- Ata o 10 de novembro, nove fotos sobre tea
Tamén se pode visitar a exposición de pintura Alén da Paisaxe. Pinturas da terra de Deli Sánchez. Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes, 29 de outubro de 2012. Continúa co plan de preparación para o Certame Galego de Bandas de Música a Banda Municipal de Música de Lousame. O vindeiro domingo, 4 de novembro, dará un concerto na Casa da Cultura da Serra de Outes ás 7 da tarde.
O concerto servirá para recoñecer a figura de Manuel Blanco Dosil, director da Banda de Outes e compositor da obra libre coa que a Banda de Lousame participará no Certame Galego. A obra que se estrenará neste concerto leva por título “Escenas do Atlántico” e está adicada á costa galega e a tódolos que perderon a vida nela. O ano pasado a Banda de Lousame xa concursou cunha obra de Manuel Blanco titulada “O demo de Carboeiro” e acadou con ela un gran éxito xa que levou o premio á mellor interpretación dunha obra galega.
No concerto deste domingo tamén se fará unha homenaxe á figura de Francisco Añón no ano do bicentenario do seu nacemento. Do poeta outense interpretaranse dúas pezas “A Galicia” e “A enfermedá d’Añón” con música de Prudencio Romo e que foran popularizadas polo grupo “Los Tamara”. Na versión para banda a Banda de Lousame acompañarase da Coral Polifónica de Noia e as voces solistas de José Manuel Barreiro Pérez “Secho” e Fernando Docampo. Con estas pezas a Banda de Lousame quere sumarse ó recoñecemento da obra de Añón nun ano que foi moi intenso no Concello de Outes en actos culturais.
A Banda de Lousame espera repetir ou mellorar o resultado do ano pasado onde ademáis do anterior premio acadaron o segundo premio na sección terceira. A participación da Banda de Lousame será o venres 16 de novembro ás 8 da tarde no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 27 de outubro de 2012. O Pleno do Concello de Noia, celebrado na noite de onte, vén de aprobar por unanimidade o proxecto de expropiación dos terreos destinados á apertura da rúa Pintor Xenaro Carrero no seu encontro coa rúa Pintor Francisco Creo, solicitando ao mesmo tempo á Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación do ámbito afectado pola citada expropiación.
Trátase de ocupar unha superficie de 470 metros cadrados, destinados á prolongación da rúa Pintor Xenaro Carrero, ata o seu encontro coa rúa Pedra Sartaña. O barrio de Labarta é froito da ordenación urbanística nada coas Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal aprobadas de xeito definitivo no mes de novembro de 1990, e que entraron en vigor a mediados de xaneiro de 1991. A edificabilidade recoñecida ao citado barrio está, a día de hoxe, practicamente esgotada, atopándose censados no mesmo un total 1.243 veciños e veciñas, o que supón o 8,36 % da poboación total de Noia.
Unha realidade conxelada en 1974 e planeada dende 1991
A pesar do tempo transcorrido, os accesos á citada barriada séguense facendo polos itinerarios herdados da realidade do momento, así como por unha das rúas contempladas no seu día polo PXOU de 1974; cuestión esta que choca de xeito frontal co alto número de veciños e veciñas residentes na zona, así como pola instalación de numerosos establecementos comerciais (de hostalaría e empresas prestadoras de servizos varios), situados no barrio.
A natureza do ben afectado polo expediente de expropiación é o de parcela destinada a xardín de vivenda unifamiliar, así como un peche de mampostería e outro de bloques de formigón prefabricado, existindo ademais diversa vexetación.
A valoración é a seguinte: valor do solo, 60.550,10 euros; valor por construcións, 4.156,80 euros; valor por plantacións 8.549,00 euros; arroxando a valoración a cantidade de 73.255,90 euros ao que hai que sumarlle o 5% pola prima de afección tal como determina a Lei de Expropiación Forzosa, facendo un total final de 76.918,70 euros.
Aclara o concelleiro de Urbanismo, Bieito González, que se entende por expropiación urbanística "aquela que se aplica para a execución do planeamento urbanísitico en vigor; a que se utiliza para a consecución de calquera dos obxetivos previstos na figura de planemento da que se trate (apertura da rúa contemplada nas NN.SS. de planeamento municipal de 1991)".

Literatura: ante a oferta masiva de andainas en Barbanza en xeral, voltamos indicar a ligazón deste bestseller: desnivel.com/escalada-roca/… A cagar
— Certo (@Certo) October 26, 2012
Ribeira, 26 de outubro de 2012. Este domingo 28 de outubro ás 8:30 h. dende a Estación de autobuses de Ribeira, hai programada unha andaina de 14 quilómetros que partirá da parroquia de Hío (Cangas), ata o Monte Facho e o seu castro Galaico-Romano, para logo continuar polos cantís da Costa da Vela ata a Punta dos Tres Faros (Cabo Home, Punta Subrido, e Punta Robaleira), sin deixar de lado nunca as fantásticas vistas das Illas Cíes. O regreso será ata a parroquia de Donón, donde o autobús recollerá aos sendeiristas para achegarse a Cangas a xantar.
O prezo pola participación é de 9 €. Unha vez feita a reserva no apartado de inscricións indicaranse as formas de facer efectivo o pago. No prezo vai incluido o transporte de ida e volta, pero non a comida que queda á libre elección de cada participante (pódese levar dende Ribeira, ou escoller un establecemento hosteleiro alí en Cangas).
Os sendeiristas estarán acompañados en todo momento dun monitor.
Toda a información na web dos organizadores, en http://arousa.com Pola Garita os de CarreiraPosted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 26 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ribeira. Isto supón a finalización da última fase de tramitación ambiental da obra e permite o remate da redacción do anteproxecto.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 26 de outubro de 2012.- O Concello informa da adxudicación en xunta de goberno da redacción do proxecto para a recuperación integral do río Arlés e do seu entorno á compañía Hidria, Ciencia, ambiente y desarrollo, S.L. Esta empresa presentou unha oferta económica de 54.680 euros máis IVE (o que dá un total de 66.182,8 euros) e un prazo de execución de 30 días naturais.
Recuperación de pezas patrimoniais singulares
Esta actuación, incluída dentro do proxecto Riveira Atlántica 2015, confinanciado nun 80% por fondos FEDER, dentro do eixo 5, de “desenvolvemento sostible local e urbano”, está orientada á recuperación ambiental do río, a través da rexeneración do leito fluvial, desenvolvendo programas de saneamento das augas, estudo hidrolóxico para resolver inundacións e sistema de colectores, rexeneración do leito fluvial, supervivencia das masas forestais das ribeiras e repoboación da fauna piscícola. A recuperación de pezas patrimoniais singulares: elementos e construcións de singular valor, con especial atención ás relacionadas coa auga como fontes, muíños, lavadoiros, sistemas de regadío, pero tamén outros como hórreos ou pazos, así como os monumentos naturais (árbores simbólicas ou paisaxes) e os bens arqueolóxicos (mámoas, castros, dolmens).
Dentro do entorno do parque patrimonial biosaudable Oleiros-Arlés, considérase necesario actuar nos núcleos de poboación polos que discorrerán os itinerarios verdes, co obxectivo de poñer en valor o sistema de asentamentos e o modo de vida dun val fluvial agrario xenuíno do litoral atlántico. Os núcleos sobre os que se propón actuar son 5: Os Muíños, Oleiros, Axeitos, Bretal e Sirves. Para isto adecuaranse as sendas que levan ao río, rexeneraranse os espazos comúns, realizaranse estudos de boas prácticas para vivendas e sobre o papel da muller no modo de vida dos vales agrarios fluviais da comarca.
Concello de Ribeira, un destino turístico baseado en recursos naturais, patrimoniais e industriais propios
O propósito xeral do proxecto Riveira Atlántica, que está cofinanciado nun 80% con fondos europeos FEDER, é a transformación do Concello de Ribeira nun destino turístico de primeira orde baseado nos seus propios recursos naturais, patrimoniais e industriais. O desenvolvemento integral do proxecto contribuirá de forma directa ao crecemento do emprego e á diversificación da actividade económica, partindo da rexeneración de dúas unidades paisaxísticas con identidade diferenciada: a dinámica fluvial propia da área litoral interior da contorna rural e a dinámica marítima do espazo urbano.
Os principais obxectivos estratéxicos céntranse na promoción económica, na creación de emprego e oportunidades comerciais a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais, na calidade ambiental e a protección da contorna natural e o patrimonio cultural, fomentando ao mesmo tempo a Sociedade da Información e universalización do acceso ás TIC, facendo fincapé na conciliación familiar e a cohesión social.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
[[posterous-content:pid___0]]https://twitter.com/IGE_Estatistica/status/261739913530187776
Jubilación a los 67,congelación de las pensiones y reducir ayuntamientos. Las condiciones que Bruselas pedirá a España dld.bz/bQ642
— Confidencial Digital (@ecd_) October 26, 2012
Gracias todos en Twitter.
— Amancio Ortega (@_AmancioOrtega) May 4, 2011
"@amartino: CEO de Westgate Resorts: "si gana Obama pueden perder sus trabajos"j.mp/SAON3B IGUALIÑO QUE ALONSO -GALEGOANO- EN BOIRO
— Certo (@Certo) October 25, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia