11.10.12

Educación: a Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza comeza mobilizacións en plena campaña

ASEMBLEA OUTUBRO.odt Download this file

  • O vindeiro mércores, 17 de outubro, ás sete da tarde (19:00) haberá unha concentración na Praza do Concello de Ribeira
  • Na mesma repartirán información sobre os recortes aplicados á educación na bisbarra de Barbanza, para que os cidadáns, que estamos en plena campaña electoral, teñamos datos fidedignos do que acontece no eido educativo e non só propaganda electoral partidaria

Ribeira, 11 de outubro de 2012. Onte, mércores 10 de outubro, reuniuse a Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza no CEIP de Palmeira. Nesa asemblea acordouse, entre outras medidas, elaborar unha circular na que se recollan os recortes constatados nos centros educativos da comarca e unha breve análise dos puntos máis relevantes do anteproxecto da nova Lei de Educación.

Toda esta información será repartida a toda á comunidade educativa nos centros de ensino e tamén a toda a cidadanía na concentración que se levará a cabo o MÉRCORES 17 DE OUTUBRO ÁS 7 DA TARDE NA PRAZA DO CONCELLO DE RIBEIRA.

Velaquí un resumo da información que se vai a presentar:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este venres 12, mitin do Bng

Ribeira: Corsán-Corviam construirá o novo mercado municipal con 2,86 millóns de euros en menos de oito meses

Media_httpfarm8static_mxwjg

  • Esta empresa obtivo a maior puntuación de entre as 42 ofertas presentadas na licitación
  • A obra será adxudicada por 2,86 millóns de euros e conta cun prazo de execución de sete meses e medio. Deses cartos, o 80% son fondos europeos
  • A empresa non está pasando polos seus mellores momentos, pois acaba de facer un ERE que afectou case ao 10% da súa plantilla

Ribeira, 11 de outubro de 2012. O Concello informa de que no día de onte concluíu o proceso de licitación do novo mercado municipal e que a mesa de contratación decidiu propoñer como adxudicataria desta actuación (a máis cuantiosa de cantas integran o proxecto Riveira Atlántica 2015) á entidade Corsán-Corviam, Construcción. S.A.

Esta empresa presentou unha oferta económica de 2,86 millóns de euros (2,36 millóns + 21% de IVE) e un prazo de execución de 225 días, obtendo a mellor puntuación de entre as 42 empresas que concorreron no procedemento de licitación.

Simultaneamente, Portos de Galicia e Concello de Ribeira veñen de formalizar o acordo en virtude do cal o ente dependente da Consellería do Mar outorga á administración local a concesión definitiva do chan sobre o que se edificará parcialmente o inmoble.

O mercado ten que estar rematado antes de decembro de 2013

Así e logo, e unha vez se cumpran os preceptivos trámites de requirimento de documentación e outros pasos preliminares, estímase que o inicio das obras se fará efectivo no mes de novembro, de tal xeito que, ao abeiro dos sete meses e medio contemplados como prazo de execución, existe un amplo marxe para garantir que a edificación estea concluída antes do 31 de decembro de 2013, tal e como esixen os fondos Feder cos que se cofinancia o proxecto Riveira Atlántica. A actuación tamén recibiu unha achega de 900.000 euros da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

O barco de cristal

En canto ás características do novo mercado, a estrutura do inmoble, proxectado polo arquitecto Celso López Martín, simulará un barco de cristal cunha fachada inclinada que en función da hora do día irá cambiando os tons e sensacións e estará serigrafiada con tramas do seu produto estrela, o peixe. A instalación caracterizarase pola súa eficiencia enerxética e o emprego das TIC como elemento integrador e de xestión tanto interna, externa como relacional, xa que estará equipado cunha central de compras que operará a través de Internet e que coordinará o servizo de repartición.

Estará distribuído en cinco plantas: unha planta soto para labores de carga e descarga, cámaras frigoríficas, vestiarios..., unha  planta baixa pensada para os pescados e os mariscos, unha primeira que albergará inicialmente outros produtos perecedoiros..., unha segunda para artigos non perecedoiros e unha terceira que albergará o restaurante. Na última planta haberá unha terraza que prestará servizo ao local de hostalería do piso inferior. A edificación estaría preparada para conectar, chegado o caso, cun aparcamento subterráneo con 200 prazas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: os nenos do Brea Segade da foto do segundo premio "Móllate polo galego" recolleron a taboíña electrónica

Rianxo, 11 de outubro de 2012. Lémbranse da imaxe superior? Foi a que gañou o segundo premio do certame de fotos da campaña "Móllate polo galego" que impulsou a plataforma "Vitaminas para o galego" grazas ao patrocinio do Concello de Rianxo. Pois hoxe os nenos protagonistas da imaxe, Helena e Rodrigo, pousaron de novo, xa cada un cunha camisola para as medras, para recoller a tablet -taboíña electrónica en galego?- que doou a tenda de informática Castelao, tamén de Rianxo.

A foto foi argallada polo Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Brea Segade (Taragoña) que dirixe José Luís Dopico Orjais. Así o contan no blog do centro, EducAldea:

"Comezamos o curso cunha boísima noticia. O noso cole ganou o 2º premio do concurso fotográfico Móllate polo galego organizado polo colectivo Vitaminas para o galego.
A fotografía foi deseñada desde o Equipo de Dinamización Lingüística e tivo como modelos a Helena e Rodrigo, alumnos de primeiro curso.
Como recompensa a este bo traballo os organizadores de Móllate polo galego premiáronnos cunha tablet para o noso cole, doada por Informática Castelao de Rianxo.
Neste post podedes ver a nosa foto premiada e un pequeno vídeo con máis fotografias feitas o primeiro día de clase".

De novo temos que dar os parabéns aos premiados e, se para o ano continúa a campaña, procuraremos dende Vitaminas para o galego que haxa máis camisolas -ou outro material que foi deseñado para esta campaña- do tamaño dos máis cativos.

Identificada a gañadora do terceiro premio

Esta foi a foto gañadora da cea para dous no Furancho

Esta semana tamén se deu a coñecer a autora da imaxe que resultou gañadora do terceiro premio, consistente nunha cea para dúas persoas no restaurante Furancho de Rianxo. Trátase de Marina Losada Vicente, que tamén enviou outras fotos, como unha que fixo dubidar bastante ao xurado na que amosaba unha camisola co lema "Móllate polo galego" feito con follas naturais. Dende aquí, noraboa polo terceiro premio e por tan activa participación na campaña.

Antes, en Certo:

A Pobra: a mariscadora Genoveva Maneiro, portada da revista de Greenpeace España

  • As fotos desta mariscadora pobrense na publicación son de Matías Costa, fotógrafo longamente galardoado, con premios como o World Press ou o PhotoEspaña
  • Maneiro_portada
    https://twitter.com/Certo/status/256393602513645568
  • Maneiro
    Este número da revista Greenpeace está adicado á pesca artesanal, pola que aposta a organización ecoloxista máis grande do mundo fronte á industrial, que esquilma ás présas os nosos mares

Poden lela ou descargala:

revista_greenpeace_octubre_2012_geno.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.10.12

Porto do Son: a XIII Homenaxe aos Mártires de Nebra terá lugar este venres 12 de outubro

Acto_de_nebra
Non sabe o que ocorreu aquel 12 de outubro de 1916 nesta localidade de Porto do Son?

Na Galipedia contan a historia.

Na web Patrimonio Galego tamén, ao pé da imaxe da Ponte de Cans, e con vídeos relacionados.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: A Creba estrea instalacións no Día Mundial da Saúde Mental

  • O local, situado no barrio de Abesadas, foi cedido polo Concello

Ribeira, 10 de outubro de 2012- O alcalde visitou este mediodía as novas instalacións que a Asociación Pro Saúde Mental A Creba ten na cidade. É un local situado no barrio de Abesadas que lle foi posto a disposición polo Concello na súa política de apoiar ás entidades que traballan dentro da comarca pola inclusión das persoas con diversidade funcional.

Entre os presentes no desenvolvemento do acto, celebrado precisamente no Día Internacional da Saúde Mental, figuraban a presidenta da asociación A Creba, Susana García-Luengo Álvarez, e doutros membros da directiva; o xefe de servizo de Saúde Mental do Sergas, Manuel Arrojo Romero, e representantes da vida social e institucional do municipio e da comarca.

Susana García-Luengo explicou que A Creba naceu no ano 1994 e dende entón vén desenvolvendo en Barbanza diferentes actividades tanto de rehabilitación psicosocial como formativas no eido da saúde mental. “Estamos moi satisfeitos polo labor feito co voso apoio”, afirmou, e agradeceu as axudas recibidas de parte do Concello e doutras institucións como Agader (dependente da Consellería de Medio Rural e do Mar) e a Deputación da Coruña

Ruiz Rivas manifestou a súa satisfacción pola apertura desta infraestrutura e ratificou o compromiso do Concello de seguir axudando a asociacións que con ánimo altruísta contribúen ao benestar comunitario. “Sen a colaboración de asociacións como A Creba non sería posible atender todas as necesidades dunha sociedade”, resaltou. O alcalde mostrou a intención do Concello de que esta asociación poida seguir tendo á súa disposición ás instalacións de titularidade municipal das que viña facendo uso en San Roque, e recordou que no transcurso do ano tamén se cederon dous pisos tutelados aos colectivos Amicos e Ambar.

Pode que  tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 20 de outubro, quinto curso de improvisación de jazz

Cultura: Celia Parra gañou o primeiro torneo do Slam Poético Arousa

Rianxo, 10 de outubro de 2012. O Slam Poético Arousa que organiza a actriz e poeta rianxeira Esther F. Carrodeguas comezou o 5 de outubro no Curral do Marqués en Taragoña e a primeira gañadora foi a poeta ourensá Celia Parra.

Competiron contra ela os vates Silvia Penas e Pedro Campos, ademais de membros da compañía de teatro Airiños, á cal pertence Carrodeguas.

Como finalistas, por votación do público, quedaron Mercedes Pimentel, de Airiños, Hadriana Ordóñez, concelleira de Cultura de Rianxo e Celia Parra, que se ergueu como gañadora na fin da noite poética. Recibirá como premio unha cea mariñeira para dúas persoas, cortesía do Curral do Marqués.

Agora Parra pasa á final autonómica, que será na Illa da Arousa.

Non sabe quen é Celia Parra?

Nesta entrevista en Galicia Confidencial pode facerse unha idea.

E quen é Esther F. Carrodeguas?

Óscar Reboiras entrevistouna no seu interesante blog Fotos de Rianxo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical