22.10.12

Ribeira: novo camiño arranxado en Agrelo, na parroquia de Olveira

Ribeira, 22 de outubro de 2012. O Concello informa da conclusión dunha nova actuación pertencente ao PEIM Rural (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural, de financiamento autonómico), de resultas da cal se procedeu á mellora e acondicionamento dun camiño que está situado no lugar de Agrelo, na parroquia de Olveira.

Para evitar enchoupes

A intención do Executivo á hora de acometer esta obra consistiu principalmente en evitar o enchoupe que rexistra esta vía nas épocas de moita chuvia, para molestia dos viandantes e condutores que a frecuentan.

As accións de mellora emprendidas incluíron o perfilado da rasante con motoniveladora, a construción do firme con zahorra artificial e o estendido de aglomerado asfáltico con base de macadam.

Co fin de incrementar a seguridade viaria, tamén se colocou un sinal de Stop no cruce desta vía.

Cabe lembrar outras actuacións realizadas no municipio con cargo ao PEIM Rural –por un valor global superior aos 48.000 euros- entre as que se inclúen melloras de camiños en Castelos (Aguiño), Poi (Castiñeiras), Meixe (Oleiros), Gándara (Artes) e no cruce do Vilar (Carreira).

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: Delio Sánchez amosa "Alén da paisaxe, pinturas da terra" no auditorio ata o 10 de novembro

  • A inauguración da exposición Alén da paisaxe, pinturas da terra, do pintor Delio Sánchez, ten lugar o martes, 23 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo
  • A exposición poderá visitarse dende o 23 de outubro ao 10 de novembro
    Diptico_Exp_Delio_Sánchez_Rianxo.pdf Download this file

     Para máis información sobre o artista poden consultar a súa páxina web http://delisanchez.com/

Outras propostas culturais en Rianxo en vindeiros días:
  • PROXECCIÓN DA PELÍCULA "LOS MUERTOS VAN DEPRISA"
    • DÍA: venres 26 de outubro
    • HORA: 20.30 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

A película está dirixida por Angel de la Cruz, gañador de 3 premios Goya e protagonizada por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña, María Castro, Belén Constenla, Sergio Bermúdez, Xosé Manuel Olveira, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Antonio Durán e Ernesto Chao. É a longametraxe máis premiada do cine galego, con 9 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Trátase dunha comedia e está destina a todos os públicos.

A proxección está enmarcada dentro dun programa da Deputación da Coruña.

  • TEATRO FAMILIAR: MERLÍN A CARGO DE QUINQUILLÁNS
    • DÍA: sábado 27 de outubro
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

Merlín está destinada a un público familiar, concretamente para nenos e nenas a partir de 6 anos.

As entradas (máximo 2 por persoa)  poden retirarse unha hora antes da función.

Para máis información http://www.merlinteatro.com/alfa/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.10.12

Ribeira: o parque natural de Corrubedo recibiu preto de trescentos mil visitantes ata setembro

  • Dende o centro de recepción de visitantes deste parque natural constatan que máis do 35% das visitas proceden da comunidade galega, máis do 55% veñen doutras comunidades, e o 8,5% son estranxeiros
  • Xullo e agosto foron os meses nos que se rexistraron máis visitas, con 73.600 e 80.800 respectivamente
  • Este parque natural abrangue 9.625 ha e está composto polo complexo dunar, a praia de Corrubedo), e as lagoas de Vixán e Carregal
Media_httpfarm9static_iiopz

A gran duna, dende a praia de Corrubedo

Ribeira, 20 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinala hoxe que o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán recibiu un total de 294.200 visitantes no que vai deste ano 2012.

Dende o centro de recepción de visitantes deste parque natural constatan que máis do 35% das visitas proceden da comunidade galega, máis do 55% veñen doutras comunidades, e o 8,5% son estranxeiros.

O período no que este parque rexistrou máis visitas correspóndese cos meses de xullo e agosto, etapa estival na que a afluencia turística increméntase nesta zona de Barbanza debido aos seus areais. No mes de xullo, máis de 73.600 visitantes achegáronse a este parque, e no mes de agosto, 80.800 visitas foron as recibidas.

No seguinte cadro amósase a estimación estatística de visitantes ao exterior do Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán:

MES
Estimación Visitantes
XANEIRO
8.800
FEBREIRO
12.000
MARZO
19.100
ABRIL
13.800
MAIO
18.900
XUÑO
44.800
XULLO
73.600
AGOSTO
80.800
SETEMBRO
22.400
Total Período 2012
294.200

O parque natural

O parque de Corrubedo está situado na Barbanza, exactamente na esquina occidental da península de Barbanza entre a ría de Arousa e a de Muros e Noia, no municipio de Ribeira.

Este parque natural abrangue 9.625 ha e está composto polo complexo dunar, a praia de Corrubedo (5 km), e as lagoas de Vixán e Carregal.

Cómpre destacar a existencia da duna máis grande de Galicia, xa que ten máis dun quilómetro de lonxitude, 20 metros de altura e 250 metros de ancho. Ademais o complexo dispón de dúas grandes lagoas, unha doce e outra salgada, con humedais e marismas para a fauna e a flora.

A lagoa de Vixán é de auga doce, debido ao río do Muíño que desemboca nesta e a de Carregal é salgada, comunicada co mar por unha canle que divide a praia en dúas partes. A existencia destas lagoas permite a diversidade de fauna e flora, destacando anátidos, limícolas, aves mariñas e paxaros.

Relacionadas, na nosa hemeroteca:

O parque natural, sen convocar xunta consultiva en máis de tres anos

Adega critica á Xunta por querer máis ladrillo e cemento para o parque natural

Critican á Xunta por anular as axudas para parques naturais

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.10.12

Noia: o Concello abre un novo expediente do deber de conservación, desta volta na Casa do Sancristán

  • Trátase do inmoble número 2 da praza Gómez Ares de Guisamonde
  • O bispado de Santiago quere facer alí un museo sacro pero non dá comezado as obras

Noia, 19 de outubro de 2012. O Concello de Noia, a través da Concellería de Casco Histórico e Patrimonio, vén de iniciar o expediente do deber de conservación, e sobre a eventual imposición de orde de execución, á propiedade do inmoble número 2 da Praza Gómez Ares de Guisamonde, situado na améndoa central da zona vella da vila, segundo in

Trátase dunha edificación de pequenas dimensións que permite a apertura visual sobre a traseira da Igrexa de San Martiño, de grande sinxeleza e de carácter popular da que se conservan só as fachadas. O seu especial interese céntrase na súa pertenza a un entorno monumental de grande valor no que se integra de xeito coherente.

Este inmoble pertence ao bispado de Santiago. Como se pode ver na web SanMartindeNoia.org, a intención da Igrexa é facer alí un museo sacro, pero polo de agora non se moveron máis que papeis.

Do informe técnico obrante no expediente, despréndese que o inmoble atópase nun importante estado de deterioro, incumprindo os mínimos deberes de conservación e ornato. Realizada a análise visual obsérvase que o mesmo está en moi mal estado. As fachadas perderon a estabilidade e contan con abundamente vexetación en diversos puntos. O edificio atópase baleiro e coa cuberta totalmente derrubada. A maiores, o estado do inmoble está a causar importantes danos ás vivendas colindantes, cuestión que xa provocou a presentación de queixas polos veciños afectados.

O edificio está incluído no catálogo de protección, na categoría ambiental, o que conleva a obrigatoriedade de preservación das fachadas. A arquitecta da Oficina do Casco Vello advirte que procede a rehabilitación da edificación e que hai que actuar con carácter urxente na suxeición das fachadas e na posterior colocación da cuberta.

O deber de conservación é unha obriga dos propietarios de inmobles, e vén recollida na actual Lei do Solo de Galicia. Tamén a xurisprudencia do Tribunal Supremo tense manifestado ao respecto afirmando que, no ámbito urbanístico, a Administración está facultada para intervir na actividade dos administrados non só na fase de construción dos edificios, senón tamén ao longo do tempo, coa finalidade de garantir a súa permanencia en boas condicións, formando parte do contido real do dereito de propiedade o deber de manter os edificios en condicións de seguridade, salubridade e oranto público.

Antes, en Certo:

Patrimonio en Noia: van restaurar cinco laudas

Patrimonio: veciños e Concello chegan a acordo para manter aberto e visitable o antigo cemiterio parroquial de Santa Cristina, con capela e peto de ánimas

Urbanismo: novo expediente por deterioro, agora no Cantón

Laudas: a dos Canteiros pódese ver na Cidade da Cultura ata decembro

Urbanismo: adecentarán o que queda do antigo Hotel Ribadavia

Patrimonio: musealizarán o acueduto medieval

Patrimonio: amañarán o Pazo do Forno do Rato

Porto do Son: denuncian que o Concello recorta beirarrúas en Xuño e incumpre medidas de accesibilidade

La_foto

Porto do Son, 19 de outubro de 2012. O PSdeG-PSOE de Porto do Son denuncia hoxe en nota de prensa que o Concello "acaba de recortar as beirarrúas da AC-550 de Xuño, incumprindo as medidas de accesibilidade, chegando en algún punto deste recorte a non ter os 70 centímetros. Están usando os cartos para desfacer obras que cumprían a accesibilidade e agora incumpren. Que favores electorais están detrás desta desfeita? Non se preocupan de quitar os postes de Fenosa que quedaron no medio da AC-550, pero resolven a golpe de mando o estreitamento das beirarrúas".

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 27 de outubro, roteiro ata o Castelo de Vitres

Roteiro_-_vitres

Boiro, 19 de outubro de 2012. O sabado día 27 de outubro o Local Social Aturuxo organiza un Roteiro pola serra do Barbanza, ata o Castelo de Vitres, perto da aldea de Mosquete. A saída terá lugar dende o local ás 10:00 da mañán, cunha duración aproximada de 4 horas e de dificultade moderada.

Este é o segundo roteiro que organiza a comisión de medio ambiente, o que supón a continuación de accións de denuncia, preservación e promoción de espazos naturais do concello boirense e bisbarra.

Consellos e recomendacións:

A roupa
As características básicas desexáveis do material de montaña son a lixeireza, o abrigo e que sequen moi rápido. Neste tipo de materiais incluimos: O forro polar, a licra ou a roupa sintética. Porén, recoméndase excluir do material de montaña, por exemplo, as pezas de algodón, os sueters de lá, e as calzas de pana.A primeira capa de roupa, a que toca a pel há de ser sintética (recoméndase non utilizar pezas de algodón porque conservan a humidade e tardan moito en secar); esta primeira capa ten como obxectivo evacuar a transpiración. A segunda capa recoméndase que sexa de forro polar, xoga o rol de isolante térmico. A terceira capa, ten de ser protectora, lixeira e resistente; protexe do ralente, da neve e da chuvia. Esta última capa pode ser un anorak ou calquer tipo de, sobretodo, impermeável. Sempre con caperuza.

 O calzado
As botas terán que ser todoterreo, semiríxidas e antideslizantes. Que cubran ata o nocello para evitar escordaduras. Impermeáveis e transpirantes. Lixeiras ao mesmo que resistentes ao desgaste.

A mochila
As boas mochilas de montaña sempre teñen feche acolchado para o peito e para a cintura. Un adulto non deberá portear máis do 20% ou do 30% do seu peso corporal. De 35 a 55 litros para as saídas de dous días e de mais de 55 litros para as rutas de mais de tres.

A comida
Para a comida, vai ao sinxelo e á sabedoria popular: non caias en consumismos absurdos de comida de montaña preelavorada. Refuga todos os 'novos inventos' que che ofrecen, e procura consumir produtos cercanos ao teu lugar de residencia, dos que saibas a orixen (mellor ainda se coñeces o produtor). Unha mínima cultura alimentar tamén fará mais levadeiras as túas marchas mais duras.Os principios básicos son a variedade e a regulariedade: os cereais (son ricos en hidratos de carbono e deben incluirse en todas as comidas, estes teñen que ser cando menos o 50% da tua dieta.); deben de consumirse tamén a diário froitas, legumes, verduras e hortalizas. Lembra que o consumo de líquidos nos roteiros é superior ao habitual (3 litros diários) debido ao exercício físico.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: programa de Outono teatral, ata o 15 de decembro

Cartel_outono_teatral_2012

  • Cada sábado, función
  • As arañas no cartel indican que son obras para público infantil

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o sábado 27 de outubro, charla sobre programas e axudas para a mocidade

Outes: o domingo 4 de novembro, V Ruta BTT

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical