Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
17.1.13
Música: "La Yegua Gris", fusión de grupos de Ribeira, inicia unha xira por Galicia
16.1.13
Noia: o tripartito no goberno saca adiante a actuación para transformar a rúa do Curro na "maior praza comercial da vila"
- O PP oponse porque cre que é unha actuación "superficial"
- As obras costarán case medio millón de euros
Noia, 16 de xaneiro de 2013. O pleno da corporación aprobou co único voto favorable do grupo de goberno (PSdeG, BNG e NOIA) o proxecto a incluír no POS 2013 (Plan de Obras e Servizos) e o voto en contra do PP. A obra denomínase "Reformulación dun espazo público: de Rúa a Praza. Pavimentación da Rúa Curro.
O Concello propón unha reforma integral do espazo actual da Rúa Curro para transformala nunha praza, actuando para iso na totalidade do ámbito, incluíndos ambos soportais. O obxectivo é transformar a Rúa Curro nunha gran praza, onde o pavimento continuo e uniforme de pedra se estenda por baixo dos soportais. co que se racharía a uniformidade unicamente nas principais edificacións que son o Hospital de Adentro, o Teatro Coliseo Noela, e o Edificio Domingo Fontán que comparte entrada coa praza de Abastos. Segundo o equipo de goberno, esa creba da uniformidade "busca destacar estes edificios sobre outros de menor interese arquitectónico".
Tamén argumentan que esta rúa-praza "foi sempre espazo importante de mercado e feira, especialmente de cereais, recibindo nomes como Alhóndiga ou Rúa dos Lagares en referencia ás actividades que alí se levaban a cabo. Xa no século XX pasou a chamarse Rúa Felipe de Castro polo famoso escultor que ademais no seu testamento deixara unha importante doazón á Vila para fins educativos. E ultimamente pasou a denominarse Rúa do Curro, polos curros e os actos de "correr touros" que alí se celebraban. E curiosamente foron estas celebracións as que, sendo unha rúa tan importante, fixeron que non recibira o mesmo tratamento que outras rúas xa que non foi enlousada como outras rúas, polo que permaneceu co chan de terra ata o século XX".
Para esta actuación reutilizarase a pedra retirada da actuación da Rúa Carreiriña, buscando unha mellor integración da intervención co entorno singular onde se atopa. O concello mobilizará en dúas actuacións un orzamento global de 494.000 euros, unha cargada ao POS cun investimento de 280.432,97 euros e que incluirá a pavimentación do soportal do coliseo Noela e a parte central, e outra a través da Área de Rehabilitación Integrada ARI cun orzamento de 214 mil euros e que afrontará o soportal da Praza de Abastos e as instalacións restantes.
A principal praza comercial de Noia
Segundo o equipo de goberno, "estas dúas actuacións pretenden rehabilitar esta praza tan importante de intramuros, e convertela na principal praza comercial de Noia, xa que as outras dúas grandes prazas da vila, a da Alameda e a do Tapal non teñen esa orientación comercial. Para unha actuación tan importante e singular o concello conta co prestixioso estudo de arquitectura que realizou as obras da Pedrachán e Chaínza e polas que xa se recibiron varios premios tralas intervencións".
Postura destructiva do PP
Desde o grupo de goberno sinalan como "lamentable a postura destructiva do PP votando en contra dunha obra tan necesaria para a vila. Só pretenden crispar aos futuros afectados desta actuación e tentando intoxicar coas súas mentiras e falsidades como que non se cambiarán as instalacións, e demostran unha vez máis que non apoian as iniciativas de mellora da vila".
Argumentos da oposición "popular"
Postura íntegra recollida no FB de Julio Bustelo:
O Partido Popular, xa no mes de novembro, presentou dúas mocións para que no último pleno ordinario do ano (30 de novembro de 2012) se aprobasen as obras do POS 2013 destinando a inversión a tres tramos da rede viaria local como é a rúa Pedra Sartaña e os tramos comprendidos entre Roo e Sampaio e Argote e Ponte de San Francisco, tendo en conta que neste Plan a Deputación non pon límite á inversión complementaria que os concellos poidan engadir, polo que por segunda vez neste mandato perdemos unha magnífica oportunidade de acometer o arranxo destes viais que se atopan nunha situación deplorable. E decimos por segunda vez non so porque estas mocións xa foran presentadas con anterioridade e rexeitadas polo tripartito, senón que é o segundo plan da Deputación Provincial nun ano que non se adica a inversión para a mellora da rede viaria local, posto que o primerio destes plans, o DTC 94, este grupo de goberno decidiu destinalo integramente a gasto corrente cando nos orzamentos actuais se reduciu a inversión a tan so o 10% dos fondos do concello. Concretamente 1 millón de euros dos 9,57 millóns de € que contrastan cos 4,5 millóns de euros adicados a gastos de persoal e órganos de goberno. É por isto, que unha vez esgotada a primeira prórroga que a Deputación dou aos concellos para solicitar a inversión no mes de decembro, e que a segunda remata antes da celebración do primeiro pleno ordinario deste ano (25 de xaneiro de 2013), este grupo de goberno vese obrigado a empezar o ano do mesmo xeito que rematou o pasado: cun pleno extraordinario que cargamos ás arcas municipais dos impostos que se cobran aos contribuíntes desta vila. De novo temos que empezar coa crítica pola falta de planificación e a improvisación da coalición de goberno. O alcalde virá a escudarse, como ten por costume ultimamente, en que os demais, outros concellos, tamén o solicitaron tarde e entón teremos que recordarlle que tamén outros, como o veciño de Lousame aprobou as obras do POS 2013 o 16 de novembro, sr. Alcalde, 14 días, dúas semanas, antes da celebración do último pleno ordinario de Noia. Aquí todo o contrario, se convoca mes e medio despois un novo pleno extraordinario outra vez cun único punto, para aprobar un proxecto feito a última hora a finais de decembro. Da a impresión, sr. Alcalde, que se houbese unha terceira prórroga se esgotaría, e se houbese unha cuarta tamén. Algún día nos terá que explicar a que adica o tempo da súa dedicación exclusiva.
Por outra banda, estamos ante un proxecto pouco clarificador que non define absolutamente nada, nin sequera as cotas, e todo queda supeditado á supervisión da dirección de obra por parte do arquitecto. Segundo ditamine esta dirección así se fará o proxecto, sen que os responsables políticos do mesmo poidan facer as preceptivas labores de previsión e control, polo que se está a incorrer nunha neglixente deixadez de funcións.
Na memoria do proxecto tampouco se clarifica como van a ser os accesos tanto ás tendas como á Praza de Abastos.
Tampouco se clarifica si se vai a peatonalizar ou non a rúa ou que alternativas de aparcamento se ofrecen aos veciños residentes carentes de praza de garaxe.
Tampouco sabemos que vai a pasar cos postos do mercadillo dos xoves e domingos que periodicamente se veñen a instalar nesta rúa, así como que vai a pasar na Feira Medieval cos postos ou co tránsito das Procesións.
Tampouco se explica por que se recorreu a un arquitecto de Bertamiráns para redactar este proxecto nin tampouco a remuneración económica que percibiu por facer o seu traballo e quixéramos saber por que este proxecto non se encargou aos técnicos do concello, completamente competentes na materia e que suporían un importante aforro ás arcas municipais. O señor Bieito González que presidiu a comisión informativa do pasado xoves non soubo responder a pregunta do concelleiro delegado do Partido Popular, José Luis Trillo, sobre a remuneración que este arquitecto percibiu pola redacción deste plan. Esperamos que o consultara para hoxe e o clarifique, toda vez que nos parece unha falta de respecto aos contribuíntes desta vila que se encargue un proxecto a un gabinete externo sen saber o que nos vai custar.
Tamén cabe destacar que sometemos este punto a aprobación sen contar co informe técnico e o informe da Secretaria, como é preceptivo, e iso que foron solicitados na comisión informativa do pasado xoves. Non sabemos si existen eses informes e no caso de existir descoñecemos por que non nos foron remitidos, algo que nos gustaría que aclarase.
Unha vez máis se pretende levar a obra por administración, co persoal do concello, impoñéndolles unha sobrecarga de traballo coa que non dan feito. Prexuízos ideolóxicos impídenlle contratar unha empresa á que se lle poida esixir rematar as obras en prazo e unha garantía das mesmas. Todos coñecemos as repetidas queixas dos veciños de Boa ou Bergondo polo abandono e o estado das obras de saneamento. A brigada de obras non ten culpa de nada, fan todo o que poden e máis, a culpa é de quen ten a responsabilidade de coordinar e planificar o seu traballo. Si agora se vai mandar a brigada de obras para o Curro, ¿Qué vai pasar co resto das obras empezadas e non finalizadas? ¿Está o alcalde en disposición de asegurar que todas esas inversións foráneas se van a xustificar en prazo?
O Partido Popular está de acordo con que se faga unha obra de adecentamento do Curro coa inversión que a Deputación de A Coruña gobernada polo PP pon a disposición de tódolos noieses, aínda que cremos que existen outras prioridades que deberan ser obxecto dunha cobertura urxente, como as que se citaron, entre outras, pero para nada podemos compartir este proxecto nin a súa redacción, xa que segundo se observa nos planos se vai a montar unha plataforma diante do Coliseo Noela que invade máis da metade da Rúa do Curro e que non so vai supoñer un importante impacto visual, senón que vai a causar un obstáculo ao normal tránsito da rúa tanto de vehículos como de viandantes ao que lle hai que engadir a creación dun factor de risco de accidentes.
Por último, botamos de menos unha actuación paralela e complementaria sobre todas as infraestructuras do subsolo posto que non se contemplan para nada no proxecto. Nin se prevé reparar as deficiencias da rede de saneamento nin da auga potable, nin se prevé dotar a rúa de novos servizos de novas tecnoloxías ou gas. O proxecto simplemente contempla actuar en superficie perdendo unha oportunidade inmellorable para facer unha actuación completa que evite que máis adiante se teña que levantar o empedrado para facer as reparacións e dotar a rúa dos servizos dos que carece. Existe unha labor de inversión histórica en materia de saneamento na vila a través da Consellería de M.A.T.I., un saneamento separativo impulsado polo Partido Popular co apio do BNG. O colector do malecón de Cadarso acábase de colocar e en cambio non se actúa na rede de saneamento do Curro unha vez que se levanta a rúa, isto parécenos un dispendio de fondos públicos, pan de hoxe e fame de mañá, o que nos da unha idea exacta da responsabilidade deste equipo de goberno. Nunha época de baixada da inversión pública na que cada vez costa máis atopar financiamento para as obras, Noia ten unha oportunidade histórica de mellorar a súa rede de saneamento a cargo da Deputación e aquí mírase para outro lado, quizais porque o Alcalde sigue empeñado en que o saneamento da vila debera ser unitario e non separativo, como o que se está executando. Interpor de novo o criterio persoal ao interese xeral nos parece reprobable, polo que lle pedimos aos tres partidos que sosteñen o goberno local que acepten debater no vindeiro pleno ordinario do día 25 a moción que o Partido Popular presentou no rexistro no día de onte para que os técnicos municipais elaboren un proxecto complementario a esta actuación a executar con fondos municipais, que contemple tanto reparar as deficiencias das redes de saneamento e auga potable como a dotación dos servizos dos que carece esta rúa. Cremos que un lavado de cara superficial non é o que precisa unha das principais rúas do casco, e que se necesita unha actuación completa con todos os servizos como a acometida no mandato 2003-2007 en 25 rúas e 2 prazas do casco histórico, que evite ter que estar levantando as rúas cada dous anos.
Así pois, si o alcalde se compromete aquí e agora a incluír esta moción na orde do día do vindeiro pleno ordinario para posibilitar a actuación complementaria no subsolo da rúa, o Partido Popular votará a favor neste pleno extraordinario. En caso contrario, se entre todos non nos comprometemos neste sentido, o Partido Popular non poderá apoiar a aprobación deste proxecto tal como foi presentado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: alumnado do instituto entrevistou e asistiu á presentación do libro "Trampa de luz" de Agustín Agra
- O autor estivo acompañado do tamén noiés Serafín Marcos, que protagonizou un dos seus orixinais espectáculos
Agustín Agra e o espírito de Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o sétimo Encontro Arqueolóxico terá lugar o sábado 23 e domingo 24 de febreiro
- O sábado 2 de marzo farase a actividade complementaria, que consiste nunha visita co arqueólogo Tito Concheiro ás escavacións recentes do castro de Baroña. Sobre este castro tamén hai unha ponencia completa
- Xa está aberta a inscrición
Na última intervención en Baroña arranxouse o fallo das portas das cabanas
PROGRAMA COMPLETO
Sábado, 23.02.2013
11:00 - 12:15 h. Manuel Domínguez-Rodrigo
(Prof. Universidad Complutense, Co-director Institute of Evolution in Africa)
¿Nos convirtió la carne en humanos? Un proyecto de investigación sobre el origen de nuestro género en la garganta de Olduvai (Tanzania).
12:45 - 14:00 h. Antonio Salas Ellacuriaga
(Prof. USC, Facultade de Medicina, Instituto Medicina Legal, Unidade de Xenética)
Aportacións da xenética ao coñecemento dos movementos das poboacións humanas no pasado.
SÁBADO TARDE
16:30 - 17:00 h. Yolanda Álvarez González*, Luís Fco, López González*, Miguel A. López Marcos** e Ángel Concheiro Coello***
(*Arqueólogos e **arqueólogo-restaurador da empresa Terra Arqueos, *** arqueólogo da empresa Arqueoestudio)
Avance de resultados dos últimos traballos de restauración no castro de Baroña (Porto do Son).
17:00 - 17:30 h. María Martín Seijo
(GEPN-USC, Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico)
17:30 - 18:00 h. Roberto Bartolomé Abraira
(Arqueólogo profesional e doutorando da USC)
Lvcvs Avgvsti ¿ciudad alfarera?
(*Membro do Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo; **Profesor da Universidade de Vigo e investigador principal do Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio)
Novas intervencións no conxunto arqueolóxico de Armeá: redescubrindo un xacemento esquecido.
18:30 - 19:00 h. DESCANSO
Domingo, 24.02.2013
10:00 - 11:15 h. Pedro Díaz-del-Río Español
(Científico Titular del Instituto de Historia, Consejo Superior de Investigaciones Científicas)
Casa Montero (Madrid) y la minería del silex en el Neolítico Antiguo.
11:15 - 12:30 h. José Antonio Linares Catela
(Director Técnico de Cota Cero, Gestión del Patrimonio)
El megalitismo en la provincia de Huelva. Territorios, paisajes y arquitecturas de la prehistoria reciente del Suroeste de la península ibérica.
12:30 - 12:15 h. DESCANSO
12:45 - 14:00 h. Ángel Armendariz Gutiérrez
(Prof. Titular da Universidade de Cantabria, Instituto Internacional de Investigaciones Prehistóricas de Cantabria)
Guerra y violencia en las primeras sociedades campesinas europeas. La cueva sepulcral de San Juan Ante Portam (Álava)
Modalidade II: persoal docente inscrito entre o 1 e 18 de febreiro (prazas libres da modalidade I). Importe 40 euros
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro: presentan unha moción para alertar sobre o gas radón, ao ser o municipio onde máis afecta en toda Galicia
- Os científicos alertan de que este gas é o causante de entre o 3 e o 14% dos cancros de pulmón, ao ser unha sustancia radioactiva
Financiación das mediciónsAsimesmo tamén propoñen que se financie dalgún xeito as medicións naqueles fogares que queiran facelas, para o cal o concello tamén ten mecanismos que minoren os custes (convenio coa Universidade de Santiago de Compostela por exemplo).
"Tratar de comprendelo comportamento do gas radón no interior dun edificio non é trivial. Existe unha grande cantidade de factores que interveñen no mesmo. Densde o tipo de edificación, pasando polo uso da mesma e dos hábitos do persoal que a habita, ata o séu illamento e a calidade dos materiáis empregados na súa construcción.
O gas radón producido polo 226Ra presente no chan, o principal foco da radiactividade existente no interior das edificacións, ás cales entra principalmente a través de fendas nos cimentos, as paredes, ocos parede/cañería, e incluso polas propias cañerías dos cuartos de baño, así como por difusión a través dos cerramentos en contacto co chan (Figura 5).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: dende este venres 18 de xaneiro, bolardos automáticos na rúa Galicia
- Queda así restrinxido o tramo entre as prazas de Compostela (bar Plaza) e a da Igrexa de Sta Uxía
Bolardos ten uns poucos este tramo de Ribeira
Ribeira, 16 de xaneiro de 2012.- O Concello informa de que este venres día 18 de xaneiro entrarán en funcionamento os dous bolardos automáticos que regulan o acceso a rúa de Galicia, no tramo peonil comprendido entre a praza Otero Goyanes (onde se levanta a igrexa de Santa Uxía) e a praza de Compostela.
Ambos bolardos foron arranxados por unha empresa (Ferdoba S.L.) de forma coincidente á reparación por parte da brigada municipal de obras das lousas de pedras rotas ou desprendidas que se localizaban nesta área.
Nos vindeiros días (e sempre que o bo tempo acompañe) irán activándose tamén os outros bolardos acabados de arranxar: por unha parte, os que se sitúan nos dous extremos do tramo da rúa de Galicia entre o mercado municipal e o cruce con Rosalía de Castro e, por outra, o que se ubica na rúa Santa Uxía. Operarios municipais están ultimando nestes momentos a reparación das lousas deste entorno.
Tamén está prevista a inmediata entrada en servizo do bolardo da rúa Manzanares, unha vez finalicen as obras de canalización de gas que alí se realizan. Cómpre reiterar a necesidade de que vehículos non autorizados se absteñan de circular por vías peonís a fin de non deteriorar o pavimento, sinala o goberno municipal.
Outes: o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais terá lugar no Freixo en xullo deste ano post.ly/A7zC4
— Certo (@Certo) January 16, 2013
Natureza: por unha femia de corzo, imputados, por facer desaparecer o lobo do Barbanza, tan campantes. xunta.es/notas-de-prens… #tomacoherencia
— Certo (@Certo) January 16, 2013
Fusións de concellos: proposta de Leandro Regueiro, da Universidade da Coruña. De 315 a 142 de máis de 7000 habitantes. twitter.com/Certo/status/2…
— Certo (@Certo) January 16, 2013
Ribeira: tamén van ben no do envellecemento. 94,3 Fonte @ige_estatistica Xa o do embelecemento urbanístico ten pouco amaño...
— Certo (@Certo) January 16, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Outes: o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais terá lugar no Freixo en xullo deste ano
Outes, 16 de xaneiro de 2013. Segundo informa hoxe na súa web a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, a Asemblea da mesma acordou por unanimidade conceder a organización do XI Encontro á asociación Terra de Outes, en consorcio cos colectivos da Federación pertencentes á ría de Muros-Noia. O Encontro será no porto do Freixo-Outes a primeiros de xullo de 2013.
Segundo explican, "O Freixo ten un lugar moi importante na historia da construción naval en madeira en Galicia, alí chegou a haber máis de 40 estaleiros na zona e hoxe en día segue a ter varios en activo. A isto hai que engadir que o fondo de ría é unha das máis importantes zonas marisqueiras, especialmente de berberecho".
Tamén sinalan que Terra de Outes "é unha asociación que ten unha longa traxectoria, e unha demostrada capacidade organizativa, ao que hai que sumar a experiencia que achegan as outras entidades da Federación (Mar de Noia, Joaquín Vieita, A Ostreira de Abelleira, Mar de Muros e Canle de Lira). Por outro lado, todos os grupos municipais do Concello de Outes mostraron o seu acordo no Pleno e o Alcalde fixo compromiso por escrito dunha achega económica. A isto hai que sumar o apoio da Confraría de Noia, e a implicación das asociacións de Outes (veciños, hostaleiros, etc.)".
Convidan a todas as persoas que se interesan polo mar e os rios a que os acompañen neste XI Encontro. "Celebraremos xuntos o vixésimo aniversario dos Encontros (o primeiro foi en Ribeira en 1993) e o aniversario da creación hai vinte anos da FGCMF", rematan.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Cultura: 215 mecenas conseguen sacar adiante a banda deseñada sobre Alexandre Bóveda
Galicia, 16 de xaneiro de 2013. Un total de 215 mecenas reuniron un total de 4.511 euros para o proxecto Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza mediante a plataforma de crowdfunding Verkami. O traballo, con debuxos de Carlos Sardiña e textos de Pitusa Arias, percorre a biografía do galeguista fusilado no 36, facendo fincapé na actualidade do seu pensamento fiscal e facendístico.
O álbum sobre Bóveda conseguiu 4.500 euros mediante crowdfunding. Enterámonos vía @culturagalega culturagalega.org/noticia.php?id… @radiofusionga #pódese
— Certo (@Certo) January 16, 2013
Antes, en Certo:Conseguírono! Parabéns! Teremos a biografía de Bóveda en banda deseñada! verkami.com/projects/3643-… @radiofusionga @gconfidencial @quepasanacosta
— Certo (@Certo) January 16, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
15.1.13
Ribeira: o domingo 27 de xaneiro, andaina por Muros
Ribeira, 15 de xaneiro de 2013. O vindeiro domingo 27 de xaneiro organízase unha andaina con saída en Muros e chegada a Monte Louro, pasando por varios dos sitios máis emblemáticos da zona de Louro, como son os Petróglifos da Laxe de Rodas, o Convento de San Francisco, o Vía Crucis de San Francisco e remate cunha volta a Monte Louro, pasando polo seu faro.
A saída será ás 9 da mañá da Estación de Autobuses de Ribeira, para chegar a Muros ás 10.00 h. e facer a andaina duns 12 quilómetros aproximadamente a un ritmo medio de 5 quilómetros por hora. Haberá paradas nos puntos emblemáticos citados para disfrutar plenamente deles. Logo de rematar a andaina o autobús achegará aos participantes a Muros para completar o resto da xornada nas rúas deste enxebre pobo mariñeiro e poder degustar a súa gastronomía. A volta, xa case coa caída do sol, será ás 17.30 h. e contan con estar en Ribeira unha hora despois. O prezo do autobús é de 9 € (NOVE EUROS) e pódese reservar praza en www.arousa.comPosted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: o goberno local no Concello apoia as demandas d@s afectad@s polas preferentes e subordinadas
Os das preferentes en Boiro colleron o touro polos cornos e pecháronse no Concello para reclamar os seus cartos Noia, 15 de xaneiro de 2013. O Goberno Local de Noia levará ao pleno ordinario deste mes de xaneiro (o último venres de mes, o 25) a moción na defensa dos afectados polas participacións preferentes e da débeda subordinada. Na mesma defenderase a necesidade de que a Xunta de Galicia apoie de xeito decidido as reivindicacións dos afectados, no sentido de esixir a devolución íntegra dos aforros depositados nos citados productos financieiros, opóndose á “quita” anunciada, de tal xeito que os aforradores non vexan minguados os seus depósitos. Tamén se esixirá da Xunta de Galicia, que inste ao Goberno do Estado para que o Banco de España e a Comisión do Mercado de Valores, inicien unha campaña de inspección sobre a comercialización por parte das entidades financieiras deste tipo de productos opacos e complexos entre as persoas aforradoras e invertidoras minoristas, a fin de depurar as responsabilidades a que houbera lugar. A mariores, darase a coñecer o traballo desenvolvido, nestes últimos meses, pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor, no tocante ás reclamacións presentadas polo colectivo de afectados e afectadas.
Denuncian "vexacións" a afectados polas preferentes no Parlamento dlvr.it/2nw4Kv
— Galicia Confidencial (@Gconfidencial) January 15, 2013
JORQUERA e ANA no Concello de Boiro apoiando -unha vez mais- aos/as afectad@s-estafad@s polas preferentes. twitter.com/bngboiro/statu…
— bngboiro (@bngboiro) January 10, 2013
...15 día de encerro d@s AFECTAD@S pola ESTAFA das PREFERENTES. twitter.com/bngboiro/statu…
— bngboiro (@bngboiro) January 9, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
