23.12.12

Dodro: este luns 24, xornada benéfica con obradoiros para nen@s de 10 a 14 horas

Xornada benefica2012.pdf Download this file


Dodro, 23 de decembro de 2012. A Concellería de Deportes do Concello de Dodro organiza mañá, luns día 24 de decembro, unha Xornada benéfica con obradoiros para nen@s en horario de 10 a 14 horas.

Durante a xornada realizarase unha recollida de alimentos non perecedeiros que posteriormente serán coordinados e distribuidos pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

A xornada será no pavillón polideportivo municial e os nenos/as poderán divertirse con hinchables, talleres, música, animación infantil... 

Para máis información as persoas interesadas poden acudir ao departamento de Deportes do concello ou chamando ao 981 802 532.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.12.12

Ribeira: morre un compostelán ao esvarar dunhas rochas namentres pescaba en Couso


Ribeira, 22 de decembro de 2012.- Segundo informou hoxe o gabinete de prensa do Concello de Ribeira, un home de 41 anos de idade e residente en Santiago de Compostela (con iniciais E.A.R.) morreu no día de hoxe tras caer ao mar mentres estaba pescando en Couso, na parroquia ribeirense de Aguiño.

Foi un acompañante do varón fallecido quen deu a voz de alarma sobre o suceso. Segundo parece, o home esvarou da roca dende a que estaba pescando e tras golpear cunhas pedras foi arrastrado pola marea.

Inmediatamente desplegouse un amplo dispositivo de búsqueda por terra, mar e aire. O Grumir de Ribeira foi alertado ás 14.50 horas polo 112. Tamén participaron no operativo os helicópteros Pesca Un e Helimer, a embarcación Salvamar, a Garda Civil do Mar, 14 voluntarios de Protección Civil (entre eles, tres buzos), axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Finalmente, o cadáver foi localizado ás 17.45 horas na praia do Vilar á altura da caseta dos socorristas, tras ser descuberto por un transeúnte. A previsión é que sexa trasladado ao CHUS de Santiago para facérenlle a autopsia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.12.12

Rianxo: estas son as recomendacións de lecturas para Nadal das bibliotecas locais

Guía Nadal Rianxo 2012.pdf Download this file





Rianxo, 21 de decembro de 2012. Como xa fixeran hai uns días as de Porto do Son, as bibliotecas de todos os centros escolares de Rianxo e a Biblioteca Pública Municipal Castelao veñen de elaborar e distribuír nas comunidades escolares e en diferentes lugares públicos do municipio un tríptico conxunto de recomendacións de lectura e música. Con el pretenden animar e dar ideas para que os libros estean presentes entre os agasallos que se realicen nestas datas. As propostas literarias e musicais tamén se poderán atopar para empréstito nas diferentes bibliotecas do municipio.

Biblioteca Brea Segade de Taragoña

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: propostas culturais para este Nadal, dende superapalpadorciños a papanoeladas

Rianxo, 21 de decembro de 2012. Estas son as propostas culturais que terán lugar proximamente na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:
  • INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA do artísta rianxeiro LUÍS NOYA
  • DATA: venres 21 de decembro
  • HORA: 20.00 horas
  • LUGAR: Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
A exposición poderá visitarse do 21 de decembro ao 19 de xaneiro no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
Máis información
  • TEATRO EXPRES: Superapalpadorciño, o actor de Airiños que foi ao Courel e volveu con mel

  • MÉRCORES 26 DE DECEMBRO
Rianxo: Auditorio de Rianxo - 18.00 horas
  • XOVES 27 DE DECEMBRO
Taragoña: Centro Cultural - 17.00 horas
Araño: Centro Sociocultural - 18.00 horas
Asados: Centro Cultural - 19.00 horas
  • VENRES 28 DE DECEMBRO
Leiro: Centro Cultural - 17.00 horas
Vacariza: Unitaria da Vacariza - 18.00 horas
Máis información

Ademais neste fin de semana, as entidades asociativas de Rianxo, organizan estas actividades:

  • Venres 21  e sábado 22 de decembro – 21.00 h - Auditorio de Rianxo

FESTIVAIS DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

Organiza: Asociación Escola de Música de Rianxo

  • Domingo 23 de decembro

I PAPANOELADA RIANXEIRA: ruta moteira

16.30 horas por Rianxo – 17.30 horas por Taragoña – 18.30 horas por Asados

Organiza: Moto Club A Moreniña

VISITA DE PAPÁ NOEL

17.00 horas – Centro Cultural de Leiro

Organiza: Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

VII FESTIVAL DE CORAIS DE AROUSA E ULLA

18.00 horas - CEIP Ana Mª Diéguez de Asados

Organiza: Centro Cultural Simón Varela de Asados


Máis información
Para máis información poden consultar a páxina web do concello




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: os comerciantes impulsan "LudoNadal: regala comercio local" xunto co Concello

Ludonadal12_folleto

  • Inclúe servizo de ludoteca para nenas e nenos moitos días nos que abre o comercio
  • Tamén haberá animación de rúa o sábado 22 e o sábado 29, con pallasos e mascotas infantís

Rianxo, 21 de decembro de 2012. Estes días presentouse o programa "Ludonadal: regala comercio local", unha proposta da concellería de Comercio coa que se pretende favorecer as compras no comercio local.  As iniciativas que conforman está proposta son un servizo de ludoteca para  nenos e nenas e animación de rúa, para todos os públicos.

LUDOTECA: Mentras realizas as túas compras no comercio local, poderás deixar aos nenos e nenas entreténdose na Ludonadal, onde realizarán manualidades, contos, xogos e moitas outras sorpresas. O lugar onde se desenvolverán as actividades será nos baixos da Biblioteca Municipal Castelao, na Praza de Rafael Dieste, os días 24, 26, 27, 28, 29 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 (agás o 24 e 31 que pecharás as 19:30 e o 5 de xaneiro que permanecerá pechado pola tarde).

As inscricións realizaránse na propia ludoteca e poderáse asistir un máximo de dúas horas ao día. As actividades está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

ANIMACIÓN DE RÚA: As túas compras no Comercio Local resultarán máis amenas coa presenza de pallasos e mascotas infantís que estarán animando as rúas e prazas de Rianxo. Poderás saudalos e fotografíarte con eles. Serán os sábados 22 e sábado 29, pola rúas e prazas de Rianxo. 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: reabre a piscina tras a correspondente autorización de Sanidade

Noia, 21 de decembro de 2012. Nove días de retraso. O Concello agardaba ter a piscina, tralo secuestro da concesión o mes pasado, aberta o pasado 12 de decembro pero cambiáronse os números da data e hoxe xa houbo unha xornada de portas abertas.

Sanidade autorizou a reapertura da piscina municipal noiesa trala visita xirada pola técnica da Conselleria de Sanidade, a cal  autorizou a apertura das instalacións ao cumplirse todos os parámetros. Hai unhas semanas fora a mesma Consellería de Sanidade a que ordeara o peche das instalacións, razón principal, segundo fontes municipais, para adoptar unha medida extrema como foi o secuestro da concesión, aprobado por unanimidade do último pleno do Concello de Noia. Hoxe, ás oito da tarde, procedeuse á reapertura desta instalación tan demandada cunha xornada de portas abertas.

A partir de mañá, sábado 22, as instalacións abriranse con normalidade e, segundo o Concello "quedan só pequenos detalles que se ultimarán nos vindeiros días".

O Concello de Noia que dirixe a piscina a través da intervención da concesión acometeu as actuacións imprescindibles para a reapertura, que garanten o correcto funcionamento da concesión. Durante o periodo de secuestro a intervención técnica non poderá ordear melloras, algo que advirten para que as usuarias e usuarios da mesma non se fagan demasiadas ilusións.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: entregados os diplomas do obradoiro de arte floral e decoración de Nadal

Decoracin_nadal

Na tarde de onte tivo lugar a entrega de diplomas do obradoiro de Arte Floral e Decoración de Nadal co que o Concello de Ribeira, a través da súa Área de Cultura, deu inicio á extensa programación do Nadal Cultural 2012.

Participaron un total de 24 alumnas que recibiron cadanseu deiploma acreditativo da súa participación neste taller dirixido a aportarlle ideas que mesmo poderán empregar na súa decoración navideña.

O acto de entrega tivo lugar nas Aulas Formativas que o Concello ten na rúa Cristóbal Colón de Santa Uxía.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.12.12

Lingua galega: Ribeira tamén se suma coa súa hostalería a promover o galego

  • "Pousa, Pousa" é o nome da campaña que levará pousavasos aos locais do municipio dende este sábado

 

Ribeira, 20 de decembro de 2012.- O Consistorio foi escenario da presentación no municipio da innovadora campaña de dinamización lingüística ‘Pousa, Pousa’: unha acción organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Barbanza en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e o Concello de Ribeira que busca promover o uso do galego servíndose dos establecementos hostaleiros como lugar de difusión da nosa lingua, ao serlles subministrados uns pousavasos que conteñen debuxos e mensaxes alusivos a esta intención.

Para falar desta campaña estiveron presentes os concelleiros de Educación e de Comercio e Turismo do Concello, Mª Carmen Vizcaya e Anxo Orellán; Ramona Bello, en representación da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística; Víctor Casais, como presidente da Asociación de Hostaleiros de Riveira; e o pequeno Manuel Ramos, alumno de 8 anos do CEIP O Grupo, que foi un dos gañadores do certame convocado para todos os centros educativos da comarca que determinou os emblemas conmemorativos contidos no pousavasos (os outros seleccionados foron escolares do IES Félix Muriel e do CEIP de Aguiño).

Mª Carmen Vizcaya e Anxo Orellán quixeron salientar a idoneidade desta iniciativa para difundir o galego na sociedade, unha idea na que afondou Ramona Bello, quen fixo fincapé na necesidade de aprenderlles aos nenos e nenas dende a comunidade educativa o emprego das dúas linguas. Pola súa parte, Víctor Casais agradeceu esta proposta no nome do sector hostaleiro e desexou a súa continuidade.

Xa comezou o reparto de pousavasos coa idea de que este próximo sábado día 22 de xaneiro, ao mediodía, poidan lucir nos locais do municipio. Non obstante, os hostaleiros que o desexen poden achegarse ata o rexistro do Concello para recoller un lote. Poden facelo ata este venres.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: colgan obras do alumnado do Galaxia na Casa da Xuventude

 

Ribeira, 20 de decembro de 2012.- A Casa da Xuventude encheuse na tarde de onte de rapaces, pais, nais e profesores con motivo da inauguración da exposición “Atardeceres do Renacemento”: unha mostra integrada por distintas creacións elaboradas por alumnos e alumnas do Colexio Galaxia como unha actividade extraescolar.

No acto inaugural interviñeron a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya; o mestre do citado centro educativo, Fernando Yáñez, e unha alumna que se encargou de explicar o contido da exposición.

A mostra contén por unha parte un gran mosaico conformado por alumnos de Primaria na que se representa un fermoso atardecer e, por outra, distintos debuxos recrean algunhas das obras dos grandes artistas da época do Renacemento.

Os interesados en visitar a mostra poden facelo gratuitamente de luns a venres de 9 a 2 e os luns e os xoves, tamén de 16 a 18 horas. Estará aberta alomenos durante todo o mes de xaneiro.







 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: actividades programadas para Nadal, ata a cabalgata de Reis

Dodro, 20 de decembro de 2012. O Concello de Dodro ofrece este Nadal un amplo programa de actividades para todas as idades, todas elas gratuitas.

Xunto co acendido do alumeado de nadal que se realizará este venres día 21 comezan as actividades co II Mundialito de fútbol sala por aldeas e que será entre o 17 e o 21 de decembro.

Dentro do programa Nadal Cultural, Obradoiros na Casa da Cultura para nenos/as entre 5 e 14 anos os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro de 10,30h a 13,30h. Nos obradoiros, pensados para facilitar a conciliación familiar e a diversión dos máis cativos, haberá cine, contacontos, obradoiros artísticos, xogos, panxoliñas, etc.

Nas instalacións da Paxareira:

O venres día 21, ás 18h Teatro infantil “Dous pallasos en apuros” para ao rematar recibir a visita de Papa Noel que recibirá a todos os nenos/as do Concello. 

O venres 28  de decembro Festa infantil de fin de ano para todos os rapaces/zas do Concello ás 17h con moito baile e moita diversión.

E pola noite ás 20h Teatro a cargo da compañía Trangalleiro coa obra “O enfermo imaxinario”, apto para todas as idades.

O 4 de xaneiro ás 18h Contacontos “Un conto de agasallo” e ao finalizar visita do Carteiro Real, que recollerá tódalas peticións das nenas e nenos para ás SS.MM os Reis Magos.

A tarde do sábado 5 de xaneiro a Cabalgata dos Reis Magos percorreran o concello a partir das 17h para rematar na Praza do Concello onde as SS.MM Os Reis recibirán a todos os nenos e nenas cun agasallo. Haberá chocolate con churros para todos/as e celebrarase o 2º Concurso de Pasteis, tartas e biscoitos do Concello de Dodro.

Queda pendente de data a IV Xornada benéfica deportiva prevista para o 15 de decembro e que foi suspendida por mor da choiva.

 

Cartel_cabalgata2013

TEATRO NADAL 28-12-12.pdf Download this file

Cartel concurso pasteis.pdf Download this file

TRÍPTICO ACTIVIDADES.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical