  •  Unha das instalacións simula por onde estaría asolagada Ribeira no caso de que toda Grenlandia perdese o xeo e subiran os mares sete metros

 

Ribeira, 27 de xullo de 2012.- O escultor Gonzalo Sarasquete, a asociación de personas con diversidade funcional Ámbar e o biólogo Ignacio Munilla tiveron ocasión de ofrecer este mediodía a dobre actividade “O Efecto Groenlandia” e “A Sombra da Marea”, dúas propostas que teñen por obxecto sensibilizar á poboación sobre as consecuencias do quecemento global e o aumento continuado do nivel do mar.

 

O evento iniciouse coa intervención-happening "A Sombra da Marea", que pretendeu simbolizar unha liña de marea marcada polo refugallo que a humanidade bota aos océanos, refugallo recolleito con anterioridade polos propios usuarios da asociación Ambar.

 

A continuación os asistentes ao acontecemento desprazáronse ata a Oficina do Celador de Obras do Porto de Ribeira, no Malecón, para descubrir a instalación "O Efecto Grenlandia", que ficará instalada durante o verán na parede desta edificación e consta dunha escala de mareas e elementos escultóricos inspirados na fauna de invertebrados da banda intermareal. A súa finalidade, segundo propósito do seu autor Gonzalo Sarasquete, estriba en marcar onde chegaría a marea se os océanos subiran 7 metros, que é a elevación prevista se o xeo de Grenlandia se fundise.

 

Os concelleiros municipais Vicente Mariño, Elvira Pisos e Anxo Orellán estiveron presentes na actividade no nome do Concello de Ribeira, que colaborou na súa posta en marcha.

 

Efecto Groenlandia.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do pleno do luns 30 de xullo

Ribeira: programa das Festas do Verán, do mércores 1 ao luns 6 de agosto

  •  Dover, o gaiteiro Budiño, o grupo La Guardia e a cantante Rosa Cedrón son os pratos fortes
  • O pregoeiro é desta volta Rubén Riós, actor ourensán famoso por "Libro de Familia", "Vilamor" e "Pradolongo"

 

Ribeira, 20 de xullo de 2012.- Os membros da nova comisión presentaron hoxe o programa de espectáculos e concertos que este ano van integrar as Festas de Verán de Ribeira 2012, entre os cales figuran actuacións de grupos e solistas tan destacados no panorama tanto galego como nacional e mesmo internacional como Dover, La Guardia, Rosa Cedrón e Xosé Manuel Budiño, entre outros.

 

A tal efecto, interviñeron no acto o presidente e o vicepresidente da comisión, José Andrés Alonso e Mariano Moares, ademais da concelleira de Cultura Elvira Pisos.

 

O actor ourensán Rubén Riós será o encargado de protagonizar o pregón deste ano. Nacido en 1980 en Riós (Ourense), ten aparecido en películas como Pradolongo ou Vilamor, estreada este ano baixo a dirección de Ignacio Vilar.

 

Todos os comparecentes na presentación quixeron facer fincapé na implicación das empresas que coa súa colaboración desinteresada permitiron a confección dun programa ambicioso e de interese para todas as franxas de idade.

 

Sorteo

Unha das grandes novidades referidas no acto de presentación é o sorteo dunha cesta de compra valorada en 500 euros. As rifas custan un euro e procurarase ir casa por casa para que todos os veciños teñan a oportunidade de gañar o premio.

 

Para promocionar o evento vanse editar 5.000 libros que se porán a disposición dos veciños.

 

PROGRAMACIÓN DAS FESTAS

 

Día 1 de Agosto (Mércores)

 

DÍA DEDICADO A DÉCADA DOS 80

 

09:30h  21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.

 

10:00h  Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira

 

10:30h  Ruada a Cargo da Banda de Música SEMENTEIRA. Rematarán a ruada na Residencia do Maior.

 

12:00h  Xornada multixogos, para todas as nenas e nenos. Na praza do Concello.

 

22:00h  PREGÓN dende o Balcón do Concello a cárrego de Rubén Riós, actor das  películas Vilamor e Pradolongo e da serie Libro de Familia.

 

23:00h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da  Orquestra TANGO

(PRIMEIRO PASE)

                           

00:00 Actuación na praza de España de La Guardia

 

 

Dia 2 de Agosto (Xoves)

 

DIA DEDICADO A POBOACIÓN INFANTIL

 

09:30h  21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.

 

10:00h  Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira.

 

10:30h  Ruada a Cargo da Banda de Música Isabel II de Touro. Rematarán a ruada na Residencia do Maior.

 

12:00h Actuación de Monicreques na Praza do Concello: “Elías contra Calvin” de Duendesico Teatro.

 

22:30h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da Orquesta ISMAEL

 

00:00h Gran Verbena (no Parque García Bayón) a cargo da  Orquesta ODISEA

 

00:00 Espectacular actuación na Praza de España.

 

 

Dia 3 de Agosto (Venres)

 

DIA DEDICADO Á EMIGRACIÓN E A XUVENTUDE

 

09:30h  21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.

 

10:00h  Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira.

 

10:30h  Ruada a Cargo da Banda de Música Santa Cruz de Rivadulla. Rematarán a ruada na Residencia do Maior.

 

11:30h  Xornada Multixogo e de Xogos Populares FESTIRIVEIRA, na Praza Uxío Novoneyra.

 

12:00h  Recepción no Salón de Plenos do Concello aos Clubes e Asociacións de Emigrantes.

 

20:00h  Futbol, Trofeo Comisión de Festas. No campo Municipal da Fieiteira: Atlético Riveira – Sálvora C.F.

 

20:00h Actuación no Auditorio de Riveira do Grupo de Baile de Casa Galicia de New York  e Aires de Dorna.

 

22:30h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da Orquesta CARTOON BAND

 

00:00 Actuación na Praza de España de DOVER

 

01:00 Discoteca Móbil  para toda a xuventude. Na praza da Lonxa.

 

 

Dia 4 de Agosto (Sábado)

 

DÍA DO CARME. DEDICADO AS XENTES DO MAR

 

09:30h  21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.

 

10:00h  Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira.

 

12:00h Exposición do artista local JONTXU ARGIBAY en O FAIADO, Tenda – Galería, sita na Rúa de Galicia nº 82.

 

18:00h Misa Solemne na Honra da Virxe do Carme, cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Riveira, dirixida por Antonio Fernández. Celebración na lonxa de Riveira.

 

TRADICIONAL PROCESIÓN MARÍTIMA.

 

A continuación saída a Procesión Terrestre, da lonxa ata a Igrexa Parroquial, acompañada da Banda de Música de Negreira, Policía Infantil de Gala, Asociacións Culturais e Grupo de Gaitas de Casa Galicia de New York.

 

00:00h QUEIMA DE FOGOS DE ARTIFICIO. No Peirao.

 

00:30h Actuación na Praza de España de BUDIÑO

 

01:00h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da  Orquesta MARIMBA

 

 

Dia 5 de Agosto (Domingo)

 

DIA DEDICADO AO TECIDO SOCIAL

 

09:30h  21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.

 

10:00h  Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira.

 

10:30h  Ruada a Cargo da Banda de Música Eduardo Pondal. Rematarán a ruada na Residencia do Maior.

 

12:30h Misa Solemne na Honra de San Pedro.

 

[[posterous-content:dlszfJEvGJvIigehcxcf]]


19:00h Coroación das Raíñas da Flor no Adro da Igrexa. Gran desfile de Carrozas acompañadas no pasarrúas co espectáculo “Gala de Circo – Ruactiva”

 

22:30h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da Orquesta AMERICA

 

00:00h Actuación na Praza de España de ROSA CEDRÓN

 

 

LUNS, 6 DE AGOSTO. Celebrarase o DÍA DO NENO/A coas ATRACCIÓNS DE FEIRA A PREZOS POPULARES.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o servizo de Deportes programa tres andainas en agosto, o 3, o 4 e o 25

Rianxo, 27 de xullo de 2012. O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o mes de agosto tres andainas: a nocturna, que este ano se desenvolverá no entorno do Castro Barbudo, a dirixida á 3ª idade, que os levará ata O Grove e a de adultos que percorrerá o Río Vilacoba en Lousame.

Inscrición e información no Servizo de Deportes ou nos Pavilóns deportivos municipais.

 

Partindo de Campo Maneiro, descorrerá por doce quilómetros nos arredores do Castro Barbudo que permitirán disfrutar dunhas inmellorables vistas nocturnas desde o mirador e das sensacións especiais de camiñar pola noite.

Data: 3 de agosto

Dirixido a: maiores de 16 anos (menores acompañados)

Punto de encontro: Campo Maneiro

Hora: 22:30 h.

Distancia: 12 quilómetros aprox.

Dificultade: media - baixa

Prezo: gratuíta

 

 

 

 

 

A andaina discorrerá polas sendas peonís de madeira que van desde o porto deportivo de Pedras Negras ata a zona do Con Negro, camiñando entre cantís e o mar de Arousa, aquí un mouco mais bravo que no interior da ría.

Completará a viaxe unha visita guiada ao Acuario do Grove e, se queda tempo, ao Mirador do Monte A Siradella.

Dirixido a: 3ª idade, con preferencia os participantes nas Actividades Deportivas Municipais

Horario: de 8 a a 15 h.

Distancia: 4 km. aprox.

Dificultade: baixa

Prezo: 10 € (inclúe autobús e visita guiada ao Acuario)

Andaina que percorre as fermosas marxes do Río Vilacoba, en Lousame.

Dirixido a: maiores de 16 anos (menores acompañados)

Hora: 8:30 h.

Prezo: 5 €

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Volei: a praia de Coroso en Ribeira acubilla esta fin de semana a primeira proba do circuito "Barbanza de volei praia"


 

Ribeira, 27 de xullo de 2012.- Mañá e pasado, sábado 28 e domingo 29 de xullo, vaise a disputar no Concello de Ribeira a primeira proba do “XII Circuíto Barbanza de Volei-Praia”.

A competición desenvolverase na praia de Coroso, e será a primeira das catro das que consta o circuíto. Todas as probas son puntuables para o Campionato Galego e para o ranking nacional.

O torneo constará de dúas categorías: masculina (mínimo 20 parellas) e feminina (mínimo 12 parellas), as dúas sen límite de edade.

Sistema de competición

Todo o torneo xogarase ao mellor dun set de 21 puntos (sin tope, gañando con diferenza de dous), polo sistema de acción-punto (tie-break, 1 tempo morto por equipo), excepto as semifinais e final, que se xogarán ao mellor de 3 sets a 21 puntos.

 

Para optar aos premios finais do circuíto será obrigatorio participar nun mínimo en 3 probas das 4 que ten, incluíndo a final.

 

Datas das probas do circuíto

 

      Ribeira 28 e 29 de Xullo          (Praia de Coroso)

      Dumbría 4 e 5 de Agosto        (Praia de Ézaro)

      Boiro 11 e 12 de Agosto          (Praia de Barraña)

      Pobra 18 e 19 de Agosto         (Praia da Lombiña)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: entregan firmas en Boiro y Ribeira dentro de la campaña "Sacrificio Cero"

Barbanza, 27 de julio de 2012. El año pasado durante algunos fines de semana de julio y agosto realizaron, desde la Asociación Protectora de Animales “Moura”, una campaña bajo el nombre de “Sacrificio Cero”. El objetivo era y es que las instalaciones de la perrera de Ribeira cuya gestión el Ayuntamiento cedió a la empresa “SERVIGAL“, dejase de sacrificar perros y buscase fórmulas más compasivas, promocionando las adopciones y mejorando sustancialmente las condiciones de vida de los animales que allí se alojan, incorporando, por ejemplo, espacios para poder correr o programando paseos ocasionales para los perros que permanecen continuamente encerrados en jaulas.

"Durante la campaña nos sorprendió el hecho de que la inmensa mayoría de la gente ignorase que los animales que entran en las instalaciones de muchas perreras gestionadas por empresas privadas (y la de nuestra localidad no es una excepción), tienen una vida media de 20 días (plazo mínimo que marca la ley para proceder a su sacrificio), a menos que encuentre un adoptante, algo realmente complicado, sobre todo para los perros adultos, cuando ni siquiera promueven su adopción", explican en nota de prensa los organizadores de esta campaña.

Animales tratados como basura

En el tema de las perreras, generalmente los municipios actúan de la misma forma que lo hacen con la basura. El mecanismo es idéntico. El ayuntamiento otorga a una empresa determinada la concesión para retirar los residuos sólidos y así, lo que debiera ser un cometido municipal pasa a manos privadas, con lo que el equipo de gobierno local se libra de la responsabilidad directa por una mala gestión. "Pues bien, este sistema es el mismo que se aplica con las perreras. Cuando un ciudadano llama a la Policía Local o a Protección Civil preocupándose por un perro abandonado, el mecanismo que activa va a suponer, casi con toda probabilidad, la muerte de ese animal. Esto se debe a que el criterio empresarial que prima es el de la rentabilidad. Un animal requiere ser alimentado y necesita, utilizando un lenguaje empresarial, unas condiciones mínimamente dignas de “almacenaje” y ocasionalmente, atención médica. En definitiva que el negocio es el negocio, así que a los animales en lugar de ir, como los muebles o electrodomésticos viejos, a una planta de reciclaje, se les aplica el gas o la inyección letal, y acaban en la incineradora. Su crimen muchas veces fue simplemente crecer, otras hacerse viejo o dejar de servir para la caza. Esto es lo que ahora muchos ayuntamientos hacen con los animales. Y en este caso Ribeira, responsable de las instalaciones, lamentablemente forma parte de este grupo, si bien es cierto que es un contrato firmado por el anterior gobierno local y en el que la actual Corporación, de momento, no se ha pronunciado al respecto. De hecho, en la conversación que mantuvimos poco antes de las elecciones municipales con el ahora alcalde, D. Manuel Ruíz Rivas, éste mostró su preocupación por el actual sistema de sacrificios, comprometiéndose a valorar una nueva solución cuando el contrato con la empresa Servigal finalizase, cosa que está a punto de suceder", argumentan.

Casi tres mil apoyos

"Por eso creemos que este es el momento de presentar las firmas recogidas durante aquellos días. En realidad nos centramos en los ayuntamientos de Ribeira y Boiro que eran los que tenían en aquel momento algún tipo de acuerdo con la empresa SERVIGAL. La intención de la campaña era no sólo recoger firmas sino también informar sobre el funcionamiento general de las perreras.  Se recogieron casi 1400 firmas en Ribeira y otras tantas en Boiro. Para aquellos que no lo consideren una cifra representativa hay que recalcar que en la campaña participaron apenas media docena de personas, se realizó únicamente durante 5 fines de semana, recogiendo firmas sólo por la mañana y exclusivamente en el casco urbano de ambas ciudades. De las casi 3000 personas a las que se le solicitó la firma podemos decir que el número de individuos que se negó a firmar fue muy inferior al 1%, quizás podríamos incluso citar una cifra aproximada inferior a la docena de personas. Esto deja bien claro cuál es el sentir de los vecinos de nuestra comarca", puntualizan los organizadores de "Sacrificio Cero".

Actualmente el Ayuntamiento de A Pobra ha formalizado también un trato con la perrera de Ribeira y la intención, al parecer, es que cubra un ámbito comarcal lo que supondría, en caso de ser gestionada por una empresa privada, la muerte de miles de perros.

"Tanto desde Vox Ánima como desde la Protectora Moura esperamos que la Corporación Municipal de Ribeira, presidida por el alcalde D. Manuel Ruíz Rivas tenga a bien considerar todo lo expuesto anteriormente y se decida a permitir que la Protectora Moura u otra Protectora de Animales pase a gestionar las instalaciones de Ribeira. Se procede a la entrega de firmas en los registros de los ayuntamientos de Boiro y Ribeira en este sentido, hoy viernes 27 de julio de 2012", finalizan.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o II Torneo de Tenis "Liceo de Noia" dispútase do 13 ao 26 de agosto

Cartel_tenis_2012_a4

  • Prazo de inscricións ata o luns 6 de agosto

Noia, 27 de xullo de 2012. Do 13 ao 26 de agosto celebraráse o II Torneo de Tenis "Liceo de Noia" na área recreativa desta Sociedade en Ceilán (Outes).

Haberá diferentes categorías:
. Infantil: de 0 a 16 anos
. Senior: 17 a 45 anos
. Máster:46 anos en diante

Inscrición e bases do Torneo na conserxería ata o día 6 de agosto.

Pode que tamén lle interese:


San Bartolomeu 2012: o 24 de agosto, Son de Seu, de balde


San Bartolomeu 2012: o sábado 25 de agosto, Kiko Veneno


San Bartolomeu 2012: o 26 de agosto, Cantajuego


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.7.12

Deportes: vanlle dar a María Vilas e Ana Peleteiro a medalla de Ribeira tralos seus éxitos deportivos

  •  O acordo vaise ratificar no pleno do luns vindeiro cos votos a favor de todos os grupos
  • Ata agora, tan só os irmáns Fran e José Ramón (fútbol) tiñan esta distinción

María Vilas recibiu un premio na Gala dos Deportes de 2010 de Ribeira

 

Ribeira, 26 de xullo de 2012.- Os grupos que integran a Corporación Municipal decidiron propoñer ás deportistas locais Ana Peleteiro e María Vilas para recibir a Medalla de Ouro de Ribeira: unha condecoración que segundo consta no regulamento de honores e distincións do Concello se outorga a aquelas persoas ou entidades que teñan desenvolvido obras en favor da cidade que, por destacar notoriamente, as fan acredoras do seu recoñecemento.

 

Á hora de valorar a concesión desta medallas a estas dúas campioas, tense en conta o feito de que están a portar o nome de Ribeira por todo o mundo no marco dunha traxectoria deportiva excepcional, que constitúe ademais un exemplo a seguir para a xuventude do municipio.


María Vilas e Ana Peleteiro flanquean ao alcalde Rivas. Foto de hai un ano

 

Hai que recordar que Ana Peleteiro –ribeirense nacida en 1995- vén de proclamarse campioa do mundo junior de triple salto cun rexistro de 14,17 metros: mellor marca mundial do ano e récord nacional en categorías junior, xuvenil e sub 23.

 

Non menos significativa é a carreira de María Vilas, nacida en 1996, quen nos últimos Campionatos Europeos Júnior de Natación se alzou cunha medalla de ouro, outra de prata e dous bronces e onte mesmo venceu no Campionato de España Absoluto nos 800 metros.

 

Ambas galardoadas xa foran recibidas oficialmente hai un ano polo alcalde Manuel Ruiz co gallo doutros méritos logrados no curso pasado.

 

Está prevista a ratificación deste acordo na sesión plenaria da Corporación programada para o vindeiro luns, día 30 de xullo.

 

Ata o de agora, só outras dúas persoas recibiran a Medalla de Ribeira: sucedeu hai unha década e os distinguidos foron os irmáns José Ramón e Fran González Pérez, xogadores do Deportivo de A Coruña nunha época en que este club conqueriu os primeiros títulos oficiais do fútbol galego.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o vindeiro martes, 31 de xullo, acto informativo a prol da sanidade pública

Rianxo: programación cultural do 27 e 28 de xullo e do 2 ao 4 de agosto

Rianxo, 26 de xullo de 2012.  Mañá venres 27 de xullo, as 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, inaugúrase a exposición “ACUARELAS do pintor madrileño JOSÉ ANTONIO JIMÉNEZ GOSÁLVEZ. A mostra, que inclúe numerosas paisaxes rianxeiras, permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de agosto e poderá visitarse de luns a sábado de 08:00 h. a 13:45 h.

TODOS CON MANUEL ANTONIO

O sábado 28 de xullo, ás 17:00 h., na Praza de Manuel Antonio (Asados), iniciarase a acción poética POESÍA NA PESQUEIRA DE ASADOS, TODOS CON MANUEL ANTONIO, consistinte nunha andaina poética e musical organizado pola PLATAFORMA CULTURAL GALEGA coa colaboración do Concello de Rianxo e o Grupo de Teatro Airiños de Asados.

CICLO DE BANDAS

Por outra banda, ás 21:00 h., no Campo de Arriba, terá lugar un concerto a cargo da ORQUESTRA DE SOPROS DE OUREM (Portugal). Este concerto enmárcase no VIII Ciclo de Bandas, organizado pola Escola de Música de Rianxo, coa colaboración do Concello.

Finalmente, o mesmo sábado 28 terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 22:00 horas, a estrea da obra A FUNCIÓN DO TEQUILA, do dramaturgo e director teatral Manuel Guede, a cargo da Compañía TEATRO DO MORCEGO. Esta obra foi gañadora do Premio Rafael Dieste 2011 de Teatro, da Deputación Provincial da Coruña. As entradas dispoñibles para o público xeral, que serán gratuítas, poderán retirarse a partires das 20:30 horas do mesmo sábado, facilitándose un máximo de 2 por persoa e ata cubrir o aforo. Esta obra ten unha especial importancia para Rianxo, non só por realizarse a estrea no noso Concello, senón porque a súa temática está intimamente vencellada co ilustre Rianxeiro A.D.R.Castelao.

2 e 3 de agosto

O Xoves 2 de agosto, na Praza Rafael Dieste, ás 21:30 horas, terá lugar o CONCERTO DE PECHE DO I CURSO DE JAZZ DE RIANXO, organizado pola Escola de Música de Rianxo, coa colaboración do Concello.


O venres 3 e o sábado 4 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas, no Auditorio, desenvolverase un OBRADOIRO DE CREACIÓN POÉTICA E SLAM A CARGO DA POETA MALLORQUINA IRENE LA SEN. Para participar no obradoiro, aberto a toda persoa interesada, haberá que inscribirse no email cultura@concelloderianxo.es ata as 12:00 horas do xoves 2 de agosto. Asemade, Irene La Sen desenvolverá un recital o vindeiro 16 de agosto, do que se informará puntualmente. Tanto o obradoiro como o recital é froito da colaboración entre o Concello de Rianxo e a editorial rianxeira Axóuxere Editora, no marco das residencias creativas que esta inaugura coa presencia da mencionada poeta.

E non se esquezan de:


Festival Antrospinos: o 27 e 28 de xullo, en Taragoña


Programación de verán: actividades deportivas



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical