- Cultura galega: o venres 25, homenaxe ao arqueólogo Celestino García Romero
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira
Atopastes máis vídeos de Barbanza ou Noia en http://www.rtve.es/filmoteca/no-do ? Avísanos e poñémolos!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 21 de xaneiro de 2013.- Unha das prioridades nas que está a traballar o Goberno Local é "a dinamización e potenciación do tecido comercial do municipio", explicaba hoxe en nota de prensa o Concello.
Sobre esta premisa aséntase a reunión que vén de convocar o Executivo do Concello coa Asociación de Empresarios e cos comerciantes da zona peonil da cidade (rúas Galicia, Santa Uxía, Manuel Lustres Rivas, etc...): unha reunión que ten como obxectivo alcanzar entre todos fórmulas que redunden na posta en valor dos establecementos, nunha atención de calidade e personalizada e, consecuentemente con todo isto, nun maior número de clientes e vendas ao longo do ano.
Entre os puntos que se van tratar na xuntanza figuran a dotación de novos servizos que lles faciliten as súas compras aos clientes e usuarios dos establecementos ou unha regularización axeitada dos espazos e horarios en áreas peonís.
A reunión terá lugar o próximo xoves, 24 de xaneiro, ás 21 horas no salón de plenos do Consistorio.
Los partidos políticos y los montes hay que limpiarlos de vez en cuando si no se incendian más fácil y después no hay quien los controle. Cultura: outro libro sobre tema xacobeo! Irá en serio ou xa aproveitará o sainete do Códice? elsantooculto.com Polo autor, semella serio. CONTRATAR servicios con familiares está feo, pero es legal puesto que hay factura. La contabilidad B está fuera de la ley. Linguagalega: o ribeirense @carloscallon na presentación do seu libro sobre falar e escribir galego con corrección. galizacontrainfo.org/presentaci%C3%…
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Santiago Carro é experto nutricionista e excampeón de culturismo namentres que José Carro é o Presidente da R.A. de Medicina e Ciruxía de Galicia.
Estas conferencias serán ofrecidas a tódolos mozos e maiores das familias asociadas, entre as 18:00 e as 20:00 horas no local social da AA/VV.
Ademais desta oferta cultural contarán cun concerto musical nunha data aínda por concretar, manterase a oferta de cursos públicos e privados que hai na actualidade: bailoterapia (luns), bolillo (martes), manualidades (mércores), aeróbic (xoves), baile latino (sábados) e iniciarán un obradoiro de memoria financiado polo concello no mes de febreiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia, 18 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, inicia hoxe o proceso de información pública do plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Tambre para o ano 2013.
Este plan para a pesca profesional da anguía na conca deste río, concretamente na súa desembocadura, é solicitado pola Confraría de Pescadores de San Bartolomé do Concello de Noia. Así durante o período de información pública, se poderán presentar alegacións que deberán ser analizadas e incorporadas ao plan de aproveitamento antes da súa aprobación.
A arte de pesca que se empregará é de nasa tipo butrón con rede de malla non inferior a 14 milímetros, medidos en diagonal e molladas. A zona obxecto das capturas é a comprendida entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Pontenafonso.
Cómpre indicar que o período de pesca que se propón ten un máximo de 175 días, dende as 12 horas do luns ata as 12 horas do sábado, cun máximo de 8 horas diarias de traballo.
O número de artes de pesca que se empregarán non poderá ser superior as dez por tripulante e ninguén poderá facerse cargo das artes asignadas a outro pescador. As cotas de captura diarias son 15 quilos e a dimensión mínima das anguías será de 20 cm. Só se autoriza a captura da anguía na fase do seu ciclo vital denominada anguía amarela e deberanse devolver á auga, inmediatamente despois da súa captura, todos os exemplares con signos externos propios da fase denominada anguía prateada.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza lembra que as capturas comercializaranse na lonxa mediante sistema de poxa pública.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia